Bocachanclas Productions

ProcastiNation

Comedy GL ↓ 92 episodes

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?

Author

Bocachanclas Productions

Category

Comedy

Podcast website

procastination.me

Latest episode

Dec 29, 2023

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Os paraugas sempre viñeron ben 30.09.2022

Hai unha serie chamada Umbrella Academy, igual vos soa de algo. Pero...sae dun comic! Ao Lois déuselle por curiosear sobre isto coa excusa da non moi lonxana última temporada da serie. Seguimos contando o que procastinamos claro, se é o noso, pero neste caso coa excusa dos personaxes, as similtudes e diferencias entre os comis e a serie...entre outras curiosidades e charlas frikis. Non sei a que e...

As peripecias de Tomb Rider 16.09.2022

Perder o tempo xogando a algo...a quen non lle pasou? O Pablo está nostálxico e decidiu facer unha investigación da historia do videoxogo Tomb Raider. Antes, polo camiño, repasamos unha lista coas peores (e mellores, que as hai) adaptacións ao cine de xonos  dos últimos anos. Coñeceremos de onde sae Lara Croft, e a súa evolución. Non é curioso e fascinante para perder un pouco o tempo? É.

Os fantásticos mundos de Neil Gaiman 02.09.2022

Voltamos! Con moita forza e ideas frescas. Contamos as novas manías procastinadoras. O Roi tráenos unha viaxe por unha mente fascinante: percorremos con el as obras de Neil Gaiman: xornalista, escritor, dramaturgo, guionista...un tolo que nos encanta. Acompañádenos nesta "non volta" ó cole!

Que o Canon vos acompañe 08.07.2022

Estamos tolos! Para pasar un bo rato de verán lanzámonos a facer unha clasificación do canon actual de Star Wars. Á nosa maneira claro. Seguramente o impulso da serie de Obi-Wan nos levou a revisitar...tomar unha cervexas e unha charla friki nunca sobra. Disfrutade do verán!

Love, death and vacacións! 01.07.2022

Terceira tempada xa desta aclamada serie. E para nós un clàsico peche, bueno, podemos debatir isto. O caso é que o pasamos xenial debullando capítulo a capítulo esta nova camada de animacións. Recomendamos mirar a serie antes de escoitalo. Disfrutade do verán!

Comics: viñetas e tinta! 24.06.2022

Amig@s frikis!! Hoxe toca falar de comics, así en xeral. Cada un de nós trae recomendacións frescas para ler no verán. Penúltimo programa de tempada! Coa calor, boa viñeta se lle arriba. Algo así.

Moonknight: o Cabaleiro Branco 10.06.2022

A nosa tríple personalidade procastinadora está aquí para presentarvos un tipo con carisma de manicomio. Deuses exipcios, algo de violencia (pero menos que nos comics) e o gran Oscar Isaac. Ingredientes tremendos para disfrutar e analizar…Moon Knight!!

Strange: into the Marvel multiverso 27.05.2022

Boas amig@s da maxia escura! O marveliano Doutor Strange volve da man de Sam Raimi, e nós non poidamos perder esta ocasión para falar do asunto. Recén saídos do cine volcamos aquí as nosas reaccións. Non o perdades!

Succesion, xogos de poder 13.05.2022

O que nos gusta a nós analizar unha gran serie, desta vez…Succession! Moitas cousas se moven nas altas esferas. Neste caso da familia Roy. Non o noso Roi, é o nome deles así. Cal é o éxito da serie? Descubride con nós!

Lasso e 11 máis 29.04.2022

Benvid@s ó fútbol inglés! Este é o campo do ProcastiNation FC e hoxe ímosvos narrar o partido dunha serie fantástica de Apple TV+. Ted Lasso pasou a ser un fenómeno sorpresa, unha comedia fresca e entusiasta. E estamos aquí para debullala con vós. Procastinade a gusto!

Fundación Fatal 15.04.2022

Amig@s da Ciencia-Ficción! Neste novo episodio lanzámonos a analizar a serie de Apple TV+ Fundation, inspirada no clásico da literatura escrito por Isaac Asimov en 1942. Un reto de adaptación coordinada por David S. Goyer. Disfrutamos moito Procastinando con esta gran aposta de Apple! 

Xuízo a The Batman 15.03.2022

Puxémonos elegantes para percorrer este Gotham novo (ou non?) que nos presentan DC e Mat Reeves. Tivemos que mercar lanternas e paraugas, que pouco sae o sol nesta nova entrega. Moito disfrutamos analizando e comentando esta nova adaptación do personaxe clásico dos comics…agora encarnado por Robert Pattinson. Viaxade con nós!

Spielberg Side Story 12.02.2022

Aquí en ProcastiNation somos moi de tender pontes. Desta vez, entre 1961 e 2021. Así, nada menos. Tamén entre Shakespeare e Spielberg. As bandas e o amor. O caso é pasalo ben falando de clásicos e…neoclásicos?

O Xogo de Matrix 28.01.2022

Aquí podedes escoller a pastilla azul ou a vermella, aceptamos ambos sectores da sociedade. Aventurámonos a analizar este fenómeno audiovisual e cultural. É unha gran farsa? Unha obra de arte que marca un antes e un despois? Morfeo agarda as vosas escollas. 

Welcome to the Bebop 14.01.2022

Benvid@s xentes do procastineo ó ritmo do anime. Pablo nos trae a un coñecido cowboy, que nos leva a debatir tamén sobre esa gran polémica: os live action dos debuxos animados. Da para moito isto. Aventuras a golpe de jazz é unha forma fantástica de comezar o ano.

Into the Spider-Christmas 24.12.2021

Seguimos expandindo o noso "Procastiverso"! O primeiro...Feliz Nadal! Imos aquí coa "análise entusiástica" do visionado de Spiderman No Way Home (como bos frikis fomos en vose). A película do momento. Nós somos como nos cadra, ás veces coa actualidade e ás veces non. Tamén neste episodio presentamos o noso Patreon, xa oficialmente aberto. Tendes motivos varios para escoitarnos. Este ano ou o segui...

Un debuxante chamado Tartakovsky 17.12.2021

Presentámosvos a unha desas persoas que está detrás dos productos de animación. Esa xente na sombra, pero da que coñecemos con ou sen querer as súas series porque pasan a formar parte da cultura popular. De orixes rusas pero moita vida en Estados Unidos, un talento chamado Genndy. Un placer descubrírvolo ou profundizar na súa figura con vós!

Murakami Blues 10.12.2021

Desta volta vai de literatura! Invitámosvos a unha viaxe polos mundos de H.Murakami. De paso tamén nos deu por divagar por máis lugares. Oriente inspira, e tirarnos de lingüa non che é difícil. Temos curiosidades, filosofía variada e palabras dun mestre. Non tendes mellor plan. Ou si, pero non tan variado.

Pensando a Hannah Arendt 03.12.2021

Neste, o noso podcast, non só perdemos o tempo...tamén nos gusta reivindicar figuras relevantes. O'Pablo achéganos a figura de Hannah Arendt. Deunos para filosofar, coñecer...que procrastinar tamén da para pensar! E unha das figuras máis influíntes do século XX...é un gran motivo para aprender e charlar. Que poden ir xuntas da man! 😉

Especial: Procastimusics 26.11.2021

Seguimos Procrastinando! Hoxe traemos un especial con músicas que nos marcaron na nosa vida...de diferentes formas xD. Igual é a nostalxia de que está cerca o Nadal! Non temos claro o motivo. Apetecíanos. Quen non ten músicas que lle foron importantes por algo? Existirá esa persoa? 😉

Elemental, querido Conan 09.11.2021

Desta vez Procastinamos algo menos! É que pasamos a falar de S.Holmes e investigar da moito traballiño…o noso Pablo cóntanos detalles e curiosidades do rastreador más famoso da literatura. Acompañádenos na procura! Todo detalle será benvido para a análise do caso.

Dereitos Torcidos 22.10.2021

Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;)

Estudo de Caso: Scenes from a marriage 16.10.2021

Chega un novo formato a Procastination! Os Estudos de Caso. Poñemos a bata branca e collemos o bisturí. Analizamos Escenas de un matrimonio, miniserie de HBO. Debullade con nós!

Denis nas Dunas 01.10.2021

Metémonos nas areas movedizas do Sci-fi! Aproveitamos o fenómeno Dune para facer unha pequena retrospectiva e reflexión do director Denis Villeneuve. Necesitábamos expresar a experiencia post pantalla grande. E comentar iso de si o canadiense é “comercial ou “artista”. Acompañádenos! E se é coa peli vista mellor! Procrastinar ocupa lugar.

Unha volta brava 24.09.2021

Volve o baile e tamén a Procastinación! A República independente do Procastine. O caso é que estamos aquí de novo. Presentando novos contidos e cunha pequena charla informamente friki co amigo Alex Carro.

Listen to the ProcastiNation podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.