AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2301 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural fin de semana 11-04-2026 11.04.2026

Percorremos con Chus Busto a exposición no Auditorio de Galicia da obra gráfica reunida no libro "Antifémina", de Isabel Esteva, Colita. A artista plástica Alba Troitiño lévanos a súa mostra "Pasen y vean", que se pode ver na Galería Dupla de Santiago. Exploramos o Festival Isto Ferve coa programadora do Teatro Ensalle de Vigo, Raquel Hernández, e falamos co director dunha das...

Andando a Terra 4-07-2010 10.04.2026

Andando a Terra visita Angola, un país con moitos países por descubrir.

Club Cultura 10-07-2010 10.04.2026

Música e arte no "Via Stellae" de Vigo. Festival de Rock and Roll da Estrada. Festival do Mundo Celta de Ortigueira. "Zuma, embaixador do Sol", a película de Lois Patiño no festival de cinema documental de Estonia.

Expreso de medianoite 11-09-2010 10.04.2026

A tradición oral fala do demo. Parada na estación do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea e outras citas relacionadas coa cultura e o ocio.

Club Cultura 3-07-2010 10.04.2026

Festival do Camiño en Palas de Reis. A arte en "Vigo Transforma". Clausura do festival de Jazz "Imaxina Sons"

Expreso de medianoite 12-09-2010 10.04.2026

O cinema de Manana Rodríguez. O curso sobre viaxes e viaxeiros da Fundación Vicente Risco. Parada en Santiago de Chile. Camiño ao Festival Repercusión de Allariz

Expreso de medianoite 19-09-2010 10.04.2026

Unha viaxe diferente e plural á fotografía, o teatro e a literatura. Parada polo Ártico e o Antártico. "Branco" é a novela de Manuel Darriba. As cores do Congreso Iberoamericano de Pedagoxía Teatral. Curso de novos feminismos na Universidade da Coruña, "A cuestión de xénero no século XXI, teoría e prácticas heterodoxas".

Andando a Terra 11-07-2010 10.04.2026

Andando a Terra na Alemaña que cumpre 20 anos da súa reunificación. Alxeria, xerme da humanidade.

Estrea do documental 'Begoña Caamaño: navegar no pracer azul' 10.04.2026

A Real Academia Galega escolleu o IES Alexandre Bóveda de Vigo para presentar o seu documental "Begoña Caamaño: navegar no pracer azul". Este instituto foi no que estudou a protagonista das Letras deste ano. Asistimos ao acot e falamos cos autores do documental, Damián Varela e Alba López.

A XXX edición dos María Casares 10.04.2026

Afonso Becerra repasa o máis salientable da XXX edición dos premios María Casares.

Expreso de medianoite 18-09-2010 09.04.2026

A cultura castrexa en Galicia. As estreas de cine e as citas coa cultura e mais o ocio. A última parada da viaxe é a illa de Chipre.

Que escoitamos en 2025? 09.04.2026

Tito Lesende analiza o informe sobre as escoitas musicais en España durante 2025. Á cabeza sitúanse Bad Bunny e Beéle e, a seguir, Rosalía. Ademais, tráenos o segundo disco de Alana, o debut de Nimbos e o novo de Xoel López.

'As malas ideas' 08.04.2026

Malores Villanueva comenta ‘As malas ideas’, de María Solar. Unha novela que aborda o éxito a través do drama sen perder o humor.

A penaltis 08-04-2026 08.04.2026
Apolo18 07.04.2026

Coñecemos á novísima banda galega Apolo18. Son Rafa, Iago, Antón, Noel e Hugo. Con entre 18 e 20 anos, unen varios barrios da cidade herculina co seu rock alternativo.

'Mar de San Simón' 07.04.2026

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Mar de San Simón', de Berta Cáccamo e comisariada por Juan de Nieves. Pódese visitar ata o 19 de abril na galería Trinta de Santiago.

A penaltis 07-04-2026 07.04.2026

A nova mascota do Celta- Entrevista ao exadestrador do Lugo Iago Iglesias. Falamos co adestrador do Bayern Munich feminino, Jose Barcala. Quecemos a final da copa da costa enfrontandop ao xogador do Malpica, Aday Mato, co do Muxía, Mauro Romaní.

‘Benita e Malva e o crime do crítico gastronómico’ 06.04.2026

Andrea Jamardo comenta ‘Benita e Malva e o crime do crítico gastronómico’, de Érica Esmorís con ilustracións de Ignacio Hernández. De dez anos en diante na editorial Tambre.

A penaltis 06-04-2026 06.04.2026

Andrés Weiss, nos trae as chaves do partido entre o Friburgo e o Celta deste xoves. Tamén nos acompañan Adrián Otero, do Atlético Arteixo, logo de anotar un dobrete contra o Compostela, e Mauro Lois, novo xogador do San Tirso

Galicia en xogo motor 05-04-2026 05.04.2026

A TVG mergullouse nunha xornada de test en PonteCaldelas. Alí estivo o equipo Hyundai con Pepe López e David Vázquez para mellorar aspectos da suspensión. Nesta sección de motor debullamos mellor o que é un test, con sorpresa incluída para os compañeiros Alfonso Pérez e Rodrigo Pérez Pardo.

RIAZOR OSTIA 03.04.2026

Afonso Becerra comenta ‘RIAZOR OSTIA’ un poema escénico de Gustavo del Río sobre os crimes de odio, a intolerancia e a resistencia que transita polos asasinatos de Pasolini e Samuel Luiz conectando o Tirreno co Atlántico.

Primavera de novidades musicais 02.04.2026

E tamén pica música de dous artistas que participaron nel, Nuno Pico e Sara Faro. O de Alfoz estrea proxecto musical, Portosanto, e Fillas de Cassandra prepáranse para publicar en abril o seu próximo disco, 'Tertúlia'. Poñemos o ramo cun avance do novo traballo dos inclasificables Néboa.

A penaltis 02-04-2026 02.04.2026
A penaltis 01-04-2026 01.04.2026
Ciara Cabodevila 31.03.2026

Carlos Crespo tráenos a Ciara Cabodevila, historiadora e cantante residente en Barcelona e o seu ‘MoOoM ‘, un proxecto discográfico que fusiona música e investigación etnomusicolóxica. 

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.