AGalegaAudio
Todos os podcast | Xogos olímpicos
Cada semana son protagonistas os deportistas galegos que teñen como obxectivo clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos de Os Anxeles 2028. Desde esta temporado, os domingos ás 23:30
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo Olímpicos 20-07-2024 20.07.2024 30:58
O último #GaliciaenXogo Olímpicos desta temporada adica o seu tempo a conversar co xuiz de triatlón Miguel Fernández e coa nadadora Daniela Suárez, que vén de proclamarse campioa de Europa xunior de natación artística.
Galicia en xogo Olímpicos 13-07-2024 13.07.2024 30:58
No Galicia en Xogo edición Olímpicos van marcando os días do calendario que restan para a cita parisina. E fanno repasando as últimas novas dos nosos deportistas e conversando con Manu Lorenzo, o xogador vigués convocado coa selección de baloncesto paralímpica.
Galicia en xogo Olímpicos 06-07-2024 06.07.2024 31:01
No Galicia en Xogo desta semana Toni López García entrevista a Susana Rodríguez Gacio a semanas de que comece a cita olímpica de París. Asimesmo, o espazo analiza o resto da actualidade do deporte galego coa ollada posta na capital francesa.
Galicia en xogo Olímpicos 29-06-2024 29.06.2024 31:01
Támara Echegoyen será a abandeirada española na cerimonia inaugural dos XXOO de París. Farao xunto a Marcus Cooper. Toni López García recupera as valoracións dos dous deportistas no Galicia en Xogo Olímpicos deste sábado, xunto a outros protagonistas da semana como Montse Tomé ou o padexeiro Pablo Crespo.
Galicia en xogo Olímpicos 22-06-2024 22.06.2024 31:01
Esta semana Toni López repasa a actualidade olímpica e conversa coa esgrimista paralímpica Jdith Rodríguez.
Galicia en xogo Olímpicos 15-06-2024 15.06.2024 31:01
Na edición deste sábado do Galicia en Xogo Olímpicos Toni López García fixo un repaso do acontecido nos Campionatos de Europa de atletismo, nos que Galicia sumou dúas medallas: o bronce de España con Esther Navarrete na media maratón e o ouro de Ana Peleteiro no triplo salto. Ademáis, a francesa afincada en Vigo Alice Finot tamén se proclamou campioa europea da súa disciplina . Con ela conversou T...
Galicia en xogo Olímpicos 08-06-2024 08.06.2024 31:01
No espazo olímpico deste sábado Toni López García convidou á xogadora de balonmán Alicia Fernández, na prelista de convocadas para a cita parisina, e ao presidente da Federación Galega de Piragüismo Fredi Bea.
Galicia en xogo Olímpicos 01-06-2024 01.06.2024 31:01
Achégase Paris 2024 e os deportistas olímpicos galegos contan os días para a gran cita deste verán. Neste Galicia en Xogo Toni lópez García enfocou o resumo semanal no piragüismo, conversando con Carlos Arévalo e Antía Chamosa.
Galicia en xogo Olímpicos 18-05-2024 18.05.2024 31:01
O madrileño Diego Domínguez, do club Breogán do Grove e que adestra no CGTD de Pontevedra ven de conseguir o billete para as cita parisina e pasou pola sección olímpica do Galicia en Xogo. Tamén conversou Toni López co taekwondista marinense Iván García, trala súa prata nos Campionatos de Europa.
Galicia en xogo Olímpicos 11-05-2024 11.05.2024 31:01
Nesta edición olímpica do Galicia en Xogo Toni López García conversou co nadador vigués Mario Méndez, campión de España de longa distancia. Ademáis, pasou polo eapazo o coruñés Damián Ramos, tras conseguir un ouro e un bronce na proba da Copa do mundo de ciclismo adaptado celebrada en Ostende (Bélxica)
Galicia en xogo Olímpicos 04-05-2024 04.05.2024 30:01
No #GaliciaenXogo Olímpicos deste sábado Toni López García conversou con Rodrigo Conde, trala súa medalla no Campionato de Europa de Remo. Tamén, no seu regreso á competición, conversou con Sara Guerrero, a triatleta do Narón que gañou co seu club o Campionato España de Duatlón.
Galicia en xogo Olímpicos 27-04-2024 27.04.2024 30:01
A poucos meses de chegar a cita olímpica de Paris, Toni López García segue conversando cos deportistas que levarán con orgullo a bandeira galega no maior evento deportivo mundial. Antía Chamosa analizou o seu bronce nos Europeos de piragüismo coa selección española. Ademáis pasou polo espazo do #GaliciaenXogo Vicky Alonso, tras conseguir o combinado feminino de baloncesto en cadeira de rodas o bil...
Galicia en xogo Olímpicos 20-04-2024 21.04.2024 29:01
Se pensamos nunha padexeira única e historia viva do noso deporte esa é Tere Portela. Xunto á canguesa, en París, competirá no K4 500 metros Carolina García. A galega pasou polo Galicia en Xogo olímpicos para conversar con Toni López, o mesmo que fixo Laura Vázquez, iudoka que desputará a fin de semana que vén o Europeo en Zagreb (Croacia)
Galicia en xogo Olímpicos 06-04-2024 06.04.2024 30:00
Na previa do Selectivo da fin de semana que ven en Verducido, Toni López García conversa con Antía Jácome. Tamén repasamos un extracto das declaracións de Susana Rodríguez Gacia tras recoller o Premio Nacional dos Deportes.
Galicia en xogo Olímpicos 30-03-2024 30.03.2024 30:00
No programa desta semana sobre o ciclo olímpico a viguesa Ester Navarrete analizou a súa convocatoria para a cita parisina coa selección española. Pola súa banda o triatleta Antonio Serrat valorou a súa medalla de prata na proba do Copa de Mundo desputada en Hong Kong.
Galicia en xogo Olímpicos 23-03-2024 23.03.2024 28:58
A selección española de balonmán conseguiu o pase á cita olímpica co cangués Rodrigo Corrales de novo na portería. Estará en París este verán, xunto ao tirador pontevedrés Jose Antonio Saavedra, que ven de gañar a medalla de ouro e bater o récord europeo na Copa do Mundo de Nova Delhi.
Galicia en xogo Olímpicos 16-03-2024 16.03.2024 28:58
A selección española de hoquei herba feminina loitará polas medallas en París. Conversamos co adestrador ourensán Carlos García Cuenca, que dirixirá ás red stick na cita deste verán
Galicia en xogo Olímpicos 09-03-2024 09.03.2024 29:55
Entrevista co adestrador de Miguel Alvariño, Xaquín Mira. Con el analizamos a renuncia de Alvariño ao proceso selectivo interno da Federación Española de Tiro con Arco.
Galicia en xogo Olímpicos 02-03-2024 02.03.2024 29:55
Entrevistas co boxeador Enmanuel Reyes, a xogadora de badminton Lucía Rodríguez e a atleta Aldara Meilán.
Galicia en xogo Olímpicos 24-02-2024 24.02.2024 29:58
O boxeador Enmanuel Reyes falounos na previa do preolímpico de boxeo que comezou en Italia esta semana. E fixo repaso do acontecido no campionato de España de atletismo en pista curta que se disputou en Ourense.
Galicia en xogo Olímpicos 17-02-2024 17.02.2024 29:58
Entrevista ao ciclista paralímpico Damián Ramos que falou sobre as súas dúas medallas na primeira proba da copa do mundo 2024. Previa do Mundial de pista que se celebra en Brasil no mes de marzo. Ademais, escoitamos o xogador de badminton paralímpico, Nacho Fernández, que esta semana disputou o Campionato do Mundo, última proba puntuable para a clasificación paralímpica.
Galicia en xogo Olímpicos 10-02-2024 10.02.2024 29:58
Conversamos con Raimundo Fernández sobre a situación da súa pupila, a lanzadora cubana Yulenmis Aguilar, que hai tres anos adestra en Oleiros pero non acaba de recibir a nacionalidade española que lle permita ir aos Xogos. Ademais, saudamos a nadadora do Liceo María de Valdés.
Galicia en xogo Olímpicos 03-02-2024 03.02.2024 29:57
Escoitamos varios dos 108 premiados na edición 2023 das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia: a ouro olímpico Sofía Toro, a que foi capitá das 'Guerreiras' Begoña Fernández ou a lenda do baloncesto Manuel Aller, entre outros.
Galicia en xogo Olímpicos 27-01-2024 27.01.2024 29:58
O programa desta semana repártese nunha entrevista co loitador de Ribeira Álex Vidal, que xa estivo en Toquio 2020 na estrea do taekwondo paralímpico, e nunha charla co xornalista Alfonso Hermida, epecializado no deporte olímpico.
Galicia en xogo Olímpicos 13-01-2024 13.01.2024 29:54
Conversa con Loreto Pérez, elixida o ano pasado a 'Mellor xuíz de atletismo de 2023' polo Comité Nacional de Xuíces, e que por vez primeira acudirá a uns Xogos Olímpicos. A súa designación xa é oficial, ao igual que a da veterana Dolores Rojas para as probas de marcha.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.