AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Encontro de mulleres artistas 15.04.2024 11:42
Este martes desenvólvese en Santiago a terceira xornada do Encontro de Mulleres Artistas, na Casa das Crechas. Entre as paricipantes estarán Alba Domínguez, Helena Egea, Isa Beltrán, Oliva Ben Prantada,Lúa Pagán, Sony Soprano, Taty Zisca,Tinta Ceive e Noela Babuxa.
En xogo motor 13-04-2024 13.04.2024 29:58
Tras competir a temporada pasada cunha montura do Grupo 2, un R5 co que chegou a gañar de maneira absoluta algunha proba do Supercampionato, o alaricán Javier Pardo pasou polo Galicia en Xogo Motor para explicar os pormenores do seu 2024 pilotando un Renault Alpine do equipo Recalvi. Na primeira proba, desputada en Sierra Morena, acumulou sensacións positivas e incluso un scratch no último treito...
A construción do son 12.04.2024 17:46
A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez
Danza para seguir na loita 12.04.2024 10:12
Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.
Cancións tristes de Maine nun pazo de Silleda 12.04.2024 18:45
Max García Conover é un músico estadounidense con raíces pontevedresas que visita por primeira vez Galicia. Conversamos con el no pazo da Viña, na localidade silledense da Bandeira. Alí está a gravar o seu próximo disco co selo barcelonés Son Canciones, impulsado pola galega Mabel Alonso e o belga Lieven Scheerlinck.
Tradescola 12.04.2024 13:54
Falamos con Felisa Segade e Xaneco Tubío do obradoiro intensivo de percusión tradicional de man desta fin de semana en Lugo, organizado por Tradescola
Poética das interconexións 11.04.2024 20:51
O Legado Berta Cáccamo doa ao Museo de Pontevedra o arquivo documental da artista. Cadernos, diarios, obxectos, correspondencia que se presentan na exposición que se inaugura no edificio Castelao. Falamos con Juan de Nieves e Xosé M Alvarez Cáccamo
Jaime de Armiñán e 'O salto' de Benito Zambrano 11.04.2024 5:45
Lembramos a figura do director Jaime de Armiñán, falecido esta semana. Por outra banda, afondamos na última película de Benito Zambrano: 'O Salto'.
29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense 11.04.2024 11:48
As rúas, o auditorio, o Teatro Principal, o campus, e diversos locais de Ourense reciben á MITEU con música, danza, circo, maxia, cine e teatro.
Os actos e as profecías: o público no centro 10.04.2024 21:16
“Tod@s abandonamos persoas e principios no camiño marcado para o éxito, para chegar”. O CDG estrea a obra central do seu 40 aniversario, Os actos e as profecías. Falamos con directora, Tamara Canosa e cunha das intérpretes, Mónica Camaño.
Novelas visuais 10.04.2024 6:40
Luz Castro explícanos en que consisten as novelas visuais, un xénero de videoxogos de aventura conversacional. "Ti Primeiro" foi a primeira novela visual en galego, creada por Roberto Alvite e producida e publicada por Melgo Cinema.
Arte e creatividade da man da SGAE 10.04.2024 10:43
Un encontro deseñado para que a cultura, a comunicación e a empresa dialoguen nas voces de profesionais da cultura, a comunicación, a empresa e o compromiso. Referentes da cultura como Nerea Barros, Teo Cardalda, Sabela Maneiro, Mercedes Peón, Tonhito de Poi ou Sabela Ramil comparten as súas experiencias con comunicadores como Déborah Ciencia, Esther Estévez ou Tamara García
Cinema, rexistro vivo da nosa memoria 09.04.2024 6:19
“Queremos poñer en valor grandes títulos que non están no canon cinematográfico”. Victor Paz fala do ciclo Cinema, rexistro vivo da nosa memoria
VII Son Cervexeiro de Ortigueira 08.04.2024 6:10
Con Emilio Españadero repasamos o cartel do VII Festival Son Cervexeiro de Ortigueira, con nomes destacados como os Ailá ou Os Carecos.
En xogo motor 06-04-2024 06.04.2024 29:58
O Campionato Galego de Ralis desembarcou en Lalín para desputar a súa segunda cita, co mítico Rali do Cocido que, nesta 28ª edición, regresaba ao calendario autonómico. Cunha metereoloxía variable e treitos deslizantes, a proba viviu un novo trunfo de Vítor Senra, que co seu Citroëm C3 WRC sumaba a segunda vitoria da temporada. Coa mesma montura rematou segundo Alberto Otero. Pechaba o podio o de...
E Touriñán dixo: "Aquí tou!" 05.04.2024 17:07
Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'!
A solidariedade a través do 'NOSO' 05.04.2024 9:19
Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'Os Náufragos Teatro. Con texto e dirección de Gustavo del Río, trátase dunha obra que conxuga o posesivo do pobo, da comunidade e do territorio.
Os 50 anos dunha "revoluçao" imborrable 04.04.2024 16:52
En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria. Falamos con Jaime Pena, responsable de programación.
Álvaro de la Vega inaugura en Fonseca “Xéneros e números” 04.04.2024 10:01
O escultor presenta dous conxuntos grupais integrados por 38 elementos que suxiren a densidade como idea vertebral da mostra.
En Compostela hai moitas cidades 03.04.2024 16:34
María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos.
O foco en Anton Bruckner 03.04.2024 11:28
Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austriaco con Luís Miguel Crespo.
O coidado social para outro tempo 03.04.2024 9:39
“Os custos que supón o coidado están recaendo nas mulleres. Hai que ir a un coidado social”. Cristina García Sainz fala de “Os tempos sociais do traballo cunha perspectiva de xénero” na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra.
'Ubasute' 02.04.2024 12:21
A nosa experta Dolores Vilavedra fainos unha pequeña reseña de 'Ubasute', unha obra de Paula Carballeira editada por Galaxia.
O pensamento de Hanna Arendt abre a Semana Galega de Filosofía 02.04.2024 10:33
“Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago.
Trala talla de Francisco Asorey 01.04.2024 14:06
Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.