RadioEstrada
Actualidade Mediodía
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Informativos Radio Estrada 04.09.2026 36:44
A actualidade deste venres abre coa despedida ós tres cativos saharauís acollidos este verán, ós que o Concello agarda volver recibir o próximo ano. A Estrada abre o prazo de inscrición para a terceira quenda da actividade de piscina para maiores de 50 e reforzará durante un ano o servizo de orientación laboral cun novo técnico. A semana que vén chega á vila The Burguer Top, a festa das hamburgues...
Informativos Radio Estrada 03.09.2026 39:32
A actualidade deste xoves abre cun accidente na PO‑841, onde un condutor tivo que ser trasladado ao hospital despois de saírse da vía coa súa furgoneta nas inmediacións da rotonda de Toedo. Á falta de máis de tres meses, A Estrada comeza a preparar o Nadal, mentres o pleno de hoxe abordará o protocolo de cooperación con Rianxo no proceso de irmandamento entre ambos concellos. A Estrada inaugurou e...
Informativos Radio Estrada 02.09.2026 36:04
A actualidade deste mércores chega marcada pola concentración convocada pola FEGAMP ante a situación que se vive en Ceuta. A Estrada súmase á mobilización, que busca expresar solidariedade, defensa da convivencia e rexeitamento da violencia. A cita será hoxe ás 20:00 h na Praza da Constitución, e o presidente do PP estradense, Gonzalo Louzao, anima á veciñanza a participar nesta reivindicación. Ti...
Informativos Radio Estrada (31/08/26) 01.09.2026 39:25
A actualidade deste Luns chega marcada por un accidente cun motocultor en Orazo, no que resultou ferida unha muller. Tamén seguimos o futuro da liña de alta tensión ata Paizás, cuxo estudo ambiental queda agora exposto ao público. No ámbito municipal, o Concello continúa avanzando na creación dun espazo verde de 6.000 m² na Carballeira de Melania, e coñecemos o caso da xoiería Druída, exemplo do n...
Informativos Radio Estrada 01.09.2026 39:26
A actualidade deste Martes chega marcada pola limpeza de 547 parcelas que o Concello da Estrada require para previr o risco de incendios. Tamén arrincan en Codeseda as obras para mellorar e poñer en valor a contorna da Carballeira da Sagrada, e coñecemos que Taboada Ramos e Instalacións Eléctricas Terca asumirán a reforma do Novo Municipal. A Estrada suma cinco asociacións aos primeiros cursos do...
Informativos Radio Estrada 27.08.2026 37:03
A actualidade deste xoves chega marcada pola nova senda peonil e ciclista que conectará A Estrada co polígono de Toedo, unha actuación adxudicada pola Xunta por máis dun millón de euros e que suporá unha mellora destacada na mobilidade e na seguridade da zona. Tamén coñecemos os detalles da nova aula para nenos con TEA, que Aspanaes porá en marcha nun local municipal cedido polo Concello, despois...
Informativos Radio Estrada 26.08.2026 33:48
A actualidade deste mércores abre cun suceso acontecido esta noite, despois de que un varón resultase ferido ao precipitarse desde un segundo andar, tendo que ser trasladado ao hospital, segundo informan desde Emerxencias A Estrada. Tamén estaremos pendentes do aviso amarelo previsto para hoxe en Galicia, con chuvias intensas, treboadas e fortes refachos de vento, e do rescate dun gato que se refu...
Informativos Radio Estrada 25.08.2026 36:16
A actualidade deste martes chega marcada por un accidente no Castroloureiro, que provocou importantes retencións durante unhas catro horas, aínda que afortunadamente non houbo feridos. Tamén repasamos os investimentos municipais anunciados hoxe: dúas mesas de contratación que mobilizan máis de 1,2 millóns de euros para asfaltados e a adxudicación dun camión 100% eléctrico destinado á recollida de...
Informativos Radio Estrada 24.08.2026 34:39
A actualidade deste luns chega con movemento nas infraestruturas e servizos municipais da Estrada, e tamén con proxectos que quedan definitivamente atrás. O proxecto eólico Pico Touriñán queda arquivado, mentres avanzan novas actuacións para mellorar camiños e espazos municipais en Callobre e se anuncian obras de conservación nas estradas provinciais. Tamén lembramos que hoxe remata o prazo para o...
Informativos Radio Estrada 21.08.2026 31:56
A actualidade deste venres chega marcada pola avaría da compañía R, que deixou sen conexión a Internet a centos de usuarios da Estrada e Cuntis, e polo corte de auga provocado por un camión que rompeu unha tubaxe na rúa Antón Losada Diéguez. No apartado social, contamos a saída dos participantes do Campamento do Mar, que esta mañá puxeron rumbo á illa de Ons. Tamén repasamos as demandas políticas...
Informativos Radio Estrada 20.08.2026 36:10
A actualidade deste xoves chega marcada pola poxa de dúas parcelas rústicas no municipio e polo irmandamento aprobado por unanimidade entre A Estrada e Rianxo, cuxa sinatura oficial terá lugar o 19 de outubro. Tamén coñecemos as novidades da Escola Municipal de Artes Escénicas, que abriu xa a matrícula para o novo curso e contará cun texto de Paula Carballeira sobre Virxinia Pereira. Ademais, regr...
Informativos Radio Estrada 19.08.2026 40:05
A actualidade deste mércores chega marcada pola reparación da avaría no subministro de auga que afectou esta mañá á zona comprendida entre as rúas Justo Martínez e Castelao. Tamén analizamos a situación de seca na conca do Lérez, nun contexto no que A Estrada mantén, polo momento, unhas reservas de auga en condicións favorables. Miramos ao verán estradense para coñecer como está a evolucionar a ch...
Informativos Radio Estrada 18.08.2026 31:59
A actualidade deste Martes chega marcada por un atropelo na N‑640, que deixou unha persoa ferida. Tamén lles contamos a visita do conselleiro de Educación ao centro loxístico de Toedo, así como os microcortes eléctricos que están afectando a varias parroquias do concello. Repasamos os detalles da rehabilitación da N‑640, novas actuacións urbanísticas e de mantemento, e o proxecto do futuro helipue...
Informativos Radio Estrada 31.07.2026 41:47
A actualidade deste venres chega marcada pola decisión da Xunta de declarar a emerxencia cinexética en toda Galicia para controlar a poboación de xabarís. Tamén repasamos as actuacións que se están a desenvolver nas rotondas da PO‑841 ao seu paso polo casco urbano da Estrada para reforzar a seguridade viaria, así como o avance das obras do novo tramo da AG‑59 entre Pontevea e O Rollo. Contamos as...
Informativos Radio Estrada 30.07.2026 40:24
A actualidade deste xoves, 30 de xullo, chega marcada polas investigacións en Codeseda para determinar o destino dunha parte importante da auga que se consume na zona. Lembramos tamén que este xoves remata o prazo para solicitar as axudas ao saneamento no rural, con fondos aínda dispoñibles. Ademais, comezan os traballos previos ás obras do parque de Figueiroa, unha actuación que permitirá avanzar...
Informativos Radio Estrada 29.07.2026 38:24
A actualidade deste mércores chega marcada por un incendio nunha vivenda de Guimarei, que quedou controlado sen provocar danos de consideración. Tamén repasamos o avance das obras de mellora na PO‑841, que están a ocasionar retencións puntuais mentres se completa o pintado da vía. O Concello da Estrada vén de adxudicar a ampliación do parque infantil de Figueiroa, unha actuación que permitirá gaña...
Informativos Radio Estrada 28.07.2026 38:27
A actualidade deste martes chega cun recordatorio importante do Concello: este xoves remata o prazo para solicitar as axudas ao saneamento no rural, con fondos aínda dispoñibles. Tamén lles contamos como quedou a Fervenza de Callobre tras a rehabilitación realizada polo Obradoiro de Emprego, que converte este espazo nun lugar máis seguro para as visitas. A comisión informativa abordará este xoves...
Informativos Radio Estrada 27.07.2026 38:32
A actualidade deste luns chega marcada pola volta da calor, coa Axencia Estatal de Meteoroloxía activando o aviso laranxa por altas temperaturas no interior da provincia de Pontevedra, polo que será necesario extremar as precaucións nas horas centrais do día. Repasamos tamén os asuntos que aborda hoxe a Xunta de Goberno Local da Estrada, entre eles a compra dun novo vehículo para a recollida de bi...
Informativos Radio Estrada 24.07.2026 37:47
A actualidade deste venres chega marcada polas actuacións que o Concello está a desenvolver na contorna da Igrexa, onde xa rematou o traslado dos colectores e onde a vindeira semana comezarán as obras de acondicionamento da Praza da Igrexa. Achegámonos tamén ao Novo Mercado, que podería incorporar nas próximas semanas un novo posto de peixe nos días de feira, e repasamos os datos da convocatoria p...
Informativos Radio Estrada 23.07.2026 37:12
A actualidade deste xoves chega marcada por un accidente en Lamas, onde un mozo de 19 anos resultou ferido de consideración tras sufrir unha saída de vía co quad que conducía. Tamén repasamos as obras na contorna da Praza da Igrexa, destinadas a trasladar os colectores do lixo á parte traseira do templo. Os veciños da PO‑213 anuncian que retomarán despois do verán as mobilizacións para reclamar á...
Informativos Radio Estrada 22.07.2026 35:44
A actualidade deste mércores chega marcada por un suceso na Estrada, coa detención dun home de 55 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero. No ámbito da administración de xustiza, o partido xudicial da Estrada deixa de depender do Imelga de Santiago e pasa oficialmente á subdirección de Pontevedra. En infraestruturas, xa está aberto ao tráfico o tramo entre A Ramallosa e Pontevea...
Informativos Radio Estrada 21.07.2026 40:08
A actualidade deste martes chega marcada por infraestruturas, prevención e cooperación internacional. A comarca vive un día histórico coa inauguración do tramo da autovía entre A Ramallosa e Pontevea, unha mellora que reducirá os tempos de desprazamento cara a Santiago e achega un pouco máis unha infraestrutura longamente agardada polos estradenses. Na Estrada, a campaña de prevención de incendios...
Informativos Radio Estrada 20.07.2026 31:07
A actualidade deste Luns chega marcada pola celebración, os investimentos públicos e a actividade cultural. A Praza de Galicia viviu unha noite histórica coa vitoria de España na final do Mundial, nun ambiente multitudinario que converteu o centro da vila nun auténtico punto de encontro festivo. No capítulo de infraestruturas, a Deputación anuncia unha nova inversión para mellorar cinco vías en Ca...
Informativos Radio Estrada 17.07.2026 31:02
A actualidade deste venres chega marcada por sancións e proxectos municipais. O Concello terá que asumir as multas derivadas de varios vertidos realizados por particulares, ao tempo que avanza nas actuacións previstas na Praza da Igrexa, incluíndo a súa remodelación e a restauración da Escultura da Virxe da Inmaculada. Tamén se producirán cambios na ubicación de contedores para mellorar a recollid...
Informativos Radio Estrada 16.07.2026 33:55
A actualidade deste xoves chega marcada por incidencias, servizos públicos e cultura. Abrimos co conato de incendio en Aguións, que afectou unha superficie agrícola e foi controlado con rapidez polos servizos de emerxencia. Tamén queda resolta a incidencia provocada pola caída do alumeado festivo na Estrada, que xa está completamente restablecido. No ámbito municipal, o Concello publicará nas próx...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos