CUAC FM
Recendo
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
8x9 Programa sobre Miguel González Garcés 13.12.2016 1:00:00
Programa número 237, no que tivemos como convidado a Xulio López Valcárcel, que veu falarnos de Miguel González Garcés. Tamén estivo presente Diana Varela, que recitou algúns dos seus poemas. Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado. E tamén tivemos a sección de Poesía Gal...
8x8 Entrevista á Asociación Lírica Encantados 29.11.2016 1:00:00
Programa número 236, no que tivemos como convidados a Salomé García (presidenta) e a Samuel Bugía (tesoureiro) da Asociación Lírica Encantados. Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Victoria Louro. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Celso Emilio Fe...
8x7 Especial sobre Micoloxía 22.11.2016 1:00:00
Programa número 235, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas sobre Micoloxía: - Antonio Caamaño, da Sociedade Micolóxica A Andoa (Cambre) - José Castro, da Sociedade Micolóxica Lucus (Lugo) - Antonio Saco, da Asociación Os Cogordos (Ourense)
8x6 Entrevista á tradutora María Luísa Mirás Seijas 15.11.2016 1:00:00
Programa número 234, no que tivemos como convidada á tradutora María Luísa Mirás Seijas. Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, que nos falou sobre a médica Olimpia Valencia.
8x5 Entrevista a Domingo Díaz Docampo 08.11.2016 1:00:00
Programa número 233, no que tivemos como convidado ao produtor audiovisual Domingo Díaz Docampo. Tamén tivemos a sección de Fotografía, a cargo de Héctor Fernández.
8x4 Entrevista á Escola Bosque Amadahi, de Dexo (Oleiros) 25.10.2016 1:00:00
Programa número 232, no que tivemos como convidados a Paz Gonçalves, educadora, e David García, pai dun dos nenos que asiste á Escola Bosque Amadahi, que acaba de abrir este mes de setembro en Dexo (Oleiros). Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán,...
8x3 Especial sobre temas variados 18.10.2016 1:00:00
Programa número 231, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas: - Concha Outeiriño, artesá. - Nico Campos, presidente da Asociación Galega de Guionistas. - Mónica García, bailarina.
8x2 Entrevista a Xosé Lois Romero e Aliboria 11.10.2016 1:00:00
Programa número 230, no que tivemos como convidados a Xosé Lois Romero e Cristina Sánchez, que presentaron o primeiro disco do proxecto "Xosé Lois Romero & Aliboria". Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luí...
8x1 Entrevista aos fabricantes da cervexa artesá Bandua 04.10.2016 1:00:00
Programa número 229, no que tivemos como convidados a Fernando e Luis, fundadores da fábrica de cervexa artesá Bandua. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Manuel Antonio.
7x34 Entrevista ao colectivo Micromachinhos 28.06.2016 1:00:00
Programa número 228, no que tivemos como convidado a José Lemur, un dos integrantes do colectivo compostelán Micromachinhos, formado por homes pola igualdade. Tamén tivemos a sección de Fotografía, a cargo de Héctor Fernández. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Álvaro Cunq...
7x33 Especial sobre temas variados 21.06.2016 1:00:00
Programa número 227, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas: - Traski, da Asociación Camiño dos Faros. - Xulio Ríos, director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). - Sandra Rodríguez, directiva do Lar Galego de Sevilla. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema...
7x32 Entrevista á Asociación Galega de Xestores Deportivos 14.06.2016 1:00:00
Programa número 226, no que tivemos como convidados a Eduardo Blanco Pereira, presidente da AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e a David Fabeiro, responsable de Comunicación e Marketing. Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado, que nos falou sobre o novo disco editado por Xosé Lois Romero e Aliboria.
7x31 Entrevista á Sociedade Galega de Ornitoloxía 07.06.2016 1:00:00
Programa número 225, no que tivemos como convidado a Sergio París, secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, que nos falou da pedagoga Maria Barbeito. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega a cargo de Gema Millán.
7x30 Programa sobre a Liga Nacional de Billarda 31.05.2016 1:00:00
Programa número 224, no que tivemos como convidados a Lois Fontán, Xosé Collazo e Xosé Gándara, xogadores de diferentes equipos da Liga Nacional de Billarda. Tamén tivemos a sección de Historia, a cargo de Uxío-Breogán Diéguez.
7x29 Especial sobre Bandas de Música 24.05.2016 1:00:00
Programa número 223, que tratou sobre Bandas de Música, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas: - Armando Morales, presidente da Federación Galega de Bandas de Música. - Manuel Villar, director da Banda Municipal de Valga.
7x27 Entrevista sobre a situación de Siria e os refuxiados 10.05.2016 1:00:00
Programa número 222, no que tivemos como convidados a Nadia Hariri, voceira e coordinadora do colectivo Suria, Amigos do Pobo Sirio, e a Alfonso Mascuñana, voluntario coruñés que estivo este ano na Illa de Lesbos. Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira, presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística.
7x26 Entrevista á Revista Luzes 03.05.2016 1:00:00
Programa número 221, no que tivemos como convidada a Valeira Pereiras, a nova coordinadora de contidos da Revista Luzes. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de Antonio Brea. E Gema Millán recitou un poema de María do Carmo Kruckenberg na súa sección de Poesía Galega.
7x24 Especial sobre Arte Urbana 19.04.2016 1:00:00
Programa número 220, que tratou sobre Arte Urbana, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas: - Sokram, do Festival Desordes Creativas, de Ordes. - Miguel Peralta, da cooperativa Cestola na Cachola. - Pablo Castiñeira, da asociación Vella Escola, de Noia. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un p...
7x23 Entrevista en torno á figura de Xoán Vicente Viqueira 12.04.2016 1:00:00
Programa número 219, no que tivemos como convidada a Ana María López-Cortón, profesora da UDC, que veu falar sobre a figura do filósofo e psicólogo Xoán Vicente Viqueira. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. E Gema Millán recitou un soneto de Xoán Vicente Viqueira na súa secci&oacu...
7x22 Entrevista á asociación cultural Son Daquí 05.04.2016 1:00:00
Programa número 218, no que tivemos como convidados a Anxo Miján (presidente) e Xema Sanxurxo (vogal de escolas), da asociación cultural Son Daquí. Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado.
7x21 Entrevista a ATTAC Coruña sobre o TTIP 29.03.2016 1:00:00
Programa número 217, no que tivemos como convidados a Victoria Quiroga e César Villar, da delegación coruñesa de ATTAC, que nos falaron sobre o TTIP, o tratado de libre comercio entre Europa e Estados Unidos que se está negociando en secreto.
7x20 Especial sobre temas variados 15.03.2016 1:00:00
Programa número 216, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas: - María Álvarez, das xornadas de autoedición de banda deseñada Autobom. - Manuel Gago, blogueiro e divulgador. - Rebeca Munín, da revista Pincha e Discos.
7x19 Entrevista a Mulleres Galegas Kañeras 08.03.2016 1:00:00
Programa número 215, no que entrevistamos a tres integrantes do colectivo Mulleres Galegas Kañeras: Mayte Lois, Sarah Blackcat e Montse Leis. E tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Victoria Louro.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet