AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Revolución dos Caraveis en primeiro plano 25.04.2024 14:34
João Afonso - sobriño de Zeca Afonso - e Uxía Senlle promoven unha xira de concertos en conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. Fan parada tamén en Galicia. En Santiago arredor de 1000 persoas están apuntadas para cantar o Grândola nas inmediacións do Burgo das Nacións.
'O especialista' e 'Rivais' 25.04.2024 11:28
Moncho Lemos tráenos dúas estreas: 'O especialista', con Ryan Gosling como protagonista; e 'Rivais', un trío de deportistas no que manda Zendaya.
O novo filme de Alberto Gracia no BACIFI 25.04.2024 15:58
La Parra proxéctase na sección oficial do Festival de Cinema de Bos Aires e en maio no de JeonJu, a estrea no mercado asiático. Falamos co seu director, o ferrolán Alberto Gracia
O punk segue vivo! 24.04.2024 15:07
Morreu a música punk? Hai futuro? Son preguntas que responde Julen, vocalista do grupo The Eskarallas. Cunha forte pegada do punk da vella escola de Eskorbuto, Cicatriz ou La Polla Records, esta banda vén de presentar o seu primeiro disco, que xa están xirando, e no que non falta a retranca, a irreverencia e a crítica social.
Videoxogos inspirados en clásicos 24.04.2024 11:33
Con Luz Castro poñemos en primeiro plano os videoxogos, desta vez afondando naqueles que están inspirados en clásicos como Alicia no Pais das Marabillas, A Volta Ao Mundo ou Tintín.
Festa de finalistas dos Martín Códax 24.04.2024 15:58
Corenta e cinco bandas e artistas pasan á recta final dos XI Pemios Martin Códax da Música. Comeza o período de votacións para decidir os galardóns que se entregarán na Gala do 15 de maio en Pontevedra
'Lobos nas illas' 23.04.2024 10:13
Dolores Vilavedra tráenos un clásico de Marilar Aleixandre: 'Lobos nas illas'. Esta obra foi publicada por Xerais en 1996 e foi reeditada e traducida ao castelán por Galaxia en 2022.
Un ruído provocado(r) arredor de Luísa Villalta 23.04.2024 14:30
Doce voces afondan na obra e na figura da escritora no volume Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Unha “non-biografía” coordinada por Mercedes Queixas e Montse Pena Presas
Sun Iou: amizade e amor á música 22.04.2024 14:30
“Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto.
"Color y vida" no Palacete das Mendoza 22.04.2024 5:57
Soco Vara de Rey explícanos as claves da súa exposición no Palacete das Mendoza de Pontevedra: "Color y vida".
Berta Cáccamo 22.04.2024 15:58
O Museo de Pontevedra acolle a mostra "Berta Cáccamo. Correspondencias dun arquivo", que busca manter viva a súa memoria e difundir a obra da pintora abstracta. Falamos co seu irmán e co comisario da mostra.
En xogo motor 20-04-2024 20.04.2024 29:58
As terras do Barbanza acolleron a terceira cita do Campionato Galego de rallys coa desputa do Rali do Berberecho. Gañou, leva pleno esta temporada, Vítor Senra. Alberto Meira e Dani Berdomás coparon o resto do podio. Todos eles e máis protagonistas pasaron polo resumo da cita noiesa na sección de motor do Galicia en Xogo. Ademáis o ploto de 12 anos Íker Rodríguez analizou os seus primeiros resulta...
Luísa Villalta reeditada 19.04.2024 14:55
As editorais Laiovento e Cuarto de inverno presentan as reedicións do ensaio 'O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral' e a novela 'As chaves do tempo'. Falamos da edición da obras de Luísa Villalta con Prudencio Viveiro e Andrea Jamardo.
'Dansa' de Galicia ata València 19.04.2024 30:57
Afonso Becerra tráenos un híbrido de festival, feira e festa: o Dansa València. Na súa 37ª edición este festival quixo estreitar lazos con Galicia cunha programación na que destaca Marcia Vázquez co seu 'Onde pousa a humanidade' ou Paula Quintas con 'Multiperspectivas#2'.
aRi[t]mar 19.04.2024 15:55
Chegan a Braga os premios aRi[t]mar da música e da poesía galego-portuguesas. Desenvolvidos no seu comezo pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, fan parte da Rede da GaliLusofonia.
Abril tamén é para a danza 18.04.2024 17:04
A programación do Teatro Rosalía Castro da Coruña mantén dende hai 22 anos unha atención continuada á danza. Falamos co director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez.
'+Cuñados' e 'Civil War' 18.04.2024 9:28
Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: a secuela '+Cuñados', dirixida por Luis Avilés coa participación da TVG; e 'Civil War', do director Alex Garland.
Escavando a Alta Idade Media 18.04.2024 11:16
A escavación desenvolvida nas últimas semanas no monte de San Cibrán, entre as parroquias de A Picoña (Salceda de Caselas) e Guláns (Ponteareas), revela unha fortificación da Alta Idade Media. Atoparon tanto estruturas coma pezas que amosan unha cultura moi definida ata o de agora sen documentar.
Os Horizontes dos Estudos Galegos no Congreso da AIEG 17.04.2024 16:16
Comeza en Braga o XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos co título Horizontes de Estudos Galegos e/na Lusofonía.
A cor da memoria 17.04.2024 11:49
Luís Miguel Crespo dános as claves do programa da Real Filharmonía para esta semana: "A cor da memoria", dirixida por Baldur Brönnimann e Wu Wei ao sheng. Composta por "Ecos vermellos", "A cor amarela para sheng e orquestra" e "O paxaro de lume, suite (versión 1945)".
Elas son artistas 17.04.2024 15:58
Sétima edición do ciclo “Elas son artistas”. Na área metropolitana da Coruña, de abril a novembro e en diferentes espazos públicos e privados, como as salas de concertos Jazz Filloa, Garufa Club ou Mardi Gras. A artista e compositora balear Maika Makovski estará hoxe no Teatro Colón abrindo o ciclo.
A importancia dos procesos e dos apoios 16.04.2024 20:03
Comezan as Residencias Artísticas de Literatura e Pensamento e Música que organiza a Deputación da Coruña en Mariñán. Falamos de comisariados e proxectos con Roberto Abuín, Aitana Cuétara, Su Garrido Pombo e Carmen Marina Vidal Valiña.
'A noite das cebolas' 16.04.2024 7:16
Dolores Vilavedra tráenos unha experiencia agrícola para animar a calquera a través de 'A noite das cebolas', unha novela de Rosa Aneiros editada por Xerais.
A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego 16.04.2024 12:40
A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego é unha mostra fotográfica que pode verse na igrexa da USC en Santiago. Pode visitarse ata o 15 de maio, de martes a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.
Concertos, festas e novidades discográficas 15.04.2024 11:37
Falamos do vindeiro concerto de Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal de Ourense presentando o seu oitavo álbum: 'Branca vela'. Imos tamén ata Pontevedra, onde a finais de mes vai ter lugar a Aña Urbana na Praza do Concello, con grupos da Asociación Cultural Trépia e Comando Curuxás, entre outros. Ademais, escoitamos un anaco do último de Noites de Rock e Meigas: "Cando o Ebro Sona...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.