Radio Manoplas
Radio Manoplas
Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: alicerces.arkipelagos.net
Autor
Radio Manoplas
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
19 nov. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
6×13 #RadioManoplas: Sara Piñeiro Blanco 19.11.2026 27:48
Pechamos a sexta tempada con Sara Piñeiro Blanco. Esta viguesa lembra unha infancia moi conectada coa veciñanza e coas amizades, sempre desde moi cativa creando e coidando. Compaxinou os estudos universitarios co teatro, a danza e as curtametraxes, manténdose sempre moi vencellada á vida cultural e creativa. Tras rematar Educación Social, continuou a súa formación nos eidos da violencia de xénero,...
6×12 #RadioManoplas: Charo Lopes Sánchez 06.11.2026 30:12
A duodécima entrevistada da sexta tempada é Charo Lopes Sánchez. Naceu nunha das vizosas vilas da comarca do Barbanza: Boiro. Antes de partir cara a Compostela, onde estudaría Xornalismo, encetou —xunto a outras compañeiras e, ás veces, coa influencia dalgúns docentes— unha vida na que o interese pola política e a cultura agromaba. Charo vive a beleza a través da escrita e da imaxe. Escribe en gal...
6×11 #RadioManoplas: Amador Fernández-Savater 24.10.2026 18:03
A undécima persoa entrevistada da sexta tempada é Amador Fernández-Savater. Investigador independente, activista, editor e 'filósofo pirata' estivo en Vigo participando nas XI xornadas de Aseia na que convidou a pensar colectivamente sobre os vínculos, a escoita e as formas de estar coas adolescencias en tempos de incertezas. Amador lembra que no instituto tivo unha época gamberra na que a...
6×10 #RadioManoplas: “Pornografías, adolescencias e educación sexual” 09.10.2026 17:31
O décimo episodio da sexta tempada leva por título: “Pornografías, adolescencias e educación sexual". Aproveitando a charla «A pornografía dominante a golpe de clic», organizada por Andaina o pasado 6 de outubro en Compostela, conversamos con dúas das poñentes. Comezamos con Vanessa Rodríguez Pousada, psicóloga e sexóloga, presidenta de Sogasex e integrante de ASEIA. Despois, falamos con Marí...
6×9 #RadioManoplas: Sandra Fernández Carrera 29.06.2026 32:14
A novena entrevistada da sexta tempada é Sandra Fernández Carrera. Vive en Santa Cristina (Oleiros), aínda que medrou pasando moito tempo nas rúas, nun contexto de forte pertenza comunitaria. Estudou INEF en Bastiagueiro e desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito da actividade física e da saúde. Sandra conta as súas experiencias familiares. Están marcadas pola loita da súa nai, Dora, un...
6×8 #RadioManoplas: Sandra Lamelas Trasancos 18.06.2026 32:40
A oitava entrevistada da sexta tempada é Sandra Lamelas Trasancos. Vive en Navia, aínda que é orixinaria do Vicedo, municipio da Mariña Lucense. Traballa como directora de márketing nunha empresa do sector da construción, tras estudar en Pontevedra. Namorada dos idiomas, Sandra manifesta a súa tristura polo estado do galego. Ten unha filla chamada Jimena, que naceu cunha enfermidade rara: a síndro...
6×7 #RadioManoplas: Javier Erro 01.06.2026 33:40
A sétima entrevistada da sexta tempada é Javier Erro. Conversamos co psicólogo valenciano que estivo na III Feira do Libro Anarquista de Pontevedra presentando o seu libro El malestar es otra cosa. A entrevista naceu, porén, a partir da publicación Saldremos de esta. Guía de salud mental para el entorno de la persona en crisis, un libriño creado coa intención de ofrecer ferramentas e apoio ás pers...
6×6 #RadioManoplas: “Airea líderes, creando comunidades diversas” 08.05.2026 14:18
O sexto episodio da sexta tempada leva por título: “Airea líderes, creando comunidades diversas”. Este programa recolle parte do vivido o 14 de marzo de 2026 nunha das xornadas de Airea Líderes, un programa de formación en liderado baseado en competencias para persoas adultas con discapacidade e familiares de crianzas con discapacidade do desenvolvemento. Até un hotel de Brión cheguei grazas ao co...
6×5 #RadioManoplas: “Detencións policiais ás portas da casa” 06.04.2026 17:42
Quinto episodio da sexta tempada, titulado: “Detencións policiais ás portas da casa”. Neste programa unímonos a Radio Pimienta para presentarvos un episodio especial. A través das voces de María González Reyes, veciña de Serigne Mbaye, e de Sergio García García, membro de Sin Poli, escoitaremos as súas vivencias e reflexións tras a detención de Serigne e doutras seis persoas diante da súa casa o p...
6×4 #RadioManoplas: Anna Gabriel i Sabaté 22.03.2026 35:15
A cuarta entrevistada da sexta tempada é Anna Gabriel i Sabaté. Gústalle falar de Sallent, un pobo do interior de Catalunya cunha forte tradición de loitas obreiras, onde Anna medrou. Lembra a súa infancia e a súa formación na escola pública, marcadas polos valores de solidariedade e compromiso político que mamou na casa. Aos dezaseis anos, influída polas tensións entre as distintas tribos urbanas...
6×3 #RadioManoplas: Alejandra Morán Tenreiro 10.02.2026 30:21
A terceira entrevistada da sexta tempada é Alejandra Morán Tenreiro. Naceu e medrou en Fene, concretamente no barrio de San Valentín. Estudou Terapia Ocupacional e, desde hai dez anos, traballa no CAI (Centro de Atención Infantil e Xuvenil) de APAMP en Vigo, onde atenden crianzas con parálise cerebral e outras discapacidades, así como nenas e nenos en situación de vulnerabilidade. Alejandra suliña...
6×2 #RadioManoplas: “Sancionar o coidado, o caso de Eva” 03.02.2026 22:01
Segundo episodio da sexta tempada titulado: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”. Na primeira tempada entrevistamos a Eva Pallás Figueira , e tras máis de cinco anos, volve pasar polos micros deste falangullo. Xunto con Lorena García Nantes, avogada do sindicato CUT, debullan a sanción imposta pola Xunta a esta cociñeira da escola infantil Rosalía de Castro . Eva foi sancionada por avisar a unha n...
6×1 #RadioManoplas: Leticia Castro Torres 26.01.2026 28:59
Iniciamos a sexta tempada coa entrevista a Leticia Castro Torres. Medra en Boqueixón, entre as mesas do bar Casa Castro , unha iniciativa familiar que resiste no rural e evoluciona da man de tres xeracións . Leti traballou dous anos e medio na súa cociña, tarefa que compaxinou co seu emprego como educadora social no Plan Galego de Inclusión. Malia as limitacións e condicionantes do sector, pula po...
5×13 #RadioManoplas: “Construírmos un mundo sen prisións” 19.01.2026 49:25
Pechamos a quinta tempada cun faladoiro titulado: “Construírmos un mundo sen prisións”. O episodio foi gravado no Centro Social A Nubeira, no marco das xornadas anticarcerarias. Nesta conversa contamos coas voces de Xandra Táboas (Coordinadora Anticarceraria da Galiza), Alicia Alonso Merino (Baladre) e Raquel Crespo (Esculca). Comezamos a conversa con Alicia, que nos presenta tres publicacións de...
5×12 #RadioManoplas: “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?” 13.01.2026 9:52
O duodécimo programa da quinta tempada é un especial titulado “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?” Con este episodio ampliamos o equipo deste falangullo coa incorporación de Martín. Xunto a el, iniciamos Radio Manoplas Accións Comunitarias, da que podedes saber máis na nosa web. Ambos compartimos reflexións e dúbidas sobre o tipo de respostas que as nosas sociedades ofrecen no coidado da...
5×11 #RadioManoplas: Manolo S. Bayona 09.12.2025 23:24
A undécima entrevistada da quinta tempada é Manolo S. Bayona. Nace e medra no barrio da Sagrada Familia, na cidade da Coruña, mais a súa vida moveuse —e móvese— por diversos territorios acompañando a súa tarefa en Baladre , coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Este pódcast non se entende sen Nosotras las Personas , o programa que Baladre realiza en Radio Pim...
5×10 #RadioManoplas: Elisabeth Matute 30.09.2025 28:24
A décima entrevistada da quinta tempada é Elisabeth Matute. Naceu en Honduras e leva xa máis de catro décadas vivindo na Galiza. Daquela, cando chegou, non existía a lei de estranxeiría e nestes lares a súa presenza causaba estrañeza. Elisabeth participa en SINTRAHOCU, sindicato de traballadoras do fogar e os coidados, que naceu hai catro anos en momentos de pandemia. Xurdiu para artellar resposta...
5×9 #RadioManoplas: Zaida Jiménez Jiménez 23.09.2025 29:22
A novena entrevistada da quinta tempada é Zaida Jiménez Jiménez. Filla de "Mili", referente para Zaida de muller xitana. Lembra unha infancia moi feliz, nunha casa co tendeiro máis limpo de Castrelos. O dobre apelido Jiménez xa daba pistas da súa orixe dentro do sistema educativo, do mesmo xeito que o oficio dos seus pais no "mercadillo". Na casa apostaron, malia as dificultade...
5×8 #RadioManoplas: Mar Cendón 30.07.2025 29:35
A oitava entrevistada da quinta tempada é Mar Cendón. Mar viviu en Candeán, pero fixo a maior parte da súa infancia en Covelo. Durante anos tivo claro o seu interese polo Dereito, mais finalmente estudou Ciencias Políticas en Compostela, formación regrada que logo completou cun mestrado en Estudos de Xénero. O seu interese polo feminismo levouna a implicarse nos feminismos autónomos alí adquiriu m...
5x7 #RadioManoplas: "Sabemos morrer?" 15.06.2025 1:07:54
O sétimo programa da quinta tempada é un faladoiro gravado con público no salón de actos da comunidade do "Cristo da Vitoria", titulado "Sabemos morrer?". Para tal reto, falar da morte, contamos con: Marta, Irene e Mari Mar. Un auditorio ateigado de xente con idades e vivencias diversas acolleu a conversa con gratitude, malia a fondura do asunto. Comezamos con Mari Mar, que com...
5x6 #RadioManoplas: Pura González Carnero 08.06.2025 27:54
A sexta entrevistada da quinta tempada é Pura González Carnero. Naceu nunha parroquia de Sober hai 100 anos, mais cedo mudouse a Coia coa súa familia. No Turreiro de Coia despachou na tenda familiar até que casou. Recorda Pura que no turreiro facíanse "as mellores festas de todo Vigo". Foi testemuña da transformación de Coia. Habitantes coma ela, da Coia tradicional, viviron como a const...
5x5 #RadioManoplas: Alberte Cea Rodríguez 20.05.2025 31:53
O quinto entrevistado da quinta tempada é Alberte Cea Rodríguez. Naceu no seo dun fogar da Coia tradicional. Medrou nunha familia de "clase obreira con conciencia de clase" nos anos de expansión do polígono. Na súa casa lembran como superaron o intento de expulsión do territorio: a súa nai e outras veciñas mobilizáronse diante da Falanxe para defender o dereito a permanecer no barrio, lo...
5x4 #RadioManoplas: Irene Esperón Rodríguez 14.05.2025 27:49
A cuarta entrevista da quinta tempada é Irene Esperón Rodríguez. Irene naceu e medrou en Marín, pero aos trece anos chegou a Vigo, onde reside. Chega recomendada pola anterior entrevistada, Conchi, coa que comparte tarefa no seminario de comunicación en situacións difíciles que realizan co alumnado de Enfermaría. Desde cativa lembra ter sempre facilidade para escoitar, e fixo deste don a súa profe...
4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo 22.04.2025 33:18
A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo. Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear un fogar protector, onde o sentido da xustiza estaba sempre presente. Familia na que a creatividade e a...
5x3 #RadioManoplas: Conchi Estévez Villar 22.04.2025 34:40
A terceira entrevista da quinta tempada é Conchi Estévez Villar. Conchi estudou Enfermaría en Compostela. En Portugal atopou emprego ao rematar a carreira, como tantas da súa xeración. Daqueles anos lembra ter adquirido a necesidade de formarse para ser unha profesional máis competente. Lembra tamén a importancia do grupo, da comunidade como sostén fronte á dureza da tarefa. Especializada en saúde...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice