AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles Fin de semana 07-06-2025 07.06.2025

Co resto das competicións chegando ao seu fin, o Galicia en Goles centrou parte da súa atención no encontro de volta da fase galega de ascenso a 2ª RFEF. Coma na ida, gañou a Sarriana ao Estradense e o equipo lucense convértese no representante galego na final nacional. O Gran Premio Cantóns da Coruña de Marcha, o fútbol sala e o resto de resultados galegos tamén tiveron presenza na edición sabati...

Galicia en goles venres 06-06-2025 06.06.2025

Este venres Roberto Carlos Carballo analizou tódolos acontecementos que terán lugar en Galicia ou con equipos galegos en liza durante a fin de semana. Así mesmo contaron o pase do Liceo á final da OK liga tras vencer no 3º partido ao Reus.

Galicia en goles Fin de semana 01-06-2025 01.06.2025

O Deportivo da Coruña perdeu por cero goles a catro na derradeira xornada de liga regular en 2ª División. O Elx foi moi superior aos coruñeses e sumou tres puntos que lle permitiron ascender á máxima categoría do fútbol español. No polideportivo o Liceo sumou o segundo punto da eliminatoria de semifinais polo título tras derrotar ao Reus en Riazor por catro goles a cero.

Galicia en goles Fin de semana 31-05-2025 31.05.2025

Nun ambiente de reproche e enfado, a Malata despediu o fútbol profesional vendo como o Rácing de Ferrol repetía os erros comúns de toda a temporada e caía por cero a dous ante o Spórting. Tamén perdeu o Parrulo na volta das semifinais polo ascenso a Primeira División de fútbol sala. Foi tamén un sábado de copas, co triunfo do CD Barco na Copa Deputación e do PSG na final da Chámpions League, tras...

Galicia en goles venres 30-05-2025 30.05.2025

O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no adeus do Básquet Coruña á máxima categoría do baloncesto español, no partido no que caeu no Coliseum ante o Baskonia. Nesa última xornada da Liga regular o Breogán foi asoballado polo Valencia na cancha levantina. Asimesmo, o programa deportivo analizou a previa do deporte galego desta fin de semana.

Galicia en goles Fin de semana 25-05-2025 25.05.2025

O Galicia en Goles deste domingo tivo que estar moi pendente de Vigo e a festa que o celtismo ofreceu ao seu equipo pola clasificación Europea. Dende o Concello ata Praza América, a Radio Galega contou os festexos da afección celeste por esta clasificación para a Europa League. Na 2ª división o Deportivo caeu na Romareda por un gol a cero e suma tres derrotas consecutivas dende que asegurou a perm...

Galicia en goles Fin de semana 24-05-2025 24.05.2025

Oito anos despois o Celta volverá competir en Europa. O conxunto de Claudio Giráldez remontou no Coliseum para rematar gañando ao Xetafe e conseguir o billete para a Europa League. O emocionante partido, a festa posterior na localidade madrileña e a que se foi formando na cidade olívica foron o prato principal dun Galicia en Goles que tamén contou a última xornada da liga regular en 1ª RFEF, coa s...

Galicia en goles venres 23-05-2025 23.05.2025

Palencia - Obradoiro con Alfonso Pardo. Previa da xornada dos equipos galegos de fútbol con entrevista a Iago, vicepresidente da peña Morriña Celeste e con Anibal, Teniente Alcalde de Ourense. Previa do Albacete - Racing con Raúl Villares. Previa da xornada dos equipos galegos de baloncesto. Ciclismo con Andrés Vieites dende Friol. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Raúl Villares e Iago...

Galicia en goles Fin de semana 18-05-2025 18.05.2025

Celta - Raio Vallecano Racing de Ferrol - Cadiz. Obradoiro - Palencia. Festa das peñas do Celta.

Galicia en goles Fin de semana 17-05-2025 17.05.2025

Deportivo - Granada. Lugo - Zamora. UCAM Murcia - Fabril (fase de ascenso). Granada - Breogán. Basquet Coruña - Andorra.

Galicia en goles venres 16-05-2025 16.05.2025

Obradoiro - Palencia con Pardo e protagonistas dos encontro. Postpartido do Cangas - Granollers con Raúl Villares e entrevista a Nacho Moyano. Previa do Balonmán Porriño - Valur con Chicho Moldes dende Islandia. Previa do Estradense - Noia con entrevista a Jesús Figueroa. Previa do Lugo - Zamora con Emilio González. Previa do Arenteiro - Real Sociedad B con entrevista a Argimiro Marnotes. Previa D...

Galicia en Goles especial Real Sociedad-Celta 13-05-2025 13.05.2025

Real Sociedad-Celta con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Valtierra, Francisco Fernández e Xavi Rodríguez. Presenta Paco Santos.

Galicia en goles Fin de semana 11-05-2025 11.05.2025

O longo Galicia en Goles deste domingo contou a permanencia do Deportivo feminino na elite e o descenso do Básquet Coruña da Liga ACB tras caer en Bilbao. Foi na edición matinal, na que caeron o Fortuna e o Arenteiro en 1ª RFEF. A emoción viviuse na 3ª RFEF, coa última xornada da liga regular e co Noia como gran triunfador, ocupando a última praza de playoff de ascenso. Xa pola tarde o Clásico rem...

Galicia en goles Fin de semana 10-05-2025 10.05.2025

Cara e cruz para Celta e Deportivo na xornada sabatina. O conxunto olívico derrotou ao Sevilla por 3 a 2 nun partido no que xogou toda a segunda parte con dez futbolistas. Os vigueses continúan ocupando, a tres xornadas para o final, praza europea. Pola contra o Deportivo caeu por dous a un contra o Sporting e perde calquera opción matemática de playoff. O balonmán feminino tamen tivo especial pro...

Galicia en goles venres 09-05-2025 09.05.2025

O Obradoiro conseguiu na última xogada a vitoria en Burgos o que lle permitiu conseguir o factor pista de cara aos playoff de ascenso á Liga ACB. Pola contra o COB Ourense caeu en Donosti e remata a liga regular sen opcións de ascenso.

Galicia en goles Fin de semana 04-05-2025 04.05.2025

O Galicia en Goles deste domingo centrou a súa edición matinal no fútbol da RFEF, coa goleada colleitada polo Lugo ante o Barça B que provocou a destitución do adestrador Toni Seligrat. Tamén contaron a última xornada da 2ª RFEF, en horario unificado. Houbo unha de cal e unha de area para o fútbol galego: a clasificación para os playoff do Fabril e o descenso do Compostela a terceira división. Xa...

Galicia en goles Fin de semana 03-05-2025 03.05.2025

O sábado deportivo galego estivo marcado polo baloncesto, co triunfo do Breogán incontedstable ante Manresa e do Ourense ante o Valladolid na 1ª FEB. Nesta categoría o Obradoiro caeu na casa ante Guipúzkoa. No fútbol o Arenteiro empatou a un gol no Espiñedo ante o Zamora e case certifica a permanencia na 1ª RFEF, na que segue crecendo o Ourense CF, que derrotou ao líder, a Cultural Leonesa por un...

Galicia en goles venres 02-05-2025 02.05.2025

Previa da xornada dos equipos galegos con entrevistas a Abrahan García, ex adestrador do Madrid Castilla, Rubén de la Brrera, ex adestrador do Dépor, Manolo García, ex adestrador do Racing, Javi Fernández, adestrador do Coruxo, Javi Quiroga, director deportivo do Ourense C.F David Ferreiro, xogador do Arenteiro e Manolo Abalo, presidente do Arousa. Copa da Raíña de fútbol sala con entrevistas a Ch...

Galicia en Goles especial baloncesto 30-04-2025 30.04.2025

Zaragoza-Básquet Coruña con Andrés Vieites. Presenta Roberto Carlos Carballo. Maradores: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 27-04-2025 27.04.2025

O Galicia en Goles deste domingo arrincou coa sufrida igualada do Ourense CF en Sestao que o achega á salvación. Ademais, en horario unificado, tivo lugar a penúltima xornada na 2ª RFEF. O Fabril deu un paso de xigante para estar nos playoff de ascenso mentres que o Compostela caeu en Ávila e complica a súa permanencia. Xa pola tarde o prato forte estivo no Sardinero, onde o Deportivo, tras nove x...

Galicia en goles Fin de semana 26-04-2025 26.04.2025

Este sábado o Galicia en Goles alongou a súa programación ata a unha da mañanciña por mor do tempo extra co que contou a final de Copa do Rei que se desputou na Cartuja e na que venceu o Barcelona por tres goles a dous ao Real Madrid. Anteriormente dende o Espiñedo., Raúl Villares e Roberto Carlos Carballo contaron o triunfo do Arenteiro ao Lugo no derbi da 1ª RFEF. A parte negativa chegou no balo...

Galicia en goles venres 25-04-2025 25.04.2025

A polémica da final de Copa, a Romaría Celeste e a previa dos partidos dos conxuntos galegos foron os temas protagonistas do fútbol no Galicia en Goles deste venres. Tamén contou Roberto Carlos Carballo con persoeiros para falar de peculiares e diferentes eventos como o croquet, o pickleball, a billarda ou a copa de España de descenso en bicicleta.

Galicia en goles Fin de semana 20-04-2025 20.04.2025

A temporada deportiva está rematando e chega o momento de festexar éxitos ou chorar fracasos. No fútbol Potevedra e UD Ourense tocaron a gloria e ascenderon a 1ª RFEF e 2ª RFEF respectivamente. Na 2ª división o Deportivo non pasou do empate a cero ante o Tenerife. Outra boa nova chegou no baloncesto coa vitoria do Breogán que certifica a permanencia na Liga ACB.

Galicia en goles Fin de semana 19-04-2025 19.04.2025

O encontro de Monjuic entre Barcelona e Celta estivo marcado pola polémica arbitral e a remonta dos culés a un equipo vigués que se chegou a poñer por diante 1 a 3 e rematou sucumbindo cun gol de penalti asubiado polo VAR no tempo extra. Mellor sorte correu o Rácing de Ferrol que regresou á vitoria coma local moitos meses despois ante o Eldense. Tamén voltou gañar o Básquet Coruña nun agónico part...

Galicia en goles venres 18-04-2025 18.04.2025

O Galicia en Goles deste Venres Santo tivo como protagonista á 1ª RFEF e o encontro que desputaron Unionistas e Arenteiro, con empate a cero final. Ademais atenderon aos encontros dos conxuntos galegos para esta fin de semana en tódalas disciplinas deportivas.

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.