AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo Motor 16-12-2023 16.12.2023 29:58
A dúas semanas de que arrinque unha nova edición do rally Dakar, o vigués Ricardo Ramilio avánzanos o seu proxecto para volver competir no deserto de Arabia. No motociclismo, charlamos con Alberto Fernández Boo, que xa ten fixada unha carreira para 2024, superando os obstáculos que lle pon a súa enfermidade e tamén os da burocracia.
Dous cómics para público xuvenil (e non só) 15.12.2023 12:04
Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só). ‘Fago o que podo’ (Rodolfo e Priscila) é o primeiro libro da tamén poeta Afra Torrado. Unha compilación de historietas da autora que aborda desde a autoficción temas como a precariedade laboral, a saúde mental, o corpo, o síndrome da impostora, con ironía e humor. Na nova colección da editorial Gala...
A nova estrea de Lois Patiño 15.12.2023 15:49
O mércores 20 de decembro ten lugar a estrea oficial en salas da agardadísima terceira longametraxe de Lois Patiño: 'Samsara'
Ataque Escampe, Candela Liste e Sidonie 14.12.2023 9:13
Tito Lesende tráenos hoxe música de Ataque Escampe, que comezan este 15 de decembro a súa ‘Xira dos Cabaliños’, na que seguirán presentando en directo o seu disco deste ano, ‘Cabalgata’. Escoitamos a Candela Liste, música coruñesa á que coñecimos a través da banda Crimson & Clover e que agora empeza a publicar cancións co seu proxecto en solitario. A terceira canción da escolma é de Sidonie, q...
Antropoloxía e medicina popular 14.12.2023 18:37
Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de sa...
'La sociedad de la nieve' e 'La espera' 14.12.2023 9:19
Moncho Lemos e as súas estreas: 'La sociedad de la nieve', de Juan Antonio Bayona, e 'La espera', de Francisco Javier Gutiérrez.
Xornadas arredor da cantería 14.12.2023 17:28
A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais "Falando Arxina". Conversamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.
Arxentina e Galicia na Filharmonía 13.12.2023 9:43
'Exsultate jubilate' entrelaza, entre outras obras, o 'Saturnal' de Manuel Balboa coa 'Lúa descolorida' do arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro.
'Carta Branca' en Galería Nordés 12.12.2023 11:40
A mostra inaugura o ciclo ‘Carta Blanca’ no que os artistas presentarán un proxecto con total liberdade creativa no que deben acompañalos outros dous creadores. Nesta ocasión é Julia Huete quen escolleu a Ánxel Huete e Kiko Pérez para ‘Autorretrato como gesto entre los dos’.
'Retratos de vodas, partos e funerais' 12.12.2023 9:37
Tempo de lectura con Dolores Vilavedra. Neste caso falamos de poesía a través da obra 'Retratos de vodas, partos e funerais', escrita por Silvia Penas para Editorial Galaxia.
30 anos do Coro da Ra 12.12.2023 18:22
O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do Coro da Ra, Ramón Bermejo.
Oleiros e canteiros ao longo da Historia 11.12.2023 9:45
Mario César Vila fálanos hoxe de olería e a cantería, dous oficios tradicionais que tamén se pode analizar desde a perspectiva arqueolóxica.
O novo de Susana Seivane e Encrucillada 11.12.2023 13:04
Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebulir en Ramirás (Ourense).
Galicia en xogo Motor 09-12-2023 09.12.2023 29:57
Botamos a vista atrás para rescatar a conversa co ex copiloto coruñés Luis Moya en Ao contraaataque, polo 25º aniversario do famoso "Trata de arrancarlo, Carlos", e tamén a charla no Galicia en goles co novo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, para facer balance dos primeiros meses de mandato.
Libros do Hematocrítico para escachar coa risa 08.12.2023 11:25
Eva Mejuto homenaxea a Miguel López, Hematocrítico, recordando os sinais de identidade dos seus libros infantís: o humor e a sorpresa, a apelación á intelixencia da rapazada desde o humor e o afecto, a irreverencia, a falta de condescendencia… Como mostra, catro libros publicados en 2023: ‘Unha unicornia’, ‘Morto de fame’ e ‘Dona Problemas’ (Xerais) e mais ‘Vai polo pan’ (Cumio), unha obra do cana...
Teatro tenebroso doutros lares 08.12.2023 10:21
Afonso Becerra explícanos as creacións do grego Dimitris Papaioannou, que estivo no Rivoli do Teatro Municipal do Porto con INK, un poema escénico de aspecto tenebroso.
Música a través da Banda de Guláns 08.12.2023 17:43
A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lore...
De Guadi Galego a Sempasúchil 07.12.2023 13:46
Tito Lesende escolleu música balsámica para esta ponte. ‘Mar’, unha das últimas cancións de Guadi Galego, que acaba de anunciar concertos especiais para 2024, baixo o título ‘Síntese Horizonte’. Tamén escoitamos a Guadi Galego en ‘Luz do norte’, a máis recente creación de Nastasia Zürcher. Presentamos un novo grupo, Sempasúchil, que estrea o 2 de decembro o seu primeiro disco: jazz e pop delicado...
'Robot Dreams' e 'Anatomía dunha caída' 07.12.2023 14:18
Moncho Lemos trae dúas estreas: 'Robot Dreams', de Pablo Berger, e 'Anatomía dunha caída', de Justine Triet.
Os premios do Xuventude Crea 06.12.2023 9:25
Luz Castro tráenos o máis destacado dos traballos presentados na última edición do certame Xuventude Crea.
No foco de Mary Quintero 06.12.2023 18:04
Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu trab...
Teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas 05.12.2023 18:22
‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditor...
'O Doutor Glas' de Hjalmar Söderberg 05.12.2023 11:22
Dolores Vilavedra fálanos do libro 'O Doutor Glas', do autor sueco Hjalmar Söderberg, traducido ó galego por Irmás Cartone.
A Foliada da Fonsagrada e a conservación da tradición 05.12.2023 13:54
A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.
As cores do cosmos 04.12.2023 10:28
Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.