AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cen anos dos grandes voos da aviación española 22.04.2026 11:42
Canda Moncho Lemos falamos co tenente coronel Marcelino Sempere Doménech, que esta tarde dá unha conferencia en Santiago sobre o centenario dos grandes voos da aviación española, nos que salientan os efectuados polo pioneiro galego Joaquín Loriga e a Escuadrilla Elcano.
Portosanto 21.04.2026 10:01
Carlos Crespo tráenos a Portosanto, un grupo novo formado por Anaís, Andrés, Nuno (tamén Grande Amore), Simón e Xoel, é dicir, os mesmos integrantes da desaparecida banda Oh! Ayatollah. Mañá publican o álbum ‘Ten que haber un sitio para nós’ con Ernie Records. O sábado estarán en Pontevedra, no festival Galegote.
'Pero no pintar' 21.04.2026 8:36
Mónica Maneiro analiza a mostra 'Pero no pintar' do artista ferrolán Juan López. A exposición pode visitarse na galería Nordés da Coruña ata o 2 de maio.
A penaltis 21-04-2026 21.04.2026 2:00:56
Que sensación deixa o triunfo do Deportivo ante o Mirandés?. Con Álvaro Santos, do Peñafiel, Carlos Alonso, do Coruxo e Pablo Iglesias, pichichi do Chantada, que vén de ascender a Preferente.
'Virxinia e Castelao', 'Fauna' e 'A miña sombra' 20.04.2026 11:06
Andrea Jamardo tráenos ‘Virxinia e Castelao’, de Diego Bará, na colección Miudiños de Edicións do Cumio. Trátase dun álbum ilustrado que achega aos lectores máis novos á vida de Virxinia Pereira e Daniel Rodríguez Castelao, dúas figuras fundamentais da historia e da cultura galegas. Tamén a banda deseñada ‘Fauna’, de Iago Fernández e Damián Gómez, na colección Galopín de Antela Editorial. Un futur...
Galicia en xogo motor 19-04-2026 19.04.2026 30:57
Tódolos protagonistas da segunda cita do CGR
Diario cultural fin de semana 18-04-2026 18.04.2026 56:55
Conversamos con Ugía Pedreira sobre o seu docudisco "Basal", un achegamento ao universo creativo da artista no que adquire protagonismo a relación coa súa filla, que ten parálise cerebral, e o patrimonio sonoro e físico da súa Mariña natal. Pedro Reboleiro fálanos de "Sen patrón", malabares e humor da man da compañía Pista 4. Escoitamos "Un saber", o disco no que o tr...
Expreso de medianoite 3-10-2010 17.04.2026 1:48:46
Unha viaxe con Diego Ameixeiras para falar da súa nova novela, "Asasinato no Consello Nacional". A Orde de Malta en Galicia. Conversa con Fernando Abreu, do Cuarteto Caramuxo, sobre o seu novo disco "Tiruriru". Parada teatral no Festival de Galicreques e outras propostas escénicas.
Expreso de medianoite 2-10-2010 17.04.2026 1:50:48
Viaxe pola cinema con Enrique Nicanor, coordinador do Festival de Cine de Ourense. Tamén as estreas de carteleira e todas as citas de ocio e cultura. Última parada do tren para camiñar pola terra de Costa de Marfil.
Expreso de medianoite 26-09-2010 17.04.2026 1:48:54
Conversa co director Juan Pinzás, que vén de estrear a súa nova película "As imaxes perdidas". Bota a andar en Galicia o novo selo discográfico "Matapadre" cun traballo do Colectivo Oruga. Parada na tese sobre a autoría feminina das Cantigas de Amigo. Percorrido polo mundo das artes escénicas coa nova proposta de Carlos Blanco, "Orden e progreso". Debate sobre a decis...
Expreso de medianoite 25-09-2010 17.04.2026 1:49:24
Primeira parada no Festival de cine de autor de Lugo. Sarabela Teatro representa en Ourense "O incerto señor don Hamblet", de Álvaro Cunqueiro. Percorrido do Expreso pola terra de Chile.
Andando a Terra 25-07-2010 17.04.2026 1:47:48
Arxentina, a quinta provincia galega.
Andando a Terra 18-07-2010 17.04.2026 1:53:27
Andando a Terra descubre Albania e a súa historia Na segunda hora o camiño pasa por Australia, o país das segundas oportunidades.
Club Cultura 17-07-2010 17.04.2026 1:54:23
A Galicia mariñeira celebra as festas do Carme. Paradas na Mostra Internacional de teatro de Ribadavia e no Certame de Graffiti de Lugo. O camiño portugués pasa polo certame "Cultura quente" de Caldas. Achegamos una revisión da variada oferta do festival "Via Stellae", que multiplica concertos por todo o país, e tamén do "Pontejazz", a cita co blues e o jazz de Pontev...
‘Minor inter partes’ 17.04.2026 10:52
Afonso Becerra comenta ‘Minor inter partes’, de Teatro Ensalle, con dirección de Pedro Fresneda e Juan Navarro. Trátase dunha proposta innovadora da que o público fai parte de xeito natural. Tamén nos propón o Primavera en Danza de Carballo.
'Landa' e 'La mujer más rica del mundo' 16.04.2026 8:28
Moncho Lemos recomenda o documental ‘Landa’, dirixido por Gracia Querejeta e Miguel Olid, e a película ‘La mujer más rica del mundo’, de Thierry Klifa. A fita está inspirada en Liliane Bettencourt, a herdeira de L'Oréal e protagonista na súa senectude dun dos escándalos máis célebres de Francia.
A penaltis 16-04-2026 16.04.2026 2:00:56
Novidades no Deportido. O post do Celta-Friburgo, con Raúl Blanco, canterán celeste do Alcorcón e curmán de Iago Aspas, Migui Fernández, da U.D. Ourense e Cheri, do Ribadumia.
'As humidades' 15.04.2026 13:14
Malores Villanueva comenta ‘As Humidades’, a estrea literaria de Alba Tomé, finalista do premio Illa Nova de Narrativa 2025.
Tapa d'Orella 14.04.2026 15:58
Carlos Crespo tráenos a Tapa D’Orella, o novo proxecto musical de Willow GHZ e Pappaquino, que mestura música urbana, electrónica e unha estética moi ligada á cultura dixital do noso país. O dúo vén de publicar o seu segundo sinxelo, ‘Punto de Mira’.
'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ' 14.04.2026 8:50
Mónica Maneiro comenta a exposición fotográfica 'A natureza das cousas. CHEMA MADOZ', comisariada por Oliva María Rubio na sede de Afundación en Santiago de Compostela. Ata o 29 de agosto.
A penaltis 14-04-2026 14.04.2026 2:00:39
O Deportivo galeguizará o seu nome. Hoxe acompáñanos o adestrador do Fabril-Deportivo, Manuel Pablo. Tamén con Fran Justo, Ander Vidorreta, do Pontevedra e Dani Pedrosa vs Áled Cabarcos na previa do Estradense-Somozas
Pantasmas e parchís 13.04.2026 13:03
Andrea Jamardo tráenos hoxe dúas propostas: a novela ‘Pantasmadas’, de Andrea García Martínez. De nove anos en diante, en Edicións Xerais; e o álbum ilustrado de primeiras lecturas: ‘ Parchís’, de María Girón. Traducido ao galego por Iago Nicolás para Kalandraka
A penaltis 13-04-2026 13.04.2026 2:00:58
A derrota do Celta e o empate do Deportivo con David Rochel, canteirán deportivista e ídolo en Tailandia como xogador, Sergio Benito, do Ourense CF e David Rosón, do Compostela.
Galicia en xogo motor 12-04-2026 12.04.2026 30:55
Na edición do motor deste domingo conversaron co piloto de montaña lucense José Antonio Alonso Liste sobre o seu novo proxecto para esta temporada. Tamén recibiron as experiencias de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro dende Nova Zelandia, trala primeira proba do Campionato Asia Pacífico.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.