AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Foliada da Fonsagrada e a conservación da tradición 05.12.2023 13:54
A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.
As cores do cosmos 04.12.2023 10:28
Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.
Galicia en xogo Motor 02-12-2023 02.12.2023 29:58
Dous galegos, Álvaro Muñiz e Jorge Cagiao, chegaban igualados a todo á derradeira proba da Copa de España de Rallys de Asfalto. Levaría o título o que quedase por diante, que foi o Skoda do coruñés. Nos todo terreo charlamos con Mario González-Tomé e coñecemos o oitavo proxecto para o Dakar de Fran G. Pallas en moto eléctrica.
Unha proposta exótica con danza, teatro e música 01.12.2023 11:19
Afonso Becerra tráenos unha recomendación exótica con danza, teatro e música en directo! Trátase de ‘Blues de Medianoite’, un espectáculo de Laboratorio Escénico e Alba Fernández Cotelo.
'Oito apelidos marroquís' e 'Sobre todo de noite' 30.11.2023 11:19
Como cada xoves Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Oito apelidos marroquís’, de Álvaro Fernández Armero; e ‘Sobre todo de noite’, de Víctor Iriarte.
DKTC, Santi Araújo, Queralt Lahoz e Shane MacGowan 30.11.2023 13:43
Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no concerto que culmina as celebracións dos seus 20 anos de traxectoria: unha relectura de ‘Silencio’ a cardo de Karma Sound. Escoitamos ‘Baile’, o primeiro adianto do disco que publicará Santi Araújo en 2024 e ‘El alijo’, o novo tema de Queralt Lahoz. E despedimos a Shane MacGowan con ‘Fair...
Unha mirada arredor de Helmut Newton 28.11.2023 11:43
Afondamos con Mónica Maneiro na figura do fotógrado de moda Helmut Newton, a quen está adicada a terceira exposición da Fundación Marta Ortega Pérez.
Jon Jost e a 'Casa do silencio' 28.11.2023 16:40
Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxecci...
Sobre o 'Síbaris' de Domingo Villar 28.11.2023 8:52
Con Dolores Vilavedra lembramos a figura d’O Hematocrítico e falamos de teatro: ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar para Galaxia.
A teoría e a práctica musical de Zavala 27.11.2023 18:51
Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na s...
“Desde ese silencio": a intimidade no espazo escénico 27.11.2023 9:40
“É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico
As novidades de Barahúnda, Ailá e Leilía 27.11.2023 14:03
Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".
Galicia en Xogo Motor 25-11-2023 25.11.2023 29:57
O piloto de rallys Edgar Vigo é o protagonista da semana por partida dobre. O fenés fai balance do segundo posto no Campionato de Europa que conseguiu coa súa esposa Fátima Ameneiro como copiloto. A ledicia completouse porque foi quen organizar na súa vila un slalom scratch case vinte anos despois.
As 'Vidas Cantadas' de Leilía 24.11.2023 13:51
“Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.
Lecturas con memoria e sen idade 24.11.2023 10:03
Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos. 'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela...
VI Festival Pezas do Teatro do Porvir 24.11.2023 11:55
Afonso Becerra vén cun espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.
Música nos 40 anos do Consello da Cultura Galega 24.11.2023 14:28
O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.
Galicia en Xogo Motor 18-11-2023 18.11.2023 29:57
No programa de hoxe descubriremos o novo circuíto de trial que crearon na montaña de Manzaneda e que van estrear estrelas como Toni Bou. Nas motos, falamos tamén con Íker Rodríguez, un rapaz do Porriño que corre en Moto 4. E recuperamos a entrevista na que Antonio Troitiño fai balance da situación da Federación Galega de Automobilismo.
Afonso Becerra vén con 'Manuela' 17.11.2023 29:58
Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).
"Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación" 16.11.2023 14:57
Comeza en Ourense o Congreso “Patrimonio Cultural Inmaterial e educación: ponte entre escola e sociedade”. Falamos con Xerardo Feijóo e Raquel Rey.
O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras 16.11.2023 29:57
Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Gree...
Estreas: 'Que nadie duerma' e 'La ermita' 16.11.2023 29:58
Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Que nadie duerma’, de Antonio Méndez Esparza; e ‘La ermita’, de Carlota Pereda.
Benxamín Otero e 'Gardar a auga' 15.11.2023 14:58
“Estamos nun mundo ruidoso de máis”. O músico Benxamín Otero presenta Gardar a auga un traballo musical gravado no alxibe do Castelo de San Antón.
Cineuropa e a Real Filharmonía 15.11.2023 10:07
Como é habitual dentro da programación de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia participará tocando música de compositores de cine e poñendo tamén música a unha composicion en directo. Cóntanolo Luís Miguel Crespo.
'Vigo no Tempo': identidade e cultura urbana 15.11.2023 17:37
“Vigo no Tempo” é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade. É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.