Sapo Vermello
Exército Mekemeke
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
#126 | Os conflitos 25.12.2025 31:54
O Nadal xunta á familia, aos agasallos… e aos conflitos sen resolver. Antes de discutir polo marisco ou polo tema de sempre, igual toca falar, rir un pouco e facer as paces. Resolver conflitos tamén é un milagre de Nadal e non precisa luces nin panxoliñas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#125 | As débedas 17.12.2025 31:20
Quen nunca se esqueceu de pagar un bizum 👀 Neste programa os mekemekes revisan o historial bancario de todas esas persoas que non pagan as súas contas e as historias daquelas outras que fan viguerías para saír do pozo. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram , ...
#124 | Vivir ao límite 10.12.2025 31:39
Hai mellor forma de vivir ao límite que improvisar un programa porque te esqueces do tema do que se vai falar. Vaia forma de arricar a tempada teñen estes mekemekes. Neste programa analizamos varias formas patéticas e inútiles de vivir ao límite. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#123 | España, dame caña 03.12.2025 32:16
Este é un programiña especial ✨ Un programa feito para todas esas persoas que tendo a xustiza ao seu favor, controlar os medios de comunicación e o poder para criticar con total liberdade aos gobernos que non lles gusta; din que vivimos nunha dictadura. Para vós, dereita extrema vai este programa. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#122 | Estamos de volta 30.11.2025 34:17
Despois dunha longa espera, os mekemekes voltan ás andadas cunha nova tempada cargada de novidades e cousas choooolísimas. Facemos un repaso importante a estes últimos meses e arrincamos coa tempada, mais antes poñémonos o cinto, porque a seguridade é moi importante. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
Pixel á Feira | Programa especial 26.11.2025 52:45
Escoita, lembras cando a túa maior preocupación era que os teus pais non te pillasen xogando á Game Boy ás 3 da mañá? O Exército Mekemeke desenterrámos os nosos vellos cartuchos e CDs rabuñados para mergullarnos de cabeza na nostalxia dos videoxogos. Neste programa especial falaremos deses xogos que marcaron a nosa infancia, das consolas que parecían naves espaciais e das musiquinhas que aínda tar...
#121 | Cremiña solar 10.08.2025 51:37
O verán está cheo de pequenos rituais que todos recoñecemos e que fan desta estación algo máxico. Neste derradeiro programa de tempada os mekemekes recordan esas experiencias universais que nos acompañan cada ano: dende a eterna loita por conseguir un bronceado digno de revista (aínda que o resultado final sexa máis propio dun gambón cocido), ata a desesperada carreira contra o tempo para lamber u...
#120 | Buscando o amor 04.08.2025 53:53
Os mekemekes deciden coller as rendas do amor e axudar aos seus esbirros a atopar a súa media laranxa… ou polo menos intentalo! Elixiron a varios inscritxs da canle e, baseándose nos seus gustos, personalidades e un chisco de caos aleatorio, formaron parellas inesperadas para unha cita virtual (ou presencial). Finalmente… haberá química? Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#119 | Destripando a dobraxe con Antón Rubal 22.07.2025 40:24
Sempre é un auténtico pracer escoitar de novo a voz de Antón Rubal a través dos micros do mekerocho. Regresa un dos primeiros mekemekes que pasou polo programa para repasarmos a súa carreira como actor de dobraxe. Ademais, poñémolo a proba para ver se é capaz de recoñecer a personaxes míticos da xabaxeración aos cales el lle puxo voz. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#118 | Consultorio mekemeke 13.07.2025 50:50
Os mekemekes poñemos a furrular a nosa sabedoría para dar solución a todos os problemas dos mekemekes que acuden a nós. Non podíamos rematar esta tempada especial sen un consultorio a máis puro estilo mekemeke con respostas que non solucionan absolutamente nada nin consellos que leven por bo camiño. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso I...
#117 | Coa neurona chamuscada 04.07.2025 45:57
Advertencia : consumir preferentemente antes de ir para a cama. Os mekemekes chegan ao micro arrastrando os pés, co cerebro medio fundido e o ánimo xusto para respirar. Gravado baixo mínimos vitais, falamos do que puidemos, como puidemos e ata onde nos deu a neurona. Hai momentos de lucidez intermitente, risiñas nerviosas, divagacións sen rumbo e cata de pasta de dentes caduca. Se algunha vez te s...
#116 | Empadroarse na Mariña con Grande Amore 25.06.2025 50:34
Se para ti naide de ninguén, este programa está pensado para ti. Repasamos con Grande Amore os seus recordos das verbenas, así como as súas favoritas. Para despois viaxar ata Frexulfe. Sabémolo, parece que ten nome de vida alemá, mais o certo é que é unha parroquia do Valadouro. Poñemos a proba o mariñán que é Nuno reparando palabras e expresións que se din dende Viveiro ata Ribadeo. Claramente un...
#115 | As oposicións 18.06.2025 35:09
Se che soa a palabra “temario” e tes máis subliñadores que plans de futuro, este episodio é para ti. Os mekemekes lánzanse ás oposicións sen drama, sen consellos e por suposto, sen estudar. Frases míticas, rutinas imposíbeis, comentarios familiares que non axudan e todas esas cousas absurdas que facemos para non abrir o tema 23. Un espazo para rirnos un pouco desa carreira de fondo onde ninguén co...
#114 | Imos ao supermercado 11.06.2025 38:27
Aventurámonos nun dos ecosistemas máis perigosos da vida moderna: o supermercado. Dende o ninja dos conxelados ata o mítico velocirraptor da caixa rápida, analizamos as tribos que habitan entre carros, iogures e ofertas 3x2. Risas, test absurdo e algunha queixa pasivo-agresiva incluídas. Colle o carriño… e prepárate! Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#113 | En busca de Óliver Laxe no Festival de Cans 08.06.2025 43:02
O certo é que os mekemekes sempre foron máis de gatos porque é un bicho que é así desconfiado e ruín coma eles. Mais o certo é que non se puideron resistir a montar nos chimpíns e dar unha volta polo Porriño en busca de Óliver Laxe. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram , ...
#112 | Frustradxs S.A. 04.06.2025 38:24
A nobre e universal arte de estar ata o carallo é o programa desta semana. Desde tecnoloxía rebelde ata a cremalleira que se quedan atrapadas no momento peor posible, os mekemekes exploran como a vida é un bucle de pequenos contratempos e grandes berros interiores. Inclúe test, sketchs absurdos e consellos que non arranxan nada mais consolan. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
#111 | Whaaaaatsapp 29.05.2025 41:48
O verdadeiro abismo dixital: WhatsApp! Falamos dos grupos de clase, dos audios eternos, dos stickers de profes e das mensaxes enviadas por erro. Descubre connosco a fauna dos grupos, os códigos non escritos ddo dobre check azul e por que silenciar notificacións é o novo mindfulness. ⚠️ Inclúe dramatizacións reais e traumas dixitais. Dálle ao play, ri un pouco e comparte este audio de 41:48 minutos...
#110 | Flos Mariae con DJ Misa 25.05.2025 40:17
Neste episodio especial mergullámonos no universo místico-pop de Flos Mariae con DJ Misa . Pasamos revista á historia desta familia do Opus Dei que non deixa indiferente, dende os seus comezos como fenómeno viral ata os escuros secretos empresariais da súa traxectoria. Analizamos a súa presenza en internet, a serie La Mesías dos Javis, e a ruptura que deu lugar a grupos como Mariah’s Pop ou 4 HBD....
#109 | Consumo, modas e cultura pop 21.05.2025 37:50
Din que vivimos nun tempo de consumo consciente… mais seguimos enchendo o carriño de Amazon ás 2 da mañá. Neste episodio os mekemekes exploran as contradicións da vida millennial: minimalismo de postureo, compras absurdas que non usamos, a crise existencial dos 30, e frases "espirituais" que non significan nada, pero soan moi ben en stories . Se tamén tes unha alfombra de ioga sen estrea...
#108 | Erasmus: sobrevivindo a base de pasta e dramas 14.05.2025 40:38
Unha viaxe pola experiencia internacional máis idealizada, e seguramente sobrevalorada, da vida universitaria. Neste episodio os mekemekes debullan os soños previos, as desventuras linguísticas, os amores efémeros e as dietas baseadas en carbohidratos con testemuños delirantes e anécdotas "reais" que che farán rir... ou revivir traumas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#107 | Cousas absurdas que fixemos por amor 07.05.2025 44:16
Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as síuas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións. Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para rir a esgalla e recoñecer que, no fondo, todxs fixemos un pouco o parvx por amor algunha vez. Descubre...
#106 | Arrincamos a fresadora con Pablo Casal 02.05.2025 44:33
Seguimos con novas incorporacións! Pablo Casal únese ao Exército Mekemeke para facernos escachar coa risa repasando a actualidade galega. A Fresadora é a sección que desenvolve dende hai unha morea de anos no programa Galiza... algo máis! na radio catalá Sants3Ràdio. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#105 | A miña primeira vez 23.04.2025 36:30
Os mekemekes repasan as súas primeiras veces. Entre anécdotas +18 e humor con dobre sentido, os mekemekes veñen a falarnos desas primeiras veces "adultas" que ninguén nos ensina: cambiar unha roda, pagar impostos ou sobrevivir á primeira “cea de empresa”. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#104 | Os mekemekes asaltan o Teatro Colón 20.04.2025 2:06:36
Asaltando o Teatro Colón e atrincherándose no Palco Real, os mekemeke infíltranse na IV Gala de Certames da Deputación da Coruña para facer o primeiro podcast retrasmitindo unha entrega de premios ao puro estilo ASMR. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram , ...
#103 | As adiccións 16.04.2025 41:40
Recoñecer esas pequenas obsesións que todxs temos é o primeiro paso. Os mekemekes axudaránche a desgancharte dos maratóns de novelas turcas ata a loita eterna por manter a racha en Duolingo. Exploramos as "adiccións light" que fan a vida máis divertida ou ás veces máis improductiva. Descubre por que estas teimas son máis comúns do que pensas e cando deberías preocuparte. Preparadx para asumir que...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.