AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2319 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 11, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

'Honeymoon' e 'Perfect days' 11.01.2024

Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas: 'Honeymoon' do galego Enrique Otero; e 'Perfect Days', a última longametraxe de Win Wenders. A película 'Honeymoon' é unha viaxe dende o drama ata a comedia que demostra a capacidade do ser humano para facerlle fronte a situacións complicadas. O filme mantén a atención do espectador ata o último fotograma. A segunda...

A pegada de Pablo Picasso na escola da Coruña onde estudou 11.01.2024

A Escola de Arte e Superior de Deseño da Coruña leva o nome de Pablo Picasso, que estudou tres cursos nesta institución, entre 1892 e 1895. Tras a celebración do Ano Picasso, a escola incorpora unha exposición permanente que recupera esculturas e láminas que o artista reproduciu durante a súa etapa coruñesa e facsímiles da súa documentación académica. A exposición reivindica a importancia da estad...

'Miñatos de Vran', con libreto orixinal de Enrique Zas e Ramón Otero Pedrayo 10.01.2024

Luís Miguel Crespo analiza a zarzuela galega 'Miñatos de Vran' que volve á escena con representacións no Auditorio de Vilagarcía e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Os protagonistas son a Banda de Música Municipal de Santiago, baixo a dirección de David Fiuza; o Coro Asociación Liceo de Vilagarcia dirixido por Josefa Dorado Soto; a formación Antigos Tunos de Santiago; e...

'As mellores películas da historia', no Teatro Colón da Coruña 10.01.2024

Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con convidados de excepción que comentarán os filmes. Nos coloquios participan cineastas e escritores como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. No Diario Cultural entrevistamos a Javier Trigales, coordinador deste ciclo de cinema. Entre os fi...

'Delicioso suicidio en grupo', de Arto Paasilinna 09.01.2024

Dolores Vilavedra recomenda a obra ‘Delicioso suicidio en grupo’, do escritor finés Arto Paasilinna. A editorial Rinoceronte publica a edición en galego. A obra orixinal publicouse por primeira vez en 1990. A novela relata o drama do suicidio cunha ollada de humor. A obra é unha reflexión sobre Finlandia, un dos países coas taxas de suicidio máis altas do mundo.

Colmeiro e Granell, o surrealismo no exilio 09.01.2024

A exposición 'Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio' pode verse na Casa das Artes de Vigo ata o 14 de xaneiro. Este proxecto pretende unha lectura do impacto do movemento surrealista na obra do pintor Manuel Colmeiro nas décadas dos anos trinta e corenta. A exposición mostra os puntos de conexión coa obra de Eugenio Granell, pintor da mesma xeración e figura...

‘Nocturnos’, arte para a memoria histórica 09.01.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Nocturnos’, de Nicolás Combarro, que pode visitarse na galería Nordés de Santiago ata o 26 de xaneiro. Unha proposta que explora as arquitecturas de represión que someteron os republicanos españois na Península e en Francia. Cárceres e campos de concentración retratados en fotografías só parcialmente iluminadas, en gravados destas arquitecturas represivas sobre...

Un instrumento pequeno que agacha unha grande historia 09.01.2024

O musicólogo Javier María López preséntanos ‘Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada’. Este libro-cd percorre a fascinante historia dun instrumento musical espallado por todo o mundo e que recibiu máis de mil denominacións: birimbao, arpa da boca ou guimbarda. Na Fonsagrada, a comarca galega na que máis se preservou a súa memoria, chámanlle trompa. Alí naceu o principal protagonista desta obra...

A Quenlla, Leilía e as Tanxugueiras 08.01.2024

A Quenlla cumpre 40 anos de traxectoria musical coa presentación de ‘Na lírica emoción’, baseado na obra poética de Avelino Díaz. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca tamén a xira de despedida de Leilía, que se titula ‘Anque me vou non me vou’; e tamén escoitamos ‘Hoxe, mañá e sempre’, a nova canción das Tanxugueiras.

'Respirando sempre', novo disco de Factoría de Subsistencia 08.01.2024

O músico e actor Josito Porto presenta no Diario cultural o seu novo traballo 'Respirando sempre'. Son nove cancións, músicas atemporais que van máis alá das modas. Josito Porto cóntanos que os músicos escriben sobre a rutina e a vida que teñen ao redor. Escribir sobre a vida real fai que sexa doado identificarse coas cancións. Josito Porto explora novos camiños musicais nunha conxunción...

A Torre de Doiras e o Museo Arqueolóxico de Ourense 08.01.2024

Inauguramos o ano arqueolóxico con Mario César Vila cunha viaxe ata o castelo de Doiras, en Cervantes, que será de titularidade pública; e descubrimos as últimas escavacións do Museo Arqueolóxico de Ourense.

‘Os Andares’, viaxes sonoras para camiñar a comarca dos Ancares 08.01.2024

‘Os Andares’ é unha serie de viaxes sonoras para acompañar camiñadas pola comarca dos Ancares. Unha proposta de docuficción baseada na investigación sobre o patrimonio da comarca, na evocación sonora e na escrita de María Lado, Clara Gayo ou Avelina Pérez, entre outros autores. ‘Os Andares’ percorre en cada episodio un itinerario por un dos seis concellos da comarca: Navia de Suarna, Becerreá, As...

‘O raro é que bailar sexa raro’, do colectivo Vacaburra 05.01.2024

O colectivo Vacaburra, formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde, presenta o espectáculo ‘O raro é que bailar sexa raro’. Unha peza que pon en cuestión os estereotipos de xénero, como aprendemos a ser mulleres ou homes e como integramos a danza na nosa vida en función do xénero. As creadoras rachan cos límites da danza e rompen co imaxinario colectivo condicionado pola mirada heteropatriarcal. A...

A fotógrafa Sara Priego expón 'El barranco' en Vigo 05.01.2024

A fotógrafa Sara Priego expón ‘El barranco’ na Fundación Évame Oroza de Vigo ata o 15 de xaneiro. É unha mostra de imaxes en pequeno formato coa que a artista propón unha exploración das emocións dende a intimidade da súa mirada. A exposición é un ensaio fotográfico sobre o dó, a tristeza, a soidade e as ausencias, pero tamén cunha ollada de esperanza e superación. Sara Priego retrata un proceso p...

Estrea de 'Los que se quedan' e 'Yo capitán' 04.01.2024

O filme 'Yo capitán', dirixida por Matteo Garrone, amosa a realidade das migracións cunha nova ollada: a historia de dous meniños que fan unha longa viaxe ata Europa. A película 'Los que se quedan', dirixida por Alexander Payne, é unha comedia dramática protagonizada por aqueles que non teñen a onde ir nas vacacións de Nadal.

Iria Pinheiro e Mónica de Nut presentan Kennebec 04.01.2024

As artistas Iria Pinheiro e Mónica de Nut teñen novo espectáculo poético musical para este 2024. Kennebec é un proxecto innovador de música experimental e electrónica. O espectáculo racha cos estereotipos na música e explora os límites da palabra e das obras creativas. No Diario Cultural entrevistamos as autoras e descubrimos os segredos que hai detrás deste novo proxecto.

2024: pop tradi e guitarras 04.01.2024

Tito Lesende avanza os lanzamentos musicais que teremos en 2024. Fillas de Cassandra presenta un novo concepto nos seus concertos, unha nova serie de espectáculos que leva por título ‘Últimas Dionisíacas’. Con esta nova proposta, ofrecen maior instrumentación no escenario da man de Tania Caamaño e Marina Vidal. Neste 2024 terá protagonismo o dúo Caamaño & Ameixeiras, que ten concertos previsto...

'Lecturas de coidado', un encontro para ler en común 04.01.2024

Belén Gopegui, Antón Lopo, María Sánchez e Uxue Alberdi son algúns dos escritores que participan en ‘Lecturas de coidado’, un encontro ao redor da lectura en común que se desenvolve en Santiago. Tamén participan profesionais da saúde mental, da medicina comunitaria, da arteterapia, da pedagoxía ou da intervención social. É unha proposta para ler en común, para empregar a lectura como ferramenta de...

O videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive 03.01.2024

Luz Castro analiza os videoxogos dos gañadores dos Game Awards 2023, os galardóns máis importantes do sector. Entre os gañadores destaca o videoxogo Cocoon, de Geometric Interactive, que recibe o Premio a Mellor Debut de Xogo Indie.

Cantos de Nadal: unha tradición que muda cos tempos 03.01.2024

Os cantos do ciclo de Nadal: panxoliñas, aguinaldos e cantos de reis. O músico Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiras Galegas, comparte con nós o seu coñecemento sobre o baile e música tradicional de Nadal. Lémbranos a importancia dos cantos en grupo, en comunidade, como un elemento de unión entre a sociedade. Tamén entrevistamos a Branca Villares, mestra de música e baile tradicional, unha das...

‘Entomoloxía para misioneiros’, de Fernando Castro Paredes 02.01.2024

Dolores Vilavedra destaca a novela 'Entomoloxía para misioneiros', de Fernando Castro Paredes.

Os músicos galegos volven a casa polo Nadal 02.01.2024

Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense.

Carla Souto expón 'La primavera silenciosa' na Coruña 02.01.2024

Mónica Maneiro repasa a traxectoria vital e profesional de Carla Souto. A artista galega expón a súa primeira mostra individual 'La primavera silenciosa', na Galería Vilaseco da Coruña.

Unha viaxe pola historia do hip-hop 02.01.2024

O libro 'Somos hip-hop', publicado pola editorial Galaxia, é unha viaxe a través da historia do hip-hop. A obra presenta os fundamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Os autores son Pablo Castiñeira e David Brey.

Ciencia para despedir 2023 31.12.2023

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.