CUAC FM
Recendo
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
17x6 Entrevista á asociación ASAC Galicia, que reúne a persoas con altas capacidades 11.11.2025 1:00:00
Programa número 513, no que entrevistamos a Mariola Gil Lago, secretaria da asociación ASAC Galicia, que reúne a persoas con altas capacidades. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Lois Pereiro.
17x5 Entrevista á asociación Fibro Visibles 04.11.2025 1:00:00
Programa número 512, no que entrevistamos a Ana Rodríguez, presidenta, e Hugo Cristino Trillo, tesoureiro da asociación Fibro Visibles, que reúne a afectados de fibriomialxia, fatiga crónica e doezas similares. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada, a cargo de Eduardo Maroño. E na sección de Poesía Galega, Gema M...
17x4 Programa sobre o Club de Lectura Queeruña 28.10.2025 1:00:00
Programa número 511, no que entrevistamos ás coordinadoras e varias integrantes do Club de Lectura Queeruña. Estiveron connosco Eva Vieites e Diego Maseda, e como participantes Mariña, Pablo e Álex. Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa. E na sección de Poesía Galega, Gema Millán reci...
17x3 Entrevista a Marta Bobo, ex ximnasta olímpica galega 21.10.2025 1:00:00
Programa número 510, no que entrevistamos a Marta Bobo Arce, ex ximnasta galega que participou nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984 e que agora é profesora na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. E na sección de Poesía Galega, Gema Mi...
17x2 Coloquio sobre os Incendios deste verán en Galicia 14.10.2025 1:00:00
Programa número 509, no que realizamos un coloquio sobre os incendios deste verán en Galicia, no que participaron: • Xoan Castro, vicepresidente da Asociación Gandeiros e Gandeiras Elas@Eles e membro da Directiva Do Monte Veciñal "Xalo" de Celas de Peiro (Culleredo) • Pablo Lado, bombeiro forestal e ornitólogo afeccio...
17x1 Entrevista a Israel Temprano, investigador do CICA da UDC 07.10.2025 1:00:00
Programa número 508, no que entrevistamos a Israel Temprano Fariña, coordinador do grupo de investigación LISTE, que traballa nos sistemas de almacenamento en baterías. Este grupo pertence ao CICA, o Centro Interdisciplinar en Química e Bioloxía da Universidade da Coruña. Tamén tivemos a sección de Literatura Galega, a cargo de Ev...
16x31 Entrevista a Antonio Reigosa, coordinador da web "Galicia Encantada" 17.06.2025 1:00:00
Programa número 507, no que entrevistamos a Antonio Reigosa, coordinador da web "Galicia Encantada", que leva 20 anos falando sobre a mitoloxía e os contos de tradición oral galega. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema da sú...
16x30 Entrevista a Ángeles Huerta, directora da película "Antes de Nós" 10.06.2025 1:00:00
Programa número 506, no que entrevistamos a Ángeles Huerta, directora da película "Antes de Nós", que fala sobre algúns momentos da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
16x29 Entrevista a Xaime Pena, Director da Filmoteca de Galicia 03.06.2025 1:00:00
Programa número 505, no que entrevistamos a Xaime Pena, Director da Filmoteca de Galicia (antes coñecida como Centro Galego das Artes da Imaxe). Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Carlos Abeledo Maristany titulado: "O cine" extraído do poemario "Poetas na cociña V&quo...
16x28 Entrevista a Icía Varela, que nos falou sobre as Cantareiras do Día das Letras Galegas 2025 27.05.2025 1:00:00
Programa número 504, no que entrevistamos a Icía Varela, que nos falou sobre as Cantareiras e Pandeireteiras, homenaxeadas neste Día das Letras Galegas 2025.
16x27 Entrevista a Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública 20.05.2025 1:00:00
Programa número 503, no que entrevistamos a Manuel Martín, voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garza titulado "Cantiga para ler en tempo de penumbra".
16x26 Programa sobre Isaac Díaz Pardo, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2025 13.05.2025 1:00:00
Programa número 502, no que entrevistamos a Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas 2025.
16x25 Entrevista a Xosé Manuel Soutullo, Director Xeral da Editorial Galaxia 06.05.2025 1:00:00
Programa número 501, no que entrevistamos a Xosé Manuel Soutullo, Director Xeral da Editorial Galaxia. Tamén tivemos a sección de Banda deseñada, a cargo de Eduardo Maroño.
16x24 Episodio 500 de Recendo 22.04.2025 1:00:00
Programa número 500, no que entrevistamos a María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que promove este proxecto radiofónico dende o ano 2009. Tamén participaron diferentes persoas que forman ou formaron parte deste proxecto radiofónico, como Uxía Vázquez, Alberto Cardezo, Naza Roca, Miguel Anxo F...
16x23 Entrevista a Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 01.04.2025 1:00:00
Programa número 499, no que entrevistamos a Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024. Tivemos a sección de Literatura a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clarión, de Carballo. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou o poema de Chus Pato "Deixa ferver o leite..." extraido do seu poemario "Sonora".
16x22 Entrevista a Roxelio Groba Otero, Director da Orquestra de Cámara Galega 25.03.2025 1:00:00
Programa número 498, no que entrevistamos a Roxelio Groba Otero, Director da Orquestra de Cámara Galega. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carballo Calero titulado "Se Avalón é a illa das Mazás".
16x21 Entrevista á asociación LesCoruña 18.03.2025 1:00:00
Programa número 497, no que entrevistamos a Sandra López, presidenta, e Lorena Láuzara, voceira da asociación LesCoruña. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema lesboerótico da laureada poeta contemporánea Eli Ríos titulado "Primeira escoita" extraido do poemario "Ningunha tortil...
16x20 Entrevista a Baiuca 11.03.2025 1:00:00
Programa número 496, no que entrevistamos a Alejandro Guillán, o líder do grupo Baiuca. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou o afamado poema de Xoán Manuel Pintos "A gaita galega" de 1853.
16x19 Entrevista a Ana Romero Masiá, Directora do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses 25.02.2025 1:00:00
Programa número 495, no que entrevistamos a Ana Romero Masiá, Directora do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Rosalía de Castro .
16x18 Entrevista a Carlos Tejerizo, arqueólogo experto na Cidade da Selva 18.02.2025 1:00:00
Programa número 494, no que entrevistamos a Carlos Tejerizo, arqueólogo que dirixiu a excavación da "Cidade da Selva", santuario dos guerrilleiros do Noroeste nas montañas de Casaio. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Rosalía de Castro .
16x17 Entrevista a Bea Lema, debuxante e ilustradora. Premio Nacional de Cómic 2024. 11.02.2025 1:00:00
Programa número 493, no que entrevistamos a Bea Lema, debuxante e ilustradora que levou o Premio Nacional de Cómic de 2024. Tamén tivemos a sección de Banda deseñada, a cargo de Eduardo Maroño. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Montse Yoldi Sanmartín .
16x16 Entrevista a Álvaro Gago e María Vázquez, da película MATRIA 04.02.2025 1:00:00
Programa número 492, no que entrevistamos a Álvaro Gago e María Vázquez, director e actriz principal da película "Matria". Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Fandiño .
16x15 Entrevista a Raquel Lema, presidenta do Comité de Empresa da CRTVG 28.01.2025 1:00:00
Programa número 491, no que entrevistamos a Raquel Lema, presidenta do Comité de Empresa da CRTVG. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Sol Mariño .
16x14 Entrevista a Santiago Olmo, Director do Centro Galego de Arte Contemporánea 21.01.2025 1:00:00
Programa número 490, no que entrevistamos a Santiago Olmo, Director do Centro Galego de Arte Contemporánea. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Bernardino Graña. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.
16x13 Entrevista a Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao 14.01.2025 1:00:00
Programa número 489, no que entrevistamos a Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Miragaia.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet