AGalegaAudio
Todos os podcast | Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pensando en ti 07-06-2024 07.06.2024 4:59:55
Os oíntes fálannos deses costumes, desas prácticas que repiten día a día e que outros cualifican de manías. A audiencia cóntanos como se preparan para ir a praia, se optan por un kit coas cousas imprescindibles ou se, pola contra, levan a casa a costas. Convidámolos a enviar esas fotografías de momentos na praia ó longo da vida
Pensando en ti 06-06-2024 06.06.2024 4:59:55
Os oíntes coméntannos en que son expertos e trasládannos os coñecementos desa habilidade especial para cociñar, navegar, cultivar o campo, coidar animais, arranxar vehículos, achegarse á historia ou coñecer as bolboretas. A audiencia indícanos os seus segredos para manterse en formar e seguir mozos con 80 ou 90 anos.
Pensando en ti 05-06-2024 05.06.2024 4:59:57
Os oíntes celebran o Día do Medio Ambiente contándonos como coidan a súa contorna, se utilizan a reciclaxe… No Día Internacional dos Doantes de Órganos e Tecidos coméntannos se eles ou os seus familiares recibiron algunha doazón que lles salvase a vida, se teñen decidido doar os seus órganos e mesmo o seu corpo para o estudo da ciencia. Os oíntes descóbrennos esas experiencias que levan ou levaron...
Pensando en ti 04-06-2024 04.06.2024 4:59:55
Os oíntes coméntannos como foron como estudantes, se copiaban, que técnicas utilizaban, se axudaban a copiar ós compañeiros… Fálannos tamén das súas materias preferidas e de se están arrepentidos por non seguir os estudos. E como os mozos e mozas ante a EBAU, os oíntes indícanos se hai persoas ou cousas que os poñen nerviosos e se algunha vez quedaron bloqueados por esa ansiedade.
Pensando en ti 03-06-2024 03.06.2024 4:59:57
Os oíntes relátannos cómo viviron os momentos históricos que sucederon ó longo da súa vida. Lémbrannos as súas experiencias tra-la Guerra Civil, durante a dictadura de Franco e momentos como o paso a democracia ou a noite do 23F. Chegado o bo tempo, a audiencia avanza os plans que teñen en mente para o verán, para os días de vacacións: sosego, familia, viaxes...
Pensando en ti 01-06-2024 01.06.2024 4:59:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 31-05-2024 31.05.2024 4:59:57
Os oíntes cóntannos esa etapa da vida na que máis desfrutan ou desfrutaron, pero tamén cal é a hora que prefiren para practicar sexo. A audiencia lembra topónimos da súa localidade para recuperalos. Ademais, convidamos ós oíntes a sumarse á festa de aniversario de Isi.
Pensando en ti 30-05-2024 30.05.2024 4:59:55
Os oíntes coméntannos se abandonaron os seus soños e os seus obxectivos na vida por un amor, por facilitar o triunfo da súa parella no mundo laboral, por coidar de alguén... A audiencia opina se estamos afogados polo ritmo de vida que levamos e se estamos perdendo o desfrute das pequenas cousas, de observar ó noso arredor, de pensar tranquilamente.
Pensando en ti 29-05-2024 29.05.2024 4:59:57
Os oíntes coméntannos que trazos de carácter identifican aos galegos, que xestos ou prácticas sorprenden fora de Galicia. Convidamos a audiencia a enviar fotografías da “bata galega”, esa prenda que levan moitas mulleres sobre a roupa, e a comentar sobre o “feísmo galego”. Ademais os oíntes opinan sobre o absentismo no traballo: é real esa idea de que somos tan traballadores ou collemos demasiados...
Pensando en ti 28-05-2024 28.05.2024 4:59:55
Os oíntes coméntannos cales son para eles as súas festas gastronómicas preferidas, mesmo aquelas que non son tan coñecidas. Ademais, a audiencia descóbrenos esa ou esas noticias que recibiron con moita ledicia e lles cambiaron a vida.
Pensando en ti 27-05-2024 27.05.2024 4:59:57
Os oíntes cóntannos como conviven con alerxias, intolerancias ou enfermidades que lles obrigan a modificar hábitos alimentarios. Os oíntes tamén comparten as súas fobias e os seus medos e como os afrontan.
Pensando en ti 26-05-2024 26.05.2024 4:59:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 25-05-2024 25.05.2024 4:59:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 24-05-2024 24.05.2024 4:59:55
Os oíntes cóntannos as afeccións, as devocións por algo ou alguén que levan ao extremo. A audiencia participa no xogo "verdade ou mentira" e comenta os embustes dos que foron vítimas nalgún momento.
Pensando en ti 23-05-2024 23.05.2024 4:58:54
Os oíntes cóntannos como foi a súa lúa de mel, o seu destino, canto gastaron e compárana coas viaxes que fan agora tras casar. Ademais comentan os sustos que levaron como usuarios ou traballadores dos medios de transporte nos seus desprazamentos.
Pensando en ti 22-05-2024 22.05.2024 4:59:36
Os oíntes cóntannos eses momentos da súa vida nos que decidiron poñer remate a unha relación sentimental, de amizade, a un traballo ou unha actividade da que antes desfrutaban. Os oíntes tamén comentan experiencias propias ou de xente próxima que estivo nunha seita.
Pensando en ti 21-05-2024 21.05.2024 4:59:55
Os oíntes cóntannos os aniversarios que esquecen e os descoidos de memoria que teñen no día a día . Tamén comentan como reaccionan cando alguén esquece ese día importante para eles.
Pensando en ti 20-05-2024 20.05.2024 4:59:55
Os oíntes cóntannos como se desprazaban décadas atrás para ir a unha festa ou viaxar ata outro país. Tamén comentan como cambiou a vida coa mellora dos medios de transporte.
Pensando en ti 19-05-2024 19.05.2024 4:59:57
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 18-05-2024 18.05.2024 4:59:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 17-05-2024 17.05.2024 4:59:55
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas
Pensando en ti 15-05-2024 15.05.2024 4:59:57
Os oíntes cóntannos que foi o que máis lles namorou da súa parella e aquelas características que menos lles gustan.
Pensando en ti 14-05-2024 14.05.2024 4:59:55
Os oíntes cóntannos as cousas que aprenderon dos seus avós e aqueles coñecementos ou tradicións que se perderon. Ademáis revelan os seus caprichos culinarios.
Pensando en ti 13-05-2024 13.05.2024 4:59:57
A audiencia asoma á radio para falar do festival de Eurovisión, da festa o ascenso do Depor, das alerxias primaverais...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.