Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

Comedy GL ↓ 88 episodes

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.

Author

Bueno Carallo Bueno

Category

Comedy

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jun 22, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

BCB 5x04 - Piso Franco 09.10.2024

Silvio e Alberte estrean estudo. O primeiro anda de mudanza; mudanza á que axudou de xeito totalmente decisivo Alberte. Ou igual non tanto. Seguen de resaca trala festa da empanada, fantasean con posibles Presidentes da Xunta e rematan o programa tirando de tópicos cataláns. Perder audiencia, iso é o que queren? Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno

BCB 5x03 - A festa da empanada 29.09.2024

Silvio e Alberte seguen co seu particular World Tour que nesta ocasión lévaos até Toxos e Xestas, un clásico do mundo asociativo galego en Barcelona. Falan de mortes, das 4 provincias galegas, da rivalidade Celta-Dépor, de mudanzas, sucesos patrios e moito, moitírmo máis. Todo isto como adianto da Festa da Empanada, na que, como non podía ser doutro xeito, rematan de xurado. Un gran día para o Bue...

BCB 5x02 - Chover mal 18.09.2024

Silvio e Alberte volven neste segundo episodio da tempada ao seu estudio habitual (a casa do primeiro). Falan da resaca (metafórica e literal) trala gravación en directo dende Allariz, unha noite memorable xunto a Miguel de Lira e Tonhito de Poi. Tamén do mal que chove en Barcelona, do lugar de nacemento de galegos coñecidos e da maquenaria que estrearon para soar aínda mellor e seguir sendo o mel...

BCB 5x01 - A RiR con nós 07.09.2024

Silvio e Alberte estrean tempada (e xa van cinco) EN GALICIA. Esta gravación en directo dende o Festival RiR de Allariz supón a primeira visita ó país do mellor p*** podcast en galego do mundo. A primeira de moitas... Din eles. Entre outros temas tolos, falan da ausencia de comedias no novo cinema galego, do balconing e pechan cun apaixoante xogo que enfronta a concelleiros de Democracia Ourensana...

BCB 4x15 - Fin de festa con Joel Díaz 01.07.2024

Alberte e Silvio volven co mellor p*** podcast en galego do mundo ao Centro Galego de Barcelona, co obxectivo de pechar a tempada... pero desta vez fano acompañados. O convidado desta season final é o humorista e comunicador de orixe galega Joel Díaz, que incluso asiste ao programa acompañado da súa nai! Joel sométese a un exhaustivo test de galeguidade e descubre tamén a qué comarca pertence o co...

BCB 4x14 - Fuchicando coa IA 12.06.2024

Alberte e Silvio ofrecen a penúltima entrega da tempada do mellor puto podcast en galego do mundo. Entre outras cousas escoitarás o máis riguroso análise das eleccións europeas. Falan tamén de comer pipas, da casa do porco e asistimos a unha nova demostración do talento de Alberte pra imitar. Ademais, estrean as primeiras propostas de himno do Bueno Carallo Bueno feitas pola intelixencia artificia...

BCB 4x13 - Dous tartamodos 27.05.2024

Alberte e Silvio perpetran un programa de inicio faltón pero non vos enganedes que conforme avanza aínda é peor. O cumpre guitano de Iria, a presenza de Silvio na final da Champions feminina, o ascenso do Depor e o concurso das europeas son algúns dos demasiados temas que forman parte deste episodio. Se hai xente comenzando a escoitar o podcast dende o capítulo un, como pode ser que non escoites t...

BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb 06.05.2024

Alberte e Silvio cometeron un erro bastante imperdoable: tomar un café antes de comezar este capítulo do Bueno Carallo Bueno. O Alberte máis hiperactivo enfróntase, de novo, a un concurso dos que xa son habituais no programa. Silvio conta as súas peripecias no baloncesto, tanto xogando como asistindo coma público. Capitulón. Estamos no Tiktok e no Youtube, que puxemos algo de orde. Coidao. En rede...

BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano 19.04.2024

Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACA sobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano. Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da au...

BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona) 07.04.2024

Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona . Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya. Contaron coa presenza de dous convidados ( Suso Mon , de ERGAC, e Anxo Baranga , de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais! En redes, co...

BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente 11.03.2024

Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2. Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá. En redes, en @carallobueno...

BCB 4x08 - A palla auditiva 19.02.2024

Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións. Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo. En redes, en @carallobueno .

BCB 4x07 - Non me codere 07.02.2024

Alberte e Silvio analizan, ao seu xeito, as eleccións galegas do 18 de febreiro e comentan o debate. Tamén falan de El Xokas, dos pais de Ana Pontón e dos premios Mestre Mateo. Dan resposta a unha pregunta universal: só unha afeitadora pra colloada e cara ou mellor ter dúas? Nota: o programa inclúe un ataque de risa inxustificado de más de medio minuto. AVISADOS QUEDADES. En redes, en @carallobuen...

BCB 4x06 - Chourizos de Cuba (Especial de Nadal) 16.01.2024

Alberte e Silvio celebran un programa especial de Nadal a golpe de 16 de xaneiro. Moi do estilo deles. Falan de Cuba, Pachi Vázquez, pellets e dos regalos de Reis que os fan sentir aínda máis vellos. Un programa completiño, cinco semanas de ausencia ben o merecían. En redes, en @carallobueno .

BCB 4x05 - Papaloukas Antivacinas 04.12.2023

Alberte e Silvio fan o programa máis tolo da tempada. Cheo de comparacións absurdas, metáforas innecesarias e moitísimos xogos de palabras, algo que só eles se poden permitir. Falan da campaña de vacinación da gripe, do xogo de loterías e a nova afición de Silvio por oficiar casorios. En redes, en @carallobueno .

BCB 4x04 - O derbi do apartheid 22.11.2023

Alberte e Silvio regresan despois dun parón de mes e medio motivado por outra puta viaxe de Silvio ao cú de mundo (É A PRIMEIRA VEZ QUE ALBERTE ESCRIBE A DESCRICIÓN DO CAPÍTULO). Falan das eleccións arxentinas, dos audios e vídeos familiares e do terceiro aniversario do programa. Alberte é o mellor comunicador do mundo (ALBERTE, DEIXA O TECLADO XA). En redes, en @carallobueno .

BCB 4x03 - Filipinas 11.10.2023

Alberte e Silvio adican un programa case monográfico a analizar o casorio do segundo, como non podía ser doutro xeito. Entón, por que leva de título 'Filipinas'? Escoitádeo, non me sexades LACAZÁNS. Incorporan un dos concursos de Silvio pra poñer a proba a ignorancia de Alberte, neste caso en ámbito xeográfico. En redes, en @carallobueno .

BCB 4x02 - Tocaron o timbre 27.09.2023

Alberte e Silvio perpetran un dos episodios máis escatolóxicos da historia do Bueno Carallo Bueno. Que non vos asuste isto porque tamén tiveron tempo de falar de Nicolas Cage , da hostelería galega en Barcelona e da voda de Silvio. Comentaron tamén o saúdo personalizado que Maguila Mudança mandou ao "Canal Bueno" de "Portugal" e, pra rematar, desvelouse un dos proxectos máis am...

BCB 4x01 - Promoción 2032 12.09.2023

Alberte e Silvio encetan a que será a cuarta tempada do mellor puto podcast en galego do mundo cun programa que o gran Arsenio Iglesias definiría coa mítica frase "mucho que decir, poco que contar". Aínda así, tocan temas como o inicio do curso escolar ou a súa ausencia de vacacións por mor de compromisos radiofónicos. Como estrela convidada volve aparecer o mediático tiktokeiro Maguila...

BCB 3x16 - India non marchamos 21.06.2023

Último programa da terceira tempada do mellor p*** podcast en galego do mundo. Neste programa Alberte presenta o que será o seu proxecto para este verán, que contra todo pronóstico implica TRABALLAR! Silvio achegou as heroicidades do mítico MAGUILA MUDANÇA, un señor de Sao Paulo que levanta neveiras cunha man. Un crack. As vacacións de Silvio implican un país exótico, como as cancións do verán que...

BCB 3x15 - Ponme dous escandinabos 07.06.2023

Alberte e mais Silvio volven ao mellor p**** podcast en galego do mundo, para perpetrar o que será o penúltimo episodio da tempada. O pai de Silvio, Manolo, mándalle un audio en directo a Alberte... A súa reacción é ben divertida! Atopan tempo para comentar o caso Messi, a toma de posesión do novo alcalde de Xenebra, a nova película de animación preferida de Alberte ou a visita de Paco -o can de A...

BCB 3x14 - O forniquete 25.05.2023

Alberte e Silvio debullan o resultado do partido de pádel máis esperado do 2023. O certo é que o partido de pádel estivo a piques de non celebrarse, e esa historia marca o desenvolvemento do programa. Xa veredes, xa! Antes, iso si, teñen tempo de acuñar un novo tempo " o forniquete ", falando das novas habilidades de galán de Alberte e dos problemas de saúde de Silvio. Un pouco de todo....

BCB 3x13 - O partido do século 11.05.2023

A previa da GABALI CUP , a competición máis importante de pádel do mundo, marca este episodio do Bueno Carallo Bueno. O equipo dos ' Albertos ' enfrontarase ao ' Falcón Team ' no Gabali Cup Arena tamén coñecido como Pista Municipal La Verneda - Sant Martí de Provençals. Temos nivel, pero de momento temos que pagar pola pista, que lle imos facer. Mentres acaban de chegar as ofertas...

BCB 3x12 - Perdeuse o bidé 26.04.2023

O bidé xa non se usa tanto , e mira que ben podía ser unha solución contra a sequía. Ben, iso é o que pensan Alberte e Silvio neste programa do mellor puto podcast en galego do mundo. En plena resaca do Sant Jordi , onde Silvio asinou libros a multitudes, o mellor puto podcast en galego do mundo prepárase para un evento planetario. O partido de pádel máis esperado da vía láctea, a GABALÍ CUP , xa...

BCB 3x11 - Dalai Drama 12.04.2023

Silvio e Alberte encetan unha nova edición do podcast ás presas. Alberte non lembraba que tiña unha reunión de veciños en menos dunha hora. Silvio aproveita este espazo pra rajar da súa sogra todo o que lle da. Na exitosa sección 'Puto Pádel' conseguen algo histórico: poñer data pra o famoso partido da GABALÍ CUP . Volve o tío Pedro (a sintonía vaivos namorar!) e na parte final do programa...

Listen to the Bueno Carallo Bueno podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.