AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2319 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 11, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

'Cantares do Brión', con textos de Bernardino Graña 22.01.2024

Emilio Españadero recomenda a actuación en directo do coro galego 'Cantares do Brión', con música de Suso Vaamonde a partir do texto de Bernardino Graña. Entre as novidades en música tradicional, o grupo Fixe Trío, formado por Blanca Marigómez, Joel Fontán e Xela Conde, presenta un novo tema musical: 'Seis', unha fusión entre unha muiñeira e un cantar.

Un paseo pola Alta Idade Media 22.01.2024

Mario César Vila visítanos acompañado doutro arqueólogo, José Carlos Sánchez Pardo, profesor da USC. Falamos da Alta Idade Media, da formación dos arqueólogos e arqueólogas do futuro, do novo mestrado de Patrimonio Cultural Dixital e sobre o maior interese social no patrimonio.

Do libro á galería de arte 22.01.2024

A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. &#...

'Eu fraude', de Paula Pier 19.01.2024

Afonso Becerra recomenda 'Eu fraude', de Paula Pier, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. É unha peza que rompe os moldes e cuxa historia vital está fóra do escenario. 'Eu fraude' é unha fusión de xéneros, que combina música, danza, interpretación e canto. Unha historia de amor propio, de quitar as caretas e mirar dentro de nós. O espectáculo rompe coa arte do finximento prop...

O 40 aniversario da Orquestra Clásica de Vigo 19.01.2024

Era xaneiro de 1984. Un grupo de músicos novos da cidade de Vigo reuníase para atopar un punto común arredor da música. Foi o primeiro chanzo para formar a Orquestra Clásica de Vigo. Entre os novos músicos estaba Manuel Martínez Álvarez, fundador e director da Orquestra Clásica de Vigo. A Orquestra naceu co obxectivo principal da formación nun contexto onde aínda non había ningunha orquestra profe...

Contos e cantos 19.01.2024

Eva Mejuto recomenda dous libros con texto e música. 'Silforiña' é un álbum ilustrado escrito por Elena Paz, ilustrado por Carlota Diz e editado pola agrupación musical e teatral Golfiños. O texto narra a historia dunha nena que prefire imaxinar o mundo a percorrelo e que vai descubrindo emocións como o medo e a tristura, o paso do tempo e o silencio. As cancións atoparémolas nun código...

Grans de area de arquitectura 19.01.2024

A rexeneración do paseo marítimo de Bouzas, a recuperación dos baños de San Xusto no concello de Cerdedo-Cotobade, un novo hotel nunha casa chea de memoria en Celanova. Son tres dos proxectos galardoados polos premios Gran de Area, que conceden as delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectura. Once intervencións que fan achegas pequenas pero importantes á arquitectura e á po...

'A zona de interese' e 'O correo' 18.01.2024

Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas. A película 'A zona de interese', dirixida por Jonathan Glazer a partir dunha novela de Martin Amis, é unha nova ollada ao Holocausto. O filme amosa a tranquilidade coa que vive a familia dun comandante nazi a poucos metros de Auschwitz. O filme reflicte a normalidade fóra dos campos de concentración. O espectador sabe que Auschwit...

'Medio século tras a a idea, Glaucón', de José Antonio Ocaña 18.01.2024

O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón', no centro municipal José Ángel Valente de Ourense. A mostra é unha viaxe a través de 50 anos de traxectoria artística. Neste Diario Cultural reflexionamos con José Antonio Ocaña sobre a súa vida artística dende a súa primeira exposición no 1969.

Carlos Ares, Sleater-Kinney, Pamela Rodríguez e Jacobo Serra 18.01.2024

O menú musical de Tito Lesende comeza desta vez co músico coruñés Carlos Ares e unha das cancións do seu primeiro disco, 'Peregrino'. Escoitamos tamén unha das pezas de 'Little Rope', o undécimo álbum das estadounidenses Sleater-Kinney. Entre as opcións de música en vivo, destacamos a Pamela Rodríguez, que empeza o ano con concertos en Santiago e Coruña. Julián Seijas, baixista...

Concerto en homenaxe a Rogelio Groba 18.01.2024

A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña o sábado 20 de xaneiro. A Radio Galega gravará a actuación para a súa emisión posterior. Groba, finado nos últimos días de 2022 con 92 anos, deixou un enorme corpus de 735 composicións, que a Fundación Groba está gravando e dixitalizando.

Os premios DeVuego 17.01.2024

Luz Castro analiza o desenvolvemento español no mundo dos videoxogos a través dos premios DeVuego, que celebran o décimo aniversario. Esta semana está aberta a fase de preselección para que os usuarios voten os seus favoritos. Son uns premios de público porque os usuarios e afeccionados teñen un papel moi relevante nas votacións. Entre as novidades, un galardón especial ao Mellor Estudo Novel do A...

'Revolución Chic', novo disco de Brais Morán 17.01.2024

Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. Son músicas que convidan ao baile, que nos fan viaxar ao futuro e que espertan a imaxinación do oínte. No Diario Cultural facemos unha viaxe pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha...

'O paso en falso' de Abraham Pérez 16.01.2024

Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘O paso en falso’, de Abraham Pérez, publicado pola editorial Galaxia.

'Antropotectura', de Jose Perozo 16.01.2024

O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire.

A pintura vital de Correa Corredoira 16.01.2024

A exposición ‘Lugar sen medida’ está inspirada na visita de Correa Corredoira a Namibia para crear unha rosa dos ventos similar á que ideou ao pé da torre de Hércules. A exposición inclúe máis de cen pinturas e debuxos que recollen a pulsión vital que caracteriza a obra de Correa, aquí representada polas imaxes de África, da natureza e os animais que a poboan, do erotismo e da vida.

Xackal, unha viaxe sonora irresistible 16.01.2024

Xackal presenta o seu primeiro disco longo 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega e outros moitos ritmos. O trío, formado por Nano Suárez de Lis, Gael Mvundi e Javi Otero, actúa o sábado 20 de xaneiro na sala Rebullón de Mos. Nesta entrevista regálanos unha...

'Circumterra', de Amalgama 15.01.2024

Emilio Españadero repasa as novidades na música de raíz. O grupo ‘Amalgama’ presenta o seu disco ‘Circumterra’, unha homenaxe do quinto centenario da primeira volta marítima ao mundo. É un disco conceptual que percorre os lugares da travesía a través das súas músicas tradicionais.

Plásticos no cosmos 15.01.2024

A contaminación por plásticos non só é un problema no mar. Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.

‘O lago dos cisnes’, da compañía de teatro amador Tangatutanga Teatro 15.01.2024

O grupo de teatro amador ‘Tangatutanga Teatro’ leva máis de 20 anos creando pezas moi variadas, dende comedias de Shakespeare ata pezas de creación colectiva. Agora percorren Galicia coa súa versión de ‘O lago dos cisnes’.

'Unha inimiga do pobo' de Talía Teatro 12.01.2024

Afonso Becerra analiza 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. É a versión teatral da peza de Henrik Ibsen, con dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey. A obra estreouse en 2023 e continúa en cartel. 'Unha inimiga do pobo' é un espectáculo de grande formato, no que se equilibran de xeito moi rítmico as escenas máis dramáticas coas máis teatrais e festivas. Unha peza de teat...

A orixe e significado dos topónimos galegos 12.01.2024

No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado das palabras con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas de Galicia. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual 'O seminario de onomástica responde'. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos que podemos facer un percorrido por todo o...

Plásticos no mar e poesía infantil sobre o cosmos 12.01.2024

Na primeira conversa lectora de 2024 Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plásticos e propón un novo álbum ilustrado de poesía infantil. O primeiro é o libro 'Plasticus Maritimus, unha especie invasora' da bióloga mariña portuguesa Eva Pêgo, publicado en galego por Kalandraka. A obra está narrada para a rapazada desde a experiencia persoal....

'Iribarne', unha sátira teatral sobre Manuel Fraga 12.01.2024

Despois da súa presentación en Madrid o pasado outono, chega a Galicia esta corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia. Dirixida por Xavier Castiñeira, forman o elenco Mónica García, Jorge de Arcos, Anxo Outomuro, Lidia Ve...

'Feelings', de Janet Novás 11.01.2024

A artista Janet Novás protagoniza a performance ‘Feelings’ na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya que se van entregar en Valladolid o 10 de febreiro. O seu traballo como protagonista no filme ‘O Corno’, de Jaione Camborda, deu un xiro inesperado a súa carreira artística. O seu traballo...

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.