AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Selo galego en Málaga 01.03.2024 11:36
Un total de dez películas, documentais e curtametraxes con selo galego pasarán polo Festival de Cine de Málaga, a maioría en Seccións Oficiais e boa parte delas con apoio desta casa, da CRTVG. Falamos con Pablo Dopazo director de 'O frío', e Lorena Ares, codirectora de 'Cafuné'.
'O dragón de ouro' 01.03.2024 9:58
Afonso Becerra tráenos a estrea en galego por parte de Sarabela Teatro de 'O dragón de ouro', do dramaturgo alemá Roland Schimmelpfennig.
Axúdame a sentir 01.03.2024 19:52
Recibimos ao músico Xabier Díaz, que hoxe publica o seu cuarto traballo con Adufeiras de Salitre
Lecturas máxicas con Eva Mejuto 01.03.2024 7:25
'Eva Mejuto tráenos dous libros máxicos. ´Xertrudis busca traballo' de Ana Meilán e Agustina Mattar (Entre Nubes y Cuentos) 'Os rescatadores máxicos e a trapela imaxinaria' de Sabrina Catdoor e David Sierra (La Galera)
Tras do lapis de Siro López 29.02.2024 30:57
Visitamos a exposición antolóxica de Siro López no Kiosco Alfonso da Coruña. Titúlase 'Oitenta e un anos e un lapis' e repasa o traballo do caricaturista durante os últimos 55 anos. Nela atopamos imaxes de autores como Blanco Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro.
'Dune 2' e 'Dream Scenario' 29.02.2024 11:04
O noso experto Moncho Lemos preséntanos dúas novas estreas esta semana: 'Dune 2', dirixida por Denis Villeneuve, e 'Dream Scenario', de Kristoffer Borgli.
O rock está moi vivo 29.02.2024 16:19
Recibimos como cada xoves a Tito Lesende, que nos trae catro temas doutros tantos artistas: Bala, Monteperdido, Kaiser Chiefs e Coque Malla.
A cultura é un dereito cidadán 29.02.2024 10:27
“A cultura é moito máis que un recurso económico, é tamén un dereito cidadán”. Alberto de Boiro coordina a Xornada Os dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén que examina as últimas leis en materia de dereitos culturais.
Repasando Premios DeVuego 28.02.2024 11:09
A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, segue co repaso dos premios DeVuego
De corpos presentes 28.02.2024 9:43
"Hai unha comunidade artística moi potente que aínda non ten unha presenza nos espazos culturais á altura do que se vén facendo”. Sabela Mendoza coordina o ciclo sobre artes performativas De corpos presentes que abre nova edición na Coruña.
NoReM 27.02.2024 15:48
Vituco Neira fala con María Valle, voz e percusión no grupo Noites de rock e meigas. Fan fusión partindo da música tradicional galega con ritmos rock e punk dende Miranda de Ebro.
Así vou eu, formando parte 27.02.2024 12:24
´Así vou eu, formando parte`, é o título do poemario que nos trae esta semana Dolores Vilavedra. Eva Veiga e Pilar Pallarés, que trataron a Luísa Villalta, escriben o epílogo e o prólogo desta escolma con 77 poemas. Luísa Villalta, autora que se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas, celebraría este ano o seu 77 aniversario.
Cincuenta anos de pintura de Lamazares 27.02.2024 9:13
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Inda é día', que recolle 50 anos de pintura de Antón Lamazares. Pode visitarse no CGAC ata o 5 de maio.
As estreas de FETEN 2024 27.02.2024 12:48
As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba, a meiga' forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.
Festivais de inverno 27.02.2024 18:58
Inauguramos a temporada de festivais co Festival do Queixo en Arzúa e A Candeloria en Lugo. En Arzúa, temos concertos de Guadi Galego, Fillas de Cassandra, Grande Amore ou Arde Bogotá; mentres que en Lugo podemos escoitar a música de Dakidarría, Rebeliom do Inframundo, ZOO, S.A., Talco, Los Chikos del Maíz ou Arrythmia.
Axúdame a sentir 26.02.2024 11:34
Emilio Españadero percorre parte da obra de Xabier Díaz co gallo da publicación, o 1 de marzo, do seu novo disco con Adufeiras do Salitre.
O meridiano do matemático Rodríguez 26.02.2024 11:34
Estíbaliz Espinosa recorda hoxe a Xosé Rodríguez, o matemático da parroquia lalinense de Bermés, designado Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Ademais, escoitamos música feita por cactus e un poema de Concha Méndez, unha das 'Sinsombrero', a Rosalía de Castro.
Xogar na Idade de Ferro 26.02.2024 29:57
O arqueólogo Samuel Nión-Álvarez fálanos do que pode ser o primeiro xogo de taboleiro, atopado nas excavacións de Castro Curbín. A datación con carbono-14 sitúao na Idade de Ferro.
Galegos en Málaga (1): Sonia Méndez, Area Erina e Xacio Baño 24.02.2024 56:55
Ás portas do inicio do Festival de Málaga conversamos con Sonia Méndez, que estrea "As Neves" na Sección Oficial. É a súa primeira longametraxe de ficción. Area Erina presenta, tamén en Sección Oficial, a súa longametraxe documental "Aurora" e Xacio Baño en curtametraxes "Platónico, platónica".
O día de Rosalía 23.02.2024 16:04
Entrevista a María do Cebreiro Rábade Villar, codirectora da cátedra sobre Rosalía na USC. Mari Pereira dá conta de tódolos actos programados hoxe para festexar á poeta senlleira das letras galegas.
'PF-Site Specific 023' 23.02.2024 10:55
Afonso Becerra achéganos a 'PF-Site Specific 023', un espectáculo de danza estreado hai unha semana en Vigo que define coma´o tempo nos pés de Amparo Martínez Paz`.
Rosalía para a picarexada 23.02.2024 10:28
No Día de Rosalía, descubrimos as propostas de Eva Mejuto para a rapazada: 'Rosalía', de Alba de Evan e Xabier Domínguez (Cumio); 'Miña casiña meu lar', de Blanca Millán (Galaxia); e 'O sombreiro de murga' (Fundación Rosalía de Castro).
Bule presenta en directo 'Agora ou nunca' 23.02.2024 17:03
A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume. Este venres actúan na sala Sónar de Santiago, o 2 de marzo en Pontevedra, o 6 de abril estarán na Coruña e en maio darán concertos en Ferrol e Lugo.
Antía Cal, unha mestra innovadora 22.02.2024 15:52
Isabel Freire entrevista a Silvia García, comisaria da mostra ´Antía Cal, unha mestra innovadora`. A exposición pode verse na sala Redeiras da Universidade de Vigo ata o 22 de marzo,
'Secretos de un escándalo' e 'Políticamente incorrectos' 22.02.2024 12:15
O noso experto en cine tráenos dúas estreas para a fin de semana. Un drama, Secretos de un escándalo, e unha comedia española, Políticamente incorrectos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.