Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Autor

Radio Valladares

Categorie

Society

Site-ul podcastului

www.ivoox.com

Cel mai nou episod

3 iul. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,8 iOS în curând

Episoade

Do 29 xuño ao 3 xullo 2026 03.07.2026

No #resumoesperta escoitamos o ciclo 'Verbenas na Caridade' e a poda en altura de árbores senlleiras, que se transforman en marabillas como mesas, táboas de cortar… Ademáis un 'making of' polos pasillos da escola da banda durante a semana do saxo en Valladares.

Do 22 ao 26 de xuño 2026 26.06.2026

No #resumoesperta recuperamos a conversa cos latinos e ucranianos en galego & castelán. E o paseo pola biblio do MARCO.

Do 15 ao 19 xuño 2026 19.06.2026

Boa xente esta do fútbol gaélico! Viñeron ata o 'tenderete' un do Turonia e outro do Keltoi, ambos na selección galega. A ver se no mundial lles tocan outros países no mesmo cupo, que xa levan moitos xogando cos galos. No more franceses ;) Ademáis, luceríos varios.

Do 8 ao 12 xuño de 2026 15.06.2026

Os luns traemos un #EspertaValladares flashback. Resumimos a semana que acaba de pasar co que foi contando a prensa local sobre a parroquia e as entrevistas mais interesantes que fixemos nós. Hoxe: o paseo nocturno polos montes de Valladares & teatro en inglés para os cativos.

Do 20 ao 24 outubro de 2025 24.10.2025

Neste #resumoesperta unha homenaxe as abuelas galegas e a terriña a través da historia vital do músico Nando Vilariño. E conversa sobre os sapoconchos das Gándaras de Budiño, unha das especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas.

Do 13 ao 17 outubro de 2025 17.10.2025

Neste #resumoesperta conversa con Bilal Traoré, senegalego… agora en Pontevedra.

Do 6 ao 10 outubro de 2025 10.10.2025

Robots, pan e videoxogos… así vai o #resumoesperta

Do 29 setembro ao 3 outubro de 2025 03.10.2025

Recordamos no #resumoesperta a historia das piscinas olímpicas na cidade e mais das municipais. E escoitamos algún conto de vellas da zona.

Do 22 ao 26 setembro de 2025 26.09.2025

#resumoesperta Déjà vu das conversas do vernes á tardiña no De catro a catro: as lesións dos músicos e mais os fungos na illa dos baobabs.

Do 15 ao 19 setembro do 2025 19.09.2025

De entre as conversas da semana, escollemos para o #resumoesperta a da rosa narcea e a das linguas e a literatura.

Do 8 ao 12 setembro do 2025 12.09.2025

Baixando os santos pasámolo tan ben, que ides volver escoitar o ambiente na casa das novenas, a sobremesa cos músicos, a caminata…

Do 1 ao 5 setembro do 2025 05.09.2025

Para este resumiño do Esperta quedamos por Nigrán, visitando Curtidos Efrén e coñecendo como vai ser a pista de surf skate de Patos.

Do 26 ao 29 agosto do 2025 29.08.2025

As festas da parroquia son ‘lo más’... e hai quen volve a casa por elas. Como Fina, que viu contar parte da súa historia de vida.

Do 18 ao 22 agosto de 2025 22.08.2025

Un chisquirritín de contos e de cine inmersos na natureza… No #resumoesperta os contos da bibliocicleta de Anxo Moure que viaxa por Galicia adiante. E MU2, o cine mudo musicado na Fundación Sales esta semana que entra.

Do 11 ao 14 agosto de 2025 14.08.2025

Unha atleta, unha xuíz e unha adestradora e psicóloga… parece que imos contar un chiste, pero non. É o #resumoesperta falando de atletismo por Vigo.

Do 4 ao 8 agosto de 2025 08.08.2025

Neste #resumoesperta subimos ata o balcón do Louriña, en Herville. Este ano tamén será fin de etapa en 'La Vuelta', o 9 de setembro.

Do 28 xullo ao 1 agosto de 2025 01.08.2025

Para o primeiro #resumoEsperta de agosto… ide ata o Museo do Mar mirar a exposición dos vikingos!

Do 21 ao 24 de xullo 24.07.2025

Moi de teatro este #resumoesperta. Conversa Doro sobre Castelao e ‘Os vellos non deben namorarse.

Do 14 ao 18 de xullo 16.07.2025

Vámonos de paseo polo parque de Castrelos neste #resumoesperta. Un espazo que leva 100 anos connosco, un xardín botánico pero tamén o escenario do día a día da cidade.

Do 7 ó 11 de xullo 2025 11.07.2025

Un paseo polo cemiterio civil de Pereiró, o Xardín da Memoria Histórica, para este #resumoesperta

Do 30 xuño ó 4 xullo 2025 04.07.2025

Neste primeiro #resumoesperta de xullo un plan ao fresco: a exposición “Impresións de Castelao en Vigo”, que podemos visitar na pinacoteca Fernández del Riego.

Do 23 ó 27 xuño 2025 27.06.2025

Neste #resumoesperta paseamos polo xardín de Remixio, un dos escultores da parroquia.

Do 16 ó 20 de xuño 2025 20.06.2025

Para este #resumoesperta recuperamos a conversa con Suso Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro.

Do 9 ó 13 xuño de 2025 12.06.2025

Saiunos un #resumoesperta viaxeiro. Ata a escoliña de Niegue, en Senegal, marchamos con Marcos Barreira, profe no IES Valadares. E nun curruncho de Reikiavik vive o poeta de Cangas Elías Knörr, que caiu alí para aprender italiano.

Do 2 ó 6 xuño de 2025 06.06.2025

Dúas propostas ás que 'acoplarvos' este domingo. Camiñar pola mañá o tramiño da senda biosaudable arredor do Cunqueiro, no tramo final do trail solidario pola N-120, que uniu o hospital de Ourense co de Vigo. E á tardiña achegarvos ó Teatro Principal de Pontevedra, que comezan os 'Sete Falares'. Contacontos para adultos polas rúas da Boa Vila.

Ascultă podcastul ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice