AGalegaAudio

Todos os podcast | Convivir

Sociedade, inclusión e igualdade.

Autor

AGalegaAudio

Categorie

Society

Site-ul podcastului

agalegaaudio.gal

Cel mai nou episod

30 aug. 2024

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,8 iOS în curând

Episoade

Convivir 30-08-2024 30.08.2024

O Convivir concentra nunha hora varias problemáticas sociais, poñendo o foco nos afectados e afectadas así como na súa visibilidade. Igualdade, inclusión de grupos marxinados socialmente, enfermidades e moito máis.

Convivir 29-08-2024 29.08.2024

Edición de verán do Convivir que inclúe unha volta sobre algúns dos temas tratados. Falamos co Secretario Xeral de Política Ligüística, Valentín García, sobre a saúde da lingua galega. Proxecto Gaia da Axencia Espacial Europea vai crear o mapa máis preciso da Vía Láctea explicado por Minia Manteiga, catedrática de astrofísica da Universidade da Coruña.

Convivir 28-08-2024 28.08.2024

Edición de verán do Convivir que inclúe unha volta sobre algúns dos temas tratados. Falamos con José Martín Aguado, profesor e colaborador da plataforma ‘Empantallados’ sobre o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a dependencia e os problemas derivados das mesmas. Mundo do deporte e deportes minoritarios con Alberto Guzmán, galego que leva anos triunfando no jiu-jitsu, unha arte marcial xaponesa...

Convivir 27-08-2024 27.08.2024

Edición de verán do Convivir que recupera episodios pasados. Neste programa xúntanse dúas cuestións do ámbito educativo: altas capacidades e actividades para a igualdade. Carmen Pomar, doutora en Psicoloxía Infantil pola USC e experta en Psicoloxía Educativa fálanos das vantaxes e problemas que enfrontan os cativos con altas capacidades. E dende o Colexio Montecastelo o seu director explica como f...

Convivir 22-08-2024 22.08.2024

Edición de verán do Convivir que recupera episodios e convidados pasados. Programa especial de música con profesionais do sector como Nando Casal, músico. Tamén Fernando Vázquez Arias, director de orquestra. Do mesmo gremio Dani Dopazo, director de La Oca Band xunto a Ruth Núñez, voz da mesma agrupación. E músico galego tamén Tonhito de Poi, do grupo Heredeiros da Crus.

Convivir 21-08-2024 21.08.2024

Edición de verán que volve sobre algúns dos temas e os convidados pasados. Aplicación práctica da IA, esa combinación de ciencia e tecnoloxía que está chegando a gran parte dos campos da vida diaria, con Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e tamén director científico do CiTIUS. Viaxe a Catoira para falar da súa Romaría Vikinga, que naceu...

Convivir 20-08-2024 20.08.2024

Edición de verán na que recuperamos temas xa tratados no Convivir. Mar e recuperación de embarcacións coa 'Chasula', barca que imparte ledicia e maxisterio. Isidro Mariño é o seu capitán e María Calvo é oceanógrafa e divulgadora de a bordo. E como Galicia é terra de maxia e magos, falamos cun prestixioso ilusionista galego. Luis Boyano é psicólogo de formación, presentador e mago de exer...

Convivir 19-08-2024 19.08.2024

Edición de verán do Convivir que volve sobre temas xa tratados. Desta volta moda, deseño e manifestacións artísticas no mundo da moda con Javier Barrio, deseñador e creador pontevedrés de proxección internacional. Gastronomía arredor do animal menos evolucionado do reino animal, un peixe de estética desagradable pero saboroso e moi solicitado por milleiros de comensais: a lamprea. Conversamos sobr...

Convivir 14-08-2024 14.08.2024

Edición de verán do Convivir cun repaso dos temas e convidados pasados. Falamos co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia do aforro enerxético nos fogares, a redución dun gasto que afecta especialmente ás familias vulnerables. Con Víctor Novo, xefe do servizo de Sanidade Vexetal da Consellería de Medio Rural, conversamos sobre a presenza do picudo vermello en Galicia, un tipo de inse...

Convivir 13-08-2024 13.08.2024

Cada vez é máis habitual atopar xabarís en zonas moi poboadas e grandes cidades, unha situación que implica perigos e riscos dos que falamos con Luis Eusebio Fernández, presidente da Federación Galega de Caza, e tamén con Manuel Martínez, presidente da Mesa Galega pola Caza. Turismo, camiño e guías para gozar do patrimonio natural galego con Manuel Garrido, historiador e autor de varias guías prác...

Convivir 12-08-2024 12.08.2024

Edición de verán do Convivir que inclúe un repaso sobre algúns dos temas pasados. A reciclaxe e o emprendemento con María Jesús Jiménez, que recolle plásticos para elaborar pezas de bixutería recicladas. Os edificios públicos e a súa iluminación: aforro de enerxía, diminución da contaminación lumínica, adecuación ao edificio e outras cuestións coa edafóloga Patricia Sanmartín. Aula de xeoloxía par...

Convivir 08-08-2024 08.08.2024

Edición de verán na que recuperamos temas pasados. Desta volta, un formato tertulia sobre o fénomeno de masas deportivo por excelencia: o fútbol. Deporte, rivalidade, paixón nas bancadas ou impacto mediático son algúns dos temas sobre os que conversamos con Toni López e Tedio Carrera, xornalistas deportivos da Corporación. Tamén xunto a Xaime Escudeiro, voz xubilada da delegación de Vigo, e dende...

Convivir 07-08-2024 07.08.2024

Edición de verán que volve sobre algúns dos temas pasados. Co convidado Francisco García Novio, médico xubilado parcialmente en activo, conversamos da súa publicación "Os madrileños non sempre veñen en agosto". Falamos tamén do mundo da música, a composición, as verbenas e a conciliación neste contexto. E a recolección de cogomelos, produto moi valorado en Galicia, pode implicar algúns r...

Convivir 06-08-2024 06.08.2024

Edición de verán na que recuperamos cuestións xa tratadas no Convivir. Falamos dos insectos e da súa importancia, así como das especies ameazadas con José Carlos Otero, Doutor en Bioloxía e autor da obra “A vida secreta dos insectos”. E en plena época de celebracións; verbenas, vodas, festas... achegámonos ás discotecas móbiles con Carlos Carballa e Lola Piñeiro de Estudo 21.

Convivir 05-08-2024 05.08.2024

Edición de verán do Convivir na que volvemos sobre os temas e os convidados pasados. A actividade física favorece a vida saudable e combate o sedentarismo. Pero como debemos empezar a facer actividade física? Con que deportes comezar? Debemos planificar o exercicio? Cóntanolo Pepe Casal, expreparador de Pau Gasol, exentrenador do Barcelona de Baloncesto e tamén da Selección Española de Baloncesto....

Convivir 02-08-2024 02.08.2024

Edición de verán do Convivir que volve sobre os temas e os convidados pasados. Conversamos sobre o turismo programado mediante visitas guiadas libres, coñecidas como freetours, con David Don da empresa WE Galicia. O feísmo na arquitectura, termo empregado para referirse ás construcións que afean a paisaxe, con César Portela arquitecto e académico. A problemática dos alugueiros turísticos coa Asoci...

Convivir 01-08-2024 01.08.2024

Edición de verán do Convivir. No programa de hoxe recuperamos unha interesante e completa tertulia sobre a Intelixencia Artificial: realidades, riscos, perigos, alternativas, beneficios, medos... Do ámbito académico Amparo Alonso, catedrática de Intelixencia Artificial na UDC, investigadora, e expresidenta da Asociación española da IA, ademais de coordinadora do grupo de investigación LIDIA. Dende...

Convivir 31-07-2024 31.07.2024

Edición de verán do Convivir na que realizamos un repaso dos temas tratados durante a tempada. Como novidade traemos ao programa a cuestión das prestacións na coñecida como lei de dependencia. Entre outros dos avances do último ano a ampliación do programa de detección do cancro de mama, da que falamos co xefe de Servizo de Programas Poboacionais de Cribado. Persoas con discapacidade e barreiras a...

Convivir 30-07-2024 30.07.2024

Edición de verán na que volvemos sobre temas tratados ao longo da tempada. Novidade co proxecto Mamis Dixitais, que favorece a conciliación laboral de moitas nais. Coñecemos tamén o labor da asociación DOA nun proxecto que favorece a autonomía da mocidade con problemas de saúde mental. Convivir con VIH con Eva Poveda, autor dun dicionario sobre esta patoloxía. Cales son os efectos das bebidas ener...

Convivir 29-07-2024 29.07.2024

Edición de verán na que volvemos sobre os temas tratados ao longo da tempada. Saúde dental co doutor José Ferreras, director das clínicas Maex na Coruña e Ferrol. Conversamos da loita pola igualdade das persoas migrantes coa asociación Diversidades Acolle. Falamos tamén do ruído que padecen as grandes cidades coa Federación Galega contra a Contaminación Acústica.

Convivir 26-07-2024 26.07.2024

Nesta edición de verán volvemos escoitar a algúns dos convidados da tempada. Conversamos con Francisco Díaz, director da Fundación ASPANEPS, organización ferrolá que agrupa a familias de nenos e nenas con problemas psicosociais. A hostilidade dixital e os políticos, cuestión que explora un estudo da Universidade da Coruña. Prostitución e abolición coa asociación FARAXA, que ofrece programas de axu...

Convivir 25-07-2024 25.07.2024

Edición de verán do Convivir na que repasamos temas da tempada. Neste programa falamos con Beatriz de Pablo, vogal da Asociación Española de Avogados de Familia, sobre o aumento dos divorcios no verán. Con Pilar Fernández, fundadora da Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico, tratamos esta enfermidade. Vivenda comunitaria en Ribadeo para combater a soidade dos maiores.

Convivir 24-07-2024 24.07.2024

Edición de verán do Convivir na que repasamos algúns dos temas da tempada. A sisifemia ou síndrome do traballador incansable. Autoavaliación xornalística sobre o tratamento da infancia vulnerable nos medios. Proxecto de encontros interxeracionais nunha escola infantil da Coruña. Informe da Fundación Randstad sobre a baixada na taxa de paro das persoas con discapacidade.

Convivir 23-07-2024 23.07.2024

Edición de verán do programa Convivir na que repasamos gran parte dos temas da tempada. Coñecemos o desenvolvemento da terapia social con cans. Maior accesibilidade no Camiño de Santiago grazas ao labor da fundación ONCE. Claudia Tecglen, psicóloga con discapacidade que explica como esta condición constitúe un factor de risco para a saúde mental.

Convivir 22-07-2024 22.07.2024

Edición de verán do Convivir na que facemos un repaso dos temas tratados ao longo da tempada. Con Tania Vázquez conversamos do labor da asociación Xaruma. Falamos tamén dun estudo da Fundación ANAR sobre agresións sexuais en nenas e adolescentes. Como é o noso sono, cales son as fases que atravesamos durante o descanso? Cóntanolo a psicóloga especialista Marta del Villar.

Ascultă podcastul Todos os podcast | Convivir în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice