AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles 25-11-2023 25.11.2023 7:59:55
O Celta consegue, por fin, deixar a portería a cero, aínda que non lle chegou para gañar en Mestalla. Na 1ª RFEF, centramos a atención no derbi Lugo-Arenteiro, que levaron os do Carballiño. E no baloncesto, escoitamos a Moncho Fernández e a Álvaro Muñoz tralo Obradoiro 77-Granada 94 no Sar.
Galicia en goles 19-11-2023 19.11.2023 11:12:31
Comezamos o domingo coa vitoria do Celta Fortuna, 0-2, en Teruel; no baloncesto, o Obradoiro xoga en Manresa, o Ensino recibe o Gran Canaria e o Celta vai a Barcelona; e no fútbol sala temos derbi histórico O Castro-Burela. Pola tarde, narramos o Racing-Burgos na Malata e o 0-1 do Lugo en Sabadell.
Galicia en goles 18-11-2023 18.11.2023 7:59:52
A tarde comeza co tropezo do Deportivo en Tarazona, onde cedeu un empate no minuto 96. Pola contra, o Arenteiro puido co Cornellá, 1-0, no Espiñedo. Na Segunda Federación todo foron boas novas: gañaron o Compostela, o Coruxo e o Racing Vilalbés.
Galicia en goles 17-11-2023 17.11.2023 3:29:43
Medimos a febre polo Racing nunha sinatura de autógrafos con Álex López, Bernal e Carlos Vicente. No fútbol, conectamos tamén con Tarazona para saudar o presidente do club na véspera de recibir o Deportivo. No volei, escoitamos o adestrador do Emevé feminino, Pascual Saurín, e no fútbol sala, a Chipi, o técnico do Parrulo. E Wendy Rey, do Viravolta, danos a última hora da gala de ximnasia rítmica...
Galicia en goles 12-11-2023 12.11.2023 11:13:57
A xornada íntegra do domingo, cos partidos do Celta Fortuna e do Lugo na 1ª RFEF; os do Pontevedra e o Compos na 2ª RFEF; a vitoria do Dépor na liga feminina; balonmán co Cangas-Huesca no Gatañal e o triunfo do Obradoiro sobre o Baskonia, 108-95, despois de dúas prórrogas.
Galicia en goles 11-11-2023 11.11.2023 7:59:58
Empezamos o sábado coa 3ª e co partido do Ourense CF en Oira. Logo narramos o triunfo do Racing en Miranda, o 2-0 do Dépor en Riazor e o empate do Arenteiro no campo da Real B, ademais de estar pendentes do baloncesto co Breogán-Joventut.
Galicia en goles 10-11-2023 10.11.2023 3:29:58
O Celta vive outro drama no novo San Mamés. Despois de adiantarse por dúas veces no marcador e logo de que Iago Aspas, que marcara o seu primeiro gol da temporada, fallase un penalti, os de Benítez acaban perdendo 4-3 por mor doutro penalti no último minuto do tempo engadido.
Galicia en goles 05-11-2023 05.11.2023 11:15:25
Todas as retransmisións do domingo: comezamos ao mediodía cos partidos do Ourense CF e do Dépor feminino; seguimos co Porriño-Guardés do balonmán e o Racing-Andorra na Malata e, pola tarde, o Sestao-Celta Fortuna, o Real Unión-Deportivo e o Unionistas-Lugo.
Galicia en goles 04-11-2023 04.11.2023 8:59:57
Os partidos da tarde do sábado, empezando na Magdalena co Racing Vilalbés-Zamora, pasando por Baltar para contar o triunfo do InterRías, o Arenteiro-Fuenla dende o Espiñedo e, dende Balaídos, o empate do Celta nun partido que rematou cun penalti sinalado e logo anulado no tempo engadido.
Galicia en goles 03-11-2023 03.11.2023 3:30:01
Roberto Carlos Carballo preséntanos o menú máis completo das competicións da fin de semana, con especial atención ao Celta-Sevilla e ao Arenteiro-Fuenlabrada do sábado. Ademais, seguimos en directo os encontros que xogan os tres equipos da liga feminina de baloncesto: La Seu-Ensino, Uni Ferrol-Bembibre e Celta-Araski.
Galicia en goles 01-11-2023 01.11.2023 7:54:40
O mellor plan para un mércores de borrasca: oito horas de radio con todos os partidos da tarde dos equipos galegos na primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol, ademais das outras competicións deportivas deste 1 de novembro.
Galicia en goles 29-10-2023 29.10.2023 10:10:21
Empezamos antes do mediodía co regreso de Fran Justo ao Anxo Carro. Pola tarde, o gran partido da 1ª RFEF, Dépor-Gimnástic en Riazor e, na Segunda, no Sardinero, o choque dos Racing: R. Santander-R. Ferrol, ademais do baloncesto cos partidos do Celta e do Universitario de Ferrol.
Galicia en goles 28-10-2023 28.10.2023 8:59:58
No fútbol, especial atención ao Celta Fortuna-Sabadell e ao Arenteiro-Unionistas da 1ª RFEF e, por suposto, ao FC Barcelona-Real Madrid de 1º División. No baloncesto, seguimos os partidos do Breogán e do Obradoiro na 7ª xornada da liga ACB.
Galicia en goles 27-10-2023 27.10.2023 3:30:18
Transmisión íntegra do Girona-Celta con Roberto Carlos Carballo dende Montilivi e os comentarios do equipo de expertos dos Deportes da Galega.
Galicia en goles 22-10-2023 22.10.2023 11:09:22
A máis completa cobertura das competicións do domingo: empezamos co partido do Celta Fortuna ás 12h, logo o Racing-Eldense das 14h e, pola tarde, o Rayo Majadahonda-Lugo, os encontros da 2ª RFEF e da 3ª galega e o Cangas-Sinfín do balonmán.
Galicia en goles 21-10-2023 21.10.2023 8:59:57
O Galicia en Goles comeza as 15h para ir narrando as principais citas do sábado, con especial atención á 1ª RFEF, cos partidos do Deportivo e do Arenteiro, e a retransmisión dende Balaídos do Celta-Atlético da 1ª División, e tamén pendentes dos encontros do Obradoiro e do Breogán na ACB de baloncesto.
Galicia en goles 20-10-2023 20.10.2023 3:29:54
Roberto Carlos Carballo debulla unha completa previa dos partidos de fútbol máis salientables desta xornada: o Celta-Atlético de Madrid con Jorge Otero, o Racing-Eldense e a 1ª RFEF, con especial atención ao Sabadell-Deportivo, e tamén o derbi da 3ª en Ourense. Ademais, entrevista coa responsable da carreira Enki, no décimo aniversario desta proba benéfica.
Galicia en goles 16-10-2023 16.10.2023 2:29:54
A narración, en directo dende o Ciutat de València, do Levante-Racing, cunha previa moi especial na que temos en directo o ex capitán do Racing Pablo Rodríguez, agora no corpo técnico do Aston Villa, e o ex de Levante, Celta e Lugo, Juanfran García.
Galicia en goles 15-10-2023 15.10.2023 7:59:52
Empezamos pola mañá co partido do Deportivo na 1ª RFEF feminina e co Oviedo Vetusta-Coruxo. Despois, todo o deporte da tarde: o Breogán na ACB, o Emevé na Superliga Feminina de Voleibol e o encontro da selección masculina de fútbol en Oslo.
Galicia en goles 14-10-2023 14.10.2023 7:59:52
A visita a Barreiro do Irún de Fran Justo é o partido máis salientable dunha tarde de fútbol na que tamén temos encontros da 2ª e da 3ª RFEF, ademais de falar do circuíto Correndo pola Costa da Morte.
Galicia en goles 13-10-2023 13.10.2023 3:29:40
Juan del Arco, xogador do Balonmán Cangas, relátanos a complicada viaxe do equipo do Morrazo para o seu partido de Copa en Palma. Escoitamos as previas da fin de semana do fútbol, destacando o Espanyol-Deportivo Abanca da 1º RFEF feminina.
Galicia en goles 08-10-2023 08.10.2023 7:50:43
A maxia da radio lévanos a Balaídos, para o Celta-Getafe; á Malata, para o Racing-Cartagena; a Pamplona, para o Osasuna B-Lugo; e a Riazor, para o derbi Deportivo-Celta Fortuna; ademais de estar pendentes, claro, do resto das competicións da xornada.
Galicia en goles 07-10-2023 07.10.2023 8:59:58
Unha tarde completa de deporte coa 2ª RFEF, Ourense CF-Zamora e Fabril-Compostela; baloncesto, co Ensino-Estudiantes, o Uni Ferrol-Gernika e o Tenerife-Breogán; e balonmán, co Cangas-Anaitasuna.
Galicia en goles 06-10-2023 06.10.2023 3:59:52
Protagonismo para o baloncesto co inicio dunha nova temporada na LEB Ouro, na que compiten dous equipos galegos, o COB e o Basquet Coruña, que xoga xa o venres co Betis en Sevilla. No fútbol, analizamos os problemas do Celta nos últimos minutos e a previa do Arenteiro-Teruel do sábado.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.