RadioEstrada

Actualidade Mediodía

News GL ↓ 2332 episodios

🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

RadioEstrada

Categoría

News

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

27 de nov. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android 10 M+ de descargas · valoración de 4,7+ iOS muy pronto

Episodios

Informativos Radio Estrada 27.11.2026

A Estrada prende hoxe a iluminación de Nadal nun acto moi especial na Praza de Galicia, coa participación da Fundación Andrea, mentres o Teatro Principal recibe esta noite a representación de O lago dos cisnes. Nunha fin de semana marcada tamén pola cita electoral do domingo, abrimos un informativo cargado de actualidade local e comarcal. Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía na N-640,...

Informativos Radio Estrada 26.11.2026

O Concello presenta «La Última y Nos Vamos», a festa de prefin de ano que se celebrará o 19 de decembro con King África como cabeza de cartel. Repasamos tamén a conmemoración do 25N, cun manifesto consensuado por todas as forzas políticas municipais. O Nadal protagoniza parte da información: o convite aos colexios para decorar sete árbores no Bosque Máxico e o acendido do alumeado, previsto para m...

Informativos Radio Estrada 25.11.2026

Neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, A Estrada súmase ás reivindicacións do 25N cunha concentración cidadá prevista para as oito da tarde na Praza do Concello. A loita contra a violencia machista tamén protagoniza numerosas actividades educativas no IES Antón Losada Diéguez, centro que ademais participa nunha competición galega de ciberseguridade con 366 estudant...

Informativos Radio Estrada 24.11.2026

A actualidade da xornada vén marcada polo pasamento de Pedro Leis Camba, coñecido popularmente como Ben Barek, unha das figuras históricas da Estrada. Futbolista do Estradense nos anos cincuenta, impulsor do campo da Baiuca e referente da vida social e asociativa do municipio, faleceu ós 95 anos deixando unha fonda pegada na memoria colectiva estradense. Ademais, falamos da desarticulación dunha b...

Informativos Radio Estrada 23.11.2026

A actualidade da xornada vén marcada polo éxito histórico de Iziar Barcala, que se proclamou campioa de España sub-19 de bádminton en Huelva, un logro que sitúa á deportista estradense entre as grandes referentes do bádminton nacional. Escoitamos ademais as súas valoracións tras conquistar o ouro. Nos titulares, falamos do accidente rexistrado en Souto de Vea no que resultaron feridos dous veciños...

Informativos Radio Estrada. 20.11.2026

Arnois celebra os 105 anos de Manuel Collazo Pazos cunha homenaxe no lugar dos Golmados. Na Estrada, os efectivos de Emerxencias rescataron unha traballadora municipal que quedou atrapada no ascensor da Casa da Música tras un apagamento que obrigou a suspender as clases do Conservatorio. Repasamos tamén a modificación de 200.000 euros no orzamento municipal, a proposta para cubrir o sobrecusto da...

Informativos Radio Estrada 19.11.2026

Hoxe no Informativo Actualidade Mediodía" repasamos as obras de asfaltado no rural, a montaxe do bosque de Nadal e a previsión de dúas novas prazas xudiciais na Estrada. Abordamos tamén a charla de seguridade en San Miguel de Castro e a reclamación do BNG de medidas urxentes na N-640. Na cultura, presentación do libro de Nicolás Luna, homenaxe a García Barros en Berres e reedición de «Ramón de Lir...

Informativo Radio Estrada 18.11.2026

Neste informativo repasamos a actualidade da Estrada e da comarca, marcada polas consecuencias do temporal e polas queixas veciñais polo estado dalgunhas infraestruturas. Falamos dos dous accidentes rexistrados en poucos días na estrada entre Portela e Souto de Vea, unhas incidencias que reavivan as demandas para mellorar a seguridade da vía. Ademais, facemos balance dos danos provocados polo temp...

Informativos Radio Estrada 17.11.2026

Neste informativo repasamos a actualidade da Estrada, da comarca e tamén as principais novas de Galicia. Abrimos cunha iniciativa da Xunta para reforzar a seguridade infantil nos desprazamentos en coche: repartirá de balde 40.000 dispositivos antiolvido destinados a familias con bebés de ata dous anos, co obxectivo de evitar que os menores poidan quedar accidentalmente no interior dos vehículos. E...

Informativos Radio Estrada 16.11.2026

Neste informativo abrimos cunha homenaxe moi especial a unha das figuras máis destacadas da cultura estradense. No 150 aniversario do seu nacemento, lembramos a vida e o legado de Manuel García Barros, Ken Keirades, escritor, mestre e firme defensor da identidade galega, cuxa pegada continúa moi presente na nosa vila. Repasamos tamén a actualidade local, marcada polos roubos rexistrados en varias...

13 de Novembro - Actualidade Mediodía 13.11.2026

Actualidade Mediodía de Radio Estrada | Venres, 13 de novembro de 2026 Con Damián Cortés e Carmen Pombo. A campaña electoral abre este informativo, coa mirada posta no 29N e no mitin do PP desta tarde no Teatro Principal, coa presenza de Alfonso Rueda e José Luis Martínez-Almeida. Na información local, contamos a intervención de Emerxencias no incendio do motor dunha furgoneta na rúa San Antón, o...

Informativo Radio Estrada 12.11.2026

Esta edición de Actualidade Mediodía abre co inicio da campaña electoral para as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro. Á medianoite arranca oficialmente unha carreira de quince días na que os partidos presentarán as súas propostas e solicitarán o apoio da cidadanía. Entre os asuntos máis destacados da xornada, informamos dos microcortes eléctricos rexistrados na Estrada, Cuntis e Moraña tra...

Informativos Radio Estrada 11.11.2026

A actualidade deste informativo pasa pola decisión da Xunta de arquivar o procedemento administrativo da gasolineira proxectada na Baiuca, apoiándose nos informes técnicos emitidos polo Concello da Estrada, nun expediente que recibiu 730 alegacións particulares. Tamén falamos da alerta xerada no CEP Pérez Viondi polo aparecemento de xiringas na zona de acceso posterior ao centro educativo, un feit...

Informativos Radio Estrada 10.11.2026

Neste informativo repasamos a actualidade da xornada coa mirada posta nun accidente de tráfico rexistrado na parroquia de Moreira, onde unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía e envorcar co seu vehículo na EP-7017, á altura da Pica. Ademais, seguimos o inicio das obras de mellora do obradoiro de emprego A Estrada Emprega Foresta, coa visita do delegado da Xunta en Pontevedra, e f...

Informativos Radio Estrada 09.11.2026

A borrasca Bruna deixa unha xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica en Galicia, con avisos por chuvias intensas, treboadas e fortes ventos que afectan tamén á nosa comarca. Neste informativo falamos do accidente de tráfico rexistrado en Parada no que resultou ferida unha veciña de Cereixo, do remate do prazo para presentar alegacións aos proxectos eólicos Monte Arca Norte e Sur, e da mul...

Informativos Radio Estrada 06.11.2026

Neste informativo local repasamos os principais asuntos da actualidade da Estrada e da comarca. Abrimos coa sinatura do convenio polo que a Xunta achegará 400.000 euros para renovar a área recreativa da praia fluvial do río Liñares. Tamén falamos do avance das obras de mellora das cunetas na estrada provincial entre O Sol e Pardemarín, xa na súa recta final, e da nova xornada de convivencia veciña...

Informativos Radio Estrada 05.11.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade máis destacada da xornada. A CIG chama a secundar a folga xeral do vindeiro 11 de novembro cunha mobilización na Estrada, mentres o Concello fixa os servizos mínimos de Axuda no Fogar para esa mesma convocatoria. Tamén falamos da visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ás instalacións nas que Aspanaes poñerá en marcha dúas unidades de edu...

Informativos Radio Estrada 04.11.2026

️ O fume volve protagonizar a actualidade en Galicia. Coa reactivación das queimas agrícolas e forestais, as columnas de fume e o cheiro a queimado deixáronse sentir en numerosos puntos do territorio. Abrimos o informativo lembrando a importancia da prudencia e repasando tamén o balance da campaña de incendios presentado pola Consellería do Medio Rural. ️ Ademais, nos titulares locais falamos da p...

Informativos Radio Estrada 03.11.2026

No informativo de hoxe abrimos coa incidencia rexistrada na Praza do Concello da Estrada, onde a letra «T» do emblemático rótulo da vila sufriu un percance sen que houbese que lamentar danos maiores. Tamén contamos todos os detalles da presentación do cuarto vehículo eléctrico que o Concello pon a disposición da veciñanza dentro do servizo de mobilidade compartida. Ademais, coñecemos a nova edició...

Informativos Radio Estrada 02.11.2026

Neste informativo de hoxe, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos, abrimos lembrando unha xornada dedicada á memoria dos seres queridos que xa non están entre nós, despois dunha fin de semana marcada polas visitas ós cemiterios, as flores e os recordos. Entre os principais asuntos da actualidade, falamos do xuízo que celebrará mañá a Audiencia de Pontevedra contra tres persoas acusadas de...

Informativos Radio Estrada 30.10.2026

Ás portas de Todos os Santos e do Día de Defuntos, o Samaín volve cobrar protagonismo nas parroquias da Estrada cun amplo programa de actividades para todas as idades. Neste informativo repasamos as celebracións previstas para a fin de semana e facemos balance doutras citas culturais e sociais da comarca. Ademais, falamos da denuncia por unha presunta suplantación de identidade sufrida polo párroc...

Informativos Radio Estrada 29.10.2026

A traxedia ferroviaria rexistrada en Toledo, que deixa xa 69 persoas falecidas, marca a actualidade deste informativo e condiciona tamén a vida pública e cultural da Estrada. O municipio sumouse aos tres días de loito oficial cun minuto de silencio en memoria das vítimas e coas bandeiras da praza do Concello a media hasta. Ademais, o goberno local decidiu adiar os actos culturais previstos para es...

Informativos Radio Estrada 28.10.2026

Neste informativo damos conta do grave accidente ferroviario rexistrado esta mañá na provincia de Toledo, no que perderon a vida polo menos 50 persoas e máis de 179 resultaron feridas tras a colisión entre dous trens de alta velocidade. Repasamos tamén as reaccións institucionais, coa cancelación de axendas oficiais por parte de distintas administracións e a convocatoria dun minuto de silencio ás...

Informativos Radio Estrada 27.10.2026

No informativo de hoxe falamos da rápida intervención dos servizos de emerxencias para extinguir un incendio nunha vivenda da avenida de Pontevedra. Ademais, veciños de Tabeirós denuncian o roubo de cable de cobre nas farolas públicas de Rebordelo, mentres que a Policía Local da Estrada alerta dun novo método de roubo en aparcadoiros baseado no engano das moedas. Repasamos tamén o inicio dun novo...

Informativos Radio Estrada 26.10.2026

No informativo de hoxe abrimos cunha homenaxe á memoria de Francisca Andújar, alma do histórico restaurante Os Peares e referente da hostalaría estradense, falecida aos 92 anos tras unha vida dedicada ao traballo, á cociña e á súa vila. Ademais, repasamos a actualidade local cun avance dos titulares máis destacados: o xuízo por narcotráfico e branqueo que sentará no banco a catro familiares do pri...

Escucha el podcast Actualidade Mediodía en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos