Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

Comedy GL ↓ 88 episodes

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.

Author

Bueno Carallo Bueno

Category

Comedy

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jun 22, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

BCB 1x13 - A paparota 01.08.2021

Alberte e Silvio embárcanse nunha aventura de carallo: facer un programa nun bar sen ter os medios suficientes ! O carallo é ter unha excusa para comer o pincho de tortilla do Bar Laláns da Avinguda Mistral de Barcelona, onde pechan a primeira tempada do Bueno Carallo Bueno. O tal é ter salú! Pedimos desculpas por adiantado pola calidade do son. Aceptamos donacións, consellos, regalos e mesmo axud...

BCB 1x12 - A penúltima? 07.07.2021

Alberte Montes e Silvio Falcón toman a penúltima, encarando a recta final da tempada do podcast, visitando un estudo de radio. Separados por un vidro e con Silvio facendo de técnico, falando dos Manueles, dos cadelos, da filla de Alberte, das vacacións e da ausencia podcasteira da que todo o mundo está á falar. Será o derradeiro programa da tempada?

BCB 1x11: Alá é grande 22.05.2021

Alá é grande . E non falamos de Deus, senón dese sitio mítico que vive nas cabezas morriñentas dos pais de Alberte e Silvio. Claro, para eles "alá" é a aldea, é Galicia. Un xeito coma calquera outro de non verbalizar o feito de que viven lonxe do seu país e que son emigrantes. Pero claro, no BCB número 11 fálase de moitas outras cousas: o Día das Letras Galegas -e o postureo en redes-, a sección d...

BCB 1x10: Os vellos non deben emborracharse 09.05.2021

Neste décimo episodio do Bueno Carallo Bueno, Alberte Montes e Silvio Falcón falan do fin do Estado de alarma de das festas na rúa que conlevou esta circunstancia, tamén na cidade de Barcelona. Ademais, hai tempo para repasar a actualidade de "Os Manueles", "Os Cadelos" e incluso de facer seguemento do "cobete" chinés que ameazaba toda Europa cun impacto total. 

BCB 1x09: O mellor puto podcast en galego do mundo 25.04.2021

Alberte Montes e Silvio Falcón barallan a posibilidade de facer algún twitch en directo, falan de vacinas, desfibriladores, cadelos e outras parvadas para deixar claro que o Bueno Carallo Bueno é o mellor podcast en galego do mundo. E case da historia, aínda que as compañeiras de Podgalego non acaben de compartir a súa opinión. Xuntos acumulan máis horas de radio que Pepe Domingo Castaño, ou iso a...

BCB 1x08 - Dous cuñados con María Vázquez 11.04.2021

Convidada de luxo no Bueno Carallo Bueno ! A actriz galega María Vázquez conversa, na resaca dos Mestre Mateo, con Alberte Montes e Silvio Falcón sobre os seus proxectos e sobre a realidade do audiovisual galego. A recente estrea do filme de Portocabo, Cuñados, onde María Vázquez comparte cartel con Miguel de Lira ou Xosé Antonio Touriñán, serve de punto de partida a esta conversa a tres.  Xa...

BCB 1x07 - Toni Cantó 27.03.2021

Alberte Montes e Silvio Falcón pregúntanse de que temas falar para estar cos trending topics do noso tempo, coa actualidade rampante que come as redes sociais e ocupa portadas e telexornais. Por iso este capítulo fai referencia a Toni Cantó e ademais foi publicado o 27 de Marzo, Día Mundial do Teatro. Moito teatro e moita coña cos cadelos, cos Manueles e outras referencias carallaners das de toda...

BCB 1x06: O conflito dos chourizos 07.03.2021

Nin as guerras mundiais, nin tampouco a guerra dos 30 anos: en Barcelona está á librarse O CONFLITO DOS CHOURIZOS. Non sabes de que falamos? Só tes que escoitar este episodio do Bueno Carallo Bueno, onde Alberte Montes e Silvio Falcón estrean sección sobre os seus cáns e seguen á falar dos seus proxenitores. Ademais, por primeira vez desde a pandemia conseguen verse polas rúas de Barcelona. Todo i...

BCB 1x05 - Que pinta aquí Gabriel Rufián? 19.02.2021

Que pinta aquí Gabriel Rufián ? Pois non o sabemos moi ben -e el tampouco-, pero pensamos que podía prestar falar un pouco con el do Congreso e da fauna que alí se atopa. Polo pronto, xa sabemos que Rufián propúxolle un nome para a cadela de Silvio e que Alberte puido ter sido o imitador do político de ERC en Polònia. Por buscarlle algún sentido a todo isto. 

BCB 1x04: El Greco, Swarzenegger e Bertín Osborne 07.02.2021

Outro programa máis do podcast de Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo). Unha cousa leva á outra e acaban falando de El Greco, de Arnold Swarzenegger e de Bertín Osborne. Non perderse a sección dos Manueles!

BCB 1x03 - José Juan, patriota galego! 23.01.2021

Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) fantasean coa posibilidade de que o porteiro do Alcoyano -e heroe da eliminación da Copa do Rei diante do Real Madrid-, o galego José Juan Figueiras , poida aparecer en calquera momento durante a gravación do podcast. Polo camiño falan dos seus pais na sección Os Manueles entre outras mierdas . Terá aparecido José Juan pola programa? 

BCB 1x02 - Co noso padriño Álex Fidalgo 10.01.2021

Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) aínda están aprendendo a facer funcionar un podcast. Por iso precisan da axuda dun padriño experimentado, coma o xornalista de Corcubión Álex Fidalgo , que triunfa co seu podcast Lo que tú digas na plataforma Podium Podcast. Aínda non entenden que alguén de éxito queira facer promo nun podcast pequeno pero... Aproveitan tamén para estrear a psico...

BCB 1x01 - Especial de Nadal 27.12.2020

Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) estrean un novo podcast cun especial de Nadal. Outro podcast máis, en galego, onde falan das cousas que lle interesan. Chegou por fin a última mala nova do 2020.

Listen to the Bueno Carallo Bueno podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.