Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Categorie

Society

Site-ul podcastului

www.ivoox.com

Cel mai nou episod

6 nov. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,7+ iOS în curând

Episoade

Venres 6/11/2026 06.11.2026

Castañas & landras. Falaremos dos magostos e mais da 'cociña bellotera' co biólogo César Lema. Axenda 'da casa' Sábado: concerto banda Coruxo e, ó rematar, magosto ️Domingo: contos para maiores

Xoves 5/11/2026 05.11.2026

Xa sabedes que o auditorio ten actividade (case) todos os fin de semana. Imos conversar con Ana, a presidenta do centro veciñal, das propostas culturais para o que resta de ano. E doutras actividades formativas coma a de primeiros auxilios e seguridade na vivenda que imparte a policía a semana que ven. Ademáis, unha voltiña polos barcos históricos e mais as goletas que van chegando ó porto de Vigo...

Mércores 4/11/2026 04.11.2026

Ratas de biblioteca nas 'reliquias' do fondo local do centro veciñal. O libro de Taboada y Leal, as fotos do archivo Pacheco, un boletín de información da cidade do ano 1961… e unha crónica de Vigo y la Navidad. E tamén botamos a partida, dominó e tute.

Martes 3/11/2026 03.11.2026

Free tours e outras maneiras de turistear. Andivemos por Oporto, aproveitando o festivo de Todos os Santos e,algún galego atopamos por aqueles lares. Ademáis, conversamos un rato con Serghii medio en ruso, medio en español. Co seu acordeón ambienta as rúas de Vigo. Onte andaba por Plaza España. Os embalses están a mínimos, ‘imos de expedición’ ó de Eiras a coñecer os restos da aldea sumerxida.

Venres 30/10/2026 29.09.2026

Dende as mámoas ata os panteóns modernos. Neste tempo de defuntos conversaremos sobre o arte funerario con Julio Fernández Pintos. Tamén imos escoitar a volta polo cementerio de Matamá co motivo do seu centenario.

Xoves 29/09/2026 29.09.2026

Historias bonitiñas da xente nova da parroquia. Os novos xornalistas… onde andan e como é o seu traballo coas novas do día. E tamén os arquitectos novos. Laura, da Garrida, aproveitou para estudar os espazos urbanísticos ó longo da carretera de Valladares para o seu traballo fin de grado.

Mércores 28/10/2026 29.09.2026

Historias da tempada. Ides escoitar a poda en altura de árbores senlleiras cun veciño do Portal. Outra veciña de Beirán anda no Suído producindo mel das moreiras. E Gori, o grafiteiro de Chaín, fixo o cartel do Revoltallo, hai xa 30 anos!

Martes 27/09/2026 29.09.2026

Esta última semana de outubro ides escoitar no #EspertaValladares historias bonitiñas da tempada. Mañá, a historia do saxo no podcast que grabaron os rapaces que asitiron o VigoSaxforum. E o paseo polos libros de arte na biblioteca do MARCO

Venres 23/09/2026 29.09.2026

De como Galicia se foi enchedo de salas de cine falamos mañá. Moito ten Isaac Fraga, o do teatro en Vigo. Pilar López escribiu un libro sobre a súa fascinante vida empresarial. Ademáis, calcetíns de cinede Somos Océano. Acaban de sacar uns con motivos da peli ‘Airbag’.

Xoves 22/09/2026 29.09.2026

De palique cos veciños no #EspertaValladares. Santiago contará historias do aserradeiro da Garrida, cando todo se facía con madeira. E Eduardo vai relatar a que partes do mundo o foi levando o oficio de escaiolista. De Hawai a Xapón, pasando por Manhattan.

Mércores 21/09/2026 29.09.2026

Falaremos con Tamara Echegoyen das súas travesías oceánicas. Rafa Bañón, que agora anda recollendo mostras no Gran Sol, ven de publicar unha guía de peixes. Ademáis, auga doce. Ángeles Santos fixo a súa tese sobre o regadío tradicional, que ven de ser protexido como patrimonio cultural inmaterial.

Martes 20/09/2026 29.09.2026

As campás, os antigos wasap! Os veciños de Beade seguen a voltealas para a procesión da festa. A versión moderna, os concertos contemporáneos. En Segovia xuntaron a 12 campanarios! Ademáis, estanse a inventariar as campás de toooda Galicia.

Venres 16/09/2026 29.09.2026

3 décadas seguindo os anfibios no Parque Natural de Currubedo. Pedro Galán, biólogo e profesor, os coñece ben, ben! Ademáis, a serra do Galiñeiro é esputenda. Imos falar dela coa xente de Montes de Vincios.

Xoves 15/09/2026 29.09.2026

O mundo das radios comunitarias. André de Oliveira vive en Vigo agora, pero antes, en Brasil foi director dunha, que pechou co goberno de Lula. E CuacFM en Coruña é todo un referente para as de Galicia. E das anécdotas ó longo dos seus 25 anos cóntanos a súa directora, Paula Alonso. Ademáis, un paso importante en todas elas, é o salto á dixitalización. Diso conversamos con Erasmo, o teleco da Pira...

Mércores 14/09/2026 29.09.2026

Falamos de aeromodelismo. Desta pasión desfrutan no Clube Furaventos de Pontellas, en Porriño. Un dos seus membros, Ivo, marchou no verán ata un mundial en Inglaterra e tivemos unha entretida conversa no seu taller, en San Andrés. E os montañeiros de Volta Montana, veñen de percorrer o Miño no roteiro: “Un Río, Dous Países, 10 Experiencias”

Martes 13/09/2026 29.09.2026

Se vos gustan as beiras do río, pode que sexa o voso #EspertaValladares Imos percorrer a senda do río Lor con Javier Pintos, que inda que é nativo de Matamá, anda asentado pola Ribeira Sacra. Falaremos co ‘Barqueiro dos Ríos’. Anxo Moure leva os coñecementos dos ‘mil ríos’ ás escolas.

Venres 9/10/2026 29.09.2026

VENRES 9/10/2026 Unha de xogos non convencionais. Corvus Belli fabrica miniaturas e crea universos dende Bueu para todo o mundo que queira sentarse xogar á mesa. A Pedro Madruga podemos seguilo no videoxogo deseñado por Këndra arredor do seu castelo en Soutomaior. E proposta para finais de novembro, xogos de rol nos cines do centro comercial de A Ramallosa, en Nigrán.

Xoves 8/10/2026 29.09.2026

As modistas, unhas artistas cun anaco de retal! Mañá falamos delas. No Museo Liste reservan un espacio a este oficio. Cris Collazo adícalle un espectáculo músico-teatral. Naii, unha costureira de Matamá, charlou con moitas durante anos no seu podcast. E en Maceda, Jesús, arregla e colecciona un sinfín de máquinas de coser de moitas partes do mundo.

Mércores 7/10/2026 29.09.2026

Coñeceremos unha súperdeportista que pasa desapercibida ela e mailo deporte que practica. Susana Cordeiro e o taikic. Ademáis damos un paseo moi ameno polas esculturas que hai espalladas en Cangas. E aproveitamos para ‘fuchicar’ no libro de Mercedes Bangueses sobre as de Vigo.

Martes 6/10/2026 29.09.2026

Historias arredor das baleas. Anécdotas da industria baleeira na costa galega con Álex Aguilar, que ven de publicar unha guía moi completa. Ademáis, reconstrucción da nao ballenera, San Juan. E conversa co debuxante Tokio.

Venres 2/10/2026 29.09.2026

Xuntarse nalgún bar da cidade para debuxar. Drink&Draw é a proposta. Algo parecido ós urban skaters, pero mais informal. E teatro para estas findes de outubro no auditorio da man da FEGATEA. E algo de axenda cultureta pola cidade, que andamos á porta da finde!

Xoves 1/10/2026 29.09.2026

Maxia potaxia! Sara, de Magia en la Manga, contános como foi descubrindo a outras mulleres magas ó longo da historia. Ademáis, unha de eventos arredor da paz. Mañá venres no auditorio, dende as 19h as 22h, danzas do mundo.

Mércores 30/09/2026 29.09.2026

Imos ata a piscina para falar coa xente do acuagym. E tamén coñeceremos a historia de Bembrive. Ven de escribila Diego Pérez e xa podemos comprar o libro no kiosko da parroquia

Martes 29/09/2026 29.09.2026

#EspertaValladares, pelegrinaxes. Imos conversar co viaxeiro e antropólogo José Tono da súa última viaxe á illa xaponesa de Shikoku e a peregrinación dos 88 templos budistas. Daí sae este libro.

Venres 25/09/2026 25.09.2026

#EspertaValladares en modo distraído. Traeremos un popurrí de plans divertidos para a fin de semana. Por exemplo, o xogo de mesa do Instituto Oceanográfico 'Elementos en juego: la tabla periódica del mar'.

Ascultă podcastul ESPERTA VALLADARES în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice