Revista Morcego
A Gruta de Gizamaluke
O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Gruta de Gizamaluke - 6x08 (O'DERRADEIRO) 22.07.2024 1:18:49
Chegou ese día, o día da despedida. A Gruta de Gizamaluke remata logo de 216 programas e unha chea de conversas e boas lembranzas. Volveremos? De seguro que algún día si, mais toca descansar, durmir, pechar a porta da cova e xa se verá que trae o tempo. Grazas por estardes aí sempre, desde o inicio. Este falangullo sempre será un lugar seguro, unha casa e un faro nas tebras. Apertas, de corazón.
A Gruta de Gizamaluke - 6x07 24.06.2024 1:32:28
Imos co penúltimo capítulo da tempada, un capítulo onde comentamos dúas das conferencias máis importantes do verán como foron as de Microsoft e o Summer Game Fest. Nostalxia de E3? Pois si, non imos agochalo.
A Gruta de Gizamaluke - 6x06 16.05.2024 1:17:24
Seguimos falando da industria dos videoxogos, das súas obras, das súas cousas, das nosas vidas. O equipo non comeza ao completo, pero acaba xuntiño. Charlie, Sara, Ana e Juan percorrendo as ondas dixitais.
A Gruta de Gizamaluke - 6x05 31.03.2024 1:25:31
De novo aquí estamos, cumprindo o obxectivo con marzo e facendo doblete mensual. Falamos de DLCs, de Rise of the Ronin, de Nintendo Switch 2 (?) e dalgunhas outras cousas neste novo capítulo. Graciñas por escoitar (e ver!) Apertas!
A Gruta de Gizamaluke - 6x04 06.03.2024 1:11:24
Pois alá imos, seguimos avanzando e comentando as cousas que pasan este ano 2024! E que sinalamos? Palworld, Final Fantasy VII Rebirth, Xbox sacando xogos en PlayStation... esas cousiñas.
A Gruta de Gizamaluke - 6x03 22.01.2024 1:05:12
Primeiro programa do ano 2024, chegamos até unha nova cifra, chegamos na sexta tempada até limites insospeitados! Falamos, como non, de videoxogos e esas lerias, da industria, da conservación das obras dixitais, do novo Prince of Persia, algo de Elden Ring, de Ubisoft... o típico e básico! Vémonos, coma sempre, tamén no YouTube (Aínda que desta vez, coido que en dúas partes)
A Gruta de Gizamaluke - 6x02 20.12.2023 1:37:07
De novo aquí, na trincheira dixital, nas ondas visuais, no YouTube, facendo un falangullo sobre videoxogos. Podedes imaxinar de que imos falar: GOTYs, GTA VI, Fntastic etcétera. O derradeiro programa do ano vén con conversas e sorrisos, mesmo con 'face reveals' que tanto prestan. Boas festas, xente! Entrade ben e mellor que ben no 2024.
A Gruta de Gizamalule - 6x01 18.11.2023 1:18:15
Coa equipa ao completo, o que inclúe a volta de Sara, comeza de xeito oficial a nova tempada da Gruta de Gizamaluke. Non tivemos todas as cámaras, pero podía ser peor. De novo, falamos de videoxogos: Marvel's Spider-Man 2, Baldur's Gate 3, os GOTY, o GTA VI... e máis. Cada mes, en todas as plataformas habituais de audio (Spotify, Ivoox...) e agora, tamén, no YouTube.
A Gruta de Gizamaluke - 6x00 05.10.2023 1:20:58
Nova tempada, novo formato, novas conversas. A tempada 6 trae versión en vídeo, mais non esquece o audio polo camiño. Agora iremos con menos temas, pero máis palabras para cada un. Desta vez tocou falar do FF XVI, do Blasphemous 2 e un pouquiño (bastante) de como estamos a ver a industria dos videoxogos e as súas comunidades.
A Gruta de Gizamaluke - (5x38) 13.07.2023 1:16:57
FINAL DE TEMPADA! Chegamos ao mes de xullo algo cansos, non imos mintir. Comezamos este camiño con outras cargas laborais e persoais, mais aquí seguimos, tratando de manter a nave no aire e a gruta limpa. Graciñas por seguirdes, por escoitar este falangullo coas orellas abertas e por todas esas mensaxes que van quedando no Discord. Querémosvos! Vémonos en setembro, coma os bos rencontros.
A Gruta de Gizamaluke - 5x37 06.07.2023 1:22:46
Pois penúltimo programa da quinta tempada. Comezan as vacacións de verán nos estudios e o chamado deserto de información relevante de actualidade, pero temos as nosas vidas para compensar Novas do día A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x36 29.06.2023 1:24:08
O verán xa comezou e nós logramos pelexar contra a calor, mais non sabemos por canto (en realidade... si, até o 12 de xullo). A fin de tempada se aproxima. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Final Fantasy XVI, R&C: Rift Apart O Discord Opina :: Nicolas Cage Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x35 22.06.2023 1:21:27
Pois chegamos á recta final de xuño logo dun par de semaniñas con eventos varios e novas diversas. Seguimos ao pé da noticia! Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke (Eventos do verán) 15.06.2023 1:27:09
Imos facer un pequeno especial un tanto monográfico, con todos os eventos que sucederon nos últimos días... que no foron poucos: Xbox, Ubisoft, Capcom, Summer Game Fest... Para a semana, con toda a equipa e con todas as seccións coma sempre! Que non somos nós de cambiar moito e xa anda o final de tampada aí ao fondo!
A Gruta de Gizamaluke - 5x34 08.06.2023 1:00:05
Seica case estamos co 50 % do ano completado... sexa como for, o noso e seguir traendo algunhas novas ás portas da semana das conferencias (das moitas que vai haber) Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x33 01.06.2023 1:30:13
Agora si, retomamos vida, retomamos programa e até que remate a tempada non debería haber sorpresas. Desta ocasión poñemos o foco no PlayStation Showcase que houbo moito anuncio pero.. pouca cousa? Xa vemos! Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x32 17.05.2023 59:38
Pois nada, o Día das Letras Galegas gravamos e deixamos un programiña con Link como protagonista, claro, como non podía ser doutro xeito. É un chisco máis curto que os habituais porque son tempos duros de traballo, pero volvemos en 15 días con máis forza que nunca. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Zelda: Tears of the Kingdom
A Gruta de Gizamaluke - 5x31 11.05.2023 1:07:51
Antes de nada, desculpade algúns tramos nos que escoitaredes o programa algo robótico, mais a conexión (R, ti, si) non quixo axudar! Porén, seguimos vivas, coma sempre, tentando traer a información máis relevante do mundo dos videoxogos até as rúas orellas. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x30 05.05.2023 1:17:26
Veña, que xa comezamos maio, xa deixamos atrás o inverno e xa temos as pilas cargadas, tal e como deben estar. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke-5x29 19.04.2023 1:18:44
Nada, A Gruta segue un pouco coma sempre, que se estás a gusto na casa e mellor non mudala moito, nin sequera con moitas novas que chegan. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Ghostwire Tokyo, Teteis Effect.... O Discord Opina :: Que xogo e que gráficos acabaron contigo? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x28 13.04.2023 1:22:47
De volta unha semana máis, xa en primavera, coa Semana Santa pasada e con todo un programa por diante. Non imos enganar a ninguén: a actualidade non deu para moito, pero éche o que hai. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Vanquish, Mario Kart 8... Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x27 06.04.2023 1:44:33
Juan, Charlie e Ana continúan repasando a actualidade cunha ollada paciente e sosegada (máis ou menos) ao tempo que falan das súas historias (como é habitual). - Novas da semana - A que estamos a xogar? - O Discord Opina :: Compañía de videoxogos favorita? - Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x26 30.03.2023 1:24:43
Volvemos outra semana máis coa Gruta. Juan, Ana e Charlie falan de videoxogos e poñen sobre a mesa as últimas novidades e novas da industria, ao tempo que reflexionen sobre as súas vidas (un chisco) Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 5x25 16.03.2023 1:33:12
Novo capítulo, nova aventura, nova viaxe polas ondas e polas novas da industria do videoxogo. Ollo! Para a semana, en principio, hai descanso por mor de mudanzas e novas sedes para a Gruta de Gizamaluke! Non esperes esperta! Novas da semana A que estamos a xogar? :: Bioshock, RE 4 Remake Demo... O Discord Opina :: Personaxe feminino favorito dos videoxogos? Polo si ou polo non :: The Last Of Us HB...
A Gruta de Gizamaluke 5 - 24 09.03.2023 1:16:42
Avanza marzo e nós con el, repasando a actualidade máis inmediata e relevante da industria do videoxogo, que tamén continúa o seu camiño do mellor-peor xeito posíbel Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.