A ferida aberta no 36
A ferida aberta no 36
Neste podcast preténdese rescatar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que pagaron coas súas propias vidas o seu compromiso co país. En cada capitulo percorreremos Galicia seguindo a pegada deixada polos fascistas desde o alzamento militar de xullo do 1936 e recreamos as experiencias das vítimas a través de documentos históricos e literarios e dos testemuños dos seus familiares e amigos.
Author
A ferida aberta no 36
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 8, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO 02.06.2025 1:35:57
Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar. A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería rondar as 650, debido ao elevado volume de detencións e ao movemento de presos que movían a prisión de Tui...
CAPÍTULO 10: BOSQUEXANDO A CASTELAO (II) 16.05.2025 1:34:01
Neste décimo capítulo afondamos no universo Castelao aproveitando o 75 aniversario do seu pasamento. Tentaremos coñecer o significado da súa obra creativa, a súa simboloxía, pero tamén as súas motivacións políticas e que o levaron a converterse no primeiro presidente de Galicia durante o seu exilio na Arxentina. Analizamos o legado artístico e político do rianxeiro coa axuda do presidente da RAG,...
CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I) 12.05.2025 1:27:07
Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI. Coa intención de debullar a obra artística e o pensamento político do rianxeiro, decidimos presentarvos un programa...
CAPÍTULO 8: A FERIDA ABERTA NA CORUÑA 04.05.2025 1:15:05
A cidade de A Coruña non tardou en caer tras o levantamento militar. Os golpistas descabezaron o poder político e iniciaron unha represión brutal en toda a cidade. Un dos capítulos máis tráxicos foi a fuxida frustrada do Portiño. Analizámolo neste capítulo e falaremos do encarceramento de Teresa Alvajar, filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da irmandiña e galeguista Amparo Ló...
CAPÍTULO 7: A FERIDA ABERTA EN COMPOSTELA 20.04.2025 1:26:22
Neste sétimo capítulo, 'A ferida aberta no 36' trasládase a Santiago. Á Compostela de Ánxel Casal, á de Camilo Díaz Baliño, á Compostela de Nós. Apenas uns días despois do golpe, os cárceres enchéronse de presos políticos e producíronse os primeiros paseos; como o de Casal ou Díaz Baliño. Nun primeiro momento, os arrestados eran conducidos á Falcona. Trala guerra, habilitouse a prisión de Santa Is...
CAPÍTULO 6: GUERRILLEIROS, ENLACES E FUXIDOS 06.04.2025 1:30:45
Neste sexto capítulo indagamos sobre os grupos de resistencia antifranquista constituídos trala guerra civil; en concreto sobre a Federación de Guerrillas León-Galicia que estivo operando durante os anos 40. Falamos de guerrilleiros, pero tamén das guerrilleiras; das mulleres que lles serviron de enlaces durante anos e que foron duramente castigadas por facelo; e ocuparémonos ademais dos fuxidos,...
CAPÍTULO 5: TRALOS ARAMADOS 23.03.2025 1:20:55
O Goberno encargou ao grupo Histagra da USC a elaboración dun censo estatal de vítimas da guerra civil e o franquismo. Calcúlase que en Galicia a cifra ronda as 5.000; en todo o estado estímanse en 150 mil as vítimas do bando republicano. No capítulo 5 de "A ferida aberta no 36" analizamos coa portavoz da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García Rodeja, o periplo seguido...
CAPITULO 4: SAN SIMÓN, A ILLA DA MEMORIA 08.03.2025 1:21:41
Era coñecida como "a illa da morte"; aquela illa que no pasado servira de mosteiro, de fogar pra nenos orfos e de leprosería, converteuse no 1936 nunha prisión franquista e nun campo de concentraciona onde foron eran conducidos arredor de seis mil presos entre os anos 1936 e 1943. Aínda que algúns aínda o poñan en dúbida, polo menos 500 non conseguiron sobrevivir. Neste capítulo recrearemos o acon...
#8M A FERIDA ABERTA NO 36: ELAS 08.03.2025 1:22:00
Neste 8M, queremos poñer o foco naquelas mulleres que foron executadas, encarceradas, depuradas ou que se viron obrigadas a emprender o camiño do exilio tralo alzamento militar. Moitas delas foron silenciadas e invisibilizadas durante anos, e opacadas polos seus compañeiros. Hoxe, en "A ferida aberta no 36" ELAS son as protagonistas.
CAPÍTULO 3: A FERIDA ABERTA EN CELANOVA 23.02.2025 1:14:00
Durante a guerra civil, o mosteiro de Celanova chegou a albergar ata 1.300 presos. Mentres, arredor de medio cento mulleres foron encerradas no actual edificio dos xulgados. En ocasións, os internos e internas eran sacados de noite e aparecían paseados de mañanciña. Contámolo no capítulo 3 de 'A ferida aberta no 36', onde rescatamos o drama da familia Gómez del Valle a través da neta de María de B...
CAPÍTULO 2: A REPRESIÓN NA COMARCA DE FERROLTERRA 09.02.2025 1:04:01
A comarca de Ferrolterra foi unha das máis castigadas durante a guerra civil. Segundo o historiador, Xosé Manuel Suárez, neses tres anos foron paseadas ou fusiladas 776 persoas e un total de 904 ata a chegada da democracia. Entre a linga listaxe de vítimas da represión figuran o primeiro alcalde republicano de Ferrol, Xaime Quintanilla ,ou o presidente da deputación da Coruña, José López Bouza. Af...
CAPÍTULO 1: A REPRESIÓN DURANTE A GUERRA CIVIL 28.01.2025 1:00:03
Neste primeiro capítulo relatamos as consecuencias que tivo en Galicia o alzamento militar de 1936; sobre todo, entre os creadores e a clase política galega. Algúns morreron fusilados e paseados; outros foron encarcerados e , dos que se salvaron, moitos emprenderon o camiño do exilio. Repasámolo nunha reportaxe. Conversamos tamén con Conchi López, sobre o plan de exhumación de fosas realizado polo...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.