CUAC FM

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: cuacfm.org

Autor

CUAC FM

Categorie

Society

Site-ul podcastului

cuacfm.org

Cel mai nou episod

3 nov. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,7+ iOS în curând

Episoade

14x9 Entrevista a Ugía Pedreira 13.12.2022

Programa número 418, no que tivemos como convidada a Ugía Pedreira. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Manuel María.

14x8 Entrevista a Silvia Longueira, Directora da Fundación Luis Seoane 29.11.2022

Programa número 417, no que tivemos como convidada a Silvia Longueira, Directora da Fundación Luis Seoane. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Luis Seoane.

14x7 Entrevista a Juan Lema sobre Juan Rof Codina 22.11.2022

Programa número 416, no que tivemos como convidado a Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega das Ciencias, que nos falou sobre o veterinario Juan Rof Codina, científico galego do ano. Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Cristina Bajo. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou u...

14x6 Entrevista a Olivia Rodríguez sobre Luz Pozo Garza 15.11.2022

Programa número 415, no que tivemos como convidada a Olivia Rodríguez, profesora e doutora da UDC, experta na figura de Luz Pozo Garza, que este ano cumpriría 100 anos. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garz...

14x5 Entrevista a Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui 08.11.2022

Programa número 414, no que tivemos como convidada a Maite Isla, presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

14x4 Entrevista a Christina Moreira, presbítera galega 25.10.2022

Programa número 413, no que tivemos como convidada a Christina Moreira, presbítera galega. Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara.

14x3 Entrevista a Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega 18.10.2022

Programa número 412, no que tivemos como convidado a Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega.

14x2 Mesa redonda sobre a situación do ensino público, con Suso Bermello e María Xosé Ferreño Precedo 11.10.2022

Programa número 411, no que organizamos unha mesa redonda sobre a situación do ensino público, con Suso Bermello, Secretario Nacional de CIG-Ensino e María Xosé Ferreño Precedo, presidenta da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos.

14x1 Entrevista a Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico 04.10.2022

Programa número 410, no que tivemos como convidado a Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

13x28 Entrevista a Mercedes Peón 28.06.2022

Programa número 409, no que tivemos como convidada a Mercedes Peón.

13x27 Entrevista á IXP Pan Galego 14.06.2022

Programa número 408, no que tivemos como convidado a Marcial Grela, integrante do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.

13x26 Entrevista a Belén Regueira 07.06.2022

Programa número 407, no que tivemos como convidada a Belén Regueira, presentadora da CRTVG. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Curros Enríquez.

13x25 Entrevista a Valdeorras Infinda, que nos falaron sobre Florencio Delgado Gurriarán 31.05.2022

Programa número 406, no que tivemos como convidados a Emilio Vega e Domingo Docampo, de Valdeorras Infinda, que nos falaron sobre Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Florencio Delgado Gurriarán.

13x24 Entrevista á Real Academia Galega de Ciencias 24.05.2022

Programa número 405, no que tivemos como convidado a Juan Manuel Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias.

13x23 Entrevista á Plataforma en Defensa do Tren da Coruña 10.05.2022

Programa número 404, no que tivemos como convidados a Alberto Díaz, María Bañón e Santiago Lamelo, da Plataforma en Defensa do Tren da Coruña. Tamén tivemos a sección de Audiovisual a cargo de María Núñez Veiga.

13x22 Entrevista sobre o Festival Aritmar 03.05.2022

Programa número 403, no que tivemos como convidado a Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que é a entidade que organiza o Festival Aritmar.

13x21 Entrevista á actriz Melania Cruz 26.04.2022

Programa número 402, no que tivemos como convidada á actriz Melania Cruz.

13x20 Entrevista a Moncho Lemos 19.04.2022

Programa número 401, no que tivemos como convidado a Moncho Lemos, xornalista e crítica musical e cinematográfico.

13x19 Entrevista a Ruxe Ruxe 29.03.2022

Programa número 400, no que tivemos como convidados a Vituco Neira e Xan Pericán, fundadores do grupo Ruxe Ruxe, que levan xa 25 anos de traxectoria. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.

13x18 Entrevista a Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro 22.03.2022

Programa número 399, no que tivemos como convidado a Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro, pintor ao que se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas.

13x17 Entrevista a Ana Xesús López, presidenta do nodo galego da AMIT 15.03.2022

Programa número 398, no que tivemos como convidada a Ana Xesús López, presidenta do nodo galego de AMIT, Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas. Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Cristina Bajo, que fixo un balance do 8M. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, no que Gema Millán recitou u...

13x16 Entrevista á Escola Galega de Teatro Musical 22.02.2022

Programa número 397, no que tivemos como convidadas a Sara Fandiño e Carolina González como representantes da Escola Galega de Teatro Musica. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga, na que se honrou a Pedro Brandariz, falecido hoxe.

13x15 Entrevista a Sabela Hermida, experta na figura de María Casares 15.02.2022

Programa número 396, no que tivemos como convidada a Sabela Hermida, experta en María Casares, figura do teatro francés da que se cumpre o centenario do nacemento.

13x14 Entrevista a Manuel Rey, presidente da agrupación folklórica Cantigas e Agarimos 08.02.2022

Programa número 395, no que tivemos como convidado a Manuel Rey, presidente da agrupación folklórica Cantigas e Agarimos, que hai pouco tempo cumpriu 100 anos.

13x13 Entrevista a Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Ío, que nos falou sobre contaminación lumínica 01.02.2022

Programa número 394, no que tivemos como convidado a Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Ío, que nos falou sobre contaminación lumínica.

Ascultă podcastul Recendo în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice