AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en Goles especial xoves santo 17-04-2025 17.04.2025
Galicia en goles Fin de semana 13-04-2025 13.04.2025

O domingo futbolístico comenzou da pior maneira coa derrota abultada do Lugo en Irún que coloca aos da Muralla en postos de descenso a 1ª RFEF. Unha categoría á que regresará o Pontevedra se gaña o vindeiro domingo ao Laredo en Pasarón, logo da vitoria dos granates en Salamanca. O gran partido da xornada desputouse en Anduve e rematou con empate a dous goles entre Mirandés e Deportivo.

Galicia en goles Fin de semana 12-04-2025 12.04.2025

Este sábado o fútbol galego non tivo moita fortuna, con derrotas do Celta ante o Espanyol, a do Racing de Ferrol en Oviedo e do Bergantiños na casa. Mentres que o Fabril empataba en inferioridade en LLanera, a gran nova chegaba en Laredo, co triunfo do Compostela. No fútbol feminino o Deportivo conseguiu un importante triunfo de cara a salvacion ante o Badalona mentres que no polideportivo o Breog...

Galicia en goles venres 11-04-2025 11.04.2025

Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevista a Fredi Bea, Berto Osorio, Carlos Álvarez, Iago Rodríguez, Iván Sangiao, Jose Carlos Martínez Rodríguez, Dani Portela, Muniti e Cabrejo.

Galicia en Goles especial Elx 1-0 Racing de Ferrol 07-04-2025 07.04.2025

Encontro de liga entre o Elche e o Racing de Ferrol con Raúl Villares e Ángel García. Presentou Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 06-04-2025 06.04.2025

Este domingo o Galicia en Goles arrincou en Baiona coa VigBay e a xornada de baloncesto na 1Feb. Pola tarde o máis destacado foi a vitoria do Deportivo en Riazor ante o Cádiz, que sitúa aos coruñeses a 6 puntos dos playoff. Tamén houbo boas novas no fútbol da federación, coas vitorias de Ourense CF, Pontevedra e Compostela. Na ACB, nova derrota do Leyma Coruña, desta vez en Málaga.

Galicia en goles Fin de semana 05-04-2025 05.04.2025

Este sábado o Galicia en Goles vibrou co Celta e a súa remonta en Son Moix, o que lle permite seguir soñando coa clasificación para postos europeos. Tamén contaron o triunfo do Fabril no derbi ante o Bergantiños, a derrota do Arenteiro en León e o triunfo do Uni Ferrol noutro derbi ante o Celta

Galicia en goles venres 04-04-2025 04.04.2025

No Galicia en Goles deste venres o prato forte foi o encontro desputado en Vigo entre os filiais de Celta e Barcelona, con triunfo olívico que o alonxa dos postos de descenso. Así mesmo, analizaron a intensa xornada deportiva desta fin de semana.

Galicia en Goles especial Celta 1-1 Las Palmas 31.03.2025

Protagonistas do encontro. Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Moncho Carnero e Arbi que pitas. Presenta Paco Santos. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 30-03-2025 30.03.2025

A gran nova do deporte galego chegou no Pazo provincial dos deportes de Lugo, coa gran vitoria do Breogán ante Baskonia, que lle permite conseguir a permanencia de maneira virtual. No fútbol o Celta Fortuna levou o derbi do Espiñedo e na 2ª RFEF Bergantiños e Pontevedra firmaron táboas.

Galicia en goles Fin de semana 29-03-2025 29.03.2025

Un gol de Yeremay deulle a vitoria ao Deportivo ante o Rácing de Ferrol no derbi desputado na Malata. No outro derbi da xornada de 1ª RFEF o Ourense CF asaltou o Anxo Carro. No polideportivo o Porriño fixo historia coa súa clasificación para a final da European Cup e o Básquet Coruña perde opcións de permanencia na Liga ACB trala derrota no Coliseum ante Girona.

Galicia en goles venres 28-03-2025 28.03.2025

Este venres o Galicia en Goles centrou a súa atención no encontro da 1ª FEB que enfrontou ao Obradoiro co Castelló e que rematou con malleira santiaguesa. Ademáis houbo tempo para analizar a intensa e extensa xornada deportiva galega desta fin de semana.

Galicia en goles Fin de semana 23-03-2025 23.03.2025

O Deportivo salvou un punto ante o colista en Riazor tras empatar a dous ante o Cartagena. Na 1ª RFEF venceron Lugo, Fortuna e Ourense CF e o Arenteiro empatou en Andorra. Na 2ª RFEF o Pontevedra é máis líder tras gañar ao Coruxo e a derrota do Numancia. No polideportivo o Porriño gañou por 3 tantos na ida das semifinais da European Cup.

Galicia en goles Fin de semana 22-03-2025 22.03.2025

Foi un sábado negro para os intereses do deporte galego. O Rácing de Ferrol segue en caída libre tras sufrir unha nova derrota en Málaga. Mesmas sensacións para un Básquet Coruña máis preto do descenso, no que mallou o Valencia. Para completar o pleno de derrotas galegas na Liga ACB o Breogán sucumbiu no Pazo ante un duro UCAM Murcia., A única boa nova chegou na 1ª Federación, coa vitoria do Obrad...

Galicia en goles venres 21-03-2025 21.03.2025

Betis - COB con Gonzalo Alonso. Rally da Coruña con Iago Gayoso. Previa da xornada dos equipos galegos. Presenta Paco Santos.

Galicia en Goles especial 19-03-2025 19.03.2025

Xornada adiada da Primeira e Segunda Federación. Celta Fortuna 1-2 Lugo con Gonzalo Alonso, Baltierra e Emilio González. Pontevedra 1-0 Numancia con Raúl Villares e Miguel Álvarez. Compostela 0-3 Fabril con Fer Romero. Declaracións dos protagonistas de todos os equipos ao remate dos enontros. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Castellón-Depor 17-03-2025 17.03.2025

Castellón - Deportivo con Javi Torres e Traba. Presenta Roberto Carlos Carballo.

Galicia en goles Fin de semana 16-03-2025 16.03.2025

O domingo tivo no Coliseum o gran evento deportivo en Galicia. Nun fermoso derbi na Liga ACB o Breogán deu un paso adiante cara a permanencia lastrando as opcións do Básquet Coruña. No fútbol a mellor nova foi o triunfo do Ourense CF. Na 2ª RFEF gañou o Fabril, perdeu o Pontevedra e no derbi do Vao o Coruxo dobregou ao Compostela

Galicia en goles Fin de semana 15-03-2025 15.03.2025

A maratoniana xornada sabatina tivo un álxido comezo coa dobre cita do fútbol profesional. O Celta sumou a segunda vitoria da temporada coma visitante en Valladolid e presenta a clara candidatura a loitar polos postos europeos. O Rácing de Ferrol trocou a dinámica de derrotas empatando a cero ante o Eibar. Na 1ª RFEF o Lugo derrotou ao Unionistas. Mentres no polideportivo o Porriño caeu nas semifi...

Galicia en goles venres 14-03-2025 14.03.2025

Celta Fortuna - Sestao con Roberto Carlos Carballo e Baltierra. Atlético Guardés - Beti Onak con Gonzalo Alonso. Post partido do Celta Fortuna con protagonistas. Previa da xornada dos equipos galegos con Raúl Villares e Emilio González. Presenta Paco Santos. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso. Redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 09-03-2025 09.03.2025

Non foi, en xeral, un bo domingo para o deporte galego. O Rácing de Ferrol volveu amosar a súa peor cara caendo en Granada por 3 a 0. Tamén perdeu claramente o Básquet Coruña en Manresa nunha mañá nefasta para o fútbol da federación, con derrotas de Lugo, Fortuna, Arenteiro, Fabril e Coruxo. Pola tarde chegou a mellor nova, coa vitoria do Pontevedra que é , de novo, líder do seu grupo da 2ª RFEF.

Galicia en goles Fin de semana 08-03-2025 08.03.2025

O Galicia en Goles comezou da mellor maneira posible, co triunfo do Celta ante o Leganés en Balaídos. Son tres puntos que axudan aos olívicos a poder soñar con loitar os postos europeos. A mala nova no equipo vigués chegou co equipo feminino, que caeu ante o Deportivo B no desconto. No baloncesto a gran vitoria do Breogán foi o punto final perfecto para o programa, tendo xa o equipo lucense pe e m...

Galicia en goles venres 07-03-2025 07.03.2025

O Deportivo rescata un punto fronte ao Córdoba en Riazor grazas a un tanto de Eddachouri no osegundo tempo. Ademais o Campionato Galego de Ralis abre o pano co Rali do Cocido, que se desputa esta fin de semana en Lalín

Galicia en Goles especial Racing-Burgos 05-03-2025 05.03.2025

Racing de Ferrol-Burgos narrado por Raúl Villares, Nesy Otero e Juancar Fernández. O Ensino-Gernika coa voz de Alfonso Pardo. Presentado por Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 02-03-2025 02.03.2025

Un gol de Ximo Navarro no desconto permitiulle ao Deportivo sumar a vitoria en Oviedo. Na 1ª RFEF o Fortuna empatou na casa e o Ourense CF asaltou Segovia. Todo isto aconteceu nunha xornada na que O Gran Camiño tivo moita importancia, coa desputa da quinta e última tirada con final en Compostela. No polideportivo Breogán e Cangas caeron nas súas citas ligueiras

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.