AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 674 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles 17-01-2024 17.01.2024

O Celta prolonga na Copa da Rei as boas sensacións dos últimos partidos de Liga. Cun equipo con moitos suplentes habituais, os vigueses venceron en Mestalla 1-3, con dous goles de Douvikas e outro de calcaño de Luca de la Torre e unha granhde actuación dalgúns canteiráns.

Galicia en goles 14-01-2024 14.01.2024

Mal domingo para os galegos na Primeira Federación: o Celta Fortuna caeu na casa 0-1 co Nástic e o Deportivo perdeu 1-0 coa Cultutal, rival directo polo ascenso. No fútbol, narramos tamén a derrota do Compos en Santiago e escoitamos os adestradores do Pontevedra e do Coruxo. No baloncesto, o Celta superou 73-66 o Barcelona mentres que na ACB caeron o Breogán e o Obradoiro.

Galicia en goles 13-01-2024 13.01.2024

Empates galegos na 1ª e 2ª División: o Celta volveu cun punto de Palma, 1-1, e o Racing de Ferrol foi quen de igualar co Espanyol na Malata, 0-0. Na Primeira Federación, o Arenteiro superou o Barça B, 2-0, pero o CD Lugo sucumbiu en Tarazona, 1-0.

Galicia en goles 12-01-2024 12.01.2024

Gran noite para o baloncesto galego na LEB Ouro: o Basquet Coruña gañoulle 97-82 ao Melilla e certificou a clasificación para disputar a Copa da Raíña; e en Ourense o COB superou 99-77 ao Valladolid. No fútbol, as previas da xornada e entrevista co central do Deportivo Pablo Martínez.

Galicia en goles 07-01-2024 07.01.2024

Domingo de Copa do Rei de fútbol: o Celta pasa a oitavos ao gañar 2-4 en Amorebieta e o Racing perde co 1-2 Sevilla condicionado pola expulsión de Manzanara. A xornada de 2ª e 3ª RFEF e, no baloncesto, o Breogán pode co Granada, 85-79, e o Obra leva o Barça á prórroga no Palau, 92-90.

Galicia en goles 06-01-2024 06.01.2024

O Anxo Carro celebrou o día de Reis coa visita do Atlético de Madrid, que acabou impoñendo o seu potencial ante o CD Lugo. na Copa En Oira, o Ourense CF regalouse unha vitoria sobre o Avilés para se colocar líder da 2ª RFEF. E estivemos en Corme na homenaxe ao árbitro falecido Lucas Vidal, coa familia, xogadores e outros colexiados.

Galicia en goles 05-01-2024 05.01.2024

Fin de semana... de Copa. O Racing recibirá o Sevilla en Ferrol e o Lugo nada menos que o Atlético de Madrid mentres que o Celta, que xogará en Amorebieta, presentou xa a Jailson. No fútbol, ademais, falamos co adestrador do Ourense CF, que aspira a ser líder na Segunda Federación, e no baloncesto escoitamos a Lino López, o técnico do Uni Ferrol.

Galicia en goles 04-01-2024 04.01.2024

Comezamos na Sede do RC Celta trala presentación do mexicano Marco Garcés como novo director deportivo do club. E logo imos en directo a Riazor para narrar integramente o Deportivo 2-Real Sociedad B 1 que pecha a xornada 18 na 1ª RFEF.

Galicia en goles 21-12-2023 21.12.2023

Especial Galicia en goles pola transmisión do Valladolid-Racing, partido da última xornada da primeira volta en Segunda División. Os verdes, noutra exhibición de fútbol, venceron 0-1 cun gol de Álvaro Jiménez e chegan ao Nadal como subcampións de inverno.

Galicia en goles 20-10-2023 20.12.2023

O RC pecha o ano do Centenario en posto de descenso e con sensacións moi preocupantes. Os de Benítez caeron 3-2 no campo do Villarreal por culpa, sobre todo, dunha moi mala primeira metade e chegaron a ir perdendo 3-0 despois do descanso. A reacción no segundo tempo non foi dabondo.

Galicia en goles 17-12-2023 17.12.2023

Domingo cargadísimo de deporte: o Barcelona-Uni Ferrol do baloncesto, a vitoria do Celta Fortuna en Fuenlabrada, o derbi Arenteiro-Deportivo, o Breogán-Murcia da ACB, o Pontevedra-Fabril da 2ª RFEF e o triunfo do Racing, 3-1, sobre o Tenerife na Segunda División.

Galicia en goles 16-12-2023 16.12.2023

O Celta vence 1-0 ao Granada, rival directo pola salvación, conseguindo o primeiro triunfo na casa e o segundo en 17 xornadas de Liga. Na 1ª RFEF, o Lugo volve se nada de Cornellá, 1-0; e na Terceira imos ao Couto para o UD Ourense-Bergantiños e a Bouzas para o Rápido-Estradense. E pechamos a tarde co baloncesto, narrando o igualado Obradoiro-Real Madrid no Sar.

Galicia en goles 15-12-2023 15.12.2023

Comezamos no pazo dos deportes de Riazor conversando con Fernando Romay e con Ricardo Aldrey despois do partido solidario de lendas selección galega-Real Madrid. No fútbol, o ex adestrador do Granada Fabri González analiza a visita dos nazarís a Balaídos e saudamos a Argimiro Marnotes antes do Arenteiro-Dépor. Ademais, no atletismo conectamos co Porto do Son para coñecer as novidades da carreira S...

Galicia en goles 11-12-2023 11.12.2023

Retransmisión dende o estadio de Vallecas do Rayo-Celta da 16ª xornada da Primeira División. Os vigueses, practicamente nulos en ataque, foron quen de manter outra vez a portería a cero e volven de Madrid cun punto.

Galicia en goles 10-12-2023 10.12.2023

Intenso domingo de competicións: pola mañá os partidos da 2ª RFEF do Compostela e do Racing Vilalbés máis o Joventut-Obradoiro da ACB de baloncesto. E continuamos á tarde con tres choques da 1ª RFEF, Dépor-Sestao, Lugo-Barça B e Majadahonda-Arenteiro, para pechar coa derrota do Racing 1-0 na súa visita ao Huesca na Segunda División.

Galicia en goles 09-12-2023 09.12.2023

Tarde do sábado repleta de competicións: fútbol co Celta B-Cultural na 1ª RFEF e co Ourense CF-Pontevedra na 2ª RFEF; baloncesto co Bilbao-Breogán, o derbi Uni Ferrol-Ensino e o Celta-Girona; balonmán co Cangas-Torrelavega e fútbol sala coa gran vitoria do Noia diante do Inter.

Galicia en goles 08-12-2023 08.12.2023

O que foi centrocampista do Celta e do Rayo Vallecano, Roberto Trashaorras, debúllanos o partido que os vigueses xogarán en Madrid. Na Segunda División, conversamos con Diego Rivas, ex porteiro do Racing de Ferrol e agora preparador no Arenteiro. e tamén saudamos o adestrador do Ourense CF, Rubén Domínguez, antes do derbi da Segunda RFEF co Pontevedra.

Galicia en goles 07-12-2023 07.12.2023

Especial Galicia en goles polos partidos da segunda eliminatoria da Copa do Rei de fútbol: o Racing de Ferrol venceu na Malata 1-0 ao Leganés, líder da Segunda División, e o Celta sufriu para gañar 1-2 no campo do Sestao, equipo da 1ª RFEF, grazas a un rigoroso penalti sinalado no treito final do partido.

Galicia en goles 06-12-2023 06.12.2023

A narración íntegra das tres eliminatorias da segunda rolda da Copa do Rei de fútbol que xogan este mércores equipos galegos: o Dépor perdeu no último instante da prórroga co Tenerife (2-3), o Arenteiro foi superado polo Burgos (1-3) pero o Lugo venceu un conxunto de Segunda, o Mirandés (2-0). Ademais, conectamos co baloncesto para ir seguindo o partido da Liga de Campións do Breogán en Turquía.

Galicia en goles 05-12-2023 05.12.2023

Retransmisión especial dende A Lomba polo Arosa-Valencia da segunda eliminatoria da Copa do Rei de fútbol. O equipo de Primeira adiantouse no minuto 8 pero logo o Arosa tivo varias ocasións claras para facer gol e a escadra de Rubén Baraja acabou pedindo a hora ante un conxunto de Terceira RFEF.

Galicia en goles 04-12-2023 04.12.2023

Especial Galicia en goles polo partido da 15ª xornada de liga de Primeira División entre o RC Celta e o Cádiz no estadio de Balaídos. Os andaluces adiantáronse no minuto 16 noutro erro da defensa do Celta pero logo sufriron unha expulsión rigorosa. E aínda xogando en superioridade máis dunha hora os de Benítez só foron quen de sacar un empate, 1-1.

Galicia en goles 03-12-2023 03.12.2023

Domingo de chuvia de goles na Malata, Racing 5-Albacete 4, e tres triunfos galegos na 1ª RFEF: o Dépor remonta no engadido en Barcelona, o Celta Fortuna vence nas Gaunas e o Arenteiro supera 2-0 o Sabadell. E no derbi da 2ª RFEF, 3-0 para o Pontevedra diante do Compostela. No baloncesto, o Real Madrid de Musa esmaga o Breogán e o Ensino malla no Barça, 85-60.

Galicia en goles 02-12-2023 02.12.2023

O sábado comezou con ledicia, a que nos trouxo o Lugo ao gañar 0-1 en Sestao con outro gol de Willy Ledesma. No fútbol, contamos tamén o derbi da 2º RFEF, Coruxo-Ourense CF, e a vitoria do Arosa ante a UD Ourense antes de recibir o Valencia na Copa. E no baloncesto, outras dúas alegrías: o Obradoiro impúxose 87-92 en Tenerife e o Celta superou 67-80 ao Gran Canaria.

Galicia en goles 01-12-2023 01.12.2023

Teresa Abelleira tivo a súa merecida homenaxe en Pontevedra e as campioas do Mundo de fútbol conseguiron a clasificación para a semifinal da Liga de Nacións malia perder 2-3 con Italia. Nun caos difícil de entender, España iniciou o segundo tempo con só nove xogadoras preparadas. Ademais, Paco Santos repasa a actualidade do resto do fútbol galego con especial atención á Segunda División e á 1ª RFE...

Galicia en goles 26-11-2023 26.11.2023

Un moi discutible penalti con expulsión frea o Racing cando gañaba 0-2 en Leganés. Na 1ª RFEF, narramos dende Riazor outro tropezo do Deportivo e a derrota do Celta Fortuna na casa. E, mentres, pendente do Breogán na ACB e do partido do Universitario de Ferrol.

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.