AGalegaAudio
Todos os podcast | Convivir
Sociedade, inclusión e igualdade.
Autor
AGalegaAudio
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
30 aug. 2024
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Convivir 19-07-2024 19.07.2024 56:55
Falamos con Educo dun programa de identificación de violencia en menores. Ademais, analizamos o uso de tecnoloxía en menores con Julio Álvarez, xefe de Pediatría do Hospital Xeral de Valencia. Como afecta o lugar no que vives ao estado da túa visión? Cóntanolo Salvador Alsina, presidente de Visión e Vida. Abordamos a sentenza do TXSG sobre as axudas de libros e material escolar.
Convivir 18-07-2024 18.07.2024 56:58
O abandono animal aumenta en verán, unha realidade da que nos fala a a protectora Gatocan. Achegámonos a unha campaña que busca compatibilizar o turismo co marisqueo. Coa psicóloga Marta Otero conversamos sobre os nenos mal comedores e os trastornos da conduta alimentaria. E da man de Diego Antelo, psicólogo tamén, falamos do que supón convivir con trastorno obsesivo compulsivo, TOC.
Convivir 17-07-2024 17.07.2024 56:58
A directora executiva do CERMI detalla os resultados do informe "Xuventude con discapacidade en España 2024". E as persoas con discapacidade presentan unha taxa de empregabilidade inferior á da poboación en xeral. Para facilitar a busca de emprego público por parte deste colectivo FADEMGA creou unha aplicación da que nos fala Manuel Carrillo, responsable da Área de Emprego e Formación da...
Convivir 16-07-2024 16.07.2024 56:55
A psicóloga Carmen González explica as dificultades que atopamos para desconectar do traballo durante as vacacións. E de vacacións e viaxes falamos tamén, porque o número de visitantes que se aloxan en Galicia aumentou nos primeiros cinco meses deste 2024. Pero aloxamento é o que non atopan os estudantes debido á falta de pisos e o aumento dos prezos, un tema que tratamos coa vicerreitora de Estud...
Convivir 15-07-2024 15.07.2024 56:55
Unha plataforma que revisa o estado de saúde en 20 minutos, "Chequea tu salud", e da que nos fala César Morcillo, director médico de Sanitas. De saúde conversamos tamén con Salvador Ramos, un dos directores do curso de Oncoloxía Integrativa que se celebra estes días no Hotel Talaso Atlántico. A fundación ONCE celebra unha xornada sobre a mellora do deseño urbano para garantir a mobilidad...
Convivir 12-07-2024 12.07.2024 56:55
O Laboratorio de Riscos Psicosociais, creado pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela, é un espazo encamiñado a mellorar o benestar laboral, a reducir os riscos físicos e mentais no traballo. Do seu labor fálanos a xerente do ISGA, Adela Quizá-Torroja. Os concellos xa poden solicitar as axudas para acondicionar vivendas destinadas a persoas sen fogar, tal e como nos explica o director...
Convivir 11-07-2024 11.07.2024 56:58
O programa Escolas Abertas está encamiñado a formar ós docentes que ensinan música, baile e outras formas da cultura galega ós emigrantes no exterior. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez, explícanos como e para que se desenvolven estes cursos en Galicia. Un informe da OMS alerta sobre a falta de iodo na dieta e a nutricionista Lidia Folga coméntanos os motivos e como resolver esa c...
Convivir 10-07-2024 10.07.2024 56:57
Un xeito de coñecer o pasado son os museos, como o do Médico Rural de Maceda. O seu creador, José Manuel Lage, realiza un percorrido por este espazo que recolle a historia da medicina no rural. Latento, gabinete especializado nas altas capacidades, fálanos da realidade desta condición. Acompañamento e asesoramento de mulleres embarazadas en situación de vulnerabilidade da Asociación Alborada de Vi...
Convivir 08-07-2024 08.07.2024 56:55
Afondamos no método de ensino Kumon, creado en Xapón. Ana Expósito, responsable dunha academia deste método en Pontevedra, explícanos os obxectivos que persegue este sistema para mellorar o rendemento dos rapaces. Un informe de SEDRA-Federación de Planificación Familiar indica que hai diferencias entre as comunidades á hora de atender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. A responsable...
Convivir 05-07-2024 05.07.2024 55:51
O xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando Alonso, alerta do incremento do narcotráfico en Galicia, en consonancia co que ocorre en toda Europa, e do aumento do consumo de distintas substancias entre a poboación, especialmente a máis nova. Do emprego para a toda a vida pasamos ó turista laboral. O subdirector da Fundación Máshumano, Tomás Pereda, fálanos deste novo perfil de pro...
Convivir 04-07-2024 04.07.2024 56:58
As persoas non binarias son persoas non recoñecidas nin legalmente nin socialmente. A presidenta da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña, Ana García, afonda no malestar que iso provoca, nas dificultades do día a día e nas consecuencias sobre a saúde mental. Aumenta o número de familias que vende ou mercan libros escolares de segunda man para os seus fillos co obxectivo de aforrar...
Convivir 03-07-2024 03.07.2024 56:58
O científico galego afincado en Alemaña Francisco Pan Montojo explícanos a investigación que leva a cabo sobre dúas moléculas naturais que poderían duplicar a supervivencia dos enfermos de ELA. Conversa co doutor e catedrático de Fisioloxía Javier Cudeiro sobre o seu libro “Cerebro, amor y duelo”. Nel repasa os cambios que se producen no ser humano cando falece un familiar ou unha persoa moi próxi...
Convivir 02-07-2024 02.07.2024 56:58
A escola do cárcere de Teixeiro foi incluída na rede educativa da UNESCO, que reúne 12.000 centros de todo o mundo. Conversamos co seu director, Carlos Ferreiro, para coñecer o seu proxecto e o que supón este recoñecemento. Achegámonos ó labor científico da astrofísica galega Isabel Rebollido, que na actualidade traballa no Centro Europeo de Astronomía Aeroespacial. A directora do centro Stela Mar...
Convivir 01-07-2024 01.07.2024 56:58
Unha elevada porcentaxe de cidadáns recoñece que precisa as vacacións para reducir o estrés, relativizar os problemas e tomar decisións. Falamos coa responsable en España do portal HomeExchange do estudo “As vacacións e o impacto sobre a saúde mental” e co psicólogo clínico do CHUAC Jacobe Fernández. O estudo “Stop cocaína, unha adición mortal” alerta sobre o incremento das mortes de condutores ba...
Convivir 28-06-2024 28.06.2024 54:43
O director da escola do cárcere de Teixeiro explícanos como funciona o centro, primeiro dunha prisión de Europa que a UNESCO inclúe na súa rede educativa. Coñecemos o proxecto da Fundación Secretariado Xitano para mellorar a saúde desta poboación en conversa coa súa directora territorial, Eva Vera, e coa xefa de Servizo de Estilos de Vida Saudable de Sanidade, Carolina Múñoz. A empresa Sodexo e a...
Convivir 27-06-2024 27.06.2024 56:58
A etnia xitana é a minoría máis discriminada en España. AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organiza varias actividades para acabar cos discursos de odio e os estereotipos sobre as persoas desta etnia; un problema do que falamos coa técnica de proxectos, Uxía Pérez. A subdirectora xeral de Atención Primaria, Sinda Blanco, e Tamara Blanco, da plataforma Loita, explíca...
Convivir 25-06-2024 25.06.2024 56:58
Non sempre é doado recuperarse mentalmente dun accidente que cambia a vida. Artemio Fernández é un exemplo de fortaleza e superación tras un grave accidente de moto no que perdeu un brazo. Este veciño das Pontes cóntannos como decidiu sobrepoñerse e continuar coa súas paixons, a caza e a pesca. A piques de comezar a época con máis movemento nos aeroportos, afondamos nos dereitos dos viaxeiros. Jos...
Convivir 19-06-2024 19.06.2024 1:00:57
Os escolares de Lugo poden achegarse á vida do rural e ó sector primario a través do programa “Escola A Granxa”, da Deputación. O deputado Daniel García coméntanos os obxectivos desta iniciativa. Afondamos no labor de Diversidades Acolle, unha entidade de Vigo que axuda a inmigrantes e refuxiados a desenvolver as súas capacidades. Unha asociación xuvenil da Estrada, Imaxina e Axuda, acaba de ser g...
Convivir 18-06-2024 18.06.2024 1:00:57
Amigos de Galicia alerta sobre o grave problema de saúde mental dos adolescentes tras un estudo realizado entre máis de 800 rapaces galegos. A coordinadora do estudo, a psicóloga Cristina García, explícanos os datos, os problemas e os sentimentos que hai tras os trastornos mentais dos adolescentes. O Colexio de Podólogos de Galicia, a través do seu voceiro, Navor Pereira, lanza recomendacións sobr...
Convivir 17-06-2024 17.06.2024 1:01:55
O psicólogo en terapia familiar Jesús Cudeiro explícanos as principais razóns que causan a crises na parella e as claves para que a terapia funcione. Este experto asegura que este é un dos últimos recursos das parellas con problemas. Falamos con Antonio Javier Lema, elixido o mellor vendedor da ONCE de Galicia, que recoñece así a súa implicación coa organización e cos seus clientes. Achegámonos a...
Convivir 13-06-2024 13.06.2024 1:00:57
Integrantes da asociación Down Ourense representarán a Galicia na liga de debate entre mozos con discapacidade intelectual de toda España. Brais Durán, técnico en formación desta asociación, cóntanos como afrontan este reto. As persoas xordas celebran o Día Nacional da Lingua de Signos con actos festivos e reivindicativos. Emma Blanco, coordinadora de cursos da Federación de Asociacións de Persoas...
Convivir 12-06-2024 12.06.2024 1:00:57
Afondamos na epilepsia en conversa co coordinador da Unidade de Epilepsia Refractaria do CHUS, Francisco Javier López. Premiado pola Sociedade Española de Neuroloxía, este investigador explica as causas, os tipos de crise e os tratamentos. Axudar a reflexionar sobre as cousas importantes da vida é o obxectivo do libro “Esencial” de Fernando Botellla, experto en emocións e liderado. Entrevista ó pr...
Convivir 11-06-2024 11.06.2024 57:48
Achegámonos o fenómeno da soidade, un problema que vai en aumento na nosa sociedade. Adrián Tuñón, un dos co-autores de Barómetro da Soidade non desexada 2024, explícanos as razóns e a quen afecta máis. O director xeral da plataforma Habitissimo, Carlos Sanz, fala da demanda crecente de aire acondicionado nos fogares ante as vagas de calor e ofrece algunhas pautas. Descubrimos o labor dos preparad...
Convivir 10-06-2024 10.06.2024 57:49
Analizamos os problemas derivados da adicción dos menores ás pantallas co profesor de Psicoloxía Social Antonio Rial, un dos expertos que asesoran ó Goberno. Rial fálanos das redes sociais, da adicción ós videoxogos, do acceso a pornografía e dos trastornos que causan nos rapaces. Achegámonos ós cambios e as secuelas que deixa o dano cerebral adquirido, en gran medida con orixe nun ictus, con Carl...
Convivir 06-06-2024 06.06.2024 51:24
O centro da Coruña convértese estes días nun campo de refuxiados de Gaza. O encontro Acampa pola Paz amosa ós cidadáns como viven os milleiros de refuxiados gazatís, en especial os nenos e os mozos. O seu organizador Xosé Abad asegura que os menores son os máis afectados polos conflitos, con traumas que perduran para sempre. Alumnos de 4 institutos da comarca de Ordes presentan os seus proxectos d...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice