AGalegaAudio
Todos os podcast | Xogos olímpicos
Cada semana son protagonistas os deportistas galegos que teñen como obxectivo clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos de Os Anxeles 2028. Desde esta temporado, os domingos ás 23:30
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo Olímpicos 01-03-2025 01.03.2025 30:49
Na sección olímpica do Galicia en Xogo Toni López Garcia fala coa francesa Alice Finot tralo cambio de adestrador das últimas semanas. Tamén fala co regatista Nico Rodríguez,nunha nova aventura profesional na China.
Galicia en xogo Olímpicos 22-02-2025 22.02.2025 30:49
Neste sábado o espazo olímpico de Toni López García conversou coa xogadora de bádminton Lucía Rodríguez tralo campionato de Europa e co triatleta vigués Antonio Serrat.
Galicia en xogo Olímpicos 15-02-2025 15.02.2025 31:11
Esta semana Toni López Garcia conversa coa paratriatleta xunior de Rianxo Claudia Tubío.
Galicia en xogo Olímpicos 08-02-2025 08.02.2025 29:49
Na sección olímpica Toni López García aproveita a presenza en Pontevedra do combinado nacional xunior de natación artística para conversar coa súa seleccionadora, Virginia Villalba.
Galicia en xogo Olímpicos 01-02-2025 01.02.2025 30:58
Na sección olímpica deste sábado Toni López García conversa con Fredi Bea e Lydia Pérez.
Galicia en xogo Olímpicos 25-01-2025 25.01.2025 30:58
Toni López García convida á sección olímpica do Galicia en Xogo a Caetano Horta, para contar a súa experiencia austral, e Rodrigo Sanjurjo
Galicia en xogo Olímpicos 18-01-2025 18.01.2025 30:58
A vela colle protagonismo na sección olímpica desta semana, coa conversa de Toni López García co regatista e medallista olímpico Antón Paz.
Galicia en xogo Olímpicos 11-01-2025 11.01.2025 30:57
Este sábado no programa adicado ao ciclo olímpico Toni López García conversa co nadador do club de Mos Juán Ferrón.
Galicia en xogo Olímpicos 28-12-2024 28.12.2024 30:58
No último Galicia en Xogo Olímpicos do ano 2024 Toni López García conversa cunha lenda do noso deporte: a padexeira de Cangas Teresa Portela.
Galicia en xogo Olímpicos 21-12-2024 21.12.2024 30:58
Toni López García conversa este sábado con Alberto Durán, presidente do Comité Paralímpico Español.
Galicia en xogo Olímpicos 14-12-2024 15.12.2024 30:58
Na semana olímpica Toni López García analiza toda a actualidade conversando con Antía Chamosa e Helena García
Galicia en xogo Olímpicos 07-12-2024 07.12.2024 30:58
O ciclo olímpico continúa e Toni López García convida este sábado ao Galicia en Xogo a novas promesas do noso deporte. No atletismo conversa con Emma Méndez e coa judoca Laura Vázquez.
Galicia en xogo Olímpicos 30-11-2024 30.11.2024 30:58
Esta semana Toni López García adéntrase no mundo do Taekwondo e do triatlón da conversando con Sergio Troitiño e con Sara Guerrero no espazo de actualidade olímpica
Galicia en xogo Olímpicos 23-11-2024 23.11.2024 30:57
Toni López García debulla neste Galicia en Xogo Olímpicos as novas dos últimos días relativas aos deportistas olímpicos galegos.
Galicia en xogo Olímpicos 16-11-2024 16.11.2024 30:06
No Galicia en Xogo Olímpicos desta semana Toni López García conversa con dous deportistas galegos sobre a súa proxección e últimos resultados: Lorena Patiño e Mateo García
Galicia en xogo Olímpicos 09-11-2024 09.11.2024 30:58
A altera coruñesa Irene Blanco pasa polo espazo olímpico para repasar o seu último e xeitoso Campionato de Europa
Galicia en xogo Olímpicos 02-11-2024 02.11.2024 30:58
No espazo olímpico desta semana Toni López García conversa coa iudoka Laura Vázquez. Ademais repasa todo o acontecido na Gala de Entrega de premios da Federación Galega de Natación celebrada en Lugo.
Galicia en xogo Olímpicos 19-10-2024 19.10.2024 30:58
Tralos XXOO de París, Toni López García segue revisionando o papel dos galegos na cita francesa e ollando cara os novos proxectos dos nosos deportistas. Algúns deles son un tanto afastados e exóticos, como o do remeiro noiés Caetano Horta, afincado agora en Australia.
Galicia en xogo Olímpicos 12-10-2024 12.10.2024 32:06
As promesas do deporte galego comezan a proxectar a súa preparación para a próxima cita olímpica de Los Angeles 2028. Toni López García fala coa taekwondista Noa Romero e o triatleta Jarno Pousada, que teñen catro anos por diante para lograr o soño de competir nos Xogos.
Galicia en xogo Olímpicos 05-10-2024 05.10.2024 30:16
Trala retirada de Javi Gómez Noya, Toni López Garcia fai unha análise da situación actual do triatlón galego, con Antonio Serrat e Susana Rodríguez Gacio coma estandartes. Polo Galicia en Xogo Olímpicos pasa este sábado o adestrador Carlos David Prieto. Tamén falou un medallista en París vencellado a Galicia, o padexeiro Diego Domínguez.
Galicia en xogo Olímpicos 28-09-2024 29.09.2024 30:57
Co gallo do anuncio esta semana do adeus ao triatlón profesional de Javi Gómez Noya, o espazo olímpico de Galicia en Xogo quixo rendirlle unha merecida homenaxe repasando os innumerables fitos do ferrolán e navegando no arquivo sonoro para lembrar cómo se viviron na Radio Galega os momentos chave do que foi Premio Princesa de Asturias dos deportes, medallista olímpico e múltiples veces campión mun...
Galicia en xogo Olímpicos 21-09-2024 21.09.2024 30:51
Coa ollada posta xa en Los Ángeles 2028 nun novo ciclo olímpico, pero sen rematar de analizar cos protagonistas a cita parisina, Toni López conversa esta semana con Carlos Arévalo á vez que repasa o resto da actualidade, con ese regreso á casa de Ana Peleteiro coma nova destacada da semana.
Galicia en xogo Olímpicos 14-09-2024 15.09.2024 30:58
Primeiro espazo do Galicia en Xogo Olímpicos coa vista posta na cita de 2028 e tralo balanzo positivo dos deportistas galegos que competiron en Paris 2024. Un dos protagonistas do espazo foi o medallista Enmanuel Reyes. A outra foi a loitadora balear Carla Jaume.
Galicia en xogo Olímpicos 07-09-2024 07.09.2024 30:58
A un día de rematar en París este ciclo olímpico, Toni López García repasa os últimos resultados dos atletas galegos na cita francesa. Están sendo uns Xogos de moito éxito para a delegación galega, que irá pasando por este espazo durante a media hora da súa duración.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.