Seu Bermúdez
Un Café en Ames
Conversas con persoas vinculadas ao Concello de Ames. Unha ollada ao cotián e ás historias que nos unen.🏆Premio ó Mellor Podcast feito por mulleres no II Festival de Podcast de Galicia (Emuga)⏺️ Gravamos nos estudos de Ames Radio, en Bertamiráns.🎙️Presenta: Seu Bermúdez, veciña do Milladoiro e Productora de podcast.@seubermudez_podcasting/
Author
Seu Bermúdez
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 15, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Un Café en Ames 15.06.2026 1:10
Benvidas e benvidos a Un Café en Ames . Xuntos imos descubrir e poñer en valor o mundo próximo que nos rodea. Imos dirixir a nosa mirada cara ás persoas, ás historias e ó patrimonio do lugar onde vivimos: o Concello de Ames. Son Seu Bermúdez, produtora de podcast, coach e veciña do Milladoiro. Escoitas Radio Cidadá de Ames, no 107.2 FM. Se coñeces unha historia, unha asociación, unha institución,...
12.- Soños, ilusións e futuro con Paula 09.06.2026 29:07
Último episodio da primeira tempada. Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Paula. Unha moza chea de ilusións, afeccións e proxectos. Unha persoa que mira a vida dun xeito especial e que nos demostra que hai moitas formas de facelo. Nesta conversa falamos dos seus soños, das cousas que a fan sorrir,e de todo aquilo que quere conseguir. Un episodio para descubrir a unha persoa con moito que contar...
11.- Aprender, crear e vivir en beta permanente; con Juan Diego Pereiro 02.06.2026 30:03
Juan Diego Pereiro leva máis de dez anos demostrando que o coñecemento só ten sentido cando se pon en movemento. Director do Espazo A Proa en Milladoiro, fundador de WeKAb e WeKCo, e creador de proxectos de formación, emprendimento e innovación aplicada, defínese a si mesmo como "inquietamente inquieto". Neste programa descubrimos como chegou ao mundo da formación e que maxia ocorre dentro do Espa...
10.- Un Café en Ames con Sandra De Rego, de Amor ó teu 11.05.2026 30:02
Hoxe, Quedamos para "Un Café en Ames", con Sandra De Rego, de “Amor ó teu”, un proxecto onde creatividade, sostibilidade e artesanía van da man. A súa tenda-obradoiro está en Bertamiráns, na que traballa a estampaxe artesanal galega, con valores eco-friendly e comercio xusto. A nosa historia non comezou desta volta, senon que ven de anos atrás cando a miña filla maior me agasallou cunha taza de ac...
9.- Un Café en Ames con Emma e Jacobo 03.05.2026 30:28
Hoxe Quedamos para un Café en Ames con dúas das miñas persoas favoritas no mundo. Os meus fillos Emma e Jacobo. Que mellor forma de celebrar o Día da Nai... Desfrutade 💛 Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns. Radio Cidadá do Concello de Ames. Técnico de son: Juan Silva.
8.- Un Café en Ames con Mónica Castromil, de 20xvinte 13.04.2026 30:01
Hoxe, Quedamos para Un Café en Ames con Mónica Castromil, Directora de 20xvinte. Un proxecto que demostra que con paixón, constancia e poucos recursos tamén se poden crear cousas grandes. Falamos das súas guías turísticas de Galicia: 20 miradas anónimas, 20 propostas imprescindibles e unha forma moi especial de descubrir cada destino. Detrás de cada guía hai unha rede de persoas, establecementos e...
7.- Un Café en Ames con Thais e Susana; de Daman Compostela 30.03.2026 29:42
Hoxe, Quedamos para "Un Café en Ames" con Thais Núñez e Susana Martínez, fundadoras de Daman Compostela . Falaremos sobre duelos, acompañamento emocional e Death Café. Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns. Radio Cidadá do Concello de Ames. Técnico de son: Juan Silva.
6.- Micaela Beiro, Constelacións Familiares 16.03.2026 32:09
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Micaela Beiro, Facilitadora en Constelaciones Familiares pola Hellinger Sciencia Cudec. Micaela conta que son as Constelacións Familiares, como chegou a interesarse por este tema e como influe en cada un de nós, os distintos sistemas nos que vivimos (familia, traballo, amizades, un aula de primaria, etc). Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamirá...
5.- Noelia Pampín e Alvaro Liste, de Serea Films 08.03.2026 35:47
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Noelia Pampín e Alvaro Liste, socios de Serea Films; xunto con Iván López Gimeno. Unha produtora audiovisual de cine independente, afincada no Concello de Ames, que se dedica á produción e realización audiovisual para cine, televisión e plataformas dixitais. O seu obxectivo é crear proxectos de cine documental, ficción e televisión que impacten, entreteñan e...
4.- Arcea Adames 02.03.2026 27:48
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Arcea Adames. Un Centro Ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, ubicado no Milladoiro. Enchemos o estudo de Ames Radio de risas e ilusión, coa Directora e educadora do Centro, Natalia Castro, a educadora Cristina Lamas e tódolos integrantes ó completo: Mari Carmen, Martín, Juan, José Ramón, Jesús, Moncho, Rovi, Eva, Jose, Nieves, Oscar y Carl...
3.- Carlos Vieito, do Exército Mekemeke 28.12.2025 33:14
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Carlos Vieito. Entre outras moitas cousas, colabora co periódico Nós Diario, é Concelleiro do BNG en Ames e presenta o podcast do Exército Mekemeke, que arrinca a súa 5ª tempada, con máis de 120 episodios publicados. É un comunicador nato que consegue que falemos galego, ríamos e pensemos; aínda que non precisamente nesta orde. Un cóctel que fai que hoxe p...
2.- Oscar Porral, de Libraría Bandini 12.11.2025 29:47
Bertamiráns conta dende xuño de 2024 cun espazo cultural que ofrece un amplo fondo de libros en galego, castelán e outras linguas, ademais dunha selección de revistas especializadas e discos de vinilo. Na Libraría Bandini celébranse presentacións de libros, conversas con autores e ilustradores, clubes de lectura en varios idiomas e talleres. Hoxe, o flamante protagonista de “Un Café en Ames” é Ósc...
01.- Juan e Belén, de Ames Radio 27.10.2025 32:23
Hoxe é o primeiro programa de “Un Café en Ames” e estou especialmente contenta por compartir micrófono con dúas persoas que fan que todo isto funcione. Ademais do Concello de Ames, que é o que puxo en marcha esta iniciativa, os flamantes protagonistas de hoxe son quenes nos axudan —as vinte persoas que formamos parte da Radio Cidadá —, a gravar, editar e publicar os nosos programas. Sen eles, nada...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.