AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Un anaco da exuberante pintura barroca veneciana 18.03.2024 12:55
A exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano", na sede Barrié na Coruña, tráenos un anaco da extraordinaria e exuberante pintura barroca que a República de Venecia empregou entre os séculos dezaseis e dezaoito para proclamar ante o mundo o seu poder e magnificiencia.
Fuxan os ventos, Milladoiro, As Lembranzas, A Tajea e Encrucillada 18.03.2024 13:52
Con Emilio Españadero escoitamos a Fuxan os ventos e Milladoiro ("Barqueiros de Ribadavia"), As Lembranzas ("Muiñeira do toxo"), A Tajea ("Influenser do Lejón") e Encrucillada ("Chascarraschás").
Cuarta Xusta 18.03.2024 15:27
O grupo melidense Cuarta Xusta preséntanos o seu segundo disco, 'Libre Amencer', en conversa con Vituco Neira
Memoria dos curtidoiros 18.03.2024 11:22
O arqueólogo Mario César Vila fálanos das fábricas de curtumes, establecementos industriais que tiveron moita importancia en Galicia ata mediados do século XX
A rodaxe de "San Simón", a MICE con "Habitar" e "Histeria do meu pequeno mundo" 16.03.2024 55:31
No programa de hoxe indagamos na rodaxe de “San Simón” unha película de ficción baseada en feitos reais. Recrean o pasado da illa de Redondela como colonia penitenciaria franquista. Comeza en Santiago a Mice, Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. Falamos coa directora, Ana Estévez, e con Anxos Fazáns, que presenta “Habitar” no festival compostelán. Pablo Fontenla estreou esta seman...
En xogo motor 16-03-2024 16.03.2024 29:57
Comenzou o Campionto Galego de Ralis coa desputa da primeira proba na cidade herculina. O Rally da Coruña presentaba un cartaz de luxo coa presenza de 3 WRC e moitos R5. Venceu por 5ª vez o dumbriés Víctor Senra, por diante de Iván Ares e Alberto Meira. Estes pilotos e máis protagonistas pasaron pola sección de motor do Galicia en Xogo.
Chega aos cines 'Tratamos demasiado bien a las mujeres' 15.03.2024 12:42
Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba.
'O meu mundo non é deste reino' 15.03.2024 12:45
Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da Ramboia: 'O meu mundo non é deste reino'. Trátase dunha parábola teatral que, a través dos mecanismos festivos da farsa, lévanos aos camiños máis escuros da Ditadura franquista.
A aposta pola cultura da Comunidade de Montes de Tameiga 15.03.2024 18:37
Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo. Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón
Lecturas corporais con Eva Mejuto 15.03.2024 9:25
Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación de María Reimóndez, e mais Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia, de Andrea Barreira Freije, sobre as irmás Fernández de la Vega.
Da túa man para a miña 15.03.2024 9:39
A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.
'Tratamos demasiado bien a las mujeres' e 'The Iron Claw' 14.03.2024 10:22
Moncho Lemos tráenos outras dúas estreas esta semana: 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', dirixida por Clara Bilbao, e 'The Iron Claw', de Sean Durkin.
'La máquina del buen rollo' 14.03.2024 29:58
Tito Lesende fálanos de 'La máquina del buen rollo', o terceiro disco dos muradáns The Rapants e pica tamén cancións de Éric Dopazo, Combo Paradiso e Dani Dicostas.
“Cancións amarelas. Flores tristes” 14.03.2024 13:46
Ernesto Is e Nerea Brey presentan proxecto escénico: A nova compañía Manekineko estrea a obra “Cancións amarelas. Flores tristes”
Máis preto de Andrés Martínez Salazar 13.03.2024 14:48
Descubrimos a figura de Andrés Martínez Salazar, académico que sucedeu a Manuel Murguía na Real Academia Galega e dirixiu o Arquivo do Reino de Galicia.
A estética nos videoxogos: Deadvivors e Catechesis 13.03.2024 12:46
Con Luz Castro falamos dos traballos de varios estudos galegos: Deadvivors, de Enxebre Games, e Catechesis, de Baroque Decay Games.
Cemento Musgo 13.03.2024 29:57
Cemento Musgo preséntanos a súa fusión de música urbana e videoarte. Falamos con Sokram (tamén en Dios ke te Krew) e o artista A.L. Crego. A terceira pata do tallo é o produtor Coio, que vive en París O disco contén11 temas e cadansúa peza audiovisual
Olería tradicional lucense 13.03.2024 29:57
‘Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós’ é o nome da mostra que se pode visitar no Vello Cárcere de Lugo ata o 17 de maio. Hoxe levounos ata ali Vituco Neira
´A Chambra. O cuarto do lado` 13.03.2024 7:27
“A representación destas mulleres no imaxinario colectivo é practicamente inexistente. Deuse un proceso de invisibilización e desmemoria moi claro. O que queda é nada”. Joan Morera inaugura “A chambra. O cuarto do lado” sobre a a emigración feminina ao Paris dos anos 60.
Eva Veiga, Premio de Honra Fernando Rey 12.03.2024 18:01
Recibimos a Eva Veiga, xornalista, escritora e actriz que vai recibir o Premio de Honra Fernando Rey nos Mestre Mateo 2024 logo dunha intensa carreira profesional.
'O legado da nena do sal' 12.03.2024 9:45
A nosa experta Dolores Vilavedra cóntanos as claves do libro 'O legado da nena do sal', unha obra de Elena Gallego Abad editada por Xerais.
Manuela Rey is in da House 12.03.2024 17:49
Estrea galega de 'Manuela Rey Is In Da House' O CDG recorda a mindoniense que triunfou no teatro portugués no século XIX
Artistas galegos en ARCO 12.03.2024 10:22
Mónica Maneiro fai balance da 43ª edición da feira de arte contemporánea.
Arredor de Antonio Palacios 11.03.2024 15:34
Ata o día 12 de abril tedes a oportunidade de acudir á Sala Municipal de Exposicións de Palexco para presenciar a mostra "Antonio Palacios. El rumor de la historia". A exposición percorre a figura e traxectoria do arquitecto e urbanista galego, recoñecido como un dos profesionais máis destacados da historia da arquitectura nacional.
Paulino de Seara, Barahúnda e Muro Kvartet 11.03.2024 11:55
Emilio Españadero tráenos varias novidades da música tradicional: "Lúa de maio", o novo traballo de Paulino de Seara; o concerto-presentación do novo disco/libro "Fremosas. Cantigas de amigo e de amor", de Barahúnda; Muro Kvartet no Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira; e o 41º curso de cultura tradicional de Cántigas e Frores.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.