AGalegaAudio
Todos os podcast | Xogos olímpicos
Cada semana son protagonistas os deportistas galegos que teñen como obxectivo clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos de Os Anxeles 2028. Desde esta temporado, os domingos ás 23:30
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo Olímpicos 06-01-2024 06.01.2024 29:58
O primeiro programa do ano olímpico convida dous galegos que loitan por estar en París 2024: en natación, o vigués Miguel Martínez; e en esgrima a tiradora María Mariño, que ten xa unha ampla experiencia internacional.
Galicia en Xogo Olímpicos 30-12-2023 30.12.2023 29:58
Coa mente posta xa en París 2024, repasamos as clasificacións e os principais acontecementos preolímpicos do 2023 con dous destacados galegos xa clasificacos, Támara Echegoyen e Tariku Novales.
Galicia en xogo Olímpicos 23-12-2023 23.12.2023 29:58
Toni López charla con Judith Rodríguez, que vén de participar na última proba do ano da Copa do Mundo de esgrima adaptada. A viguesa, cuarta na clasificación internacional, aspira a acadar un posto para París 2024.
Galicia en xogo Olímpicos 16-12-2023 16.12.2023 29:58
Ás portas de que comece o ano olímpico centramos o programa na situación da marcha, un deporte que podería levar algúns galegos a París. Esta disciplina vai ter varios cambios, tanto nas normas como nas distancias e para coñecelas mellor conversamos coa xuíza coruñesa Dolores Rojas.
Galicia en xogo Olímpicos 09-12-2023 09.12.2023 29:58
Toni López conversa con Iván García despois de que o marinense quedase ás portas de asegurar a praza olímpica en taekwondo ao rematar terceiro na última proba de clasificación por ranking. Ademais, recuperamos a charla coa tenista Jéssica Bouzas en Ao Contraataque na que fixo balance dunha temporada con moitos cambios.
Galicia en Xogo Olímpicos 18-11-2023 18.11.2023 29:58
Toni López cita hoxe dous deportistas que teñen opcións de estaren nos Xogos de 2024. O tenista en cadeira de rodas Martín de la Puente pechará o ano como número 4 do mundo. A fondista Ester Navarrete ten que decidir en que distancia se centra para tratar de conseguir a mínima olímpica.
Galicia en Xogo Olímpicos 11-11-2023 11.11.2023 29:58
Toni López reparte o programa entre cicilsmo e natación. Sobre a bici fala coa marinense Lorena Patiño, que vén de competir nos Campionatos de Europa de ciclocross. E na piscina saúda o novo presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión
Galicia en Xogo Olímpicos 04-11-2023 04.11.2023 29:58
O triatleta vigués Antonio Serrat pode ser o segundo galego, tras Támara Echegoyen, que confirme a presenza nos Xogos Olímpicos de 2024, pois cumpriu os requisitos para ser seleccionado. Mentres, a ponteareá Melania Rodríguez quere conseguir o posto nos Mundiais de ximnasia acrobática
Galicia en Xogo Olímpicos 28-10-2023 28.10.2023 30:33
Toni López conversa co buenense Martín Souto, que se cambiou de modalidade para progresar no seu camiño aos Xogos de Inverno. Tamén fala con Uxía Chamorro, unha das galegas que traballa por estar en na competición paralímpica de París 2024 co equipo español de baloncesto
Galicia en Xogo Olímpicos 21-10-2023 21.10.2023 28:40
O COI anuncia que o cricket, o lacrosse, o squash, o flag footbal e o béisbol e o softbol serán modalidades olímpicas nos Xogos de 2028. Falamos das novidades co gran referente do squash en España, o santiagués Borja Golán, e escoitamos tamén a xogadora viguesa Marta Domínguez, número 61 do mundo, que aspira a competir na cita de Los Ángeles
Galicia en Xogo Olímpicos 14-10-2023 14.10.2023 30:01
Toni López conversa coa campioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio tralas finais das Series Mundiais de tríatlon de Pontevedra. Tamén escoitamos a ourensá Támara Echegoyen despois de que se confirmase que competirá nos seus cuartos Xogos en vela
Galicia en Xogo Olímpicos 07-10-2023 07.10.2023 29:58
Charlamos coa coruñesa Paula Otero despois de conseguir a prata na remuda dos Europeos junior de natación e co pontevedrés Lucas García, que puido competir na casa nas finais das Series Mundiais de tríatlon
Galicia en Xogo Olímpicos 30-09-2023 30.09.2023 29:58
Pontevedra acolleu un dos maiores acontecementos deportivos do ano en España. As finais dos mundiais de tríatlon reuniron milleiros de persoas na cidade. Toni López conversa con dous galegos participantes, o lugués Esteban Basanta e a buenense Natalia Castro
Galicia en Xogo Olímpicos 23-09-2023 23.09.2023 29:54
Toni López conversa con dúas mulleres que dan moita guerra, a coruñesa Helena García, campioa de España de taekwondo e bronce europeo junior, e a pontevedresa Lydia Pérez, que vén de competir nos mundiais de Belgrado
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.