Sapo Vermello
Exército Mekemeke
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
#151 | Consultorio mekemeke 17.06.2026 46:38
Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles? Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado. Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar. Se queredes particip...
#150 | As empanadas 10.06.2026 29:41
POR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada . Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida. Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata. Descubre os mellores momentos de cada programa no no...
#149 | Os pilgrims 03.06.2026 32:52
Neste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a xentrificación das vilas. En resumo: facer o Camiño é unha chulada, mais tamén hai que falar de como están trans...
#148 | Innovamos os ghalpóns. Especial Cans 27.05.2026 37:35
Neste programa especial no Festival de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor? Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás , para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais: 🏡 Alugar galpóns para vivir : Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita...
#147 | A tecnoloxía 20.05.2026 41:03
QUE PASAAADA, MEKEMEKES! Hoxe poñémonos a proba cun desafío tecnolóxixo: preguntas trampa, mitos tecnolóxicos e a nosa cara cando non sabiamos que era o PIN. Quen será o auténtico mekemeke tecnolóxico? Se che gusta a tecnoloxía e o humor: PARTICIPA! Deixa a túa puntuación nos comentarios e retade a outros mekemekes. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#146 | Loita de clases 13.05.2026 40:34
Se eras de clase B… este episodio é terapia! Viaxa cos mekemekes ao pasado para falar dunha das rivalidades máis antergas da nosa vida: os de A contra os de B. Os favoritos do profesorado, os “aplicados”, contra os que vivían un pouco máis ao límite. Pero a cousa non queda aí. Porque cando pensabas que madurabas… chega a universidade e reaparece o pique: carreiras que se cren superiores, guerras e...
#145 | A familia 06.05.2026 36:21
Hai familias normais… e logo están as nosas. Eses tíos que aparecen só en vodas, as avoas que todo o saben, os curmáns que sempre teñen unha historia mellor ca túa e esas reunións familiares que comezan tranquilas… e acaban sendo material de terapia. Situacións coas que todos nos sentimos identificados, levándoas ao extremo con humor absurdo, retranca e moita mala leite. Se algunha vez pensaches “...
#144 | Imos ao Centro de Saúde 29.04.2026 34:34
Neste episodio os mekemekes falan dun tema que nos toca a todos e todas: a salú. Desde arrefriados eternos, ata esas visitas ao centro de saúde que parecen unha aventura de obstáculos. Compartimos problemas de saúde reais, anécdotas vividas nas salas de espera e algunhas situacións tan absurdas que só che poden pasar cando máis o necesitas. ⚠️ Advertencia: contén humor, algo de frustración sanitar...
#143 | Facer a mili 22.04.2026 33:20
Os mekemekes debaten acaloradamente os pros e contras do servizo militar obrigatorio mentres intentan sobrevivir a manobras caóticas. A mili realmente ensina disciplina, compañeirismo e a facer a cama en dez segundos, ou só serve para perder o móbil, comer fabes con grumos e aprender a durmir de pé. Entre roubos de chourizos da cantina, instrucións absurdas e un sarxento que acaba bailando bachata...
#142 | A felicidade 15.04.2026 33:15
Neste episodio falamos da felicidade… ou polo menos do intento constante de encontrala. Entre risas, contradicións e algunha verdade incómoda, preguntámonos se iso de ser feliz é real ou simplemente postureo ben editado. Pequenas cousas, grandes expectativas e ese caos que chamamos vida. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#141 | As crenzas 08.04.2026 32:09
Neste episodio os mekemekes admiten crenzas que non confesarían nin borrachos nunha primeira cita: desde xurar que as chaves se perden porque “todo está conectado… pero o universo ten malicia”, ata confesar que un de nós segue saudando aos picaportes “por se acaso” despois de que unha porta se pechase soa. Debatese a norma máis absurda para unha relixión propia (obrigatorio: comer queixo) e analíz...
#140 | Pelis para adultos (+18) 01.04.2026 31:32
Acceder ás míticas pelis para adultos nos anos 90 e 2000 para matar a curiosidade. Intentar pillar os "programas especiais" do Canal+ a escondidas ou buscar no Internet usando módems lentos, onde era máis fácil baixar un virus que unha película. Os mekemekes comenta como hoxe todo é moito máis accesible grazas a Internet, perdendo ese aire de prohibido e misterioso. Descubre os mellores...
#139 | Festas populares 25.03.2026 33:22
A loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite, o momento da "putivolta" que acaba en despedida ata de madrugada, e a inevitable resaca ao día seguinte. Todo isto sazonado con diálogos onde se debaten cuestións esenciais como "é mellor a orquestra Olympus ou a París de Noia?" e cunha reflexión...
#138 | Xubiprofeno 18.03.2026 32:35
Colles gripe e, de repente, parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala de espera chea de vellos e xente que parece estar peor ca ti. Ese momento no que decides preguntar a unha IA que tes… e en cinco minutos pasas de “un pouco de febre” a pensar que che quedan dúas semanas de vida. Descubre os mellores momentos de cada program...
#137 | Bichería doméstica 15.03.2026 37:40
Neste episodio falamos da vida da bichería doméstica: cans que montan un escándalo cada vez que soa o timbre, gatos que actúan como auténticos donos da casa e peixes que parecen que poden vivir fóra da auga. Os mekemekes comparten anécdotas divertidas e situacións nas que queda claro que, aínda que pensamos que somos os donos… en realidade as mascotas son as que mandan. Descubre os mellores moment...
#136 | Cousas do paranormal 04.03.2026 31:58
No episodio de hoxe metémonos de cheo no misterioso mundo do paranormal… Falamos de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, da Santa Compaña facendo máis quilómetros de noite ca moitos runners, de posibles aliens que, curiosamente, sempre escollen aparecer en aldeas tranquilas e nunca no medio dun Carrefour, e das míticas cacofonías nas que sempre hai alguén que escoita unha mensaxe clar...
#135 | O caso Therian 25.02.2026 36:47
Neste episodio poñémonos o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos therian, do regreso triunfal dos aliens e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds. Entre memes, teorías disparatadas e análise cultural, reflexionamos sobre como certas obsesións virais poden servir para desprazar a atención pública de asuntos moito máis incómodos, como os coñecidos casos Epstein. Descub...
#134 | Europa 18.02.2026 31:26
Un episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se troca (por moito que a Trump lle faga tilín) e a diplomacia internacional explicada a través de Eurovisión, este programa dos mekemekes mestura xeopolítica, purpurina e orgullo europeo. Descubre os mell...
#133 | Facer o delicioso (+18) 11.02.2026 34:26
Neste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba no tutorial”. Falamos sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e c...
#132 | A televisión 05.02.2026 32:59
Dicíamos que a televisión estaba morta… pero aquí seguimos, comentando realities, series e debates coma se nos fora a vida niso. Neste episodio os mekemekes abren o melón da tele: a boa, a mala e a que vemos con culpa. Mando na man, espírito crítico dubidoso e moitas risas aseguradas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
Exército Mekemeke | 5x10 | Facer as beiras 28.01.2026 32:28
Como facer as beiras e como evitar acabar facendo o ridículo intentando atopar parella. Falamos de técnicas infalibles, consellosmalos e desastres sentimentais. A cousa complícase cando recibimos a visita dun alien recén chegado á Terra, absolutamente fascinado polos rituais humanos do ligoteo. Entre preguntas incómodas e conclusións delirantes, tentamos explicarlle a Xufo que é iso do crush, do g...
#130 | Buscar piso 21.01.2026 37:21
Buscar piso hoxe en día é unha experiencia espiritual: probas a paciencia, renegas da humanidade e acabas compartindo fotos de cuartos sen xanela como se fosen bens inmobles de luxo. Neste episodio falamos do milagre de atopar vivenda , da xente que lle chama “estudio acolledor” a un zulo e da especulación inmobiliaria que converte o alugueiro nun escape room sen saída. Descubre os mellores moment...
#129 | Violencia gratuíta 14.01.2026 32:57
Neste episodio falamos desa violencia que non deixa moratóns… pero si ganas de apagar o móbil, cambiar de casa ou finxir amnesia selectiva. Contido que nunha debería existir, momentos incómodos de "señor, sácame de aquí" e reality que deixan moito que desexar. Todo contado con algo de retranca e a dose xusta de ironía para sobrevivir a ese mal gusto que non é delito, pero debería vir cun...
#128 | Chucky, o boneco diabólico 07.01.2026 31:17
Neste episodio mergullámonos na cara máis surrealista e terrorífica dos agasallos de Reis: esas mañás máxicas que ás veces se torcen cando, en lugar do xoguete soñado, aparece un boneco cunha mirada sospeitosa e unha presenza claramente diabólica. Falaremos de lembranzas de infancia, de expectativas rotas, de bonecos que parecían observarnos dende a estantería pola noite e de como o que debía ser...
#127 | Badaladas de Fin de Ano 31.12.2025 35:25
Despedimos o ano por todo o grande, como manda a tradición! 🎉 Os mekemekes atragántanse lixeiramente coas uvas en cada badalada, entre risas, comentarios absurdos e reflexións profundas que duran exactamente dous segundos. Mentres repasan o máis mítico e típico do fin de ano —as promesas imposíbeis, os brindes de última hora e o “este ano si” de rigor—, dan a benvida ao 2026 cun optimismo desbord...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.