Bocachanclas Productions

ProcastiNation

Comedy GL ↓ 92 episodes

Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?

Author

Bocachanclas Productions

Category

Comedy

Podcast website

procastination.me

Latest episode

Dec 29, 2023

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ProcastiNation - Love, Series & Procastinaters 23.06.2021

Boa noite de San Xoán! Nós decidimos pechar a temporada charlando dunha das nosas series preferidas: Love & Death & Robots. Meigas e ciencia ficción. Somos de mesturas curiosas! Conversamos principalmente da segunda temporada. Grazas por acompañarnos! Volveremos en setembro!

ProcastiNation - Oscars, antioscars e antiheroes 04.06.2021

Coa calor...Procastinar ocupa máis lugar!! Nós desta vez abrimos con debate interno Razzies-Oscars, e despois O’Roi vainos falar de Walter Hill e os antiheroes. Poñede crema para o sol!

ProcastiNation - Xeración Naomi Klein 28.05.2021

Volven as nosas ensaladas! Esta semana con golfiños ci-fi, a canle xabarín e unha app curiosa (por non dicir algo máis). Na sección desta vez Lois nos fala de Naomi Klein, activista e xornalista, facendo un pequeno percorrido polos seus libros máis relevantes. Rematade Maio con nós! 22 xa…está claro que procastinar ocupa lugar.

ProcastiNation - Especial 🎬Cuñados🎬 con Araceli Gonda 21.05.2021

Desta vez vai de familias!! Estivo con nós Araceli Gonda, guionista de Cuñados. Detrás dos focos tamèn hai estrelas! Parte do éxito dunha das pelis da tempada leva o seu bo facer. Falamos un pouco de todo, que aparte de escribir tamén hai que vivir

ProcastiNation - Xela e as Lobas que se fan oír 17.05.2021

Feliz día das Letras Galegas!! Tivemos a inmensa sorte de celebralo coas chicas da Banda da Loba. Viñeron tres das cinco: Andrea, Marcela e Estela. En riguroso diferido, como di Pablo, que esta semana elas non paran coa presentación do seu EP Hasme Oír, feito cos versos de Xela Arias. E o seu talentazo!

ProcastiNation - Falcon and the Winter Carro 30.04.2021

Unha xente denominada como Disney rematou serie nova. E nós debatimos sobre os pros/contras e temáticas de Falcon and the winter soldier. No final o título cambiou. O que non muda é o noso experto nestas temáticas, don Alejandro Carro. Non poñades o escudo coas estrelas e unirse ó conto con nós.

ProcastiNation - De illas e churrascadas con Melania Cruz 23.04.2021

A nosa querida Melania Cruz visitou a sede central de Procastination. Tomamos froita, confesámonos, rimos, debatimos...e todo coa excusa de falar de Ons. Que ben se está cando se está ben ;)

ProcastiNation - Vamos de bares 16.04.2021

Procrastinar non aburre! Desta vez falamos de traballos do futuro, de Leo e os coches eléctricos e de expresións con china que nada teñen que ver coa pandemia. Lois falaranos dunha obra de actualidade en Santiago, que protagoniza o noso invitado de luxo: Francesco Carril. Escoitade que non contaxia e cumpre todas as medidas legais!!

ProcastiNation - Os 5 de Blyton 10.04.2021

Volven as ensaladas! Porque na primavera hai que coller tipo para o verán. Por iso traemos temas frescos: algo de momias exipcias, astrofísica e fútbol...e a Liga da Xustiza de Snyder. O noso Pablo fálanos dunha das autoras que lle marcou a infancia Enid Blyton.

ProcastiNation - Especial Dia do 🎭Teatro🎭: Fariña 27.03.2021

Hoxe é o Día Mundial do Teatro!! E nós celebrámolo cun programa moi especial, falando do espectáculo de Fariña e do seu fenómeno. Fixemos un vermú con María Vázquez, Cris Iglesias e Carlos Blanco. Pasámolo moi ben ;)

ProcastiNation - Especial TierList: Christopher Nolan 19.03.2021

Había unha vez un rapaz ó que lle gustaba (seguramente por tradición familiar) xogar a facer puzzles. Este neno chamábase (e agora tamén) Christopher Nolan. O tema é que agora moitas e moitos temos certa atracción en resolver estes enigmas. Vaia…que fixemos unha Tier List de pelis del! E pasámolo moi ben e todo. A ver que vos parece!

ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Peliculas 26.02.2021

Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.

ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Series 25.02.2021

Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.

Sección - Jean Seberg e as Panteiras Negras 21.02.2021

Jean Seberg , nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957) , Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964). Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se...

A elegancia de Seberg frente ás malas educacións e primitivismos polémicos 19.02.2021

Dende a República de Procanistán seguimos comunicando! Desta vez comentamos de "Os Best insultos in España" (por comunidades), un tema delicado chamado canibalismo...e Pablo poñerá algo de sentido común falando de Jean Seberg. Acudide! Aquí dentro non hai pandemias, só algunhas tolemias.

Sección - The Queen's Gambit 14.02.2021

The Queen's Gambit é unha historia ficticia baseada na vida dunha rapaza orfa e prodixio do xadrez, Beth Harmon ( Anya Taylor-Joy ). A serie céntrase na súa evolución para converterse na mellor xogadora de xadrez do mundo, superando problemas con dependencia de menciñas e alcohol. A historia comeza a mediados da década de 1950 e continua durante a década de 1960.

O axedrez é a nova droga 12.02.2021

Procrastinar... se é para xogar ao axedrez, parece menos procrastinar. Roi quixo falar de Gambito de dama, por se quedaba alguén por vela. Falamos do "baratismo" de McDonald's, a financiación de Okdiario (coa colaboración dun gran especialista) e movidas apocalípticas...coa excusa dun asteroide que pasará (disque) perto de nós. Acompañádenos!

Sección - Patría / Antidisturbios 07.02.2021

Sección de Lois do episodio PN08 adicado as series Patria e Antidisturbios. Patria é unha serie de televisión española de 2020 producida por Alea Media para HBO Europa, coa participación de HBO Latinoamérica. A serie está baseada na novela homónima de Fernando Aramburu . Creada e escrita por Aitor Gabilondo , a serie conta a historia de dúas mulleres que adoitaban ser amigas achegadas e que se ene...

Anuarios, aniversarios e moito papel hixiénico 05.02.2021

Procrastinar procrastinarei...o viño de clarear....esta semana temos: análise de marcas de papel hixiénico. Clave para as vosas vidas. Sopramos as pelas con wikipedia, lembraremos unha figura clave de dobraxe galega...e Lois traerá dúas series que igual vos soan: Patria e Antidisturbios.

Sección - Stieg Larsson 01.02.2021

Sección de Pablo do episodio PN07 adicado a Stieg Larsson. Karl Stig-Erland Larsson, coñecido coma Stieg Larsson, nado en Skelleftehamn, Condado de Västerbotten, o 15 de agosto de 1954 e finado en Estocolmo o 9 de novembro de 2004, foi un xornalista e escritor sueco. Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millenium, composta polos seguintes...

ProcastiNation - Especial O Charco de Ulises 22.01.2021

Procrastinamos tamén coa cultura galega! Estiveron con nós Marián Bañobre e Santi Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro. Capitanean tamén a primeira montaxe da nova etapa do CDG (Centro Dramàtico Galego). Charlamos de O Charco e Ulises...e moito máis!!

ProcastiNation - Especial The Mandalorian 15.01.2021

Fai moito, moito tempo, unha galaxia moi lonxana conquistou o corazón de moita xente. Súmase un novo procastinador neste novo episodio, o señor Alejandro Carro...ou “Carropedia” para os amigos. Analizamos a segunda temporada de The Mandalorian! Acompañádenos de man da forza ó noso templo máis tolo que dogmàtico.

Sección - James "The Amazing" Randi 11.01.2021

Sección de Roi do episodio PN04 adicado a James Randi. Randall James Hamilton Zwinge , nado en Toronto o 7 de agosto de 1928 e finado en 2020, foi un mago, escéptico, e declarado inimigo da parapsicoloxía canadense, máis coñecido como James "O Asombroso" Randi (The Amazing Randi) . Acadou sona polo Desafío paranormal do millón de dólares, polo que a Fundación Educativa James Randi dará ese premio...

ProcastiNation - James Randi e as especulacións cotiáns 08.01.2021

Seguimos procastinando! Desta vez mergullámonos entre especulacións, tanto misteriosas como económicas…a auga entrando en Bolsa. Tamén nos deu tempo (o bo que ten perdelo!) para descubrir un novo Forrest Gump…italiano!. Roi tráenos na súa sección a un mago (e científico) que atacou magufos (entre outras cousas), o gran James Randi. Agardamos que vos guste!

ProcastiNation - Especial Nadal: Marvel e Star Wars 25.12.2020

Disney toleou! E trouxo un montón de novas en forma de proxectos. Por iso nós, O'Lois + O’Pablo + O’Roi, viñemos comentar Marvel e Star Wars en forma de regalo de Nadal para vós. Desfrutade con precaución! Tampouco collades fartura de Disney +.

Listen to the ProcastiNation podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.