AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2301 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

XXII Festival Isto Ferve 2026 01.05.2026

Afonso Becerra fálanos do festival Isto Ferve 2026, no Ensalle de Vigo, con tres propostas arredor do tempo: Frágil, da Compañía Nómada; Tiempo muerto, de Rubén Ramos Nogueira; e Un sublime error, de Needcompany

'El diablo viste de Prada 2' 30.04.2026

Moncho Lemos comenta ‘El diablo viste de Prada 2’, de David Frankel. E reflexiona sobre o biopic de Michael Jackson

De Nuno Pico a Tori Amos 30.04.2026

Tito Lesende pica música de Portosanto, Rodrigo Cuevas, Dani Cornes e Tori Amos..

A penaltis 30-04-2026 30.04.2026

Fran Cañotas e Antonio Mosquera

'Syra Alonso, Diarios (1938-1945)' 29.04.2026

Malores Villanueva comenta a reedición de 'Syra Alonso, Diarios (1938-1945)', con textos inéditos da autora. O libro é unha crónica da represión franquista en Galicia e da propia vivencia de Syra durante a detención e asesinato do seu marido, o pintor Francisco Miguel. Tamén nos leva aos anos do exilio mexicano canda os tres meniños da parella. Está publicado por Alvarellos Editora e tra...

A penaltis 29-04-2026 29.04.2026

Repaso a todo o fútbol galego, pero cun ollo na Champions. Na compaña de Fernando Seoane, unha lenda do C.D. Lugo, Raúl Gómez, do Estradense e Manu Blanco, do Atlético Arnoia.

Alddara 28.04.2026

Carlos Crespo tráenos a Alddara, que nas súas propias palabras fai música urbana chill. Acaba de sacar o seu primeiro EP: "Dous Ceos".

‘Aventura da mirada’ 28.04.2026

Mónica Maneiro comenta ‘Aventura da mirada’, de Antón Patiño, que pode visitarse na galería Luisa Pita, en Santiago. A exposición reúne 17 pinturas sobre tea realizadas entre 2023 e 2026.

A penaltis 28-04-2026 28.04.2026

Cal foi a decisión arbitral que máis prexudicou ao Celta e ao Dépor esta tempada?. Con Alain Ribeiro, do Pontevedra, José Hevia, porteiro do Atlético Arteixo e Dani "Búfalo", do Verín, líder na Primeira Futgal

'Reencontros' e 'Versos e lúas' 27.04.2026

Andrea Jamardo fálanos da reedición de ‘Reeencontro’, de Fred Uhlman. En Editorial Galaxia. Unha novela clásica para público adolescente ambientada na Alemaña nazi. Tamén de "Versos e Lúas", un poemario de Rochi Nóvoa con ilustracións de Xosé Eladio . Para sete anos en diante en Edicións e Producións Fetiche.

A penaltis 27-04-2026 27.04.2026
Diario cultural fin de semana 25-04-2026 25.04.2026

Fran Alonso abrenos as páxinas da súa novela "Cáncara" a súa peculiar visión dun suceso ocorrido hai máis de corenta anos en Baiona, a detención dunha vaca. O escultor cambadés Manolo Paz lévanos a súa exposición en Nova Iork. Conversamos co coordenador do IV Curso de Música Medieval de Lugo, Francisco Luengo. Imos de "Tertulia" con María e Sara, as Fillas de Cassandra. Belén R...

Expreso de medianoite 17-10-2010 24.04.2026

Primeira parada no son do Compostela Organum Festival. A viaxe continúa polas posibilidades e limitacións do software desde unha perspectiva de xénero nas xornadas "Xeneratec" que se celebran na Coruña e Vigo. O Festival Internacional de Teatro de Carballo estrea "Un cráneo furado", montaxe da compañía Excéntrica Produccións.

Expreso de medianoite 16-10-2010 24.04.2026

O primeiro destino é o Festival Galego de Cabaré na Coruña. Lembranza da figura de Suso Díaz, integrante de Sarabela Teatro e fundador de "La Imagina Machina". O crítico de cinema Eloy Domínguez Serén, na clausura do Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges. Na segunda hora, una viaxe a Costa Rica.

Expreso de medianoite 10-10-2010 24.04.2026

Parada na estación do cinema en compaña da realizadora Alexia Muiños. Exposición en Pontevedra "O galego tamén noutros mundos". Compostela celebra o Congreso de Astronomía aberto no marco do Observatorio Ramón María Aller, con conferencias e talleres prácticos baixo o lema "Astronomía para todos os públicos". Detémonos para coñecer o Atlas Histórico Ilustrado de Compostela. O C...

Expreso de medianoite 9-10-2010 24.04.2026

Teatro, música e cinema. Parada na XIX edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. A música do acordeonista afincado en Nova Iork, Victor Prieto Trío, percorre a súa Galicia natal para presentar o seu último traballo no que o acompaña o saxofonista Chris Cheek. O crítico de cinema Eloy Domínguez Serén presenta o catálogo do Festival de Sitges. Na segunda hora o Expreso fai una...

Andando a Terra 8-08-2010 24.04.2026

Andando a Terra visita a multiculturalidade de Brasil.

Andando a Terra 1-08-2010 24.04.2026

Unha viaxe polo Cáucaso: Azerbaixán. Na segunda hora o embaixador belga en Lisboa, Jean-Michel Veranneman de Watervliet, descúbrenos Bélxica.

Club Cultura 7-08-2010 24.04.2026

"A festa dos mundos" a proposta musical máis mestiza do Xacobeo. A feira e festa da música e a arte no "Festival de Pardiñas". A historia do bispo guerreiro na banda deseñada en "Cresconio. A derradeira batalla vikinga". Novidades da feira do libro da Coruña e tempo para as risas no festival "Manicómicos". A sabedoría popular no "Filandón de Músicas do...

Club Cultura 31-07-2010 24.04.2026

Ribadeo celebra a VI edición de "OfestivalOn", o certame internacional de curtametraxes. Concerto de Guadi Galego no "Festival de Músicas do Mundo" que se celebra na cidade portuguesa de Sines- Novidades editoriais na Feira do Libro da Coruña. Axenda de concertos do "Xacobeo Clasics". Propostas musicais de "Tangobar" e o tempo de lectura para a novela Herba...

’Bérénice’ 24.04.2026

Afonso Becerra regresa fascinado de Porto, onde asistiu á representación da ’Bérénice’ de Romeo Castellucci, protagonizada por Isabelle Huppert.

'Michael' 23.04.2026

Moncho Lemos comenta ‘Michael’, de Antoine Fuqua, un biopic amable sobre Michael Jackson.

De Carlangas a The Long Ryders 23.04.2026

Tito Lesende pica o novo de Carlangas e Néboa. E das citas máis inmediatas, a Antía Muíño e The Long Ryders.

A penaltis 23-04-2026 23.04.2026

Comentamos a actualidade de Celta e Depor con Alberto Blanco e Dani Cabo. Entrevistamos o galego Hugo Matos, que agora xoga no Numancia, e a Alex Rey, do Arousa. Celebramos o ascenso a terceira do Lalín con manu Vilariño.

'Cáncara' 22.04.2026

Malores Villanueva fálanos de ‘Cáncara’, de Fran Alonso en Xerais Narrativa. A novela crea unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística para reflexionar sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.