A ferida aberta no 36
A ferida aberta no 36
Neste podcast preténdese rescatar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que pagaron coas súas propias vidas o seu compromiso co país. En cada capitulo percorreremos Galicia seguindo a pegada deixada polos fascistas desde o alzamento militar de xullo do 1936 e recreamos as experiencias das vítimas a través de documentos históricos e literarios e dos testemuños dos seus familiares e amigos.
Author
A ferida aberta no 36
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 8, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
CAPÍTULO 36: MEMORIAS E DESMEMORIAS 08.07.2026 2:14:48
Galicia segue sumando lugares de memoria: o Campo de Aragón, en Ourense, e o Vello Cárcere de Lugo. Pero, a miúdo vemos como desde algúns sectores se empeñan en boicotear este tipo de avances e practicar a desmemoria. Sábeo a familia de Moncho Reboiras e a de Alexandre Bóveda, coas que conversaremos neste episodio sobre os últimos desencontros que manteñen coa clase política. Pero ademais, reflexi...
CAPÍTULO 35: A REPRESIÓN NAS MARIÑAS 23.06.2026 1:54:56
Constituían o que algúns chamaron a xeración perdida. Alcaldes e concelleiros que tras a victoria da fronte popular se puxeron a fronte dos concellos coa intención de tranformar opaís e que foron masacrados tras o golpe do 36. 56 dos 88 alcaldes e concelleiros asasinados na provincia da Coruña pertencían á zona das Mariñas, moi castigada polos sublevados. No capítulo de hoxe visitaremos esta área;...
CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO 31.05.2026 1:59:53
Adentrámonos no tardofranquismo; aqueles últimos anos nos que a ditadura empezaba a cambalear como consecuencia das tensións internas, a intensa mobilización social e a presión internacional. Durante esa etapa, o rexime seguíu recorrendo á represion e á tortura para tentar controlar un país que se lle ía das mans. Miguel Ángel Gómez Álvarez, Gus, foi detido, torturado encarcerado tras as mobilzaci...
CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO 12.05.2026 2:20:20
Estaban chamados a ser un elemento fundamental na modernización e democratización do pais. A súa misión era reverter as insportables cifras de analfabetismo que afectaban a case a metade da poboación de Galicia. Falamos dos mestres e as mestras, garantes dos valores de igualdade, liberdade elaicidade que defendía a República e duramente represaliados polos fascistas. Calcúlase que arredor dun cent...
CAPÍTULO 32: A REPRESIÓN NA RAIA. AS DITADURAS IBÉRICAS 17.04.2026 2:09:43
Neste 2026 en que se cumpren 52 anos da Revolución dos Caraveis trasladámonos ata a Raia para comprobar como se vivíu a represión fascista do 36 tanto en territorio galego como na outra beira do río. A comarca do Val da Limia foi unha zona de tránsito pola que fuxiron centos de galegos. Algúns foron capturados, outros foron acubillados en enclaves como Castro Laboreiro, en Melgaço.; houbo quen se...
CAPÍTULO 31: VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN 02.04.2026 1:32:00
O Goberno dá os primeiros pasos para investigar os crimes e as violacións dos dereitos humanos cometidas en España durante aGuerra Civil e a ditadura franquista. Oorgano designado para levar a cabo esta tarefa é a Comisión da Verdade, que contará cun subgrupo que se encargará especificiament edeinvestigar os abusos cometidos nos centros controlados polo padroado de proteccion á muller. Co director...
CAPÍTULO 30: MEIRÁS, O PAZO É DO POBO 21.03.2026 1:06:05
Despois de sete anos batallando nos xulgados, o Tribunal Supremo confirmou a devolución ao Estado do Pazo de Meirás, usurpado polo ditador durante a guerra e empregado pola súa familia durante décadas. A obriga a indemnizar os herdeiros de Franco causa malestar entre as asociacións memorialistas, os expertos e as administracións, que están dispostos a loitar para impedilo. Analizamos o contido da...
CAPÍTULO 29: ISABEL RÍOS E FOUCELLAS, COMPROMISO E RESILIENCIA 08.03.2026 1:59:31
Os protagonistas deste capítulo son a militante comunista Isabel Ríos e o guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas. Dous exemplos de compromiso e resiliencia pero tamén da represión exercida por un réxime que respostaba con dureza a calquera forma de resistencia. Isabel foi detida, encarcerada e condenada a morte. A seu home fusilárono; a ela conmutáronlle a pena pero se viu obrigada a exiliarse an...
CAPÍTULO 28: ENCAIXANDO AS PEZAS DA MEMORIA 20.02.2026 1:35:38
Ás veces, as pezas do puzzle comezan a encaixar. Despois de anos de loita, a xustiza anulou o consello de guerra que condenou á pena capital a Amada García, militante comunista de Mugardos fusilada no 1938 en Ferrol. Foi todo un acto de reparación que chega 88 anos despois da súa execución. En Ponferrada, mentres, o equipo de Sputnik Labrego conseguiu dar cos verdadeiros restos do guerrilleiro Man...
CAPÍTULO 27: A FERIDA ABERTA EN VIGO 23.01.2026 2:06:26
Arrincamos a segunda temporada de 'A ferida aberta no 36' coa vista posta en Vigo. O enfrontamento armado comezou alí tras a lectura do bando de guerra na Porta do Sol o 20 de xullo do 1936. O capitán Carreró deu orde de disparar e o resultado foi unha vintena de mortos, dúcias de feridos e outros tantos encarcerados. Despois viría a resistencia épica de Lavadores e, tras dela, as represalias. Tra...
CAPÍTULO 26: AS PROTESTAS DO 72, EN PÉ CONTRA A DITADURA 16.12.2025 2:10:23
No capítulo de hoxe propoñémosvos viaxar ao corazón indutrial de Galicia dos anos 70; a aquel ano 1972 no que a clase obreira galega puxo contra as cordas un réxime que comezabn a esmorecer. Milleiros de traballadores participaron nas protestas que paralizaron Ferrol e Vigo e que se saldaron con dous traballadores mortos, dúcias de feridos e centos de despedidos e de detidos, moitos deles encarcer...
CAPÍTULO 25: A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE 05.12.2025 1:56:54
Coincidindo cos cincuenta anos da morte de Franco e o 47 aniversario da Constitución Española analizamos o camiño andado nos tribunais de xustiza para axustar contas coa ditadura. Como o regreso a Compostela das estatuas do Pórtico da Gloria espoliadas hai 70 anos, a anulación en Ferrol das primeiras sentenzas condenatorias ditadas por tribunais franquistas ou a citación ante a xustiza do exminist...
CAPÍTULO 24: #25N O PADROADO DE PROTECCIÓN Á MULLER 24.11.2025 1:52:12
Neste 25N analizamos as violencia exercida polos fascistas contra as mulleres tralo golpe do 36 e poñemos o foco nunha realidade: a das nenas e mulleres recluidas nos centros do Padroado de Protección á Muller, unha institución franquista creada no 1941 para encarreirar as mulleres que non encaixaban coa moral católica do réxime e que estivo operativa ata ben entrada a democracia, ata o ano 1985....
CAPÍTULO 23: 50 ANOS DA MORTE DO DITADOR 20.11.2025 53:09
Cando se cumpren cincuenta anos da morte na súa cama do ditador, botamos a vista atrás e facemos un percorrido polos case corenta anos de ditadura que esmagaron a legalidade republicana e, con ela, os dereitos, as liberdades e a democracia. Acompáñannos nesta viaxe familiares das vítimas, os expertos e as asociacións memorialistas. E arrincamos travesia da man de tres homes que viviron en primeira...
CAPÍTULO 22: NA LOITA 11.11.2025 1:48:34
Malia o avance franquista, o espírito de loita mantívose durante a guerra e a ditadura. Un exemplo foi Ferrol , unha cidade que vén de ser declarada Lugar de Memoria. Neste capitulo poñemos o foco neste recoñecemento pero tamén nos opositores ao réxime e, en concreto, nos guerrilleiros. Concidindo coa homenaxe que lles brindou o Congreso recuperamos as historias do dirixente comunista José Gómez G...
CAPÍTULO 21: OS ÚLTIMOS ASASINADOS DO FRANQUISMO 30.10.2025 1:43:12
Este capítulo discorre no 1975, o anoda morte do ditador. Apenas dous meses antes de morrer na súa cama, Franco condena a morte a cinco militantes antifascistas, dous de ETA e tres dos FRAP, entre os que se atopan dous galegos: Xosé Luis Sánchez-Bravo Solla e Xosé Humberto Baena. Os dous son fusilados en Madrid o 27 de setembro, seis semanas despois do asasinato a tiros do líder sindical e polític...
CAPÍTULO 20: LUGARES E MEMORIA 18.10.2025 1:49:28
O vindeiro 4 de novembro o Goberno incoará o expediente para declarar Ferrol como Cidade de Memoria Democrática. Recoñece así a loita que a urbe realizou en favor das liberdades e a democracia no último século. No capítulo 20 de 'A ferida aberta no 36' analizaremos os fitos, lugares e persoas que fan a Ferrol merecente deste recoñecemento e percorreremos outros enclaves de Galicia que tamén queren...
CAPÍTULO 19: O PINTOR FRANCISCO MIGUEL REGRESA POR FIN Á CORUÑA 05.10.2025 1:28:13
O pintor Francisco Miguel descansa xa na Coruña. Ata alí foi trasladdo o pasado 29 de setembro, 89 anos despois do seu asasinato, en Bértoa, en Carballo, a mans dos fascistas, Os restos do artista, que permaneceron durante décadas nunha fosa comun, foron exhumados pola ARMH hai dous anos e conducidos ata o cemiterio de Santo Amaro. Alí o pintor reencontrase con aquel mar que tanto amaba e que divi...
CAPÍTULO 18: SAN SIMÓN, LUGAR DE MEMORIA 20.09.2025 1:45:37
Arrinca o proceso para declarar as Illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria. O Goberno recolleu a luva lanzada polas asociacións memorialistas e incoa o expediente que deberá dotar de especial protección a este enclave no que estiveron encerrados uns 6.000 presos entre os anos 1936 e 1943 en condicións durísimas e sometidos a todo tipo de malos tratos e humillacións. Polo menos medio m...
CAPÍTULO 17: O PAZO DE MEIRÁS, LUGAR DE MEMORIA 01.09.2025 1:46:01
Cinco anos despois da devolución do pazo de Meirás ao Estado, o Goberno inicia os trámites para declarar este espazo como lugar de memoria. Un enclave que representa o máximo expoñente do espolio cometido polos Franco en Galicia. Neste capítulo analizamos como o ditador se fixo con este inmoble que pertencía á familia de Pardo Bazán e os segredos que agochan as paredes do pazo. Pero ademais, colec...
CAPÍTULO 16: OS SEGREDOS DA CASA CORNIDE 08.08.2025 1:35:34
Despois de décadas de espolio, ábrense os cancelos da casa Cornide da Coruña. Este imponente palacete do século XVIII do que se apropiou Carmen Polo nos anos 60 abriu as súas portas ao público o pasado 4 de agosto no medio dunha grande expectación, tras anos de enfrontamento entre o concello da Coruña e os herdeiros do ditador e despois de que estes foran sancionados pola Xunta ao incumprir o réxi...
CAPÍTULO 15: 89 ANIVERSARIO DO GOLPE 20.07.2025 1:48:44
Coincidindo co 89 aniversario, analizamos o contexto no que se produciu o golpe militar de xullo do 36 e tamén as súas consecuencias. Unha sublevación que deixou máis de cinco mil mortos en Galicia, arredor de oito mil encarcerados, centos de exiliados e abriu feridas moi profundas no conxunto da sociedade galega. Analizámolo co historiador Xosé Manoel Núñez Seixas e co antropólogo forense Fernand...
CAPÍTULO 14: AS ESTATUAS DO MESTRE MATEO REGRESAN A COMPOSTELA 06.07.2025 1:35:32
Despois de oito anos de litixios, o Tribunal Supremo ordénalle aos Franco que devolvan, ao concello de Santiago, as esculturas do Pórtico da Gloria das que se apropiou o ditador no ano 1954. Unha batalla legal histórica que a sociedade civil gaña despois dun proceso longo e moi doloroso que conclúe cinco anos despois da recuperación de Meirás. No capitulo 14 de 'A ferida aberta no 36' analizamos a...
CAPÍTULO 13: A FERIDA ABERTA NO BARBANZA 29.06.2025 1:30:33
A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de 'A ferida aberta no 36'. Nesta zona e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón- que acolleron a internos procedentes da fronte de Asturias e tamén de Cataluña. Naqueles primeiros compases da contenda, 42 cargos políticos foron asasinados...
CAPÍTULO 12: OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS E OIA 16.06.2025 1:33:30
No capítulo 12 de 'A ferida aberta no 36' continuaremos no Baixo Miño; unha comarca que albergou dous campos de concentración durante a guerra: o de Camposancos e o de Oia, que albergaron un total de dez mil presos nos anos nos que estiveron operativos. Coñeceremos as condicións de vida destes campos coa axuda de Xosé Ballesta, José Antonio Uris e Fernando Javier Costas Goberna; falaremos con Inma...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.