Resonancias

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Leisure GL ↓ 53 episodes

Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. A creación deste podcast está financiada pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música do Ministerio de Cultura e Deporte.

Author

Resonancias

Category

Leisure

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Dec 31, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cabo Verde e o Batuku 31.12.2025

Neste episodio de Resonancias viaxamos ao Festival de Batuku de Tarrafal, na Illa de Santiago, para achegarnos a unha das súas manifestacións culturais máis antigas e poderosas de Cabo Verde. A través da música, da danza e da palabra, percorremos a historia dun ritmo que sobreviviu á represión colonial grazas ao enxeño, á resistencia e ao papel fundamental das mulleres na súa preservación. Contamo...

Museu de la música de Barcelona 27.12.2025

Os museos de música son espazos onde o patrimonio material dialoga co son, coa memoria e coa práctica viva. Neste episodio achegámonos ao Museu de la Música de Barcelona para coñecer como se constrúe, se conserva e se activa unha colección de instrumentos musicais nun museo especializado, en paralelo á preservación de acervos persoais de nomes propios da música catalá. Conversamos con Marisa Ruiz...

Women in lutherie. Unha comunidade para as mulleres na lutería 21.12.2025

A lutería é un oficio no que a presenza das mulleres segue a ser minoritaria, pero nos últimos anos estase a producir un cambio progresivo e significativo. Neste episodio de Resonancias falamos de xénero, memoria e futuro a través de Women in Lutherie, unha comunidade internacional que traballa para visibilizar o papel das mulleres na construción, investigación e conservación de instrumentos music...

Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda 18.12.2025

A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Gla...

O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela. 14.12.2025

Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo. A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios....

Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais 07.12.2025

Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:A lutier cántabra Elena Llanes, que en...

Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado 01.12.2025

Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honest...

Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais 23.11.2025

Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpr...

Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor. 16.11.2025

Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría. Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea. Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoai...

Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía 09.11.2025

A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía. Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial. Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este per...

Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas 02.11.2025

A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música. Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos,...

O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías 18.10.2025

Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Co...

Un violonchelo construído con madeiras galegas. Adrian M. Pereiro e ensaia. 13.10.2025

Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural. Detrás deste...

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra. 29.08.2025

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez  sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Trátase dunha aproximación aos...

Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot. 31.07.2025

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conversa cos músicos malienses Madou Kouyaté e Lassana Diabaté no Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Con Madou Kouyaté e Lassana Diabaté, integrantes do Trio da Kali, xunto ao manager Saúl Presa, achegámonos a...

Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural. 16.10.2023

O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técn...

Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia 16.10.2023

FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia. Este POD...

Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. 16.10.2023

Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia. Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do...

José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa 28.08.2023

Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo...

Natalia Moreno e Regis Floury: Hylica, espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía 28.08.2023

O foro profesional RESONANCIAS visita Hylica, un espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía situado en Sabarís (Baiona) e que forma parte do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Hylica é un proxecto fundado pola artesá Natalia Moreno e o luthier Regis Floury, quenes comparten as súas inquedanzas na preservación dos coñecementos tecnolóxicos e antigas ténicas da artesanía co obxecti...

Lucy Durán: A evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais 28.08.2023

Lucy Durán, profesora de música da SOAS-Universidade de Londres e produtora musical de gravacións como "New Ancient Strings" no ano 1999, disco que impulsou a carreira internacional de Ballaké Sissoko e Toumani Diabaté, presenta en Resonancias a evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais nas últimas cinco décadas, sendo a súa aportación máis recente a co-dir...

O Reberete: Artesán de instrumentos tradicionais galegos 28.08.2023

Tras o concerto de Davide Salvado en Música no Claustro, o artesán galego O Reberete presenta no foro profesional Resonancias os instrumentos de percusión tradicional construídos no seu obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Dende San Cristovo de Cea, un pequeno municipio da provincia de Ourense, O Reberete defende os valores do traballo no rural galego e a dignificación desta famili...

Marcos Domato: A búsqueda dunha personalidade propia na construción da guitarra clásica 28.08.2023

O artesán guitarreiro Marcos Domato presenta en RESONANCIAS o seu último instrumento, unha guitarra na cal procurou buscar unha personalidade propia de construción e deseño. Unha oportunidade de achegarnos a este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas III: Isabel Puentes, Ana Oróns, Elena Fabeiro e Sanin 28.08.2023

As enxeñeiras Isabel Puentes, directora da área de promoción e calidade forestal da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), e Ana Oróns, secretaria xeral da Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), conversan nesta mesa redonda co construtor de instrumentos musicais José Manuel Salvado Sanín, presidente da Asociación Galega de Artesáns, e Elena Fabeiro, xerente...

Cristina Lafuente: O toque manual de campás como manifestación do Patrimonio Cultural Inmaterial 28.08.2023

A finais de 2022 a UNESCO declarou o toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Cun amplo repertorio de formas e técnicas, tanto no ámbito relixioso coma no civil, esta linguaxe sonora mantívose ao longo dos séculos como un medio de comunicación comunitario. Cristina Lafuente, conservadora de museos da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais d...

Listen to the Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.