AGalegaAudio

Todos os podcast | Pensando en ti

Leisure GL ↓ 902 episodes

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra

Author

AGalegaAudio

Category

Leisure

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pensando en ti 02-07-2024 02.07.2024

Os oíntes opinan sobre a soidade, sobre a evolución que houbo nas últimas décadas de casas onde vivían ata 3 xeracións ás casas de hoxe, moitas ocupadas por unha soa persoa. Os oíntes cóntannos as súas vivencias, se viven cos pais ou cos fillos, cunha parella ou soas, se marcharon fóra por traballo ou por aventura ou se botan de menos vivir cunha familia numerosa.

Pensando en ti 01-07-2024 01.07.2024

Os oíntes comparten con nos os embustes que algún día lanzaron sobre alguén ou sobre si mesmos, ben en broma ou con intención. Cóntannos esas historias inventadas sobre premios de lotería, sobre viaxes, sobre casamentos... situacións que na realidade non son así. Os oíntes relátannos tamén algunhas mentiras difundidas sobre eles, rumores que alguén desata e se converten en historias que os demais...

Pensando en ti 30-06-2024 30.06.2024

Os oíntes cóntannos se son usuarios habituais das redes sociais, se as empregan moito, que redes utilizan máis, que tipo de información buscan e publican a través desta ferramenta de comunicación. A audiencia opina sobre a importancia que teñen as redes sociais hoxe en día e sobre os riscos que teñen. Os oíntes explícanos se sería quen de vivir sen ellas.

Pensando en ti 29-06-2024 29.06.2024

Os oíntes fálannos das súas viaxes en coche en época de vacacións: desprazamentos longos, desprazamentos a festas e romarías, os cambios de plans, as anécdotas que xorden no camiño, sorpresas que non se agardaban, xente que se coñece nesas viaxes… Os oíntes coméntannos como cambiaron eses desprazamentos, como eran aquelas aventuras de décadas atrás en coches pequenos, sen aire acondicionado, por e...

Pensando en ti 28-06-2024 28.06.2024

Os oíntes comparten con nos a ledicia e a tristeza do último programa da tempada e coa musical máis especial. Cóntannos cales foron os mellores momentos para eles, esas historias que lles sorprenderon, eses instantes de rir ou chorar que non van esquecer… Os oíntes coméntannos tamén as palabras que non chegaron a dicir ou cousas que non fixeron no seu momento e do que agora se arrepinten, esas peq...

Pensando en ti 26-06-2024 26.06.2024

Os oíntes cóntannos como eran de nenos, que soños tiñan, como se divertían... Seguen tendo ese neno/a dentro ou cambiaron moito? Que lle dirían agora a ese eu do pasado para non caer en malas decisións ou para elixir ben o camiño? Elaboramos coa audiencia a axenda deste verán, citas que non se poden perder, festas para desfrutar dos próximos meses.

Pensando en ti 27-06-2024 26.06.2024

Os oíntes cóntannos que situacións, estudos, traballos ou relacións comezaron con mal pe e que foron quen de superar co tempo e con tenacidade. Relátannos eses encontros persoais que non lles deixaron pegada ó inicio e despois acabaron por se converter en grandes amizades ou vencellos sentimentais para toda a vida. As persoas comparten con nos se hai prendas de roupa ou obxectos que sempre lles le...

Pensando en ti 25-06-2024 25.06.2024

Os oíntes fálannos desas amizades que manteñen ó longo dos anos malia a distancia que as separa, eses lazos que non rompen, que continúan fortes malia que non haxa contacto habitual. Amigos atopados entre a audiencia do Pensando en Ti ou a través das redes sociais. Os oíntes coméntannos tamén esas experiencias nas que viron salvar a unha persoa en perigo ou que viviron en primeira persoa.

Pensando en ti 24-06-2024 24.06.2024

Os oíntes cóntannos como están pasando o San Xoán, cal é a mellor festa na que estiveron un 23 de Xuño, de que romaría son fieis, ben por devoción ou ben porque desfrutan da gastronomía, da música, de todo o que arrodea. Os oíntes coméntannos os seus costumes en época de rebaixas, se realmente agardan a este período para mercar e se son expertos na técnica do regateo.

Pensando en ti 23-06-2024 23.06.2024

Os oíntes coméntanos como e onde van pasar a noite de San Xoán, unha noite máxica que reúne a milleiros de persoas en areais de toda a costa galega, en especial na cidade da Coruña. Os oíntes explican cales son eses rituais que sempre cumpren esta noite e o día seguinte. Asan e comen sardiñas, saltan a fogueira, báñanse no mar, lavan a cara pola maña coas herbas de San Xoán…?

Pensando en ti 22-06-2024 22.06.2024

Os oíntes cóntannos as súas preocupación pola casa ou polo coche cando marchan de vacacións, se toman algunha medida de precaución para evitar roubos e se tiveron algunha mala experiencia. Un experto en Seguridade, Antonio Sardiña, explícanos as medidas de seguridade que deberíamos adoptar para evitar roubos nas casas e nos coches, ocupacións ilegais, en definitiva para evitar sustos e marchar tra...

Pensando en ti 21-06-2024 21.06.2024

Os oíntes cóntannos cal foi o mellor verán das súas vidas, como cambian os costumes e as actividades, os lugares os que se trasladan e as viaxes que fan. Os oíntes coméntannos ese amor ou eses amores especiais de verán dos que desfrutaron. Tempo para que a audiencia comparta os seus selfies e explique se son adictos a este tipo de fotos, se teñen selfies cos famosos...

Pensando en ti 20-06-2024 20.06.2024

Os oíntes fálannos sobre a felicidade no chamado “yellow day” ou “día máis feliz do ano” porque comeza un período de mellor tempo, dos días relaxados das vacacións, tempo para compartir coa familia e os amigos… ¿Hai unha idade ideal para ser nai ou pai? A audiencia opina e coméntanos se os fillos cambian a vida, se están arrepentidos de tomar esa decisión moi novos e se as novas xeracións se están...

Pensando en ti 19-06-2024 19.06.2024

Os oíntes coméntannos as súas experiencias no amor, os diferentes amores que puideron desfrutar ou sufrir. Fálannos de amores imposibles polas circunstancias, de amores non correspondidos, de amores conquistados co tempo, de amizades convertidas en amores, do amor a primeira vista, de amores de diferente cor… A audiencia opina tamén sobre o desperdicio dos alimentos, de como poñer freo ás tonelada...

Pensando en ti 18-06-2024 18.06.2024

Os oíntes cóntannos se van a contracorrente da maioría, se iso lles fai sentir máis libres ou se, pola contra, enfróntanse a moitas críticas por parte dos demais. Pepe de Moaña dende o estudo e outros oíntes coméntannos algunha experiencia de ir contra a meirande parte das persoas da súa contorna. Opinión da audiencia sobre as praias destinadas ás mascotas: teñen dereito os animais a ese espazo ou...

Pensando en ti 17-06-2024 17.06.2024

Os oíntes fálannos dos trastornos de conduta alimentaria, se eles ou alguén da súa casa tiveron algún problema deste tipo e opinan se o aumento destes trastornos ten moito que ver coas redes sociais e as imaxes ideais non reais que aparecen. Os que foron ou seguen sendo gandeiros coméntanos cómo evolucionaron estas explotacións, de ser pequenas granxas a empresa con decenas de vacas e moderna tecn...

Pensando en ti 16-06-2024 16.06.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas

Pensando en ti 15-06-2024 15.06.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas

Pensando en ti 14-06-2024 14.06.2024

Os oíntes cóntannos eses actos de cariño e afecto que fixeron por alguén ou aqueles outros que alguén lles regalou nalgún momento. Os oíntes comentan agasallos, sorpresas, detalles delicados cos que un familiar ou amigo lles brindou nunha situación determinada e que lles encheu de ledicia.

Pensando en ti 13-06-2024 13.06.2024

Os oíntes comparten as súas opinións sobre o aumento dos divorcios e as razóns polas que as parellas rompen máis agora, se influíu a COVID, se estamos menos dispostos a perdoar, a soportar defectos e fallos… Os oíntes coméntanos as compras ou as experiencias negativas que os levaron a protestar.

Pensando en ti 12-06-2024 12.06.2024

Os oíntes fálannos dos xogos da súa infancia, xogos tradicionais, algúns xa esquecidos e tamén dos que continúan practicando agora de adultos. A audiencia coméntanos esas decisións complicadas que tiveron que tomar nalgún momento da súa vida, esa elección que puido ser determinante no seu camiño vital e mesmo esa opción determinante que alguén adoptou por eles.

Pensando en ti 11-06-2024 11.06.2024

Os oíntes coméntannos como viviron a 17ª xuntanza do Pensando en Ti, se a compartiron dende a casa ou a desfrutaron en directo. Os protagonistas da festa explícannos con quen acudiron, as persoas que coñeceron, eses novos amigos ou amigas, que momentos lles resultaron máis emocionantes, os máis divertidos, aqueles que non van esquecer...

17ª Xuntanza do Pensando en ti 10.06.2024

Os oíntes comparten as súas emocións e coméntannos que significa formar parte da comunidade do Pensando en Ti na décima sétima xuntanza do programa. Festa para desfrutar das vivencias, a música, o baile e a presenza de moitos artistas, persoeiros e convidados que se suman á celebración dos case 28 anos do programa.

Pensando en ti 09-06-2024 09.06.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas

Pensando en ti 08-06-2024 08.06.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas

Listen to the Todos os podcast | Pensando en ti podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.