RadioEstrada

Actualidade Mediodía

News GL ↓ 2298 Folgen

🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

RadioEstrada

Kategorie

News

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

9. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Informativos Radio Estrada 09.10.2026

A Estrada foi hoxe escenario do acto institucional de homenaxe ás policías locais de Galicia, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A xornada serviu para recoñecer a traxectoria de numerosos axentes e dar a benvida ás novas promocións de mandos policiais. Neste informativo tamén falamos do accidente rexistrado en Berres, onde unha pe...

Informativos Radio Estrada 08.10.2026

A despedida a Xosé Manuel Beiras, falecido aos 90 anos, abre o informativo de hoxe. Na Estrada, contamos o accidente sen feridos na avenida Benito Vigo e o restablecemento do subministro de auga tras a avaría en Matalobos. Tamén repasamos a lista provisional de candidatos a xurado popular, o curso de lingua e cultura galegas para persoas migrantes e o peche temporal das adopcións de Patiñas por fa...

Informativos Radio Estrada 07.10.2026

No informativo local de hoxe abrimos cunha información de servizo: o Concello da Estrada contará con 14 festivos laborais no ano 2027, incluíndo como datas locais o 24 e 25 de xuño, coincidindo coas festas de San Paio. Ademais, falamos da avaría na rede de auga que obrigará a interromper mañá o subministro en varias rúas do casco urbano, das obras da compañía R na rúa Iryda, que se prolongan pola...

Informativos Radio Estrada 06.10.2026

No informativo deste martes 6 de outubro, repasamos o aviso amarelo por choiva no interior de Pontevedra e a actualidade da Estrada: o recoñecemento a dous policías locais polos seus 25 anos de servizo, a participación de Carla Rey no certame Miss RNB Pontevedra 2027 e as 40 axudas municipais a colectivos veciñais, por un total de 110.977 euros. Falamos tamén da xornada de Mulleres Rurais Avelina...

Informativos Radio Estrada 05.10.2026

A actualidade política abre este informativo de Radio Estrada, co adianto electoral ao 29 de novembro e as primeiras valoracións dos líderes das principais formacións políticas da Estrada. Na información local, contamos o ingreso en prisión provisional do médico do PAC investigado por unha presunta agresión sexual e a colisión sen feridos na avenida de Pontevedra. Coñecemos tamén o novo punto limp...

Informativos Radio Estrada 02.10.2026

O incendio dun camión cargado de cervexa na AP-9, á altura de Alba, en Pontevedra, abre o informativo deste venres. O condutor foi trasladado grave ao hospital e o sinistro obrigou a cortar a autoestrada, provocando importantes problemas de circulación. Na Estrada, contamos os preparativos dun Plan Municipal contra a seca co consenso de todos os grupos políticos e a participación de tres colectivo...

Informativos Radio Estrada 01.10.2026

No informativo de hoxe abrimos coa investigación a un médico do PAC da Estrada por unha presunta agresión sexual durante unha consulta. Ademais, coñecemos os detalles de dous novos parques eólicos proxectados entre A Estrada e Cuntis. Falamos tamén do peche da praia fluvial de Liñares para acometer a súa renovación integral, cun investimento de 1,5 millóns de euros, e do avance do irmandamento ent...

Informativos Radio Estrada 30.09.2026

A actualidade deste informativo vén marcada polos efectos do temporal na Estrada, que deixou árbores caídas, anegamentos e incidencias en postes e cableado en distintos puntos do municipio. Ademais, repasamos a visita da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para supervisar o inicio das obras da senda peonil da PO-841; a presentación dunha nova edición...

Informativos Radio Estrada 29.09.2026

Na edición de hoxe abordamos as reunións convocadas no Foxo e Guimarei para analizar o impacto da futura liña eléctrica de Alta Tensión A Estrada-Paizás. Ademais, coñecemos o chamamento da asociación Arela para atopar familias da Estrada dispostas a acoller temporalmente adolescentes por resolución xudicial. Falamos tamén con Mar Blanco, tras coñecerse que Móvete non se presentará ás eleccións mun...

Informativos Radio Estrada 28.09.2026

Hoxe abrimos coa destacada presenza de Sidra Camino, de A Estrada, que vén de acadar a distinción Premium no Salón Internacional de Sidras de Xixón. Ademais, abordamos a decisión de Móvete de non presentarse ás eleccións municipais de 2027. Falamos tamén das restricións de estacionamento na parte alta da rúa Irida por reparacións eléctricas, do corte diúrno da estrada entre Vilacriste e Couso debi...

Informativos Radio Estrada 25.09.2026

No informativo de hoxe falamos das novas reunións veciñais convocadas polo Concello para explicar o trazado da liña eléctrica e as posibilidades de alegación, que terán lugar no Foxo e en Ouzande. Tamén abordamos a entrada da Estrada en situación de seca prolongada, a apertura do prazo para as actividades de prevención da dependencia e a convocatoria dunha nova edición do Premio Xornalístico Manue...

24 de Setembro 24.09.2026

Actualidade Mediodía – 24 de setembro de 2026 O informativo de Radio Estrada aborda hoxe os efectos que a seca e as altas temperaturas están a ter na campaña da mazá de sidra. A abundancia de froita nos pomares estradenses contrasta coa preocupación do sector pola redución do zume e polos danos provocados polo sol. Analizamos a situación con Miguel Soto, técnico de Unións Agrarias. Na actualidade...

Informativos Radio Estrada 23.09.2026

A actualidade deste Mércores chega marcada pola caída sufrida por unha muller na beirarrúa da N‑640 á altura do Concello. Guimarei acollerá o martes unha reunión cos afectados pola liña de alta tensión A Estrada‑Paizás. Os semáforos dun dos principais cruces da Estrada volven funcionar tras varias avarías nos últimos días. AGADEA presentou no Concello a obra “Foise no Vento”, que abrirá a programa...

Informativos Radio Estrada 22.09.2026

A actualidade deste Martes chega marcada pola reunión informativa na que os veciños afectados pola liña de alta tensión A Estrada‑Paizás coñeceron onte os pormenores do proxecto e preparan xa as súas alegacións. O Concello reforza a sinalización viaria con máis de 30 intervencións en distintos puntos do municipio. Recupéranse 142 metros cúbicos de auga ao día grazas aos mananciais de Espiño II e C...

Informativos Radio Estrada 21.09.2026

A actualidade deste Luns chega marcada polo peche da 38ª Feira do Moble, unha edición que reforza unha vez máis o papel da Estrada como referente galego do sector. Os veciños das parroquias afectadas pola liña de alta tensión teñen esta tarde dúas reunións informativas en Cereixo e Loimil. O PSOE da Estrada confirma que Luis López Bueno repetirá como candidato á alcaldía. Un profesor que pasou pol...

Informativos Radio Estrada 17.09.2026

A actualidade deste xoves chega marcada pola inauguración da 38ª Feira do Moble de Galicia, que esta mañá abriu as súas portas da man de Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez. Tamén coñecemos que Tequexetéldere levará o folclore galego ao Día de Estremadura en Leganés, nunha nova mostra da proxección cultural da Estrada. Guimarei acolle hoxe o mon...

Informativos Radio Estrada 16.09.2026

A actualidade deste mércores chega marcada pola visita institucional: A Estrada recibiu unha delegación da rexión polaca de Pomerania para intercambiar experiencias entre administracións. Clausúrase na vila a cuarta edición de Enredando, o programa que achega as novas tecnoloxías ás persoas maiores do rural. Mañá, Pablo Fernández inaugurará a 38ª Feira do Moble de Galicia na Estrada. O BNG reclama...

Informativos Radio Estrada 15.09.2026

A Estrada volve converterse esta semana no gran escaparate do sector do moble en Galicia. Esta mañá presentouse oficialmente a 38ª Feira do Moble de Galicia, unha cita histórica e un punto de encontro clave para fabricantes, profesionais e público. Unha edición que reivindica o peso dunha industria ligada á historia económica da Estrada, pero que tamén mira cara ao futuro, ás novas tendencias e ao...

Informativos Radio Estrada 14.09.2026

A actualidade deste Luns chega marcada por dous accidentes múltiples durante a fin de semana: un en Cuntis, con catro vehículos implicados, e outro en Matalobos, con cinco. O Sergas terá que indemnizar con preto de 300.000 euros á familia dun paciente falecido no PAC da Estrada. A Fiscalía pide oito anos de cárcere para un estradense e seis e medio para a súa parella por tráfico de drogas; o xuízo...

Informativos Radio Estrada 11.09.2026

A actualidade deste venres chega marcada pola análise que a veciñanza de Loimil está a realizar sobre o impacto da nova liña de alta tensión que atravesará varias parroquias da Estrada. O PSOE da Estrada critica o retraso das axudas municipais para material escolar e reclama a súa publicación inmediata. A Comunidade de Regantes Presa Nova convoca a súa Xunta Xeral Ordinaria para o 25 de setembro e...

Informativos Radio Estrada 10.09.2026

A actualidade deste xoves chega marcada porque a avaría no abastecemento de auga do polígono de Toedo quedou reparada na tarde de onte. O Concello da Estrada contrata unha empresa especializada para preparar as alegacións á nova liña de alta tensión A Estrada‑Paizás, un proceso no que asociacións e veciños poden presentar reclamacións de xeito gratuíto. O Pazo de Oca pecha a tempada alta con 3.411...

Informativos Radio Estrada 09.09.2026

O día chega marcado polo inicio dun novo curso escolar. Titulares Accidente sen feridos na PO‑7001, rexistrado na tarde de onte ao seu paso por Tabeirós. Corte de auga no polígono de Toedo desde as 15:00 horas por unha avaría importante. Arrinca o curso na Estrada cos exteriores dos centros educativos acondicionados polo Concello, tanto na vila como no rural. A campaña Volta ao Cole de ACOE cambia...

Informativos Radio Estrada 08.09.2026

A actualidade deste martes chega marcada por un accidente na N‑640 en Cuntis, no que tres persoas resultaron feridas de gravidade. Ademais, un turismo acabou fóra da calzada na rúa Vintecinco de Xullo, na Estrada. A conselleira do Medio Rural visitou esta mañá unha plantación de maceiras para sidra na Estrada, nun momento no que o rural recibirá 9,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade en m...

Informativos Radio Estrada 07.09.2026

A actualidade deste luns abre cun motorista ferido en Curantes tras saírse da vía. Tamén lembramos o incendio rexistrado o sábado en Souto. No ámbito xudicial, o Tribunal de Instancia da Estrada dita unha sentenza que anula un crédito persoal e o uso de tarxetas por abusos contractuais. A Torre de Guimarei volve á palestra no pleno municipal, mentres as piscinas municipais pechan a tempada con pre...

Informativos Radio Estrada 04.09.2026

A actualidade deste venres abre coa despedida ós tres cativos saharauís acollidos este verán, ós que o Concello agarda volver recibir o próximo ano. A Estrada abre o prazo de inscrición para a terceira quenda da actividade de piscina para maiores de 50 e reforzará durante un ano o servizo de orientación laboral cun novo técnico. A semana que vén chega á vila The Burguer Top, a festa das hamburgues...

Höre den Podcast Actualidade Mediodía in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet