AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo Motor 30-12-2023 30.12.2023 29:58
Rodrigo Pérez Pardo achéganos o máis destacado do ano que vén de rematar fixándose, desta volta, na xente nova: os pilotos que son futuro e nalgúns casos xa presente do automobilismo e do motocilismo en Galicia.
‘Once cancións e unha danza’, do pianista Alberto Vilas 29.12.2023 18:06
O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. Unha reportaxe de Ánxela Diéguez.
Balance do ano escénico 2023 29.12.2023 10:01
Alfonso Becerra fai balance do ano escénico 2023. Na lírica, destaca o traballo e o repertorio das asociacións de amigos da ópera da Coruña e Vigo. Entre eles, destaca a novidade da ópera infantil ‘Oca’, con letra de Gloria Rico, e con música e composición de Juan Durán. O ano 2023 comezou xa co éxito da estrea de ‘Mosca’, da compañía Ártika, con texto e dirección de Gustavo del Río.
Un calendario cos ceos galegos 29.12.2023 11:07
O proxecto de calendario no que figuran os ceos galegos da man de Dosi Veiga
Balance da literatura infantil e xuvenil en 2023 29.12.2023 14:43
A literatura infantil e xuvenil de 2023 escríbese co nome propio da escritora Fina Casalderrey, candidata ao Premio Hans Christian Andersen, un dos maiores galardóns da literatura a nivel internacional. Repasamos a súa obra con Eva Mejuto e lembramos outros fitos literarios do ano que remata, dos 25 anos da editora Kalandraka, ás novas coleccións literarias para xente moza ou os autores e autoras...
Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas 28.12.2023 7:22
Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.
O centenario do nacemento de Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración 28.12.2023 19:28
O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. Unha reportaxe de Isabel Freire.
Luz entre as cinzas 28.12.2023 10:21
Coñecemos da man de Adra Pallón o que esconde a exposición 'Intrahistorias. Luz entre as cinzas'.
Balance musical 2023 28.12.2023 18:00
Tito Lesende fai balance do 2023, un gran ano para a creación musical en Galicia. Escoitamos algúns dos protagonistas dos últimos 12 meses: The Rapants, Fillas de Cassandra, Mondra, Xoel López e Tanxugueiras.
Balance de música clásica de 2023 27.12.2023 11:54
Luís Miguel Crespo destaca os novos cambios nas orquestras galegas e o éxito de festivais coa música clásica como epicentro.
Estrea do filme Honeymoon 27.12.2023 11:28
O director de cine Enrique Otero explica os segredos de 'Honeymoon', un filme que se estrea o 12 de xaneiro de 2024.
Lembrando a Patricia Ferreira 27.12.2023 10:43
Falece a directora de cine Patrica Ferreira. Falamos coa produtora cinematográfica e directora membro de CIMA Chelo Loureiro e lembramos unha entrevista de Ana Romaní a Patricia Ferreira.
Balance do 2023 no patrimonio e a arqueoloxía 27.12.2023 14:45
Mario César Vila fai balance do ano 2023 no ámbito da cultura arqueolóxica. Achados, escavacións e actividades divulgativas.
Balance literario de 2023 26.12.2023 9:58
Dolores Vilavedra destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e publicada pola Deputación de Ourense. No xénero do teatro, sinala as obras de Ana Abad e Roberto Salgueiro.
Balance artístico de 2023 26.12.2023 13:24
Mónica Maneiro repasa o 2023 no ámbito da arte contemporánea en Galicia: o trixésimo aniversario do CGAC, a celebración do Ano Picasso, aperturas de novos espazos artísticos, o futuro do museo Carlos Maside ou a participación de Galicia na Porto Design Biennale.
Regalos culturais para este Nadal 23.12.2023 28:07
Algunhas ideas de regalos culturais: libros especiais como a colección de Clásicos Ilustrados de Aira Editorial, entradas para concertos como a xira ‘Síntese Horizonte’ de Guadi Galego, bonos para ir ao cine como os que ofrecen os cines Dúplex de Ferrol ou billetes para estreas escénicas do 2014 como ‘Iribarne’, da compañía Butaca Zero.
Galicia en xogo Motor - 23-12-2023 23.12.2023 29:57
A pouco máis dunha semana para que arrinque o Dakar 2024, recuperamos a conversa, conxunta, co monfortino Eduardo Iglesias e co piloto da Estrada Javier Campo. Os dous destacan a dureza do raid e o enorme esforzo físico e mental que supón cada tirada: "Cada día é unha meta", sentenzan.
Luísa Villalta para todas as idades 22.12.2023 9:09
Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras de 2024, dirixidas ao público infantil e xuvenil. A primeira proposta é o álbum ilustrado 'Alma de violino', de Beatriz Maceda e Eli Ríos (Xerais), debuxado por Laura Suárez. Para lectorado a partir de 11 anos, Melodía de palabras (Xerais), escrito por María Canosa, con ilustracións de Laura Romero....
Unha de videoxogos premiados 20.12.2023 12:55
Luz Castro tráenos varios videoxogos premiados: 'Avy, Fábulas da Noite', de Gamespond; 'XERME', de Acariño Games; e 'Sea of Stars', de Sabotage Studio.
Dupla multiplica a súa proposta: 'El cubo perfecto' 19.12.2023 10:37
Mónica Maneiro comenta a última mostra da galería Dupla de Santiago, unha exposición colectiva na que participan oito artistas: Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mario Soria e Mery Pais. As mostras de Dupla adoitan reunir dous artistas; a responsable da galería, Lucía C. Suárez, explícanos a idea detrás da proposta de ‘El cubo perfecto’.
Doar a voz, doar galego 19.12.2023 15:19
O Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Elisa Fernández é a directora do Instituto da Lingua Galega.
Zënzar celebra cun concerto os seus ’35 anos bourando’ 19.12.2023 15:36
O grupo Zënzar (que daquela se chamaba Mördor) deu o seu primeiro concerto o 23 de decembro de 1988. Este 23 de decembro, 35 anos despois, celebran o aniversario cunha actuación na Sala Capitol de Santiago, na que os acompañarán Zeltia Irevire, Xenderal e membros de Dios ke te Crew, Machina, Kastomä ou Ruxe Ruxe. Falamos con Zënzar destes 35 anos, do libro que editarán en 2024 e do seu papel na hi...
O 'Sete' de Susana Seivane 18.12.2023 20:25
En ‘Sete’, o seu sétimo traballo, Susana Seivane adéntrase coa gaita nos territorios do rock, do jazz, o funk ou mesmo os sons electrónicos. A gaiteira explora en formato disco os sons que leva aos escenarios coa súa banda desde hai anos. O álbum comeza coa peza ‘Non é non’, un alegato contra a violencia de xénero con palabras de Rosalía de Castro que reclama a liberdade persoal e creativa para as...
Arredor de Luísa Villalta 18.12.2023 9:49
Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
Vinte anos de xogos populares e tradicionais 18.12.2023 13:51
No vixésimo aniversario da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional falamos cunha das súas integrantes: Zeltia Labraña González.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.