AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2316 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

'Eterna Constanza', primeiro LP de Mundo Prestigio 11.03.2024

Mundo Prestigio publican o seu primeiro álbum, 'Eterna Constanza'. Ironía, eclecticismo musical e colaboracións de Carlangas, Antía Van Weill ou Cibrán de Boyanka Kostova

Café cósmico 11.03.2024

Conversamos coa nosa experta do espazo/tempo

'Rapa', 'Los pequeños amores' e 'Amas da terra' 09.03.2024

No programa de hoxe recibimos o director, guionista e produtor de “Rapa”, unha inmersión de 2 horas na Rapa de Sabucedo. Con María Vázquez falamos do seu papel protagonista en “Los pequeños amores”, segunda longametraxe da sevillana Celia Rico. Somerxémonos en “Amas da terra” con Xisela Franco e Lucía Freitas. A curtametraxe acaba de pasar polo Festival de Málaga.

'Ceibe': liberación fronte aos roles de xénero 08.03.2024

Afonso Becerra cóntanos hoxe da estrea de 'Ceibe', de Fran Sieira Compañía de Danza. Trátase dunha actualización do baile tradicional que xoga coa liberación dos compartimentos de xénero.

Radiografía da desigualdade 08.03.2024

Unha radiografía do presente con profesionais da música, o audiovisual e a literatura ao fío do 8-M

Lecturas para o 8-M 08.03.2024

Eva Mejuto propón dous libros para o 8-M e o resto do ano: 'Feminismo de peto. Kit de supervivencia' e 'A froita do coñecemento' . Para a mocidade e para calquera

Eu son. Memoria das rapadas 08.03.2024

O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra “Eu son. Memoria das rapadas”. Falamos con Encarna Lago, unha das comisarias da mostra e xerente da Rede museística provincial de Lugo

'A arte do exilio galego' 07.03.2024

A mostra "A arte do exilio galego" que pode atoparse no Museo Provincial de Lugo pretende fuxir das celebracións e datas conmemorativas e poñer o foco no exilio galego e a súa influencia en arte e artistas. Aurelia Balseiro é a directora do museo.

'Los pequeños amores' e 'Por tus muertos' 07.03.2024

Moncho Lemos traénos dúas estreas: 'Los pequeños amores', dirixida por Celia Rico Clavellino, e 'Por tus muertos', de Sayago Ayuso.

Outra historia das mulleres 07.03.2024

O medievalista Miguel García-Fernández revisa os roles sociais femininos no pasado. Mañá tomará parte na conversa-merenda 'É posible contar a Historia doutro xeito?, organizada pola Biblioteca de Galicia e o CSIC

A escolma musical de Tito Lesende 07.03.2024

'Soltar' d´A Pedreira, 'Piedra del Camino' de Sant Araujo, o novo álbum de Néstor Pardo e a Italofeira de Boyanka Kostova

'Lamazares. Inda é día' 06.03.2024

A exposición 'Lamazares. Inda é día' revisa, por primeira vez, os 50 anos da obra do artista Antón Lamazares. Unha mostra na que conviven pinturas e madeiras, campos e flores, cadaleitos e toureiros, obras de enorme tamaño, palabras, poemas... e incluso un alfabeto propio.

As mulleres da nosa música 06.03.2024

O noso colaborador Luís Miguel Crespo adica o seu espazo no programa a falar do papel das mulleres no mundo musical, poñendo o foco en Galicia e naquelas compositoras e intérpretes das que non se sabe demasiado. Falamos de María Muñoz, Milagros Porta e Carmen Díez.

2ª edición de Imaxinaria 06.03.2024

Comeza na Coruña segunda edición do Festival Internacional de Animación. “Queremos mostrar o potencial narrativo e expresivo que ten a animación” Alberto Vázquez co-dirixe Imaxinaria. Con el falamos.

Pensar o tempo 06.03.2024

O tempo centrará a XL Semana Galega de Filosofía que abrirá a filósofa Fina Birulés. Con ela falamos.

Alfonsín Digital Lab: a estética final do audiovisual 05.03.2024

Coñecemos por dentro unha empresa de Bertamiráns adicada á produción cinematográfica e de vídeo: Alfonsín Digital LAB. Son os responsables da estética final da maoría das series e filmes que se están producindo en Galicia.

'Cinco pseudocomedias', de José Prieto 05.03.2024

A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos o libro de José Prieto 'Cinco pseudocomedias', cinco textos emparentados polo humor... sen seren cómicos. Edita Xerais.

Ourense cruzamento de camiños 05.03.2024

Conversamos co comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, José María Eguileta. A exposición está aberta ata o 11 de maio na sala ourensá d´Afundación , É a sexta mostra do proxecto 'Cidades no tempo', organizado pola Xunta a través da Fundación Cidade da Cultura

ARCO 2024 05.03.2024

Mónica Maneiro avánzanos a presenza galega na feira de arte contemporánea, que se celebra en Madrid, con 206 galerías de 36 países e o mar Caribe como protagonista. Nordés é a única galería galega no programa xeral, mentres Vilaseco participa na sección Art Libris

XXIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo 04.03.2024

A Mostra de Teatro Clásico de Lugo celebra a súa vixésimo cuarta edición dende o 3 ao 17 de marzo con obras teatrais que xa triunfaron en diversos festivais de todo o Estado. A Mostra aposta tamén polas compañías galegas que están producindo obras de teatro clásico.

Un anaco do novo de Golfiños, Encrucillada e Manseliña 04.03.2024

Co noso experto en música tradicional galega Emilio Españadero repasamos as novidades de varios grupos: Golfiños, Encrucillada e Manseliña.

Os vieiros de Asorey 04.03.2024

Cambados recorda ao escultor Asorey, a quen se adica este ano o Día das Artes Galegas. Unha mostra de imaxes das súas obras inicia na súa vila natal as actividades cinmemorativas, Falamos cos autores das fotografías, e dos textos que as compañan, Xurxo Lobato, e Felipe Senén respectivamente

Xacementos invisibles 04.03.2024

Mario César Vila descóbrenos pegadas da Prehistoria de Galicia que pasan inadvertidas.

Galegos en Málaga (2): Cris Iglesias, Iván Marcos, Emilio Fonseca e Lorena Ares 02.03.2024

Estreouse no festival o filme “Tratamos demasiado bien a las mujeres” no que traballan Cris Iglesias e Iván Marcos. Emilio Fonseca presenta no certame o antidocumental “Salvaxe, salvaxe” e Lorena Ares a curta de animación “Cafuné”.

Galicia en Xogo Motor 02-03-2024 02.03.2024

Agustín Conde é a voz do motocross en Galicia. O speaker analizou a proba do Nacional desputada en Lugo e a cita mundialista que se celebrará no mes de maio nese mesmo circuito Jorge Prado. Ademais, a unha semana do arrinque do Mundial, avaliou as opcións dos dous pilotos galegos, o vigués Rubén Fernández e o actual campión, Jorge Prado.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.