AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura 30.01.2024 10:34
A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no temp...
Primeiros nomes do Festival de Ortigueira 29.01.2024 11:22
Na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid déronse a coñecer as primeiras confirmacións para o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira. Entre elas están Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Fillas de Cassandra, María Pérez, Sara Faro, Escola de Gaitas de Ortigueira ou Green Lads.
Doenzas e características xenéticas con perspectiva de xénero 29.01.2024 10:48
Na sección de cultura científica, Estíbaliz Espinosa explica conceptos relacionados coas doenzas ou características xenéticas da muller: o concepto de Matrescencia, o ADN mitocondrial ou as diferenzas en síntomas como os do infarto de miocardio. Tamén descubrimos como o espazo e as estancias en órbita afectan de xeito diferente a homes e mulleres.
Abraham Cupeiro percorre o país co proxecto 'Mythos' 29.01.2024 17:34
O músico e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. A xira comeza o próximo 1 de febreiro en Ferrol e o disco publicarase en todas as plataformas o día 7 do mesmo mes.
Alberto Gracia, Borja Santomé e Noé Montes 27.01.2024 56:28
Imos ata a cidade danesa porque no certame compite Alberto Gracia, coa súa última película "La Parra". Entra na competición oficial. Pola súa banda, Borja Santomé leva a súa curtametraxe de animación “Alguén me chamou serpe negra”. E conversa con Noé Montes, o perruqueiro das estrelas de cine, como Ethan Hawke ou Claudia Cardinale. Aspira a un premio Goya polo seu traballo no filme “Vall...
Galicia en xogo Motor 27-01-2024 27.01.2024 29:57
No primeiro programa do ano 2024 repasamos o acontecido neste primeiro mes de xaneiro: 1.- A moción de censura fallida na FGA. 2.- O anuncio da chegada en maio do mundial de motocross a Galicia. 3.- E lembramos a conversa desta semana de Toni López García con Fran Gómez Pallas tras a grave caída do carballés no Dakar.
Na 'Erregueté' van pola...106! 26.01.2024 11:01
Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vén de cumprir 40 anos.
'Pequefilmes': unha finde de película 26.01.2024 15:01
O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.
'O dicionario dos seres míticos galegos' 26.01.2024 8:31
Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial. Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. C...
O oficio da restauración e a conservación 26.01.2024 19:54
O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.
'Kyoki', da compañía Elefante Elegante 26.01.2024 7:45
A compañía Elefante Elegante estrea 'Kyoki', unha proposta escénica de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e os coidados.
'Pobres criaturas' e 'Un mal día lo tiene cualquiera' 25.01.2024 12:57
As dúas estreas que trae hoxe o noso experto Moncho Lemos son: 'Pobres criaturas', de Giórgos Lánthimos, e 'Un mal día lo tiene cualquiera', de Eva Hache.
A arquitectura indiana en Galicia 25.01.2024 14:22
O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe no que analiza as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos nos aspectos que definen este tipo de arquitectura en Galicia e as vías para protexela e conservala.
Unha oda ás salas de concertos 25.01.2024 14:55
Tito Lesende reivindica a importancia das salas e locais que programan música en directo durante todo o ano. Escoitamos cancións de artistas que poderemos ver en vivo proximamente. Javi Maneiro comeza o 3 de febreiro en Boiro unha xira de presentación do seu disco 'Un bonito despertar' que o levará tamén por Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol e Pontevedra. O 8 de marzo actuará na sala...
'Máis alá De catro a catro', de Rosendo Cid 25.01.2024 4:51
Os novos poemas de 'De catro a catro'. Rosendo Cid expón 'Máis alá De catro a catro', un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio.
'Non é unha canción', da compañía Souvenir Teatro 25.01.2024 7:51
As dramaturxias híbridas de Souvenir. A compañía de David Alonso e Maria de las Llanderas estrea 'Non é unha canción'
Percorrendo a felicidade 24.01.2024 14:43
A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.
A industria musical galega en datos 24.01.2024 12:18
O informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades" está impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de inform...
'Advertencias para un traxecto boreal', de Natalia Alonso Ramos 23.01.2024 11:16
Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra analiza a obra 'Advertencias para un traxecto boreal' de Natalia Alonso Ramos.
Alfonso Deus, no Vello Cárcere de Lugo 23.01.2024 16:28
O Vello Cárcere de Lugo acolle ata o 15 de febreiro unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. A mostra é o resultado do traballo de catro anos de pintura, con 130 acuarelas e 40 cadros en relevo. Unha reportaxe de Isabel Freire.
Tres artistas con poder interior 23.01.2024 11:27
Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Poder interior', que reúne na galería 'Luisa Pita' obras das galegas Menchu Lamas e Rut Massó e da venezolana Ana Margarita Ramírez. A galería prepara exposicións individuais das tres artistas para 2024 e 2025.
Cen anos de 'La leyenda del beso' de Soutullo 23.01.2024 16:55
O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Aproveitando a efeméride a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Escoitamos os musicólogos Alejo Amoedo e Xaime Estévez, dous dos particip...
'Cantares do Brión', con textos de Bernardino Graña 22.01.2024 13:04
Emilio Españadero recomenda a actuación en directo do coro galego 'Cantares do Brión', con música de Suso Vaamonde a partir do texto de Bernardino Graña. Entre as novidades en música tradicional, o grupo Fixe Trío, formado por Blanca Marigómez, Joel Fontán e Xela Conde, presenta un novo tema musical: 'Seis', unha fusión entre unha muiñeira e un cantar.
Un paseo pola Alta Idade Media 22.01.2024 18:03
Mario César Vila visítanos acompañado doutro arqueólogo, José Carlos Sánchez Pardo, profesor da USC. Falamos da Alta Idade Media, da formación dos arqueólogos e arqueólogas do futuro, do novo mestrado de Patrimonio Cultural Dixital e sobre o maior interese social no patrimonio.
Do libro á galería de arte 22.01.2024 10:39
A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. &#...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.