AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'O múltiple que ocupa o espazo' 08.05.2024 10:28
A arte múltiple, dende a estampa tradicional ao obxecto escultórico e a súa instalación no espazo, centra o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira en Pontevedra.
Profesionais que premian a profesionais 07.05.2024 13:48
O Auditorio de Milladoiro acolle os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas que entrega a Asociación Galega de Artes Escénicas. Con eles recoñécese a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellado ás artes escénicas de Galicia. Entre os premiados están Títeres Cachirulo, a Revista Erregueté, Madó Santos, Ana Díaz Calvo, A Casa Vella de Amiadoso e Fátima R...
'A literatura galega contada aos escépticos' 07.05.2024 13:19
Con Dolores Vilavedra afondamos nunha lectura de Manuel Veiga Taboada: 'A literatura galega contada aos escépticos'. Fai un percorrido que abarca dende Vicente Risco á literatura última.
Peteiro e a cor na súa máxima expresión 06.05.2024 12:19
Viaxamos á Coruña, concretamente ao Kiosco Alfonso. Alí pódese visitar ata o 21 de xullo a exposición "Peteiro", unha ampla mostra da obra do pintor coruñés Jorge Peteiro que agrupa 94 pezas que permiten obter unha ampla panorámica do artista. Pedro Vasco é un dos comisarios da exposición.
Quen pode rir? De que? De quen? 06.05.2024 15:58
“O humor é un mecanismo para infiltrarse nunha sociedade cercada polo machismo”. A Universidade de Santiago acolle o I Congreso Internacional Feminismos e Humor. Falamos con Saleta de Salvador Agra e Yolanda Martínez Suárez.
A rodaxe de "Así chegou a noite" , o éxito de "+Cuñados" e a estrea de "O Auto das Ánimas" 04.05.2024 56:58
O cineasta de Marín, Ángel Santos, inicia con maio a rodaxe da súa nova película "Así chegou a noite". Cun presuposto de 600.000 euros, a idea é rodar durante 6 semanas nos concellos do Grove e Sanxenxo, aloxándose das zonas máis turísticas. Contará a historia dun ceramista que escapa do seu pasado, interpretado por Denís Gómez. Con Federico Pérez analizamos o éxito da comedia "+Cuñ...
En xogo motor 04-05-2024 04.05.2024 30:57
A proba do Spuercampionato e valedeira para o Europeo de rallys non foi moi afortunada para a Armada galega. Pero serviu para ver debutar a Roberto Blach e Mauro Barreiro nun R2. Os arteixáns tiveron que abandonar por problemas na caixa de cambios pero amosaronse satisfeitos coas primeiras sensacións conducindo a nova montura. Ademáis na sección de motor viaxamos cara Águeda, onde este domingo Jor...
Música e patrimonio no Pórtico do Paraíso 03.05.2024 12:57
O Festival Pórtico do Paraíso naceu hai xa 17 anos para encher un baleiro na vida musical de Ourense. Nesta nova edición contan con grandes artistas do panorama nacional e internacional da música clásica cun novo escenario: o castelo de Castro Caldelas. Juan Enrique Miguéns é o presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro.
X Festival Escenas do Cambio 03.05.2024 14:04
Afonso Becerra vén falarnos da décima edición do Escenas do Cambio, un festival de teatro, danza e arte en acción que se celebra durante toda a fin de semana na Cidade da Cultura.
Luz nas Sombras: Play Doc estrea sección sobre cineastas históricos. 03.05.2024 15:58
O XX Festival Internacional de Cinema de Tui recupera a memoria do cinema galego na sección Sombras, que se abre co traballo de Tony Román. Falamos con Pepe Coira.
Dúas décadas de Play-Doc 02.05.2024 13:31
Marchamos a Tui, onde o festival Play-Doc celebra dúas décadas buscando novas estéticas e apostando pola experimentación audiovisual. A sección oficial inclué este ano 7 películas do cine máis recente, entre eles a fita póstuma de Jean Luc Godard, "Guerras de broma".
'Garfield' e 'La casa' 02.05.2024 11:45
Moncho Lemos tráenos dúas estreas: o 'Garfield' de Mark Dindal e 'La casa', dirixida por Álex Montoya.
A Feroz estrea Bulevar Papagaio. 02.05.2024 15:58
Preséntase na Coruña Bulevar Papagaio. O novo proxecto escénico de A Feroz é unha creación da compañía a partir do libro Papagaio de Maribel Longueira e Luísa Villalta. Falamos con Lorena Conde e Bea Romero
Lousas para a reflexión 30.04.2024 17:25
A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos.
'En espiral' 30.04.2024 9:48
A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín con escolma e introdución de Daniel Salgado: 'En Espiral'.
Escenas do cambio 30.04.2024 15:57
O venres comeza en Santiago unha nova edición do festival Escenas do Cambio O festival chega ó décimo aniversario con trece espectáculos nos que a música, o teatro, a danza e as performances dilúen as súas fronteiras.
Luz Fandiño: loita, feminismo e compromiso 29.04.2024 13:15
Conversamos coa cineasta Sonia Méndez sobre Luz Fandiño, falecida o pasado domingo. Referente do feminismo, muller loitadora, comunista, pobre e comprometida coas causas xustas e con Galicia.
Un día para danzar 29.04.2024 10:31
Celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.
Un pouco de Brúa 29.04.2024 4:22
Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.
Entramos no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade 29.04.2024 15:58
O Museo do Pobo Galego dixitaliza, cataloga e difunde gravacións de todo tipo de testemuños orais: pezas musicais, contos, festas populares...Os sons da identidade galega.
Ramón Campos e "El Caso Asunta", cine galego en Baviera e o Play Doc 27.04.2024 55:37
Conversa co cineasta Alfonso Zarauza, que estivo non festival bávaro de Regensburg. Baixo o epígrafe "cinEScultura" exhibiron o mellor do cinema galego dos últimos tempos. Co creador da serie "El caso Asunta" desvelamos segredos de casting e líneas vermellas que non quixeron atravesar. E citamos ao director do Play Doc de Tui, que comeza o 1º de maio
En Xogo motor 27-04-2024 27.04.2024 28:58
Tralo seu subcampionato no CERA 2023, Jorge Cagiao volve afrontar o mesmo reto nesta temporada. O piloto da Ferrolterra venceu na primeira cita, o Rally de la Llana e pasou polo espazo de motor para analizar a proba catalá. Ademáis, foron protagonistas algúns dos pilotos destacados na terceira cita do Galego de Rallys, desputado en Noia a pasada fin de semana.
'Millo Vello' para reconectar coa terra 26.04.2024 11:43
Con Afonso Becerra coñecemos a peza 'Millo Vello', o debut da compañía de danza Ay, Cariño!, que nos propón reconectar coa terra e coa clase traballadora galega.
A perspectiva queer do folclore 26.04.2024 15:58
Co proxecto performativo Todo o mundo é contra min-eh o artista explora a liberdade da cultura popular. Comeza en Vimianzo a nova edición das Residencias Paraíso. Falamos con Sergio Marey
Labirintos de activismo educativo 26.04.2024 13:52
Visitamos a mostra "A táctica do colibrí" que, inspirada nos antigos gabinetes de curiosidades e galerías de pinturas, afonda no activismo educativo en defensa dos dereitos humanos. A través das experiencias de varios artistas contemporáneos, convida ao espectador a elixir o seu propio percorrido por corredores labirínticos. Falamos co seu director, Chema Mesías, e cun dos artistas parti...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.