AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Moita música portuguesa... con novidades! 01.04.2024 13:25
Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e "Janela Escancarada", Luís Peixoto e "Please Take Care" e María Ana Bobone e "Barco negro".
En xogo motor 30-03-2024 30.03.2024 29:58
Na media hora adicada ao motor escoitouse a Jorge Prado nos micrófonos da TVG trala súa gran vitoria no GP de España do mundial de motocross. Tamén repasamos aos convidados do En Xogo - Todo Motor, Tinín Iglesias, David Vázquez e Álvaro Muñiz. Ademáis houbo repaso ao que aconteceu na presentación do proxecto de Iván Ares e aos primeiros clasificados na Pirelli AMF do pasado Rally da Coruña. Finalm...
'Puan' e 'La Bête' 29.03.2024 10:37
Moncho Lemos escolma as estreas cinematográficas máis interesantes da Semana Santa. 'Puan', de María Alché e Benjamín Naishtat, unha comedia dramática arxentina premiada no festival de Donostia e mais 'La Bête', un filme de ciencia ficción de Bertrand Bonello a partir dun relato de Henry James.
"A inquietude creativa", a antolóxica de García-Gesto en Lugo 29.03.2024 15:28
A mostra “A inquietude creativa” percorre 50 anos do traballo do pintor lugués Joaquín García-Gesto. Unha exposición antolóxica que se pode ver na sede de AFundación en Lugo.
Nabiza girl 29.03.2024 9:46
A serie protagonizada por Nabiza girl "Así falamos, así sentimos", busca reforzar a identidade galega entre a mocidade. Pode verse en redes sociais coma Instagram e TikTok,.
Os 40 anos do Centro Dramático Galego 27.03.2024 20:57
Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG.
O último de Madruga Works e Under Castle 27.03.2024 7:09
Con Luz Castro falamos dos últimos traballos de dous estudos galegos. O incipiente Under Castle está a piques de sacar 'Xelatina ten fame' e o xa consolidado Madruga Works lanzou o pasado ano 'The Mobius Machine'.
Casa-museo María Antonia Dans 27.03.2024 8:34
Visitamos a Casa Museo de María Antonia Dans en Curtis A primeira Casa Museo dunha pintora galega acolle obras súas e unha exposición temporal do grupo Galeoska.
A microserie Nosoutras 26.03.2024 6:55
A microserie Nosoutras visibiliza artistas galegas para a xeración Z. O espazo, que pode verse na plataforma dixital Agalega.gal, repasa as súas vidas nun formato desenfadado para conectar coa mocidade.
As triunfadoras dos XXII Premios Mestre Mateo 25.03.2024 17:39
'O Corno' con 7, 'Matria' con 5 con e 'Rapa' con 3 foron as gañadoras dos premios Mestre Mateo nunha das galas máis celebradas da historia dos galardóns que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Conversamos coa directora de 'O Corno', Jaione Camborda, a actriz María Vázquez, protagonista de 'Matria' e Alfonso Blanco, director de Portocabo, prod...
Jorge Prada, Carrión e A Roda 25.03.2024 9:52
Con Emilio Españadero falamos da banda sonora orixinal do documental 'Un guerrillero llamado Santiso' a cargo de Jorge Prada: "O camín do Carral". Tamén escoitamos "La Palmira" do grupo Carrión de Palencia e os "Ruliños" d'A Roda.
Os gañadores dos María Casares 22.03.2024 28:27
Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor di...
A gordofobia a escena 22.03.2024 18:19
A gordofobia a escena 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada' é o monólogo que a dramaturga Esther Carrodeguas lle dedica á nosa difícil relación co propio corpo.
Astérix en galego e poesía no vento 22.03.2024 9:45
Astérix en galego e poesía no vento Eva Mejuto conmemora o Día da Poesía e o Día da Banda Deseñada nas súas propostas lectoras desta semana. Falamos das traducións ao galego de Astérix e mais do poemario 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro.
Rapa chega aos cines 22.03.2024 7:10
Rapa, primeira longametraxe documental de Alejandro Enríquez explora a crise do cabalo galego do monte
Dj Mil aos pratos 21.03.2024 23:09
Dj Mil vén de sacar “Osos & pandeiretas”, un EP formado por seis temas nos que as músicas que conforman as súas influencias empapan cada "beat". A través dunha sesión en directo, e posterior conversa, vainos amosar as claves da súa música.
'Cazafantasmas: Imperio Helado' e 'La familia Benetón' 21.03.2024 4:30
Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: 'Cazafantasmas: Imperio Helado', de Gil Kenan, e 'La familia Benetón', de Joaquín Mazón.
Música para a primavera 21.03.2024 8:18
Escoitamos con Tito Lesende o novo disco de Pauliña, 'GALEGO IS NOT DEAD', novas cancións de Baiuca e mariagrep e Fillas de Cassandra, que serán protagonistas na noite dos Mestre Mateo e presumen de catro candidaturas aos premios MIN da música independente
Contadores de historias 20.03.2024 16:04
No Día da Narración Oral recibimos o chamamento dos contadores de historias que nos lembran que fabular é un impulso que sentimos os seres humanos desde que vivimos en comunidade. Diso nos fala Soledad Felloza, presidenta do colectivo Narración Oral Galega
'Dous continentes' 20.03.2024 11:58
Luís Miguel Crespo tráenos 'Dous continentes', unha peza da Real Filharmonía de Galicia con Jessica Cottis como directora e Alejandro Oliván ao saxofón.
María Barcala, premio Marisa Soto 20.03.2024 28:22
Conversamos coa actriz na véspera dos María Casares
Cinema etnográfico 20.03.2024 9:16
A XIX Mostra Internacional de Cinema Etnográfico explora o cinema da Transición e dedica foco á decana do documental italiano Cecilia Mangini. Conversamos con Ana Estévez Lavandeira, directora da Mostra.
O novo disco do "fenómeno" The Rapants 19.03.2024 19:40
The Rapants é xa todo un fenómeno no panorama musical galego. Logo dun 2023 no que percorreron as salas e os festivais de case todo o noroeste peninsular, este grupo de catro rapaces parece seguir crecendo no presente ano. As Sala Capitol colgou o "sold out" para as noites do 23 e 24 de marzo, nas que se presenta o novo traballo da banda: "La máquina del buen rollo". Conversamo...
'Contrabiografía' 19.03.2024 8:13
Dolores Vilavedra tráenos a última obra de Xabier López López: 'Contrabiografía'. Trátase dunha autobiografía inversa na que se navega polas orixes da memoria familiar.
Senda de bosques 19.03.2024 10:43
"Uso a fotografía como ferramenta plástica, para mirar a paisaxe dun xeito diferente". Juan Adrio e a súa exposición 'Senda de bosques', na colaboración de Mónica Maneiro
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.