Bueno Carallo Bueno
Bueno Carallo Bueno
Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.
Autor
Bueno Carallo Bueno
Kategorie
Podcast-Website
Neueste Folge
22. Jun 2026
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
BCB 6x14 - Un programa Mondial 22.06.2026 1:18:34
Alberte e Silvio pechan a sexta tempada de Bueno Carallo Bueno desde o Centro Galego de Barcelona, como xa empeza a ser tradición. Desta volta montaron o seu Cherengueto de Camesolas e venderon os primeiros exemplares das camisolas oficiais do programa. Ademais, Pablo Casal colleu os mandos da nave e someteunos a un test de galeguidade tan particular como necesario. Tamén houbo tempo para falar do...
6x13 - DENÁMECO DE BOCAREST 29.05.2026 39:58
Silvio e Alberte estrean a Summer Edition do BCB na terraza do primeiro. Obrigado especial do ascenso do Dépor, promoción dos próximos eventos, cidades con nome de vella e máis desvaríos, propios do espazo e das altas temperaturas. Un programa para fluir, rir e desaprender o galego. Nas redes todas, en @carallobueno
6x12 - BAR LA CORUÑA 08.05.2026 56:01
Silvio e Alberte unha vez máis de paseo, ao máis puro estilo "gobelado", nunha nova edición de Estirando as pernas. O escenario nesta ocasión é o Clot (barrio barcelonés de moda): o seu epicentro, unha libraría con algo de literatura galega e o bar La Coruña. Silvio en modo bipolar e Alberte cheo de cansanzo. Imposible resumir o contido, só unha ilusión: poder contar con Henrique Monteag...
BCB 6x11 - Cherengueto de gogones 15.04.2026 1:00:50
Silvio e Alberte encetan unha nova edición do mellor puto podcast en galego do mundo, dispostos a facer un monográfico de fúbol. Pois ben, tardan máis de 20 minutos en sacalo tema. Antes falan, entre outras cousas, dos abusos da Igrexa. Así é este programa. Despois, si, arrinca o que de ben seguro será broma recorrente: o novo espazo deportivo titulado O CHERENGUETO DE GOGONES O que pasa a partir...
BCB 6x10 - Poñetazo 25.03.2026 54:25
Silvio e Alberte levaban demasiado tempo sen sacar programa novo. Alguén tivo que dar un POÑETAZO na mesa e non foi outro que Chuck Norris (aka. Richard Wein). Este episodio pasará á historia por dous motivos: Alberte preparou algo e estrearon a canción 'A bata das vellas'. Ademais diso pasan polo programa Cañita Brava, Romario e ata José Luis Ábalos. Mi madriña, non están ben... En redes,...
BCB 6x09 - Deporte Goquei 20.02.2026 59:39
Silvio e Alberte presentan un novo programa, sendo fieis a súa audiencia e á periodicidade estricta á que nos teñen tan mal acostumados. Como estou escrivindo esta nota tres días despois da gravación non lembro absolutamente nin un dos temas que tratamos. Digo, tratan. O mellor, coma sempre, é escoitalo.
BCB 6x08 - Os Morangos 04.02.2026 1:01:03
Alberte e Silvio andan moi italianos e mediterráneos últimamente. Aínda así, os dous teñen previsto viaxar a Galicia proximamente. Neste episodio contan cando e por qué. Falan da actualidade galega, moi pasada por auga, chistes de pirolas e Manuel Fraga na lista de Epstein. Homenaxean a figura do patrón do país e despídense coa canción de moda, "Tutto per tu". Nas redes todas, en @carall...
BCB 6x07 - Tutto per te 21.01.2026 56:51
Silvio e Alberte falan do 2026, do moito que lle gustan a un os anos pares e o pouco que lle chistan ao outro. Sí, o que sabemos do novo ano é que trae a mesma merda de sempre. Maduro, John Lennon, nomes italianos inventados ... todo iso e moito máis nunha nova entrega do mellor p*** podcast en galego do mundo. A ver, a eles véselles que o pasan ben, se serve iso de algo. Dixemos que non había nov...
BCB 6x06 - Comedoira de Uvas 02.01.2026 45:23
Silvio e Alberte encetan o ano podcasteiro a día 2 de xaneiro, para que despois se diga que non hai compromiso. Aproveitaron a reunión para ir xantar despois, porque se coñece que non tiveran paparotadas abondo. No primeiro programa do 2026 dá tempo a falar do mal que paparon as uvas o 31, de virus, de gañar á vez a Medalla Castelao e Creu de Sant Jordi e de colofón, comentar aspectos relacionados...
BCB 6x05 - Nos Premios Ondas! 28.11.2025 41:01
Silvio e Alberte convidados aos Ondas. Ben, Alberte convidado aos Ondas convidando a Silvio a ir con el de acompañante. Ben, Alberte suplicando unha invitación aos Ondas para quedar ben con Silvio. E o resto é historia. Levarían o Ondas a Mellor Podcast? Spoiler: NON
BCB 6x04 - Rosalía é galega 19.11.2025 58:17
Silvio e Alberte nunha nova edición do mellor p*** podcast en galego do mundo. Na edición número catro da sexta temporada, o de Grou e o de Anguieiros falan de... Goder! Cada vez é máis difícil facer a descripción dos " capétolos ". Falan rarísimo, xa non se entenden nin entre eles , e de tantas sandeces que enumeralas é imposible. O mellor/peor que podedes facer é escoitalo e sacar as vosas propi...
BCB 6x03 - Fillos do Magosto 31.10.2025 1:03:04
Silvio e Alberte, nunha nova edición de Estirando as pernas , camiñan por Gràcia, en Barcelona, un tipo de barrio dos que en Galiza non hai. Nin falta que fai. Falan de rumba, dos Testigos de Jehová e das troulas de Alberte polo lugar. E iso só antes da intro . Despois dá tempo de tratar moitas máis trapalladas e rematar nun bar do Celta cun dos concursos máis loucos do programa. Estes dous saíron...
BCB 6x02 - A Ricottaberna 15.10.2025 48:47
Silvio e Alberte encetan este programa falando de merda , e de aí para arriba. Fíxate se será importante o episodio, que ata Alberte trouxo sección. O nunca visto! Ademais falaron do ego, de Manuel Rivas, da serie Fariña e da educación sexual dos veciños de Grou (Baixa Limia). Un capítulo que vades ter que escoitar dúas veces , porque a primeira non ides entender nada. Para variar! En redes, en @c...
BCB 6x01 - Un bo Miura 01.10.2025 54:48
Silvio e Alberte volven coa SEXTA TEMPADA do Bueno Carallo Bueno, cando nin os máis ferventes seguidores lembraban xa que estes dous tiñan un podcast. Falan de horas de sono, de grilos e das ganas que compartían de volver atoparse para contar mierdas diante do micrófono. Silvio trae os seus habituais concursos e Alberte respostas incorrectas . Que esperabades? Que preparara unha sección? Benvidos...
BCB 5x15 - Acabou a infusión 08.07.2025 49:44
Silvio e Alberte van a xantar e póñense a gravar. E pasa o que tiña que pasar, que falan dunha chea de sandeces e a Alberte fáiselle tarde para ir buscar a cativa. Chegará a tempo? Descúbreo no último episodio do mellor p*** podcast en galego do mundo. Un final de tempada á altura da movida en xeral. En redes, en @carallobueno !
BCB 5x14 - LICORCA WORLD CUP (en directo no CGB) 16.06.2025 1:20:50
Silvio e Alberte rematan tempada, como xa é costume, conpúblico e en directo dende o Centro Galego de Barcelona. Nesta edición especial hai lugar para seccións habituais como os concursos de Silvio, a actualidade (política e persoal) máis carallada do habitual. E para pechar todo iso, unha cata de licor cafés caseiros. Xa só por iso, cinco tempadas de podcast valeron a pena. En redes, en @carallo...
BCB 5x13 - Papagón 13.05.2025 43:41
Silvio e Alberte pararan a actividade hai un mes. Sí, sí, non foi cousa do apagón, xa ve de atrás. Nesta nova e esperadísima entrega falan do parón enerxético, do novo Papa, do Barça e ata estrean unha sección que xa se fixera. En fin, moita chorrada de dios... En redes, en @carallobueno
BCB 5x12 - Preparadeiro físico 08.04.2025 50:21
Silvio e Alberte traen de volta un programa clásico; no que o primeiro traballa e o segundo non. Antes de estrear a sección Nomes de comidas que poderian ser futbolistas falan dos fillos, da 'energuia' e de como facer ben o pa amb tomàquet. Está o TikTok que bota lume. Superar os 500 seguidores depende de vós! En todas as redes, en @carallobueno !
BCB 5x11 - Antoni Bròquil 19.03.2025 49:06
Silvio e Alberte volven á rutina pero pensando xa nas súas próximas aventuras. Moi atentas porque o tramo final da tempada vai ter bastante movamiento. Coincidindo co "Día de o Pai" falan de ser calvo, de ir a andar, do tantísmo que está a chover ou de calçots. Ademais de seguir inventando palabras e personalidades varias. O peche, unha vez máis, chega cos Xogos de Silvio, todo un clásico do BCB....
BCB 5x10 - Estirando as pernas: Bruxelas 05.03.2025 49:22
Alberte e Silvio percorren as rúas da capital belga despois de ter gravado o programa especial dende o Parlamento Europeo xunto a Ana Miranda. Fan balance da experiencia e dálles para falar tamén do fea que lle parece Bruxelas á xente, dos Pitufos e de que debe pensar o creador dos gofres da versión con forma de pirola que inventou un pijo de Canarias con máis cartos ca neuronas. Turismo e chorrad...
BCB 5x09 - A conquista de Europa 22.02.2025 43:03
Alberte e Silvio chegan a Bruxelas, ao Parlamento Europeo para facer historia do podcasting en galego. O mellor puto podcast en galego do mundo presenta un programa especial con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, como convidada. Nunha animada conversa trátanse temas como o cheiro de Jean Marie Le Pen, os gastrobares de Bouzas e a furriqueira letal que case deixa a Alberte na casa. Miranda pasa polo...
BCB 5x08 - Deceonáreo de senónemos 14.01.2025 41:05
Silvio e Alberte volven para encetar o 2025 cun programa que serve de previa á viaxe que os levará a unha capital europea, onde gravarán o programa máis especial ata o de agora. Agradeceredes que este capítulo sexa máis curto, levan ao extremo o dialecto propio dos carallers rebautizando conceptos como a mítica serie MÉDECO DE FAMÉLEA (con Emeleo Aragón) ou FARMACEA DE GOARDEA. Houbo tempo de fala...
BCB 5x07 - Giorgios Asagallos 20.11.2024 56:15
Silvio e Alberte perpetran unha nova edición do podcast, desta vez máis tolo ca nunca -se iso é posible-. Falan do cumio do G20 en Brasil, do Primeiro Ministro portugués João Kiwi, da súa chegada a BlueSky ou de cagar no mar. Avisan á súa audiencia que o podcast ten dúas sorpresas; un pequeno parón por mor da paternidade de Silvio e un regreso apoteósico fora das nosas fronteiras que chegará máis...
BCB 5x06 - Honduras veñen 06.11.2024 49:13
Silvio e Alberte cambian de escenario e ofrecen un esperadísimo programa desde a casa de Alberte. Esperadísimo por Alberte que, se de normal xa traballa pouco, nesta ocasión non tivo nin que saír da casa. Fan unha guerra de porteiros, preparan o obituario de Alberte (pra cando sexa) e escollen o Ministro de Interior da República Galega. E sobre todo non perdades o inicio, que ten sorpresa. Seguimo...
BCB 5x05 - O programa do tirón 23.10.2024 55:36
Alberte e Silvio fabrican outro programa no que falan moito e non acabar de contar nada. O choio de Silvio en Hospitalet, o cumpreanos da irmá de Alberte e un xogo que vos fará pensar moito. Ou non... Silvio, na súa carreira cara á paternidade, sufriu un susto. Nada grave. Xa veredes ao final do epesódeo . Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet