Resonancias
Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. A creación deste podcast está financiada pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música do Ministerio de Cultura e Deporte.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Gerhard Grenzing: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 23 28.08.2023 48:56
O mestre organeiro Gerhard Grenzing protagoniza a conversa maxistral de apertura do foro profesional Resonancias 23. Grenzing é o autor do actual órgano da Catedral de Tui, un novo instrumento construído en 1995 que preservou as caixas barrocas históricas. Nesta conversa con Samuel Diz, comisario de Resonancias, Grenzing comparte algunha das características na construción deste órgano coa ollada p...
Mesa redonda sobre a presenza de mulleres nos obradoiros de instrumentos musicais: Ana Fariña, Julia Marín Ramírez, Saínza Seivane e Olga No 25.07.2023 47:08
A profesora e activista cultural Olga Nogueira dirixe unha mesa redonda que ten por obxectivo visibilizar as artesás galegas construtoras de instrumentos musicais. Un sector masculinizado no que as mulleres estiveron presentes nun segundo plano. A ausencia de referentes femininas é un reto que asumen con voz propia Ana Fariña, Julia Marín Ramírez e Saínza Seivane.
Oli Xiráldez e David Garrido: O óboe barroco Thomas Stanesby Senior da Catedral de Tui 25.07.2023 28:27
A Catedral de Tui custodia un óboe barroco construído por Thomas Stanesby Senior. O intérprete David Garrido e o artesán Oli Xiráldez afondan nas características e singularidades deste significativo instrumento histórico.
Nadia Vázquez: Sería posible construír unha musette en Galicia? 25.07.2023 28:04
Nadia Vázquez protagoniza o concerto de Resonancias 22, un recital no que presenta a musette, un dos principais instrumentos na corte francesa do século XVIII. Na actualidade son limitados os obradoiros que constrúen este instrumento sendo unha dificultade a superar no desenvolvemento da súa carreira artística. Así, co obxectivo de axitar ao sector artesán galego, presenta as características organ...
Elena Vázquez: A construción de instrumentos musicais, un oficio entre as administracións de industria e cultura 25.07.2023 28:30
Elena Vázquez, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte, reflexiona sobre a dicotomía da construción de instrumentos musicais, un oficio dun grande valor cultural engadido no marco das adminstracións de industria e comercio. En paralelo presenta un abano de axudas públicas interministeriais á disposición do sector.
Antonio Suárez: A formación e a certificación dos oficios artesanais 25.07.2023 39:54
Antonio Suárez Martín, director do Centro de Referencia Nacional da Artesanía Albayzín, afonda nas limitacións da oferta de formación e as certificacións artesanais, unha das principais dificultades do sector profesional da construción de instrumentos musicais. Retos e oportunidades de futuro que impulsa dende a Escola de formación profesional do Servizo Andaluz de Emprego.
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas II: Montserrat Rodríguez Ogea, Francisco Pedras Saavedra e José Catoira 25.07.2023 42:44
A enxeñeira Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA conversa nesta mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais con Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia-CIS Madeira; e o luthier artesán José Catoira.
Francisco Luengo e Pablo Sánchez Otero: Presentación da Asociación LABRA 25.07.2023 23:43
Os artesáns Francisco Luengo e Pablo Sánchez Otero presentan a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais. Labra é un novo colectivo que nace das necesidades do sector expostas na primeira edición do foro Resonancias.
Jonathan Santa María Bouquet: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 22 25.07.2023 42:10
Jonathan Santa Maria Bouquet é o conservador do Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo. Nesta conversa maxistral de apertura do foro Resonancias 22 presenta a colección de instrumentos custodiada no museo e os criterios de ampliación da mesma, así como os protocolos de investigación e restauración aplicados. En paralelo reflexiona sobre o equilibrio entre o empre...
Elena Fabeiro: A xerente da Fundación Artesanía de Galcia presenta Facemos marca Artesanía de Galicia 25.07.2023 6:38
Coidar e protexer os vellos saberes, para fomentar e facer medrar os novos. Esta é a aposta na que a Fundación Pública Artesanía de Galicia, creada pola Xunta de Galicia no ano 2003, focaliza a estratexia de impulso ao emprendemento no sector artesán galego. Incidindo na importancia social, económica, cultural, local e ambiental da artesanía, dende a Fundación traballan na procura dun sector artes...
Cristina Ramírez e Álvaro Seivane: Retos de mercado e oportunidades dixitáis no horizonte da Axenda 2030 23.07.2023 15:10
Construír un instrumento é manter viva a herdanza dunha cultura. Cristina Ramírez e Álvaro Seivane representan a dúas familias senlleiras na construción de instrumentos musicais: Guitarras Ramírez e Gaitas Seivane. Neste conversa comparten o compromiso de manter estas sagas familiares e a salvagarda dun valioso patrimonio inmaterial, así como os retos e oportunidades na transformación do negocio i...
Alvaro Seivane e Xosé Manuel Sánchez Rei: Xosé Manuel Seivane no centeario do seu nacemento "A gaita con maiúscula" 23.07.2023 14:00
No ano 1921 naceu en Fonmiñá o artesán Xosé Manuel Seivane. O coidado que aplicou na construción das súas gaitas valeulle o recoñecemento de numerosas xeracións. Tras o seu falecemento en 2012, o filólogo Xosé Manuel Sánchez Rei ocupouse de escribir a súa biografía “A Gaita con maiúscula” publicada pola Editorial Canela. Neste libro resultan fundamentais as testemuñas da súa familia, herdanza viva...
Fran Rodríguez: Aportacións artesanais na construción dunha guitarra electrica 23.07.2023 13:50
A guitarra eléctrica é un instrumento que está vencellado ás grandes marcas internacionais. O obradoiro Franfret Handmade Guitars, ubicado na Coruña, constrúe cada guitarra desde o diálogo co intérprete. Cada instrumento adáptase ao estilo musical e preferencias da persoa na elección das súas madeiras e tamaño, buscando unha guitarra real, viva e orgánica. Esta idea é a clave do éxito no seu princ...
Belén Bermejo e Andrés Díaz: Catalogación e divulgación de órganos de Galicia 23.07.2023 19:58
Os órganos históricos conforman unha das principais coleccións do patrimonio musical galego. Entre eles atópase o da Catedral de Tui, do século XVIII, restaurado en 1995 por Gerhard Grenzing. Ante a falla de organeiros galegos ao coidado deste legado, Belén Bermejo e Andrés Díaz comezaron en 2007 a confección dun inventario e catálogo para o recoñecemento destes instrumentos, xunto a súa divulgaci...
Samuel Diz: A guitarra de Lorca, un instrumento vivo 23.07.2023 13:53
A Casa-Museo Huerta de San Vicente garda a guitarra de Federico García Lorca, construída polo artesán granadino José Ortega sobre 1906. Desde a súa restauración, realizada por Francisco Manuel Díaz en 1996, a guitarra é un instrumento vivo. Samuel Diz, intérprete e investigador da música orixinal da Xeración do 27', gravou na propia casa do poeta o primeiro traballo discográfico realizado con esta...
Natalia Fraguas: A colección permanente de instrumentos musicais do Museo de Pontevedra 23.07.2023 23:02
No Museo de Pontevedra atopamos unha das principais coleccións de instrumentos musicais da provincia. Unha colección permanente que foi adquiríndose desde a súa fundación, impulsada pola Sociedade Arqueolóxica. A conservadora Natalia Fraguas achéganos como foi a súa xestión, tanto a nivel de difusión como de conservación, así como a situación actual e os plans de futuro previstos para a mesma.
José Catoira: A recuperación dos violíns de Andrés Gaos 23.07.2023 15:27
A Universidade de Santiago de Compostela custodia dous violíns que pertenceron ao intérprete e compositor de orixe galega Andrés Gaos Berea. Un deles é un modelo alemán de finais do século XVIII, vencellado á escola de Mittenwald. O artesán Jose Catoira, presidente de GLAE, Gremio de Luthiers y Arqueros de España, presenta os criterios e retos do proceso integral de restauración deste instrumento.
Regis Floury: A conservación dos valores tecnolóxicos e funcionais dos instrumentos musicais nos museos 23.07.2023 19:17
A conservación integral dos instrumentos musicais nos museos entra en conflicto coa deontoloxía da restauración e preservación patrimonial. Como solución, Régis Floury propón un cambio de paradigma desde o coñecemento e aplicación das técnicas de fabricación antigas que estudou na súa Francia natal, no Instituto Nacional de Patrimonio. Na actualidade constrúe e restaura instrumentos musicais en Hy...
Sara Quintana: Percorido polos retablos barrocos da Catedral de Tui 23.07.2023 12:22
Adentrámonos no interior da Catedral de Tui para descubrir a súa iconografía musical. Levamos a atención aos retablos barrocos do órgano, das reliquias de San Telmo ou da Expectación, onde unha orquestra de querubíns dialoga coa gaita do pobo recibindo ao neno Xesús. Un percorrido artístico da man da historiadora da arte Sara Quintana, guía oficial de turismo de Galicia e profesora titora da UNED...
Conversa con Begoña Riobó e Anxo Pintos: Artesáns e intérpretes, unha relación simbiótica 23.07.2023 22:16
Non hai intérprete sen instrumento, nin instrumento sen intérprete. Begoña Riobó e Anxo Pintos, integrantes do dúo Parvo, protagonizan o concerto de RESONANCIAS 21. Nesta conversa xunto aos artesáns José Catoira e Ramón Corral afondan na relación simbiótica entre intérpretes e luthieres.
Suso Vila: A música descoñecida do capitel románico da Catedral de Tui 23.07.2023 12:50
A única representación musical do románico da Catedral de Tui atópase no capitel do cruceiro sur que da acceso ao claustro. Un vestixio iconográfico de varios músicos ao carón dun xinete. O historiador Suso Vila presenta a súa investigación inédita sobre un dos capiteis máis sorprendentes e á vez más descoñecidos da sede tudense.
Xermán Arias: Unha interpretación das violas ovais do Pórtico da Gloria 23.07.2023 15:13
Na Catedral de Santiago están representadas seis violas ovais, o que nos mostra a importancia do instrumento na Idade Media. Xermán Arias, do obradoiro Arxemil en Sarria, realiza unha interpretación persoal da iconografía musical destes instrumentos que responden a parámetros morfolóxicos parecidos, reflexionando sobre as técnicas de construción antigas e o emprego de madeiras locais.
Isabel Rei Samartim: Representacións iconográficas dos instrumentos de corda pulsada no patrimonio monumental galego 23.07.2023 19:13
Na súa tese de doutoramento "A guitarra na Galiza" defendida na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2021, Isabel Rei Samartim trazou un mapa do patrimonio monumental galego coa atención posta nos instrumentos de corda pulsada. Este conxunto de referencias iconográficas, no que atopamos o retablo da Expectación da Catedral de Tui, evidencia o uso civil e relixioso destes instrumentos en G...
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas I: Francisco Pedras Saavedra, Xaneco, Pablo Sánchez Otero, Héctor Salgado e Xermán Arias 23.07.2023 33:22
O enxeñeiro Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira da Xunta de Galicia, aporta a visión intersectorial nesta mesa redonda compartida cos artesáns Xaneco, Pablo Sánchez Otero, Héctor Salgado e Xermán Arias. As súas principais reflexións xiran sobre a sistematización do diálogo entre os propietarios das plantacións forestais e os artesán...
Xosé Manuel Gil, Antón Corral e Ramón Corral: Novos punteiros graves para novas inquedanzas musicais 23.07.2023 19:26
A introdución da gaita nos conservatorios supuxo a aparición dun repertorio contemporáneo con novas necesidades dos seus intérpretes, onde o instrumento dialoga con outros rexistros, en ocasións máis graves. Coa finalidade de aumentar o emprego e fiabilidade do punteiro con afinación en Sol, os obradoiros de Gaitas Gil e Antón Corral realizan un traballo colaborativo. O obxectivo é abandonar o con...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.