AGalegaAudio

Todos os podcast | Pensando en ti

Leisure GL ↓ 902 episodes

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra

Author

AGalegaAudio

Category

Leisure

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pensando en ti 05-08-2024 05.08.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas.

Pensando en ti 02-08-2024 02.08.2024
Pensando en ti 25-07-2024 25.07.2024

Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas.

Pensando en ti 24-07-2024 24.07.2024

Os oíntes cóntannos como están pasando esta vaga de calor e os segredos para aguantar as altas temperaturas: mergullo na praia ou no río, abano, ventilador, pechados dentro da casa… Como se están sentido? Logran durmir con máis de 20 graos na rúa? Están desexando xa que volva a chuvia e as temperaturas máis baixas? A audiencia tamén comparte algún problema, unha preocupación, un momento de dúbida...

Pensando en ti 23-07-2024 23.07.2024

Os oíntes cóntannos se son persoas vergoñentas ou non, se son das persoas que se atreven con todo sen importarlle as críticas dos demais ou morren por timidez e vergoña. Os oíntes comparten con nos as situacións que lles causaron ese terrible sentimento de vergoña, que non farían nunca para evitar esa humillación ou que persoas tentan afastar para evitar ruborizarse.

Pensando en ti 22-07-2024 22.07.2024

Os oíntes cóntannos se están casados, se continúan casados ou están a piques de unirse en matrimonio á súa parella. Foi ou será o día máis feliz da súa vida? Os oíntes explícanos se casaron convencidos, cheos de amor ou foi máis un compromiso ou unha decisión impulsiva. Cómo foi ou como será ese día? Convidados, celebración, lúa de mel… Repetirían esa experiencia?

Pensando en ti 21-07-2024 21.07.2024

Os oíntes cóntannos se algunha vez correron un risco innecesario e só agora senten que puido ter graves consecuencias, como esas persoas que se expoñen a un accidente só para facerse un selfie. No Día Mundial dos Cans, a audiencia comparte con nos as anécdotas que viviron ou viven cada día con estes animais, que antes eran só compañía no rural e agora forman parte de moitas familias tamén nas cida...

Pensando en ti 20-07-2024 20.07.2024

Os oíntes comparten con nos as consecuencias que experimentaron por cancelacións ou atrasos en voos. Chegaron tarde a traballar ou a unha reunión de negocios por problemas no aeroporto ou na compañía aérea? Tiveron que cancelar unha cita ou adiar un compromiso familiar? A audiencia opina sobre a maxia negra, sobre rituais, sobre a maxia negra...

Pensando en ti 19-07-2024 19.07.2024

Os oíntes cóntannos os plans especiais que teñen para estes días: encontros familiares, unha cea con alguén que agardamos fascinados, a participación nunha proba deportiva, a verbena favorita, o reencontro cun amor de verán, a preparación das maletas para iniciar unha viaxe...

Pensando en ti 18-07-2024 18.07.2024

Os oíntes opinan sobre os animais, se lles gustan ou non, se pensan que ter unha mascota cura a soidade e nos fan sentir mellor. Cans, gatos, coellos, ratos… Os oíntes cóntannos se teñen mascotas que forman parte da súa familia, se esa compañía lles fixo sobreporse a malas situacións ou se os animais dos veciños os volven tolos cos seus ruidos ou os seus cheiros. E no rural… entenden que os visita...

Pensando en ti 17-07-2024 17.07.2024

Os oíntes cóntanos se cren na sorte, na boa ou mala sorte, se a buscan con rituais ou se pensan que hai que traballar e ser realistas. Tiveron algún golpe de sorte na vida? Coñecen xente a que persegue a mala sorte? Os oíntes coméntannos as manías que teñen relacionadas coa sorte, se levan algún amuleto para sentirse máis seguros e confiados ou se teñen algún obxecto na casa da que nunca se van de...

Pensando en ti 16-07-2024 16.07.2024

No día do Carme, os oíntes cóntannos as súas vivencias no mar, como eran ou son as mareas, historias de naufraxios, o mar como destino profesional, todo o que significa o mar nas súas vidas. Os oíntes comparten con nos como se vive ó lado do mar ou co mar: redeiras, peixeiras, veciños das localidades mariñeiras… Co mar de fondo nas súas vidas.

Pensando en ti 15-07-2024 15.07.2024

Os oíntes cóntannos como viviron o triunfo de España da Eurocopa, sos, en familia, en reunión con amigos ou se continúan celebrando esa cuarta copa de madrugada. Os oíntes coméntannos se seguiron a final de tenis en Wimbledon, se vibraron co triunfo de Alcaraz. Gústanlle os deportes en xeral e son seareiros dalgún equipo? A audiencia comparte as emocións que lles suscitan os deportes.

Pensando en ti 14-07-2024 14.07.2024

Os oíntes cóntannos se nalgún momento da vida o pasaron mal por murmuracións, se se sentiron vítimas por comentarios doutras persoas sobre a súa situación persoal, por algunha decisión que eles tomaron… Os oíntes comparten con nos as críticas ou as cubilladas polas que continúan sofrendo e que están influíndo na súa vida.

Pensando en ti 13-07-2024 13.07.2024

Os oíntes comparten con nos cambios importantes que sucederon na súa vida. Fálannos de proxectos que acometeron, cambios de traballo, de lugar de residencia, decisións familiares ou sentimentais... que provocaron un xiro na súa traxectoria vital.

Pensando en ti 12-07-2024 12.07.2024

Os oíntes coméntannos cales son as súas cancións favoritas, esas que lles fan felices cando as escoitan, aquelas que cantan cando están na casa, as que piden cando están aburridos, cancións que os levan pola memoria, que lles tocan o corazón...

Pensando en ti 11-07-2024 11.07.2024

Os oíntes coméntannos que persoas agardaban ver nestas datas no pasado: pais emigrados noutros países, avós, tíos e primos que vivían noutras cidades ou localidades. Fálannos tamén dos amigos cos que se coincidían no verán, esas rapazas, eses mozos amores de veráns anteriores… encontros desexados e agardados con ilusión.

Pensando en ti 10-07-2024 10.07.2024

Os oíntes cóntannos se lles gusta bailar, se bailan cando van a unha verbena ou a un local ou se, pola contra, son máis de mirar ás persoas que están na pista. Coméntannos que tipo de música lles gusta para bailar, se acudiron a clases, se aprenderon baile de salón, salsa, sevillanas, tango… ou se atreven coa coreografía dalgunha canción.

Pensando en ti 09-07-2024 09.07.2024

Os oíntes cóntannos a que son adictos. Coméntannos as súas adicións: as positivas, como as viaxes, paseos polo monte, cociñar, as telenovelas… pero tamén aquelas adicións menos positivas ou que teñen dúas caras, como o tabaco, as drogas, o café, o traballo, o sexo… Descubrimos a nova presentadora do programa, Raquel Rosa.

Pensando en ti 08-07-2024 08.07.2024

Os oíntes coméntannos a importancia que ten o traballo para eles. A súa vida é so traballo ou teñen un emprego e fichan cada día só para gañar a vida, para ter ingresos. Os oíntes explícannos se serían quen de deixar de traballar se non precisasen ese salario ou se desfrutan tanto na súa actividade que optarían por seguir aínda coa posibilidade de retirarse.

Pensando en ti 07-07-2024 07.07.2024

Os oíntes coméntannos como están vivindo esta madrugada, esta fin de semana, chea de festas, de celebracións gastronómicas, de festivais de música en moitos puntos de Galicia...

Pensando en ti 06-07-2024 06.07.2024

Os oíntes cóntannos cales son as súas celebracións favoritas do verán galego, festivais de música, citas gastronómicas ou festas patronais. Organízanse para acudir ás máis interesantes cunha axenda? Coñecen persoas que fan por non perder unha cita? Opinións sobre as festas nunha fin de semana chea de eventos: PorAmerica, Gozo Festival, Festa do Percebe do Roncudo, da Lagosta da Guarda, do Pan de C...

Pensando en ti 05-07-2024 05.07.2024

Os oíntes cóntannos vivencias que lles provocaron un latexo forte no corazón. Momentos apaixonantes, encontros cunha nova persoa ou reencontros máxicos, a noticia dunha lotería, a noticia dun traballo inimaxinable que logramos… momentos que case nos provocan unha parada no corazón.

Pensando en ti 04-07-2024 04.07.2024

Os oíntes coméntannos se cren en supersticións, en sinais de mala ou boa sorte ou se, pola contra, pensan que iso son invencións. Son quen de pasar por baixo dunha escada? Ver un gato negro estrágalles o día? Os oíntes contan se utilizan algún obxecto, algún conxuro ou cerimonia para buscar a boa sorte ou para afastar a influencia das persoas con mala enerxía...

Pensando en ti 03-07-2024 03.07.2024

Os oíntes cóntannos ós seus costumes á hora de durmir: se lles gusta durmir sós ou acompañados, espidos ou con que prendas de roupa, con calcetíns, con roupa de cama pesada ou non… Os oíntes coméntannos as súas manías e os seus segredos: ronquidos, somnambulismo, insomnio, soños, pesadelos…

Listen to the Todos os podcast | Pensando en ti podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.